Número 3
Outubro de 2020
Convocatoria Pacto Verde Europeo
Xa está aberto o prazo para a presentación de propostas á convocatoria dedicada ao Pacto Verde Europeo (EU Green Deal), que ten como obxectivo mobilizar a investigación e a innovación para dar resposta á crise climática e axudar a protexer os ecosistemas e a biodiversidade europeos. A convocatoria está dividida en 10 áreas, 8 delas temáticas e 2 horizontais, cun total de 20 topics, aos que se destinarán preto de 1.000 millóns de euros.

Data de peche: 26 de xaneiro de 2021.

Nota de prensa | Convocatoria | Ficha informativa
     
CONVOCATORIAS
Convocatoria C-VoUCHER para abordar novos modelos de negocio circulares
C-VoUCHER lanzou a segunda convocatoria do seu programa. Está dirixida a pemes europeas dos sectores saúde, mariño e marítimo, téxtil, agroalimentario e manufactureiro, que estén interesadas en desenvolver plans de viabilidade para transformar as súas cadeas de valor dun modelo lineal a circular.
As 24 empresas seleccionadas recibirán 15.000 € para cubrir os custos de participación e terán acceso a un programa de aceleración que inclúe: Asesoramento durante un mes dun experto para o desenvolvemento da fase creativa do plan de viabilidade e Sesións de mentoring para identificar financiamento para o proxecto.
Data de peche: 30 de outubro de 2020.
Máis información
Convocatoria CHISTERA 2020 – Avance dos temas
A apertura desta convocatoria está prevista para este último trimestre do ano. Os dous temas de investigación a financiar serán:
- Interfaces avanzadas cerebro-computadora para novas interaccións (BCI)
- Cara ás TIC sostibles (S-TIC)

Despois da Conferencia CHIST-ERA 2020 (29 setembro- 1 outubro) integraranse os resultados das discusións levadas a cabo durante o encontro e redactarase o texto definitivo da convocatoria. Na seguinte ligazón están dispoñibles as descricións preliminares.
Máis información
Visita aos hubs de innovación co Consello Europeo de Innovación
Moitas cidades europeas están a consolidarse como algúns dos centros de novas empresas máis vibrantes que ofrece o mundo. No outono de 2020, o EIC organizará tres visitas virtuais aos hubs de Estocolmo, Barcelona e Berlín, comezando pola capital sueca do 13 ao 14 de outubro. As solicitudes están abertas a todas as pemes financiadas polo EIC, tanto EIC Accelerator como EIC Pathfinder. A lista final de asistentes establecerase en función da orde de chegada das solicitudes.
Data de peche: 6 de outubro de 2020.
Máis información
Nova convocatoria de ideas para unha Asociación de aviación limpa
Esta convocatoria de Expresións de Ideas está dirixida ás partes interesadas que podan achegar ideas transformadoras no campo da aviación limpa, contribuíndo aos obxectivos do Pacto Verde Europeo. Desta forma, a Comisión Europea espera identificar novas vías tecnolóxicas co maior impacto posible sobre o clima.
Data de peche: 30 de novembro de 2020.
Máis información
CONSULTAS PÚBLICAS
Consulta sobre a gobernanza dos océanos
A Comisión Europea e o Servizo Europeo de Acción Exterior lanzaron unha consulta específica para avaliar as necesidades de desenvolvemento e as opcións para o programa de gobernanza internacional dos océanos da UE. A gobernanza dos océanos refírese aos procesos, acordos, normas e institucións internacionais e rexionais que permiten á comunidade internacional coordinar e traballar conxuntamente en prol da conservación e o uso sostible no mar, onde os desafíos non poden ser abordados por un só país. A consulta ten por obxecto determinar as medidas pertinentes á luz dos desafíos e oportunidades actuais para alcanzar os obxectivos de sustentabilidade mundial dos océanos, en particular o obxectivo de desenvolvemento sostible dos océanos no marco do Programa de 2030 en apoio do Pacto Verde Europeo.
Data de peche: 15 de outubro de 2020.
Máis información
EVENTOS
Green Deal Call Webinar – Space
Online, 8 outubro 2020
Water Europe H2020 Green Deal Brokerage Event
Online, 12-16 outubro 2020
H2020 Green Deal Call - virtual brokerage event
Online, 14-15 outubro 2020
EU Green Week 2020
Bruxelas, 20-22 outubro 2020
Annual Privacy Forum 2020
Online, 22-23 outubro 2020
EU HEALTH SUMMIT 2020 - A SHARED VISION FOR THE FUTURE OF HEALTH IN EUROPE
Online, 26 outubro 2020
Net4Society Virtual Brokerage Event: SSH in the Green Deal Call
Online, 27 outubro 2020
NOVAS
ERC Starting Grants 2020: 2 gañadores desenvolverán os seus proxectos en Galicia
A convocatoria ERC Starting Grant 2020 vai financiar 436 proxectos para que os investigadores gañadores formen, lideren e consoliden os seus grupos de investigación con liñas de traballo na fronteira do coñecemento. Dos 23 proxectos que se realizarán en España, dous desenvolveranse en Galicia: os liderados por Beatriz Pelaz e Mario Pansera.

