Número 5
Novembro de 2020
A Comisión establece un novo plan para apoiar a transición ecolóxica e dixital e a recuperación da UE
A Comisión Europea adoptou unha Comunicación sobre un novo Espazo Europeo de Investigación e Innovación. Este estará baseado na excelencia e será competitivo, aberto e orientado ao talento. Así mesmo, aspira a mellorar o panorama da investigación e a innovación en Europa, acelerar a transición da UE cara á neutralidade climática e o liderado dixital, apoiar a súa recuperación do impacto social e económico da crise do coronavirus e fortalecer a súa resiliencia fronte a futuras crises. Os obxectivos estratéxicos teñen como fin dar prioridade aos investimentos e reformas en investigación e innovación, mellorar o acceso dos investigadores á excelencia en toda a UE e facer posible que os resultados da investigación cheguen ao mercado e á economía real.


Máis información
     
CONVOCATORIAS
Convocatoria España-China para proxectos bilaterais de I+D en áreas prioritarias
Aberta a segunda convocatoria conxunta no marco do Programa Bilateral España-China CHINEKA de Cooperación Tecnolóxica en Áreas Prioritarias para a presentación de Propostas de Cooperación Tecnolóxica. Os proxectos deben contar, polo menos, coa participación dunha empresa española e unha entidade chinesa, e estar orientados ao desenvolvemento ou mellora significativa dun produto, proceso ou servizo innovador con perspectivas de mercado nas seguintes áreas tecnolóxicas: Cidades intelixentes; Tecnoloxías de produción; Biomedicina e tecnoloxías para a saúde; Tecnoloxías limpas; Agricultura moderna e Materiais avanzados.
Data de peche: 27 de novembro de 2020.
Máis información
Convocatoria Innosup: Asistencia europea e formación para pemes en fabricación avanzada
A través desta convocatoria ofrecerase asistencia ás pemes para elaborar un plan de transformación para a súa empresa e tamén se lles asesorará e guiará durante a fase de implementación do plan para converter a súa empresa nunha fábrica do futuro. O obxectivo é reforzar a competitividade das pemes proporcionando un acceso fácil e paneuropeo ao asesoramento e os coñecementos técnicos avanzados en materia de fabricación. Proporcionaranse servizos de formación transfronteiriza ás pemes en cooperación ou centros de formación (formación "in situ" impartida en instalacións onde se poidan probar e demostrar tecnoloxías, como liñas piloto).
Data de peche: 1 de decembro de 2020.
Máis información
Fondo Europeo Marítimo e de Pesca
O Fondo Europeo Marítimo e de Pesca é un dos cinco Fondos Estruturais e de Investimento Europeos que se complementan entre si para xerar máis emprego e crecemento na UE. Este fondo vai abrir unha nova convocatoria Blue Economy Window cun orzamento total de 20 millóns de euros, que está destinada a pemes de toda a UE que traballen na innovación na economía azul. Poderase obter ata un 70% de cofinanciamento para o proxecto, cunha contribución media da UE de entre 700.000€ e 2,5 millóns de euros. O próximo 24 de novembro terá lugar un evento virtual informativo sobre esta convocatoria.
Infoday - Blue Economy Window 2020
Convocatoria DIGIFED
Esta convocatoria está dirixida a start-ups, pemes e mid-caps con diferentes niveis de madurez dixital para que melloren as súas capacidades e servizos e, no caso de empresas máis avanzadas, para que integren as súas capacidades tecnolóxicas e accedan a novos clientes e mercados. O obxectivo é fortalecer un ecosistema europeo de alta tecnoloxía mediante a adopción de tecnoloxías dixitais avanzadas (CPS) e unha combinación de instrumentos de financiamento rexionais, nacionais e europeos para que as empresas e, en particular, as pemes poidan beneficiarse do intercambio de coñecementos independentemente da súa localización.
Data de peche: 15 de decembro de 2020.
Máis información
CONSULTAS PÚBLICAS
Consulta pública sobre temáticas para a convocatoria CHIST-ERA 2021
CHIST-ERA é un programa pioneiro da investigación coordinada europea sobre tecnoloxías da información e a comunicación emerxentes e futuras. Este programa acaba de abrir unha consulta para buscar ideas sobre posibles temáticas para a súa convocatoria do ano 2021. Os temas propostos deben promover unha investigación nova, ambiciosamente interdisciplinaria e de alto risco/impacto con potencial de conducir a importantes avances tecnolóxicos a longo prazo.
Data de peche: 23 de novembro de 2020.
Máis información
.
EVENTOS
Virtual B2B Event-Construction-2020
Online, 18-19 novembro 2020
B2B Matchmaking Precision Fair 2020
Online, 18-19 novembro 2020
Brokerage Event @Smart Manufacturing Matchmaking 2020
Online, 18-20 novembro 2020
Virtual Brokerage Event | Triple Helix Summit 2020
Online, 23 novembro 2020
Virtual E-Mobility Match 2020
Online, 23 novembro 2020
Blue Economy Window 2020 Info Day
Online, 24 novembro 2020
11th Korea EUREKA Day 2020
Online, 24 novembro 2020
International Conference on Industry 4.0 and Smart Manufacturing - B2B Meetings
Online, 24 novembro 2020
FIWARE Industry Day - The Digital Revolution of a Smarter Industry 4.0
Online, 26 novembro 2020
NOVAS
Dous investigadores galegos participan nos proxectos Synergy Grant 2020
O Consello Europeo de Investigación (ERC) anunciou os 34 proxectos gañadores da convocatoria Synergy Grant 2020, nos que España participa en 7 proxectos. Dous investigadores galegos van participar en 2 dos proxectos aprobados: Diego Peña, investigador da USC, que levará a cabo o proxecto MolDAM xunto cun investigador alemán e Felipe Criado, investigador do CSIC en Galicia, que desenvolverá o proxecto XSCAPE Material Minds con outros 3 investigadores. Esta convocatoria reúne a grupos de 2 a 4 investigadores destacados e aos seus equipos para abordar de forma conxunta problemas científicos excepcionalmente complexos que non poderían abordarse doutra maneira. Son proxectos de 6 anos de duración e 10 millóns de euros de dotación.

Máis información
A empresa galega Appentra foi recoñecida como innovación de vangarda no premio Innovation Radar 2020 da Comisión Europea
O Innovation Radar é unha iniciativa da Comisión Europea que identifica innovacións e innovadores de alto potencial en proxectos de investigación e innovación financiados pola UE. Appentra, fundada en 2012 como unha spin-off da Universidade da Coruña, foi recoñecida cun premio na categoría Innovative Science co que se recoñece a súa tecnoloxía Parallelware como innovación de vangarda que sustenta os avances tecnolóxicos do mañá. Appentra tamén acaba de recibir o premio Iniciativa emprendedora outorgado polo Colexio Profesional de Enxeñaría de Informática de Galicia.
Máis infomación
Europa inviste na investigación das baterías do futuro
A iniciativa de investigación a gran escala Battery 2030+ entrou nunha nova fase co inicio de 7 proxectos de investigación. O orzamento total dos proxectos é de 40,5 millóns de euros financiados por Horizon 2020. Esta iniciativa lanzouse en marzo de 2019 e actualmente conta co respaldo dunha nova Acción de Coordinación e Apoio (CSA), BATTERY 2030PLUS, iniciada en setembro de 2020. A CSA consta de 23 socios, líderes nos seus campos.
Máis información
A Comisión publica un informe sobre o potencial macroeconómico da transformación dixital
A Comisión publicou un informe elaborado por consultores independentes sobre o potencial macroeconómico da transformación dixital da economía europea. O documento analiza os desafíos aos que se enfronta a UE, incluídas as implicacións da covid19, e as formas de abordalos para lograr os obxectivos establecidos na estratexia "Dar forma ao futuro dixital de Europa". O uso efectivo do Fondo de Recuperación e Resiliencia, con polo menos o 20% dos fondos destinados a proxectos dixitais e europeos como o EuroHPC, axudará a salvar esta brecha. Descríbense nove posibles iniciativas emblemáticas para Europa.
Máis información
BUSCA DE SOCIOS
H2020-LC-GD call-area 8 Innovative nanotechnologies and modeling for PerFluorAlkyl Substances environmental remediation
A consortium of three Italian University departments is interested in H2020-LC-GD call to implement strategies to predict, control and reduce the PFAS (perfluoralkyl substances) contamination in soils, aquifers and receiving streams.They are looking for a coordinator, SMEs or research institutes, for research cooperation agreements in the field of remediation and water treatment technologies, contaminant detection and monitoring, economic and societal assessments and/or hydrology.
Máis información
Seeking partners for H2020 Green Airports call to develop unique hydrogen-powered airside vehicles for multiple uses
A UK company is completing a consortium to apply for the call H2020 LC-GD-5-1-2020 Green Airports & Ports, to develop unique airside vehicles (eg tugs and others), powered by hydrogen fuel cells. They are seeking multiple partners to design, prototype, develop vehicles, experts in hydrogen fuel cells, energy, specialist autonomous software systems, and air quality mitigation, via research cooperation agreement.
Máis información
A French coordinator is looking for targeted partners to respond to the call 5.1 "Green airports and ports as multimodal hubs for sustainable and smart mobility ID: LC-GD-5-1-2020 "
The project will address an innovative and integrated concept and solutions for different sizes and types of ports, by performing large-scale system of systems demonstrator in maritime and inland ports with TRL 7. It is currently looking for the following partners:
  • Partner specialised in the quantification of the carbon footprint using data coming from the multimodal Hub, expected to evaluate the reduction of greenhouse gases in the confined port space. Main tasks in the project will include conducting a carbon footprint calculation study based on the data collected.
  • Partner specialised in the measurement and analysis of air and sound/noise quality expected to evaluate the improvement in the quality of air and sound/noise in the port. Main tasks will include putting in place a measurement and analysis system and conducting the analysis the of air and sound/noise quality.
  • Partner specialized in port standards expected to develop port safety standards. Main tasks will include the study of the port safety standards for the multimodal hub, recommendations and the development of the standards.
  • Máis información - A través de correo electrónico
    A Turkish university is preparing a proposal for the Green Deal call: "Enabling citizens to act on climate change, for sustainable development and environmental protection through education, citizen science, observation initiatives, and civic engagement"
    Citizen science is a powerful tool for climate action, sustainable development and environmental protection through civic engagement. A broad understanding will be given to citizen science activities, covering a from raising public knowledge of science, encouraging especially young citizens to participate in the scientific process by observing, gathering co-designing and implementing science-related policies. It will also involve publication of results and teaching science.
    Subtopic of the call Enabling citizens to act on climate change and for sustainable development through education will be considered, giving emphasize on biomimicry and biodesign through implementation of co-design, co-creation of key players such as, student organisations, higher education institutes’ student innovation centers, relevant NGOs, startups and SMEs, research centers and their facilities.
    “Make and learn” will be the motto of the proposal, experiences will be shared among the parties, special education programmes will be set up by the educational experts. Best practices will be shared among the parties.
    The consortium will consist of participation of natural scientists, technology specialists, citizen science professionals and social sciences and humanities researchers.
    Máis información - A través de correo electrónico
    Quedamos á vosa disposición para calquera dúbida sobre esta información, así como sobre os diferentes aspectos relacionados cos Programas Internacionais de I+D+i, no enderezo electrónico  galactea.gain@xunta.es e no teléfono 981 33 71 46.
    Pode acceder a todos os Boletíns EEN difundidos a través desta ligazón.
    Máis información sobre os nosos servizos en Enterprise Europe Network e GAIN!
    Gain Informa
    Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscripción.