O día 28 de xuño tivo lugar a xornada O Acelerador do EIC en 2022: novidades, fondo de investimento e servizos de coaching, organizada pola Axencia Galega de Innovación en colaboración co CDTI e o resto de socios do consorcio EEN-GalacteaPlus da Enterprise Europe Network e á que asistiron máis de 60 participantes

Este programa, substituto en certa medida do SME Instrument co que obtivemos tan bos resultados en España, está dirixido a pemes que contan cun prototipo dun produto moi tecnolóxico e que buscan financiamento para o seu escalado.

 

Vídeo da xornada: https://youtu.be/bRGbiXCf-x4