Neste encontro, celebrado no CIS Tecnoloxía e Deseño o pasado 5 de maio e organizado no marco do proxecto Interreg Europe Design4 Innovation, analizáronse as novas oportunidades que se presentan baixo as actuais prioridades establecidas pola CE e o seu interese por defender nosa actual modelo de sociedade do benestar a través da innovación social.

Por parte de Santiago Nieto da Axencia Galega de Innovación, foron comentados os obxectivos do encontro e presentáronse diferentes facetas da evolución do programa Design4 Innovation, destacando as actuacións do último ano nas que se comezou a orientar o deseño a accións de recuperación das empresas na denominada era post- COVID.

A continuación, os profesores da Universidade de Deusto, Paula Fernández e Rodrigo Martínez  expuxeron a teoría do “valor compartido” de Michael Porter desde a que o deseño actúa como ferramenta para fomentar a competitividade e o benestar social.

Na mesa redonda, David Barro destacou como o deseño a través da arte e a cultura actúa como catalizador para xerar novas ideas. Como exemplo de innovación social presentou a actuación denominada Ares Innova. Leticia Costas e África Rodríguez expuxeron como por medio do binomio tecnoloxía e comunicación pódense dinamizar novas ideas e fomentar encontros con comunidades e asociacións dos que xurdiron diversos proxectos que foron comentados brevemente.