BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//CIS Tecnoloxía e Deseño - ECPv5.2.1//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:CIS Tecnoloxía e Deseño
X-ORIGINAL-URL:https://www.cistecnoloxiaedeseno.gal
X-WR-CALDESC:Events for CIS Tecnoloxía e Deseño
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20240331T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20241027T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240223T110000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240223T123000
DTSTAMP:20260502T064958
CREATED:20240216T121107Z
LAST-MODIFIED:20240216T121215Z
UID:14043-1708686000-1708691400@www.cistecnoloxiaedeseno.gal
SUMMARY:Programa D’tec: Espectáculo Día da muller e a nena na Ciencia 2024
DESCRIPTION:A Axencia Galega de Innovación súmase á celebración do Día da Muller e a Nena na Ciencia\, organizando un espectáculo científico centrado na importancia das mulleres científicas e tecnólogas ao longo da historia. \nA charla\, conducida polos divulgadores Iria Ollero e David Ballesteros\, permitirá aproximarnos dun xeito atractivo a grandes mulleres que fixeron importantes achegas científicas e nunca recibiron o recoñecemento social que merecían. \nDurante o show\, combinaranse datos biográficos e anécdotas vitais con experimentos rechamantes inspirados nas científicas presentadas\, facendo que a proposta sexa apta para todo tipo de públicos\, independentemente dos seus coñecementos previos. \nA actividade intégrase no programa D’tec de fomento das vocacións científico-tecnolóxicas\, que se desenvolve todo o ano no CIS Tecnoloxía e Deseño de Ferrol. \nContidos\n\nUn pouco de historia. Presentación da charla e introdución histórica sobre a importancia das mulleres na Ciencia e o seu escaso recoñecemento.\nRompamos o teito de cristal. É importante non ter límites “mentais”. Todas as persoas poden aspirar a grandes fitos\, e non vivir con medo a teitos de cristal.\nGrandes mulleres da Ciencia.\n\nHipatia de Alejandría. A primeira gran matemática da que temos noticias. Presentarase a súa obra e invitarase ao público a facer un experimento matemático.\nMarie Anne Pierrette Paulze. Coñecida por ser “a muller” de Lavoisier\, en realidade foi a súa compañeira de laboratorio e unha personaxe clave no nacemento da química. Homenaxearémola cun experimento sobre a conservación da masa.\nLisa Meitner. É a única muller que da nome a un elemento da táboa periódica. Fixo achegas clave para a compresión da materia a nivel atómico.\nMarie Curie. A científica máis coñecida\, e unha persoa fundamental na historia da Ciencia\, é un exemplo de esforzo e talento.\nHertha Marks Ayrton. A científica interdisciplinar por excelencia. Foi enxeñeira\, matemática\, física e inventora. Fixo descubrimentos fundamentais no ámbito da electricidade. Para ilustrar o seu traballo\, crearemos efectos sorprendentes coa axuda dunha bobina tesla.\nAfrica González. En Galicia temos a África\, unha das inmunólogas máis destacadas da actualidade a nivel mundial. Desde Vigo\, dirixe investigacións en vacinas e nanotecnoloxía punteiras.\nRosalind Franklin. Morreu sen que se recoñecera a importancia das súas achegas na compresión da estrutura do ADN. Un exemplo perfecto da inxustiza histórica coas mulleres científicas. Levaremos a cabo un experimento con todo o público ligado á xenética e o ADN.\nSusan Salomon. Científica en activo\, foi fundamental na compresión da orixe do burato na capa de ozono da atmosfera terrestre. Ilustraremos os seus traballos experimentando co aire e xerando efectos sorprendentes.\nMay-britt Moser. Neuróloga\, e premio Nobel de medicina polas súas achegas a compresión do funcionamento do cerebro humano. Para acabar a presentación cun experimento divertido\, os presentadores intentarán “alterar” a percepción visual do público.\n\n\nReflexión final. A charla finalizará cunha reflexión sobre a importancia do coñecemento e destacar a labor das científicas\, así como recordar as nenas asistentes que poden aspirar a todo. O teito decidenno elas. Ninguén máis.\n\n****INSCRICIÓN PECHADA
URL:https://www.cistecnoloxiaedeseno.gal/evento/programa-dtec-espectaculo-dia-da-muller-e-a-nena-na-ciencia-2024-2/
LOCATION:Centro de Innovación e Servizos da Tecnoloxía e o Deseño\, A Cabana\, s/n\, Ferrol\, A Coruña\, España\, 15590\, Spain
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://www.cistecnoloxiaedeseno.gal/wp-content/uploads/2024/01/MULLER-E-NENA-2-02-Banner-23-febrero-950x500-1.png
END:VEVENT
END:VCALENDAR