Número 4
Outubro de 2020
Acordo sobre a orientación xeral de Horizon Europe
Os ministros de Investigación e Innovación da UE alcanzaron un acordo que permite avanzar nas negociacións co Parlamento Europeo co obxectivo de que as primeiras convocatorias de Horizon Europe poidan lanzarse a principios de 2021. O texto acordado do regulamento “Horizon Europe” fai referencia á Enterprise Europe Network (EEN), rede que se ocupará de brindar apoio ás pemes no marco do Consello Europeo de Innovación (EIC). GAIN, como socio da EEN, continuará ofrecendo os servizos desta rede no novo período.


Máis información
     
CONVOCATORIAS
Convocatoria H2020 Pacto Verde Europeo - Presentacións e vídeos da xornada informativa
O 1 de outubro CDTI organizou un Infoday sobre a convocatoria do Pacto Verde Europeo. Cun orzamento de 1000 millóns de euros, esta convocatoria ten como obxectivo mobilizar a investigación e a innovación para fomentar unha transición social xusta e sostible cara unha Europa climaticamente neutra. Xa están dispoñibles os vídeos das distintas charlas e tamén se poden descargar as presentacións realizadas na xornada.
Axenda Infoday | Vídeos | Presentacións
Axencia Espacial Europea (ESA) – Convocatoria AgriTech
A Axencia Espacial Europea (ESA) xunto con ICT-AGRI-FOOD acaban de lanzar unha convocatoria para estimular o desenvolvemento de solucións para o espazo enfocadas a abordar de maneira responsable os desafíos agrícolas do século XXI. Defínense tres obxectivos clave en liña coa nova Política Agrícola Común: sustentabilidade (aplicacións que mitiguen os impactos sobre o clima, o medio ambiente, etc), equidade (promover as zonas rurais, atraer aos novos agricultores, etc) e competitividade.
Data de peche: 27 de novembro de 2020.
Máis información | Presentación Webinar 5 outubro
Convocatoria conxunta de BiodivERsA e Water JPI
España, a través da Axencia Estatal de Investigación (AEI), participa na convocatoria conxunta BiodivERsA/WATER-JPI de proxectos de investigación transnacionais sobre a conservación e restauración dos ecosistemas degradados e a súa biodiversidade, con especial atención aos sistemas acuáticos. A AEI financiará ás entidades elixibles españolas que participen nos proxectos aprobados. O próximo 27 de outubro está previsto un webinar para explicar os detalles da convocatoria.
Prazo presentación pre-propostas (1ª fase): 7 de decembro de 2020.
Máis información | Texto convocatoria
Publicado o topic "Espazo de Colaboración e Innovación dos Museos Europeos" do Reto 6 de H2020
Acábase de actualizar o Programa de Traballo 2020 do Reto Social 6 de H2020 engadindo 1 millón de euros adicional para financiar unha Acción de Coordinación e Apoio (CSA) no topic "Espazo de Colaboración e Innovación dos Museos Europeos". A acción apoiará principalmente aos museos no desenvolvemento de solucións que melloren a súa presenza dixital, innovar nas súas funcións e procesos do día a día, experimentar coa dixitalización 3D e aplicacións de realidade virtual e aumentada para os visitantes ou probar novos modelos de negocio para a súa recuperación post crise. Inclúense medidas destinadas a axudar ás institucións do patrimonio cultural a mitigar os efectos da crise da Covid-19, apoiando a súa transformación dixital.
Data de peche: 12 xaneiro de 2021.
Máis información
Convocatorias European Research Council (ERC) 2021
En Horizon Europe (2021-2027), o Consello Europeo de Investigación (ERC) asegura estabilidade na súa misión e continuidade nas regras e os procedementos. A apertura das primeiras convocatorias do ERC será a partir de xaneiro de 2021 (datas previstas publicadas - CALL CALENDAR 2021 ). O programa OPORTUNIUS continuará ofrecendo aos investigadores que desenvolvan a súa investigación nalgunha institución de Galicia un servizo de asesoramento para a presentación de candidaturas ás novas convocatorias.
A Oficina Europea de FECYT xunto coa Axencia Executiva do ERC (ERCEA) e a Oficina de Proxectos Europeos do ISCIII organizan o próximo 28 de outubro, en remoto, unha xornada informativa. José Labastida, xefe do departamento científico da ERCEA transmitirá as novidades do Programa de Traballo 2021.
Xornada online 28 outubro
CONSULTAS PÚBLICAS
Consultas abertas do Instituto Europeo de Investigación e Innovación (EIT)
En 2019, a Comisión Europea propuxo un novo marco estratéxico para guiar a Axenda de Innovación Estratéxica do EIT para 2021-2027. Dacordo con esta Axenda, o EIT planea reforzar as actividades de desenvolvemento rexional, lanzar unha nova acción para impulsar a capacidade de innovación das institucións de educación superior en Europa e mellorar a apertura e inclusión. Buscan a opinión nestas tres áreas:
  • Esquema de innovación rexional do EIT ( EIT RIS) posterior a 2020
  • Nova acción do EIT para apoiar a capacidade de innovación das institucións de educación superior
  • Comunidade EIT: aberta e inclusiva
  • Data de peche: 15 de novembro de 2020.
    Máis información
    EVENTOS
    Jornada Informativa Nacional – European Research Council_ convocatorias 2021
    Online, 28 outubro 2020
    FET Disruptive Project Ideas Week
    Online, 27-30 outubro 2020
    Digital Conference on Industrial Technologies 2020 - “Transition to Sustainable Prosperity”
    Online, 27-28 outubro 2020
    eMariMatch - Online B2B meetings
    Online, 27-29 outubro 2020
    European Big Data Value Forum 2020
    Berlín/Online, 3-5 novembro 2020
    European Online Week of Active & Healthy Ageing
    Online, 2-6 novembro 2020
    Annual Circular Economy Stakeholder Conference
    Online, 3-4 novembro 2020
    European Conference on climate change and the European Water dimension - Enhancing Resilience
    Online, 4-5 novembro 2020
    Virtual Matchmaking Event - 2020 EIF Digital Energy Congress and Expo
    Online, 4-6 novembro 2020
    Online-Forum and Partnering on Biopolymers
    Online, 5 novembro 2020
    <<< DRONETECH 2020 >>> B2B Virtual Matchmaking Event
    Online, 6-7 novembro 2020
    NOVAS
    Mapeado dos Centros tecnolóxicos europeos activos en Tecnoloxías Avanzadas para a Industria
    Como parte da política para promover unha maior cooperación entre os centros tecnolóxicos de toda Europa, a Comisión Europea está a realizar un mapeado dos Centros Tecnolóxicos Activos con Tecnoloxías Avanzadas para a Industria. Entre estas tecnoloxías están: Intelixencia artificial, Seguridade, Materiais avanzados, Biotecnoloxía industrial, Realidade Virtual/Aumentada, Robótica, Tecnoloxías de fabricación avanzada, etc. Entre os criterios que deben reunir atópanse: Prestar servizos á industria e ás pemes, estar activo polo menos nunha das tecnoloxías avanzadas e ter tamén actividades nos niveis máis altos de madurez tecnolóxica (TRL5, TRL6, TRL7 ou TRL8). Tres centros tecnolóxicos galegos xa están incluídos neste mapa: AIMEN, EnergyLab e o Instituto Tecnolóxico de Galicia.

    Máis información
    Premio da Unión Europea ás Mulleres Innovadoras 2020
    Este ano presentáronse máis de 200 solicitudes e 21 mulleres foron preseleccionadas para a final. As catro gañadoras son pioneiras en innovacións revolucionarias nunha ampla gama de industrias e axudan a combater os desafíos globais. A española, Arancha Martínez, cofundadora e directora xerente de It Will Be, foi unha das gañadoras. A súa empresa axuda a combater a pobreza a través da innovación tecnolóxica, prestando apoio a mulleres e nenos vulnerables.
    Máis infomación
    A iniciativa conxunta de Bioindustrias recoñece 9 propostas de proxectos pola súa excelencia
    A iniciativa tecnolóxica conxunta de Bioindustrias (BBI) acaba de adxudicar o selo BBI JU Sinergy Label a nove propostas de proxectos que se presentaron á convocatoria BBI 2019. Estas propostas obtiveron puntuacións o suficientemente altas para recibir financiamiento, pero non recibiron debido a límites orzamentarios. A entrega do premio realizouse nun evento celebrado o 6 de outubro no que tamén tiveron a oportunidade de coñecer outras posibles fontes de financiamento.
    Máis información
    A comunidade EIT lanza o proxecto Girls Go Circular para abordar a brecha de xénero dixital
    Este proxecto nace da urxencia de pechar a brecha de xénero no número de mulleres activas no sector dixital e empresarial na UE.O Plan de Acción de Educación Dixital da Comisión Europea informa que só o 30% dos emprendedores e o 32% dos líderes económicos na UE son mulleres. Ademais, só o 15% dos empregados do sector tecnolóxico na UE son mulleres. A través dun programa de aprendizaxe en liña sobre a economía circular, o proxecto Girls Go Circular contribuirá a pechar a brecha de xénero dixital, particularmente naqueles países definidos como innovadores modestos e moderados segundo o Cadro de indicadores da innovación europea.
    Máis información
    BUSCA DE SOCIOS
    Horizon2020-Green Deal Call-Area 6-Consortium consisting of Turkish, German, Danish and Greek partners looks for companies and research institutions as additional partner
    A Turkish company which created a greenhouse with a vertical farming concept established a consortium consisting of Turkish, German, Danish and Greek partners in order to submit a project proposal to Horizon 2020-Green Deal Call-Area 6: "Testing and demonstrating systemic innovations in support of the Farm-to-Fork Strategy". The project's goal is to bring solution to sustainability and security of food production and supply systems. The Consortium looks for additional partners
    Máis información
    EUREKA Eurostars: Different partners sought to develop a reusable laundry detergent
    The team of a professor of a German Technical University of Applied Sciences and an Estonian university want to develop a reusable laundry detergent. The detergent bases on an enzyme bound on particles with magnetic core. To set up a consortium and project for the EUREKA Eurostars funding scheme, they are looking for SMEs and research organisations with expertise in detergent R&D and production as well as solid liquid separation or washing machinery based on a research cooperation agreement.
    Máis información
    [EUREKA- Network Project] A renowned Korean manufacturer of steam methane reformer for hydrogen refueling system is seeking utilization technology for its captured carbon dioxide
    A Korean manufacturer of steam methane reformer for hydrogen refueling system is seeking a partner with captured carbon dioxide utilization technology for their EUREKA project. The goal is to improve energy efficiency and reduce greenhouse gas emissions with carbon dioxide capture/storage technology (CCS) and carbon utilization technology (CCU) to be developed throughout the project. Partners with CCS have been found and the consortium is now seeking partner with carbon utilization technology.
    Máis información
    EUREKA / Eurostars: Industrial partners are sought to develop an innovative wear-free textile ski base
    A German university seeks partners for a research project to make skiing more sustainable by developing a new environmentally friendly ski that does not require wax. Basis for the development is a modular construction with textile material. Partners sought are SMEs with coating expertise, ski producers and possibly producers of ski wax, interested in alternative products. Research cooperation is envisaged within the Eureka / Eurostars programme or similar funding schemes.
    Máis información
    EUREKA Eurostars: Industrial partners sought for scalable prototyping for fibre reinforced plastics
    A German university is setting up a research project to manufacture more cost-effective prototypes and to speed up the development of fibre reinforced plastic (FRP) components. Partners sought are SMEs with expertise in prototyping of different materials, producers of FRP components and optionally ski producers to cooperate within research cooperation agreements in the EUREKA Eurostars programme or similar funding schemes.
    Máis información
    Quedamos á vosa disposición para calquera dúbida sobre esta información, así como sobre os diferentes aspectos relacionados cos Programas Internacionais de I+D+i, no enderezo electrónico  galactea.gain@xunta.es e no teléfono 981 33 71 46.
    Pode acceder a todos os Boletíns EEN difundidos a través desta ligazón.
    Máis información sobre os nosos servizos en Enterprise Europe Network e GAIN!
    Gain Informa
    Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscripción.