Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Xornada Unity – Unreal, cal é o teu motor gráfico?

30/11/2021 9:30h. - 11:30h.

A simulación virtual convertiuse nun elemento máis de xestión na empresa. Deseño, planificación, formación, comercial, prevención, etc, son departamentos dunha compañía que usan de forma habitual as tecnoloxías da Realidade Virtual e a Realidade Aumentada.

Doutra banda, a industria do videoxogo creceu enormemente nos últimos anos e ameaza con seguir crecendo de forma exponencial a curto e medio prazo.

Detrás deste tipo de aplicacións atópanse os motores gráficos. Estas ferramentas aliméntanse de modelos 3D ou 2D importados doutras aplicacións e encárganse de programar sobre eles todo tipo de situacións.

A pesar de que existen no mercado outras solucións, en xeral  atopámonos con dous motores gráficos que copan a maior parte das instalacións. Estes motores son UNITY e UNREAL.

O obxectivo desta xornada divulgativa é prestar un servizo a distintos colectivos de maneira que poidan elixir a ferramenta que mellor se adapta ás súas necesidades en cada proxecto.

A xornada desenvolverase en formato de mesa redonda. Tras unha breve presentación de cada entidade que participa como relatora iranse debullando toda unha serie de cuestións como licenzas, linguaxes de programación, posibilidades de integración, etc que poden marcar diferenzas considerables entre unha ferramenta e a outra

 

Programa

Inscrición

 

Details

Date:
30/11/2021
Time:
9:30h. - 11:30h.
Event Category:

Organizer

CIS Tecnoloxía e Deseño
Phone:
981 337 133
Website:
http://cistecnoloxiaedeseno.gal

Ubicación

Ciclo Online

Próximos eventos

Eventos anteriores