O CIS Tecnoloxía e Deseño forma parte da Enterprise Europe Network (EEN), unha iniciativa da Comisión Europea creada no 2008 para axudar ás pemes a ser máis competitivas mediante o desenvolvemento da súa capacidade innovadora e o acceso a novos mercados.

O CIS Tecnoloxía e Deseño participa na EEN a través do consorcio EEN-GalacteaPlus, formado por dez entidades de Asturias, Cantabria, Castela e León e Galicia.

A través da EEN ofrecemos servizos gratuítos, que van dende a resposta a unha dúbida sobre o ámbito de negocio europeo ata servizos de valor engadido, como o fomento da cooperación empresarial, a internacionalización ou o fomento da innovación mediante a transferencia de tecnoloxía e a participación en proxectos de I+D+i.

Se a túa empresa busca socios internacionais, a EEN é a túa rede. Conéctate con entidades de máis de 60 países, incluídos os da Unión Europea!

Oportunidades tecnolóxicas, búsquedas de socios e eventos internacionais

A EEN xera e difunde anualmente máis de 10.000 propostas de cooperación a través da súa base de datos de oportunidades de cooperación tecnolóxica e empresarial.

Para comezar a recibir periodicamente información sobre ofertas/demandas tecnolóxicas, búsquedas de socios para proxectos internacionais ou eventos B2B que se organizan no marco da EEN, simplemente debes poñerte en contacto con nós a través do correo electrónico: galactea.gain@xunta.gal ou do teléfono: 981 33 71 46.

Publicación de ofertas tecnolóxicas

Se a túa empresa desenvolveu unha tecnoloxía, produto ou proceso e desexa atopar socios interesados nela, cumprimenta a ficha de Oferta tecnolóxica, remítenola e publicaremos a túa oferta na base de datos da EEN á maior brevidade posible.

Publicación de demandas tecnolóxicas

Se a túa entidade identificou unha necesidade tecnolóxica ou quere atopar provedores tecnolóxicos, cumprimenta a ficha de Demanda tecnolóxica, remítenola e publicaremos a túa demanda na base de datos da EEN á maior brevidade posible.

Búsqueda de socios en Europa

Se estás preparando unha proposta para un programa europeo de I+D+i e necesitas incorporar socios con perfís concretos, cumprimenta a ficha de Búsquedas de socios, remítenola e publicaremos a túa búsqueda na base de datos da EEN á maior brevidade posible.

Boletín EEN

A Axencia Galega de Innovación elabora periodicamente un boletín con información sobre: convocatorias, noticias, eventos B2B e búsquedas de socios relacionadas con programas europeos de I+D+i. Se desexas recibir o boletín, por favor indícanolo enviándonos un correo a galactea.gain@xunta.gal.

Podes acceder a todos os Boletíns EEN que se difundiron a través deste enlace.

Todos os servizos ofrecidos pola Enterprise Europe Network son gratuítos.

Catálogo de casos de éxito da EEN: Podes consultalo na seguinte ligazón:  Catálogo de casos de éxito da EEN

Máis información