BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//CIS Tecnoloxía e Deseño - ECPv5.2.1//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:CIS Tecnoloxía e Deseño
X-ORIGINAL-URL:https://www.cistecnoloxiaedeseno.gal
X-WR-CALDESC:Events for CIS Tecnoloxía e Deseño
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20200329T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20201025T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20201022T103000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20201022T170000
DTSTAMP:20260427T231114
CREATED:20201125T124057Z
LAST-MODIFIED:20220311T162932Z
UID:4201-1603362600-1603386000@www.cistecnoloxiaedeseno.gal
SUMMARY:Workshop online “Materiais para o contract”. Ciclo “Materiais para o futuro”
DESCRIPTION:O ciclo “Materiais para o futuro” do Programa de Deseño para a Innovación da Xunta de Galicia continúa o 22 de outubro coa presentación de novos materiais desenvolvidos en Galicia especificamente para o sector contract. \nEste será o segundo workshop do ciclo organizado pola Xunta de Galicia\, a través da Axencia Galega de innovación (GAIN)\, no marco da Materioteca de Galicia co fin de explorar as oportunidades de futuro que ofrecen os novos materiais para a innovación empresarial mediante o deseño. \nDurante a xornada\, GAIN presentará o Certame de Materiais Innovadores de Galicia\, que celebra este ano a súa primeira edición co obxectivo de identificar e promocionar os materiais máis novidosos desenvolvidos recentemente por empresas e centros de coñecemento galegos. \nEste workshop permitirá coñecer as características e aplicacións de varios materiais innovadores deseñados para o contract\, é dicir\, aqueles que polas súas propiedades son especialmente axeitados para o seu uso en arquitectura\, mobiliario e decoración. \nDous centros de coñecemento e dúas empresas presentarán materiais innovadores creados en Galicia para o contract: o Centro Tecnolóxico de Automoción (CTAG)\, o Grupo de Construción da Universidade da Coruña (UDC) e Vertifil e Extraco. Ademais\, desde o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e a Axencia Galega da Industria Forestal (XERA) serán expostas as liñas de apoio da Xunta para este sector. \nPara completar esta visión dende unha óptica máis ampla\, a empresa Materially expoñerá unha selección a nivel internacional de materiais innovadores para o contract\, acompañada de exemplos de aplicacións e vídeos de demostración.
URL:https://www.cistecnoloxiaedeseno.gal/evento/workshop-online-materiais-para-o-contract-ciclo-materiais-para-o-futuro/
LOCATION:Ciclo Online
CATEGORIES:Eventos CIS
END:VEVENT
END:VCALENDAR