Número 1
Xullo de 2020
O papel da investigación e a innovación na recuperación de Europa
A Comisión presentou a súa proposta dun ambicioso plan de recuperación en resposta á pandemia do coronavirus. Para responder ás enormes necesidades de investimento e garantir que a recuperación sexa uniforme, inclusiva e xusta, creouse un novo instrumento de recuperación denominado Next Generation EU. Dotado con 750.000 millóns de euros, os fondos investiranse en tres piares. No piar 3 (Learning the lessons from crisis) inclúese un incremento de 13.500 millóns para Horizon Europe, que se reforzará para financiar a investigación nos ámbitos da saúde, a resiliencia e as transicións ecolóxica e dixital.


Máis información
     
CONVOCATORIAS
Convocatoria ERC Advanced Grants - OPORTUNIUS
Xa está aberto o prazo para a presentación de propostas á convocatoria ERC Advanced Grants 2020 para financiar proxectos de investigadores excelentes con máis de 10 anos de experiencia dende a finalización do doutoramento e cunha traxectoria profesional de logros científicos significativa. Dentro deste esquema de financiamento, as subvencións poden alcanzar os 3,5M€ durante un máximo de 5 anos.

O programa OPORTUNIUS pon a disposición dos investigadores que desenvolvan a súa investigación nalgunha institución de Galicia un servizo de asesoramento para a presentación de candidaturas a esta convocatoria.

Data de peche: 26 de agosto de 2020.
Máis información
AAL - ACTIVE AND ASSISTING LIVING 2020
O obxectivo da convocatoria é apoiar proxectos innovadores, transnacionais e multidisciplinarios que respondan ao topic: “Healthy Ageing with the Support of Digital Solutions”. Está aberta para o desenvolvemento de solucións basadas nas TIC dirixidas a calquera área de aplicación dentro dos dominios AAL. Estes dominios inclúen solucións para a vida activa, como no traballo e capacitación; vitalidade e habilidades; ocio e cultura; información e comunicación, así como para a vida asistida, como saúde e atención; vida e construción; mobilidade e transporte e seguridade e protección.
Data de peche: 24 de agosto de 2020.
Máis información
DIGI-B-CUBE CUSTOMIZED SOLUTION INNOVATION VOUCHER
O proxecto DIGI-B-CUBE lanzou unha convocatoria para apoiar proxectos centrados na integración de innovacións dixitais e tecnoloxías disruptivas nas Diagnoses médicas e as cadeas de valor relacionadas. As pemes (incluídas novas start-us) que operan nos sectores de saúde, medicina, biotecnoloxía, biofarmacia, TI ou relacionados (robótica, automatización, electrónica, nanotecnoloxía, etc.) poden solicitar financiamento sen capital ata 60.000€ a través do esquema de bonos DIGI-B-CUBE.
Data de peche: 29 de xullo de 2020.
Máis información
Convocatoria Pacto Verde Europeo: publicados os borradores dos topics
A Comisión Europea publicou información sobre o contido desta convocatoria, o cronograma esperado, así como os resultados da enquisa realizada. A convocatoria contén 11 áreas: 8 áreas temáticas e 3 áreas horizontais.

Están previstos 20 temas que inclúen, por exemplo, a loita contra incendios forestais extremos, cidades climáticamente neutrais, o desenvolvemento dunha potente electrólise ou a restauración da biodiversidade. Apoiaranse aplicacións piloto e proxectos de demostración e produtos innovadores, innovación para unha mellor gobernanza da transición verde e dixital e a innovación social e da cadea de valor.

Data prevista de publicación: mediados setembro 2020.
Máis información
EVENTOS
EUREKA Multilateral call for projects on Healthy Ageing - Virtual Marketplace
Online, 5 agosto 2020
Brokerage Event at 6th SIDO Exhibition (IoT, AI and ROBOTICS)
Lyon, 3-4 setembro 2020
HIMSS & Health 2.0 European Digital Event 2020
Online, 7- 11 setembro 2020
European Research and Innovation Days
Online, 22-24 setembro 2020
12th Micro & Nano Virtual Event
Online, 22-25 setembro 2020
11th Forum of Urban Intelligence and Sustainability
Málaga, 30 setembro – 1 outubro 2020
Quantum Industry Day in Switzerland 2020
Zurich, 2 outubro 2020
Final Seminar ‘Welfare, Wellbeing and Demographic Change: Understanding Welfare Models’
Online, 7 outubro 2020
Europol Symposium on Cybersecurity
A Haia, 13-14 outubro 2020
Industrial Technologies 2020 “Transition to Sustainable Prosperity” & EU Brokerage Event on KETs
Mainz, 26-28 outubro 2020
NOVAS
Nova plataforma para avanzar na bioeconomía nas rexións europeas
O Consorcio de Biondustrias (BIC) uniu forzas co Comité Europeo das Rexións (CDR) para desenvolver unha plataforma de colaboración que conecte as bioindustrias e as rexións europeas. Según manifestou o director executivo de BIC, esta plataforma pode acelerar a recuperación medioambiental nas áreas rurais e rexionais de Europa ao apoiar ás rexións na realización das súas estratexias de especialización intelixente. A plataforma permite que a industria e as rexións identifiquen e contacten ao seu socio ideal para proxectos e investimentos, en función das súas necesidades e prioridades mutuas.
Máis información
Publicación “BBI JU: a high-impact initiative for green recovery of Europe”
A Iniciativa Tecnolóxica Conxunta de Bioindustrias (BBI JU) vén de lanzar esta publicación na que destaca os impactos ambientais, socioeconómicos e tecnolóxicos da iniciativa. Desde a súa creación en 2014, BBI JU contribuíu ao desenvolvemento e estruturación do sector da bioindustria baseada en Europa. A través de 123 proxectos financiados, 924 beneficiarios de 37 Estados membros da UE e países asociados están a sentar as bases para unha recuperación ecolóxica de Europa.
Máis información
Oportunidades para entidades españolas en Widening
A Oficina SOST do CDTI organizou unha sesión sobre as accións Widening de Horizonte 2020 e a súa futura ampliación en Horizon Europe. Dunha maneira didáctica, realizouse unha visión das 3 accións principais: Teaming, Twinning e ERA Chairs.
Máis información - Ver sesión
A UE outorga 314 millóns de euros a empresas innovadoras para combater o virus e apoiar a recuperación
A Comisión vén de outorgar case 166 millóns de euros, a través do Piloto Acelerador do Consello Europeo de Innovación (EIC), a 36 empresas para loitar contra a pandemia por coronavirus. As seleccionadas contribuirán á loita contra o coronavirus con proxectos pioneiros, como o desenvolvemento de sistemas de control da ventilación asistida que proporcionan aos sanitarios de primeira liña datos en tempo real sobre a calidade da ventilación proporcionada ao paciente. Ademais, outougaranse máis de 148 millóns a outras 36 empresas para contribuír ao plan de recuperación de Europa.
Máis información
Sesenta millóns de euros para os innovadores de Europa
Como parte dos esforzos colectivos da UE para afrontar a crise do COVID-19, o Instituto Europeo de Innovación e Tecnoloxía ( EIT) anuncia o lanzamento da EIT Crise Response Initiative. Mobilizará un fondo adicional de 60 millóns de euros destinado a innovadores que desenvolvan solucións de alto impacto para afrontar este desafío económico e social sen precedentes. Permitirá o lanzamento de novos proxectos de innovación e apoiará ás empresas de nova creación, empresas en expansión e pemes máis innovadoras, que tan importantes son para lograr unha rápida recuperación económica.
Máis información
BUSCA DE SOCIOS
Eurostars: Swiss SME is seeking partner with experience in the field of medical devices, digital diagnostics, health software / app development, complimentary products for a fatigue digital diagnostics development project
Monitoring levels of fatigue is an unmet clinical need. Current use of questionnaires is subjective and difficult to implement. A Swiss SME seeks to implement its digital diagnostic tools in health care either through its own digital platform or together with other health related platforms (preferably with a mobile module). To apply for Eurostars the SME is seeking partners with expertise in medical technology, digital diagnostics, health software / apps development for research cooperation.
Máis información
UK neuroscience company developing AI medical software to detect early signs of cognitive impairment, dementia and Alzheimer's disease is looking for a partner to apply to the Eureka Healthy Ageing call
The UK company based in London has developed a patented, artificial intelligence-based software that provides a five-minute test of cognitive ability, reducing time and costs associated with dementia diagnosis & care. They are looking to partner under a research cooperation agreement with an organisation with an interest in dementia detection in order to refine their ICA under the Eureka Healthy Ageing call aimed at developing digital health tools to promote healthy ageing.
Máis información
H2020-EIC-FTI-2018-2020 - Companies interested in a high efficiency fermentation technology demonstration are sought by an Italian biotech&engineering company
An Italian biotech&engineering company specializing in fermentation systems and scale-up for biotech production, has developed a new fermentation bioreactor and technology allowing a large number of biotech products manufacturing. To carry out the prototype demonstration and complete and qualify the technology, the company is looking for producers and/or users of fermentation plants/processes working in the food, feed, pharma sectors, interested in research cooperation within a FTI project.
Máis información
H2020-SU-FCT02: A Greek SME is looking for stadiums and big events organizers to participate as end-users in a proposal to enhance the fight against crime and terrorism
A Greek SME active in the fields of services in digital strategy & consulting, information technology, product and services development is looking for stadiums and big events organizers to participate as end users in a proposal under H2020-SU-FCT02 for technologies to enhance the fight against crime and terrorism. The type of partnership will be research cooperation agreement.
Máis información
Quedamos á vosa disposición para calquera dúbida sobre esta información, así como sobre os diferentes aspectos relacionados cos Programas Internacionais de I+D+i, no enderezo electrónico  galactea.gain@xunta.es e no teléfono 981 33 71 46.
Pode acceder a todos os Boletíns EEN difundidos a través desta ligazón.
Máis información sobre os nosos servizos en Enterprise Europe Network e GAIN!
Gain Informa
Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscripción.