O CIS Tecnoloxía e Deseño, dependente da Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia, uniuse un ano máis á celebración da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night  coordinada en Galicia pola Universidade de Vigo e promovida por un consorcio de dez entidades galegas entre as que se inclúen as tres universidades galegas e organismos de investigación, co apoio da Xunta de Galicia e a colaboración do Museo Nacional de Ciencia y Tecnología (MUNCYT) e dos Museos Científicos Coruñeses.

Co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía, o CIS Tecnoloxía e Deseño desenvolveu tres actividades, dous talleres pola mañá, e unha visita pola tarde:

Taller de Novos Materiais (dúas sesións): Os estudantes coñeceron algúns tipos e características dalgúns novos materiais e tiveron a oportunidade de levar a cabo distintas actividades e vivir novas experiencias mediante a manipulación dun modo práctico e divertido dos ditos materiais. Nestes dous talleres de Novos Materiais participaron 26 alumnos do IES Breamo de Pontedeume e 11 alumnos do Ciclo de Diseño de Fabricación Mecánica del CIFP Ferrolterra acompañados por algún dos seus profesores.

Taller de Realidade Virtual e Aumentada (dúas sesións): Os mismos 11 alumnos do Ciclo de Diseño de Fabricación Mecánica do CIFP Ferrolterra e  25 alumnos do CEIP PLURILINGUE A LAXE coñeceron as nosas instalacións de RV e RA : por unha banda, realizaron unha visita ao showroom onde probaron diferentes dispositivos de realidade virtual e aumentada, e doutra visitaron a CAVE e á Sala de Demostradores onde tiveron a oportunidade de probar diferentes desenvolvementos realizados con lentes de realidade virtual e aumentada no marco de varios proxectos europeos.

Durante as sesións de mañá contamos coa visita e participación da Delegada Territorial da Xunta de Galicia en Ferrol, Martina Aneiros.

Descubrindo o CIS Tecnoloxía e Deseño. Xa pola tarde, o centro organizou unha sesión de portas abertas na que máis de 60 persoas realizaron visitas guiadas ao centro.  Os interesados poideron coñecer as instalacións de Realidade Virtual e Realidade Aumentada visitando tanto o showroom, onde probaron diferentes dispositivos de realidade virtual e aumentada, como a CAVE e á Sala de Demostradores onde testaron os diferentes demostradores realizados no marco de varios proxectos europeos. Esta sesión de tarde incluiu unha visita e explicación da Materioteca de Galicia.

Esperamos que todos os participantes nas nosas actividades teñan disfrutado e aprendido deste evento de acercamento á ciencia e ás novas tecnoloxías.