Número 6
Novembro de 2020
Xornada "Horizonte Europa - Programa Marco de Investigación e Innovación de la UE para el período 2021-2027"
Os días 2 e 3 de decembro terá lugar este evento virtual organizado por CDTI e o Ministerio de Ciencia e Innovación, coa colaboración de FECYT e a Comisión Europea, cuxo obxectivo fundamental é dar a coñecer ás entidades españolas os obxectivos, a estrutura e as prioridades do próximo Programa Marco. Daranse as claves do comezo de Horizonte Europa, destacando as novidades do programa e achegando unha guía para a transición temática de Horizonte 2020 a Horizonte Europa. O evento retransmitirase a través de Internet.


Máis información - Rexistro e axenda
     
CONVOCATORIAS
Pre-anuncio da convocatoria conxunta ERA-MIN 3 2021
ERA-MIN3 é unha rede paneuropea de 26 organizacións de financiamento da investigación, que ten como obxectivo continuar fortalecendo a comunidade de materias primas minerais a través da coordinación de programas de investigación e innovación en materias non alimentarias e non combustibles. A nova convocatoria contemplará 5 temas: Abastecemento de materias primas de exploración e minería; Deseño circular; Procesamento, produción e refabricación; Reciclaxe e reutilización de produtos ao final da súa vida útil; Temas transversais. España participará a través da Axencia Estatal de Investigación, o CDTI e a Comunidade Foral de Navarra.
Data prevista de apertura: 15 de xaneiro de 2021.
Máis información
2ª actualización das normas de financiamento na convocatoria BiodivRestore
A convocatoria conxunta BiodivRestore - "Conservación e restauración dos ecosistemas degradados e a súa biodiversidade, con especial atención aos sistemas acuáticos", na que participa a Axencia Estatal de Investigación (AEI), actualiza de novo as súas normas nacionais/rexionais de financiamento. A última versión do documento contén unha modificación das normas e límites de financiamento da AEI para os grupos españois.
Data de peche prepropostas: 7 de decembro de 2020.
Máis información
Premio ás baterías innovadoras para vehículos eléctricos
O desafío deste premio consiste en desenvolver unha batería segura e sostible para vehículos eléctricos mediante o desenvolvemento de novos materiais e produtos químicos que sexan sostibles, de baixo custo e facilmente dispoñibles en Europa. A UE outorgará 10 millóns de euros a unha batería sostible de alto rendemento para vehículos eléctricos. Requírense solucións que proporcionen o mesmo ou mellor desempeño que os vehículos con motores de combustión interna e que sexan capaces de recargar o vehículo eléctrico nun tempo equivalente ao de encher un tanque convencional de gasolina /diesel. Este premio contribuirá significativamente á descarbonización de Europa en beneficio da economía da UE e os seus cidadáns.
Data de peche: 17 de decembro de 2020.
Máis información
Convocatoria para financiar pequenos proxectos no eido dixital
A plataforma europea de fábricas conectadas para a fabricación áxil (EFPF - proxecto H2020) ten como principal obxectivo o establecemento dun ecosistema de fábricas intelixentes e a creación dunha plataforma que poña en contacto aos actores relevantes na fabricación dixital. Esta plataforma ten aberta unha convocatoria de 2,5 millóns de euros para financiar pequenos proxectos (50.000-150.000€) que cubran algunha destas actividades: desenvolvemento de novas aplicacións, testeo/validación de solucións EFPF ou estensión da federación con novas plataformas e servizos. Empresas fabricantes, pemes, provedores de solucións dixitais, desenvolvedores de software e investigadores poderán financiar experimentos relacionados co desenvolvemento, integración e validación de solucións innovadoras utilizando esta plataforma.
Data de peche: 19 de febreiro de 2021.
Máis información | Vídeo convocatoria
EVENTOS
Virtual WindEnergyMatch 2020
Online, 1-4 decembro 2020
Xornada "Horizonte Europa - Programa Marco de Investigación e Innovación de la UE para el período 2021-2027"
Online, 2-3 decembro 2020
Global Nuclear Physics Innovation
Varsovia, 2-3 decembro 2020
Ocean Plastic Forum - International Matchmaking Event
Online, 3 decembro 2020
TechInnovation 2020
Singapur/Online, 7-11 decembro 2020
B2B-Cooperation Platform Wood Construction - 26th International Wood Construction Conference 2020
Online, 10 decembro 2020
Water Knowledge Europe Horizon Europe Brokerage event 2020
Online, 9-15 decembro 2020
Xornada online sobre a estratexia “Digital Europe”
Online, 10 decembro 2020
WEgate Summit 2020 - A new vision for the Women Entrepreneurs Community
Online, 10 decembro 2020
New Space Economy - NSE Brokerage Event 2020
Online, 11-12 decembro 2020
NOVAS
O Parlamento Europeo e o Consello alcanzaron un acordo para o orzamento da UE 2021-2027
No acordo alcanzado 15.000 millóns de euros adicionais irán destinados a reforzar programas como Horizonte Europa, EU4 Health e Erasmus+. Horizonte Europa recibiría 4.000M€ máis sobre os 80.900M€ xa aprobados polo Consello no pasado mes de xullo. Este acordo permitirá ao programa crecer en recursos dispoñibles en relación con Horizon 2020 (2014-2020).
Máis información
A USC e a UVigo participan en dous proxectos seleccionados na última convocatoria do Piloto EIC "Pathfinder Open"
Na última convocatoria do Piloto "Pathfinder Open" do Consello Europeo de Innovación (EIC) seleccionáronse 58 proxectos que desenvolverán tecnoloxías novas de alto risco, nos que investirá un total de 191 millóns de euros. Presentáronse un total de 902 solicitudes. O maior número de proxectos exitosos proveñen de Alemaña, Italia, España, Francia e Suíza, con case un 30% dirixido por investigadoras e un 26% clasificados como "tecnoloxías verdes" para apoiar os obxectivos do Pacto Verde Europeo. Os proxectos seleccionados recibirán acceso a servizos de mentorización e apoio para a aceleración empresarial. A USC e a UVigo participan en dous destes proxectos. UVigo é a coordinadora do proxecto BIOCELLPHE no que traballará conxuntamente con outros 8 socios. A USC participará como socio no proxecto e-Prot.
Máis infomación | Proxectos seleccionados
Coronavirus: 128 millóns de euros concedidos para abordar necesidades urxentes e o impacto socioeconómico da pandemia
A Comisión asinou os acordos de subvención, no marco de Horizonte 2020, dos 23 novos proxectos de investigación que recibirán un total de 128 millóns de euros para abordar a continua pandemia de coronavirus e os seus efectos. O financiamento permitirá realizar investigacións adicionais para fortalecer e adaptar a capacidade industrial para fabricar e despregar equipos médicos, como ventiladores; previr e tratar o coronavirus; desenvolver tecnoloxías médicas e ferramentas dixitais, como sistemas de diagnóstico portátiles; comprender mellor o impacto social da pandemia, por exemplo, nos grupos vulnerables e marxinados; e aprender de grandes grupos de pacientes en toda Europa para mellorar os tratamentos. Os proxectos involucran a 344 equipos de investigación de 39 países, incluídos 32 participantes de 15 países fóra da UE.
Máis información
Empresas españolas de saúde cardiovascular e ecotecnoloxía nomeadas para os premios de EIT á innovación de 2020
O Instituto Europeo de Innovación e Tecnoloxía (EIT) recoñece o labor de 28 emprendedores de toda Europa (catro deles españois) nomeados para os premios EIT 2020. Esas empresas innovadoras foron nomeadas pola súa perseveranza e creatividade, en recoñecemento dos seus produtos e servizos vangardistas, que aceleran a transición de Europa cara a un futuro máis verde, máis saudable e máis dixital. Con respecto ás empresas españolas, EcoNet destaca por ser unha aplicación de referencia para que os cidadáns entendan o impacto ambiental dos seus hábitos de consumo diarios en diferentes campos. ACORYS é un dispositivo médico que combina software e hardware para axudar no diagnóstico e o tratamento das arritmias. INNOLOG mellora a eficiencia na procura de materias primas grazas ás novas sondas e tecnoloxías dispoñibles para explorar o subsolo. Bound4 blue é unha solución de propulsión eólica que reduce as emisións de CO2 das industrias marítimas.
Nota de prensa | EIT Awards 2020: Nominees' online pitching (8 dec) | EIT Awards Ceremony (9 dec)
BUSCA DE SOCIOS
A Korean manufacturer of hydrogen fuel cell separator(bipolar plate) is looking for a R&D partner for manufacturing and mass production technology of multi-sided separator for PEMFC(Proton-exchange membrane fuel cell) based on a robust design
A Korean company that produces separator (bipolar plate) for PEMFC used in hydrogen fuel cell powered automobile is concentrating on developing production technology of multi-sided separator which has bigger size compared to the conventional one. To do this, they have formed internal task force team and now looking for European R&D partner with efficient separator die casting design ability and production technology under EUREKA Project in 2021.
Máis información
Seeking a consortium for H2020 Green Airports call to demonstrate and develop green airway heating solutions
A Finnish economic development corporation is searching for a multidisciplinary consortium or a coordinator of consortium to apply for the call H2020 LC-GD-5-1-2020 Green Airports & Ports, to research, test and pilot green airway heating solutions. The potential consortium might include partners with the appropriate complementary knowledge and skills and they might be industry, consultancy, airport/port authorities, universities, academia etc. under research cooperation agreement.
Máis información
Eurostars: SME coordinator with expertise in medical device development and commercialisation sought
A Swiss university together with two SMEs is preparing a Eurostars proposal. The aim is to develop a medical device for the support of autism therapy. The device will complement an already developed and widely adopted therapy. It will integrate different sensors and AI technology. To complete the consortium an R&D SME with expertise in medical device development, sensor development and integration and commercialisation is sought for a research cooperation.
Máis información
PS Horizon2020 GreenDeal: Dutch coordinator seeks companies/farmers active on topic 6 of GreenDeal call
A Dutch SME is preparing a proposal in the Green Deal call topic 6. The company will act as coordinator of the project and is looking for several companies e.g. active in biological pesticides, smart farming, precise irrigation. Also RTO / University to conduct the neccesary studies to support the project. Furthermore, farmers/horticultural companies for infield demonstrations and consultancy to conduct socio-economic study. A research cooperation agreement is forseen with selected partners.
Máis información
Quedamos á vosa disposición para calquera dúbida sobre esta información, así como sobre os diferentes aspectos relacionados cos Programas Internacionais de I+D+i, no enderezo electrónico  galactea.gain@xunta.es e no teléfono 981 337 146.
Pode acceder a todos os Boletíns EEN difundidos a través desta ligazón.
Máis información sobre os nosos servizos en Enterprise Europe Network, Galactea-Plus e GAIN!
Gain Informa
Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscripción.