Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

III Encontro en liña Universidade-Empresa de Sherpa do Mar

13/12/2021 10:00h. - 15/12/2021 18:00h.

A Axencia Galega de Innovación e os demais socios do proxecto SHERPA DO MAR organizan un ciclo de encontros Universidade-Empresa para promover a transferencia de coñecemento e o traballo en rede entre a comunidade científica e o mundo empresarial do ámbito mariño-marítimo.

O terceiro e último evento deste ciclo de encontros terá lugar de xeito virtual os días 13, 14 e 15 de decembro.

O evento contará cunha xornada principal, de carácter divulgativo, que terá lugar o día 14 arredor da innovación e o emprendemento no ámbito da creación de produtos e servizos de alto valor engadido no ámbito mariño-marítimo.

A xornada contará con presentacións de representantes da Axencia Galega de Innovación, do Campus do Mar da Universidade de Vigo, do Blue Bioeconomy CoLAB, ANFACO, Allmicroalgae – Natural Products, Faber Blue Pioneers Fund e do Digital Innovation Hub, DATAlife DIH e Portugal. Blue Digital Hub coordinado por Forúm Oceano.

Así mesmo, a empresa Celtalga Extract, spin-off da Universidade de Santiago de Compostela, abordará o seu caso de éxito na produción de extractos acuosos de algas das costas galegas, ademais dos proxectos emprendedores apoiados no marco de Sherpa do Mar, Valbiosea, North Wind – Sailing for Science e SUBGO presentarán as súas ideas de negocio.

O programa do terceiro encontro compleméntase con encontros bilaterais entre os asistentes, que se desenvolverán ao longo dos tres días en colaboración coa Enterprise Europe Network. Estes encontros B2B teñen como finalidade establecer contactos e promover a transferencia universidade-empresa, para que os resultados obtidos da investigación no ámbito mariño-marítimo se transformen en produtos comerciais viables.

Consulta o programa completo do III Encontro en Liña Universidade Empresa

Reserva a túa praza para a xornada divulgativa

Reserva a túa praza para os encontros B2B

Details

Start:
13/12/2021 10:00h.
End:
15/12/2021 18:00h.
Event Category:

Organizers

CIS Tecnoloxía e Deseño
Sherpa do Mar

Ubicación

Ciclo Online

Próximos eventos

Eventos anteriores