Número 2
Setembro de 2020
INNOVATION FUND: Primeira convocatoria de 1.000 millóns de euros
A Comisión pon en marcha a primeira convocatoria dun dos maiores programas mundiais de demostración de tecnoloxías innovadoras con baixa emisión de carbono. Está aberta a grandes proxectos de innovación en industrias cun uso intensivo de enerxía; enerxía renovable; almacenamento de enerxía; captura, uso e almacenamento de carbono; produtos sustitutivos e proxectos transversais. Impulsará a recuperación verde mediante a creación de empregos locais con garantía de futuro, preparando o camiño cara a neutralidade climática e reforzando o liderado tecnolóxico europeo a escala mundial.

Data de peche (1ª fase): 29 de outubro de 2020.

Máis información | Convocatoria | Webinar
     
CONVOCATORIAS
IMI ten abertas as súas últimas convocatorias
A Iniciativa de Medicamentos Innovadores (IMI) lanzou as súas convocatorias finais (22 e 23), con 59 millóns de euros para proxectos de investigación médica en 6 temas: loita contra o cancro mediante intelixencia artificial, creación dunha plataforma para a investigación de enfermidades neurodexenerativas, diagnose de enfermidades raras, resistencia aos antimicrobianos, garantir a devolución dos datos dos ensaios clínicos aos participantes e guiar a adherencia do paciente. A convocatoria 23 é unha convocatoria estándar en dúas fases. Coa convocatoria 22 tratan de brindar un apoio adicional a certos proxectos IMI2 existentes para permitirlles aproveitar os seus logros e maximizar os impactos do seu traballo. As gravacións e presentacións dos webinars organizados sobre estas convocatorias están dispoñibles na seguinte ligazón
Data de peche: 29 de setembro de 2020.
Máis información
Convocatoria para formar parte do Consello de administración do EIT
O Instituto Europeo de Innovación e Tecnoloxía (EIT) abriu unha convocatoria de expresións de interese para cubrir ata 4 postos do seu Consello de administración. Este consello está composto por 12 membros de alto nivel con experiencia nos sectores da educación superior, investigación, innovación e empresa. É o responsable de dirixir as actividades do EIT, de seleccionar, designar e avaliar as Comunidades de Coñecemento e Innovación (KIC) e adoptar calquera outra decisión estratéxica.
Data de peche: 30 de setembro de 2020.
Máis información
O JRC abre 11 convocatorias para acceso ás súas infraestruturas de investigación nucleares
O Centro Común de Investigacion Europeo (JRC) abriu varias convocatorias para acceder aos seus laboratorios e instalacións científicas: Laboratory of the Environmental & Mechanical Materials Assessment (EMMA), European research infrastructure for nuclear reaction, radioactivity, radiation and technology studies in science and applications (EUFRAT) e Actinide User Laboratory (ActUsLab). As convocatorias diríxense a usuarios externos de organizacións académicas, de investigación, industria, pemes e a sectores tanto públicos como privados.
Datas de peche: 30 de setembro e 15 de outubro de 2020.
Máis información
EIC Accelerator: Última data de corte
As empresas europeas altamente innovadoras teñen a última oportunidade de postularse ao Acelerador do Consello Europeo de Innovación (EIC). Este instrumento proporciona subvencións de ata 2,5 millóns e acceso a investidores a través dunha opción de financiamento combinado, para desenvolver e ampliar a súa innovación revolucionaria e impulsar o crecemento económico.
Data de peche: 7 de outubro de 2020.
Máis información
O EIC lanzou oficialmente o seu fondo de investimento para a innovación
O Consello Europeo de Innovación (EIC) estableceu oficialmente o seu fondo (EIC Fund) para investimentos directos de capital en empresas innovadoras. Proporcionará capital desde 0,5 ata 15 millóns de euros a empresas de innovación de vangarda seleccionadas para o apoio financeiro combinado do Acelerador do EIC. O fondo investirá en empresas emerxentes adquirindo entre o 10 e o 25% das súas participacións durante un tempo limitado ata que interveña o capital privado. Desta maneira, o EIC axudará a encher o baleiro no financiamento de empresas emerxentes na UE asumindo riscos que os investidores privados non están dispostos a aceptar.
Máis información
CONSULTAS PÚBLICAS
A Comisión lanza unha consulta pública sobre o acceso dixital ao patrimonio cultural europeo
A Comisión abriu unha consulta pública sobre as oportunidades que ofrecen as tecnoloxías dixitais para o sector do patrimonio cultural. Convídase a todas as partes interesadas a proporcionar comentarios sobre a Recomendación de 2011 sobre dixitalización de material cultural e preservación dixital. O obxectivo é propoñer un instrumento político máis apropiado para apoiar a transformación dixital do patrimonio cultural.
Data de peche: 14 de setembro de 2020.
Máis información
EVENTOS
B2B Health Innovation Market 2020
Coimbra/Online, 15-17 setembro 2020
Future Tech Week 2020
Online, 21-25 setembro 2020
Smart Agrifood Summit
Málaga/Online, 24-25 setembro 2020
360 Grand Est - let’s build tomorrow together
Estrasburgo, 29 setembro 2020
European Biotech Week
28 setembro-4 outubro 2020
AseBio Investor Day 2020
Online, 28 setembro-1 outubro 2020
CHIST-ERA Conference 2020
Online, 29 setembro-1 outubro 2020
Paris Cyber Week 2020
Online, 30 setembro-1 outubro 2020
Technology Forum 2020 – Matchmaking Event
Tesalónica, 1 outubro 2020
HealthTech Innovation Days
París, 5-6 outubro 2020
Photonics Days 2020 Berlin-Brandenburg
Online, 5-8 outubro 2020
European Forum for Industrial Biotech and the Bioeconomy 2020 (EFIB)
Online, 5-9 outubro 2020
European Week of Regions and Cities
Online, 5-22 outubro 2020
VIRTUAL BROKERAGE EVENT @ INNOVATION VILLAGE 2020
Online, 7-8 outubro 2020
Horizon 2020 Virtual Brokerage Event on the European Green Deal Call
Online, 13 outubro 2020
NOVAS
Resultados participación no Horizon 2020 (2014-2019)
Os resultados consolidan a España como o 4º país con maior volume de subvención recibida no Horizon 2020. Con respecto á distribución territorial, Galicia ocupa a sétima posición (2,85%), cun retorno de 135,6 millóns de euros. Ata o momento, participaron 132 entidades galegas (84 empresas, 84% PEMEs) en 321 actividades de I+D+i (coordinadas 92). Entre as entidades máis destacadas están: a Universidade de Santiago de Compostela – 69 actividades (coordina 21), AIMEN (38 actividades (coordina 14) e a Universidade de Vigo – 27 actividades (coordina 5).

