42 alumnos de 4º de ESO e Bacharelato do IES Fernando Blanco de Cee, acompañados de 3 profesores visitaron o CIS Tecnoloxía e Deseño o pasado 25 de maio para participar nos talleres D’TEC  “Mundos Virtuais e “Descubrindo Materiais”. Os alumnos,  divididos en  dous grupos participaron alternativamente nos dous talleres.

O obradoiro de Mundos Virtuais ten a finalidade de achegar á mocidade tanto a actividade que desenvolve o CIS Tecnoloxía e Deseño como aproximalos á creación de contidos en realidade aumentada e realidade virtual. Durante o taller o alumnado experiementou de primeira man con  Dispositivos de VR como o Google cardboard o OculusRift . Ademáis, os rapaces participaron na creación dun exemplo de mundo VR ou Iniciación a Cospaces así como na Creación dunha contorna navegable .

No taller “Descubrindo os novos materiais”, a través dun conxunto de actividades, entre as que destacamos a elaboración manual dunha pelota saltarina usando un polisilicato de sodio,  os rapaces mergulláronse no mundo dos novos materiais, descubrindo un campo de coñecemento de investigación que ten unha grande importancia pero é un descoñecido para gran parte da poboación.

Esperamos que teñan disfrutado mentres aprendían e que desexen volver ao CIS Tecnoloxía e Deseño!