Máis información
Resultados da Iniciativa de Resposta á Crise do EIT: 60 millóns de euros outorgados a innovadores e empresas en Europa
No marco dos esforzos da UE para afrontar a pandemia de COVID-19, o Instituto Europeo de Innovación e Tecnoloxía (EIT) ven de anunciar os resultados da Iniciativa en resposta á crise do EIT: concedéronse 60 millóns de euros a 207 proxectos empresariais e de innovación de 32 países. Os proxectos e empresas apoiados inclúen, entre outros, solucións efectivas como biotecnoloxía e diagnose, uso de prototipos 3D para reconfigurar partes conxestionadas da cidade e áreas de traballo conxunto, apoio ás interrupcións da cadea de subministración de alimentos e solucións para reducir os contaminantes no aire.
Máis información | Rolda de prensa
EIOS - A plataforma de intelixencia sobre epidemias
O JRC (Centro Común de Investigación), xunto coa Organización Mundial da Saúde, creou a plataforma Epidemics Intelligence from Open Sources (EIOS), que recompila ata 120000 artigos por día relacionados coa pandemia de coronavirus. A plataforma está a axudar a clasificar esta información e poñela ao dispor dos expertos de todo o mundo que están a rastrexar a pandemia.
Máis información
Como a revolución dixital está a transformar a investigación do cerebro financiada con fondos europeos
A medida que a revolución dixital segue remodelando o mundo, vense tecnoloxías que se integran con firmeza en todos os aspectos das nosas vidas, mesmo nas correntes de investigación da neurociencia, para axudar a desvelar a complexidade dos trastornos neurolóxicos. Neste paquete de resultados de CORDIS, destácanse proxectos innovadores financiados con fondos europeos que están a axudar á ciencia para entender a máquina máis complexa e misteriosa que existe: o cerebro humano.
Máis información
Cidades do futuro: intelixentes, resilientes, inclusivas e sostibles
Grazas a unha colaboración conxunta da comunidade FIWARE desenvolveron este libro branco no que tratan sobre as últimas estratexias e innovacións de como crear cidades intelixentes, resilientes, inclusivas e sostibles. Proporciona unha visión das tendencias clave que están a impulsar a necesidade de crear cidades futuras utilizando unha gama de tecnoloxías intelixentes para mellorar a eficiencia dos recursos, mellorar a habitabilidade e aumentar a resiliencia ao cambio climático.
Máis información
Os plans de igualdade serán un criterio de elixibilidade en Horizonte Europa
No marco da celebración dos Research & Innovation Days da Comisión Europea, abordáronse diferentes aspectos da política de I+D+i así como o próximo Programa Marco, Horizonte Europa. Durante unha das sesións o Director Xeral de Investigación e Innovación da Comisión Europea, anunciou que toda entidade legal deberá contar cun plan de igualdade en vigor para acceder a financiamento do próximo Programa Marco. Desta forma, os plans de igualdade convértense nun criterio de elixibilidade, para o que se establecerá un período transitorio.
Máis información
BUSCA DE SOCIOS
H2020-EIC-FTI-2018-2020: Hungarian company developing, manufacturing and marketing retail security solutions is looking for a partner to carry out semiconductor development
A Hungarian manufacturer of retail security solutions is developing a novel theft prevention system for fashion retailers. The system is a Radio Frequency Identification (RFID) based Electronic Article Surveillance solution using a novel RFID chip concept. The company seeks a partner for under a proposal for the H2020 EIC-FTI-2018-2020 call to design and fabricate the custom RFID chip to be used in the system.
Máis información
H2020-EIC-FTI-2018-2020: An industry 4.0 application for the furniture manufacturing sector project is looking for a property management or real estate company
A Greek manufacturing company is preparing a proposal for the FTI call. Its vision is to scale up, test and commercialize a new design for furniture and interior design systems. One property management or real estate company is sought for joining the proposal.
Máis información
[EUREKA- Network Project] A renowned Korean manufacturer of steam methane reformer for hydrogen refueling system is seeking utilization technology for its captured carbon dioxide
A Korean manufacturer of steam methane reformer for hydrogen refueling system is seeking a partner with captured carbon dioxide utilization technology for their EUREKA project. The goal is to improve energy efficiency and reduce greenhouse gas emissions with carbon dioxide capture/storage technology (CCS) and carbon utilization technology (CCU) to be developed throughout the project. Partners with CCS have been found and the consortium is now seeking partner with carbon utilization technology.
Máis información
A Berlin based non-profit foundation is looking for an application partner from the field of mobility, buildings or smart city for a third-party call (DigiFed)
The Berlin based non-profit foundation developing next generation protocols is looking for an application partner for a TWIN Application Experiment for the third-party call DigiFed. The sought partner should be an SME from the field of mobility, buildings or smart city. The foundation provides a protocol that can be used to transact data and value in a secure and privacy preserving manner and which can be used to digitalise existing things for a variety of use cases.
Máis información
[EUROSTARS] French SME producing unique machines enabling on-site pallet manufacturing is looking for a partner to develop a fully-recyclable polypropylene pallet
In the framework of an Eurostars proposal, a French SME which has invented a unique machine to produce cardboard pallets on the client's site, is looking for industrial and research partners from countries eligible to the Eurostars programme. The proposal's main objective is to break a technological barrier to assemble two surfaces of polypropylene in order to adapt the machine to produce fully recyclable plastic pallets. The company is looking for laboratories and companies as end-users.
Máis información
Quedamos á vosa disposición para calquera dúbida sobre esta información, así como sobre os diferentes aspectos relacionados cos Programas Internacionais de I+D+i, no enderezo electrónico  galactea.gain@xunta.es e no teléfono 981 33 71 46.
Pode acceder a todos os Boletíns EEN difundidos a través desta ligazón.
Máis información sobre os nosos servizos en Enterprise Europe Network e GAIN!
Gain Informa
Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscripción.