BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//CIS Tecnoloxía e Deseño - ECPv5.2.1//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:CIS Tecnoloxía e Deseño
X-ORIGINAL-URL:https://www.cistecnoloxiaedeseno.gal
X-WR-CALDESC:Events for CIS Tecnoloxía e Deseño
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20230326T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20231029T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20231121T092000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20231121T113000
DTSTAMP:20260317T015103
CREATED:20231108T075730Z
LAST-MODIFIED:20231108T075730Z
UID:13050-1700558400-1700566200@www.cistecnoloxiaedeseno.gal
SUMMARY:Xornada Online: Tendencias actuais no ámbito da Propiedade Industrial
DESCRIPTION:O CIS Tecnoloxía e Deseño da Axencia Galega de Innovación (GAIN)\, dentro das súas actividades enmarcadas na rede Enterprise Europe Network\, organiza o Ciclo Formativo sobre Vixilancia Tecnolóxica 2023\, que ten como obxectivo axudar ás empresas galegas a adaptarse ao novo contexto empresarial\, un escenario altamente competitivo e en constante cambio. Este obradoiro aborda como a vixilancia dos dereitos de Propiedade Industrial permite ás empresas coñecer as últimas innovacións\, tecnoloxías e avances no seu campo\, o cal é información crucial para orientar a investigación e o desenvolvemento de novas tecnoloxías e para tomar medidas proactivas de protección e prevención de posibles infraccións. \nÉ fundamental para a competitividade empresarial que as organizacións coñezan e analicen os desafíos aos que se enfrontan no ámbito da Propiedade Industrial e estean ao tanto das tendencias na evolución das patentes\, co fin de protexer e explotar a súa propiedade de maneira exclusiva. \nA xornada será impartida pola relatora CATALINA MARTÍNEZ\, científica titular no Instituto de Políticas y Bienes Públicos del Consejo Superior de Investigaciones Científicas. O seu ámbito de especialización céntrase nas patentes\, e as políticas públicas na área de ciencia e tecnoloxía para fomentar vínculos ciencia-industria\, colaboración público-privada e contratación de investigadores en empresas. Colabora regularmente\, como experta\, con organismos nacionais e internacionais como a OCDE\, a OMPI e a Comisión Europea. \nPrograma \n9:20 – 9:30h Presentación a cargo de María José Mariño Fontenla\, Directora de Área de Centros de GAIN \n9:30 – 11:20h Xornada \n• Retos relacionados coa protección e a comercialización das invencións protexidas por patentes\n• Iniciativas de políticas públicas a nivel estatal e europeo para fomentar a transferencia de coñecemento e a colaboración\n• Tendencias recentes das patentes de orixe española\n• Como acceder a información sobre patentes de forma gratuíta: exemplos prácticos \n11:20 – 11:30h Rogos e preguntas \nPrazas limitadas \nFormulario de inscrición \nPrograma en PDF
URL:https://www.cistecnoloxiaedeseno.gal/evento/xornada-online-tendencias-actuais-no-ambito-da-propiedade-industrial/
LOCATION:Ciclo Online
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://www.cistecnoloxiaedeseno.gal/wp-content/uploads/2023/11/Cabecera-formulario-950x337_gl.png
END:VEVENT
END:VCALENDAR