Segundo os informes do CDTI, a USC está entre as 20 universidades máis destacadas por retorno e como unha das entidades con maior retorno en ERC. Asimesmo, AIMEN tamén se atopa entre os 20 centros tecnolóxicos máis destacados por retorno e como unha das entidades de maior liderado en proxectos e como unha das entidades con maior retorno en NMBP.

Resultados por entidades e áreas
Resultados por CCAA
O Consello Europeo de Investigación (ERC) busca a investigadores/ as e académicos/ as eminentes para formar parte do seu Consello Científico
Un Comité de Identificación independente creado pola Comisión Europea comezou a busca de posibles candidatos/as para formar parte do Consello Científico, o órgano de gobernanza do Consello Europeo de Investigación (ERC). Acéptanse nomeamentos ata o 30 de setembro de 2020.
Máis información
A Comisión lanza Women4 Cyber, un rexistro de talentos no campo da ciberseguridade
A Comisión, xunto coa iniciativa Women4 Cyber da Organización Europea de Ciberseguridade (ECSO), lanzou o primeiro rexistro en liña de mulleres europeas en ciberseguridade que conectará a grupos de expertos, empresas e responsables políticos con talentos neste campo. O rexistro é unha base de datos de mulleres que teñen experiencia en ciberseguridade, co obxectivo de abordar a crecente demanda de profesionais da ciberseguridade en Europa e a escaseza de talentos neste ámbito.
Máis información
BUSCA DE SOCIOS
Urgent - H2020-LCE-2017-RES-IA – partner from agro-food sector sought for demo site for a set of tools and methods for the development of industrial solar heat projects
A German SME looks for a company from the agro-food industry to complete the consortium of the project SHIP2FAIR (Solar Heat for Industrial Process towards Food and Agro Industries commitment in Renewables). The project is already ongoing and receives funding under the call - H2020-LCE-2017-RES-IA. The sought partner should require heat in the medium temperature range (100°C to 400°C) and be interested in having installed a demo site on their premises. Partnership will be a research agreement.
Máis información
H2020-EIC-FTI: Hungarian SME is looking for manufacturing/trading company of laboratory equipment or medical devices, and an academic research group with outstanding scientific excellence in extracellular vesicles research
A Hungarian biotechnology R&D company is developing a novel platform for isolation of extracellular vesicles from biofluids. The device enables high-quality, scalable, and cost-efficient isolation from any biofluid. The company seeks partners to develop the platform to a market-ready device in the H2020 EIC-FTI call. Partners needed: (1) manufacturing company with strong market position and distribution network, (2) university research group with experience in extracellular vesicles research.
Máis información
[EUROSTARS] French SME producing unique machines enabling on-site pallet manufacturing is looking for a partner to develop a fully-recyclable polypropylene pallet
In the framework of an Eurostars proposal, a French SME which has invented a unique machine to produce cardboard pallets on the client's site, is looking for industrial and research partners from countries eligible to the Eurostars programme. The proposal's main objective is to break a technological barrier to assemble two surfaces of polypropylene in order to adapt the machine to produce fully recyclable plastic pallets. The company is looking for laboratories and companies as end-users.
Máis información
Industrial partner sought to join a European Training Network for host-directed, epigenetic therapy in intracellular infection
A well-known French institute will coordinate a European Training Network that would be dedicated to repurpose mammalian (cancer) epigenetic libraries / compounds for anti-microbial therapy. To properly answer this European Commission challenge, an industrial partner is sought. Ideally, the partner will be an SME with expertise in chemistry, drug profiling, pre-clinical testing, and epigenetic analysis.
Máis información
Quedamos á vosa disposición para calquera dúbida sobre esta información, así como sobre os diferentes aspectos relacionados cos Programas Internacionais de I+D+i, no enderezo electrónico  galactea.gain@xunta.es e no teléfono 981 33 71 46.
Pode acceder a todos os Boletíns EEN difundidos a través desta ligazón.
Máis información sobre os nosos servizos en Enterprise Europe Network e GAIN!
Gain Informa
Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscripción.