Número 7
Decembro de 2020
Convocatorias ERC 2021 & OPORTUNIUS
A FECYT, o ISCIII e a Axencia Executiva do ERC (ERCEA) organizaron unha xornada informativa sobre as próximas convocatorias do Consello Europeo de Investigación (ERC) que estarán dentro de Horizonte Europa. José Labastida, xefe do departamento do ERC da ERCEA presentou as principais novidades do programa de traballo ERC 2021. Todas as gravacións e as presentacións, así como o calendario previsto para as convocatorias, están dispoñibles a través da seguinte ligazón.

A Xunta de Galicia, a través do programa Oportunius, ofrece aos investigadores que desenvolvan a súa investigación nalgunha institución de Galicia un servizo de asesoramento para a presentación de candidaturas ás novas convocatorias, asi como oportunidades de contratación e incentivos económicos aos investigadores que acadaron unha axuda do ERC.

O pasado 16 de decembro celebrouse o I Encontro Oportunius co obxectivo de difundir as axudas do European Research Council (ERC) e os servizos e oportunidades do programa Oportunius; así como dar a coñecer os investigadores e investigadoras que contan con axudas do ERC e están a desenvolver a súa carreira en Galicia.


Xornada - gravacións | Oportunius | Encontro Oportunius
     
CONVOCATORIAS
Convocatoria DigiCirc 2021
A aceleradora DigiCirc lanzou a súa primeira convocatoria para impulsar proxectos innovadores baseados no desenvolvemento e a comercialización de solucións, produtos e procesos que fagan fronte a un destes catro desafíos: Cidades autónomas, Xestión de residuos, Consumo sostible ou Educación. Espérase financiar un mínimo de 15 consorcios compostos por, polo menos, 2 pemes. Poderán recibir ata 60.000 euros de financiamento por peme, terán acceso a 4 plataformas dixitais desenvoltas para axudar a planificar o seu negocio e apoiar operacións a grande escala e contarán co apoio dun servizo de mentorización temática. Ao final do programa, seleccionaranse 5 consorcios para recibir un financiamento adicional de 100.000€.
Data de peche: 15 de xaneiro de 2021.
Convocatoria | Webinar - Vídeo (18/11/20)
Convocatoria EuroNanoMed 2021
A ERA-NET EuroNanoMed estableceuse en 2008 como unha plataforma para que as axencias de financiamento e os ministerios coordinen programas de investigación e innovación co obxectivo de crear e financiar proxectos de investigación e innovación colaborativos que poidan converter a investigación en nanotecnoloxía en beneficios prácticos e avances médicos tanxibles. Esta ERA-NET ten aberta a 12ª convocatoria transnacional conxunta na que os proxectos deberán cubrir polo menos unha das seguintes áreas: Medicina rexenerativa, Diagnose ou Sistemas de subministración dirixidos. A modalidade de financiamento consistirá nunha axuda parcialmente reembolsable, cunha cobertura financeira de ata o 75% do orzamento total aprobado (préstamo) e cun tramo non reembolsable de ata o 33% en función da natureza do beneficiario e proxecto.
Data límite pre-propostas: 21 de xaneiro de 2021.
Máis información
Convocatoria Blue Economy Window 2020
Está dispoñible a gravación do evento informativo do 24 de novembro no que se deron a coñecer estas axudas do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca. Esta convocatoria está destinada a pemes da UE que traballen na innovación na economía azul. Cada proxecto poderá obter ata un 70% de cofinanciamento cunha contribución media da UE de entre 700.000€ e 2.500.000€.
Data de peche: 16 de febreiro de 2021.
Vídeo evento | Axenda | Infografía | Convocatoria
INNOVATION FUND: Segunda convocatoria
O Fondo de Innovación é un instrumento de financiamento chave para cumprir os obxectivos climáticos da UE no marco do Pacto Verde Europeo e reforzar o liderado tecnolóxico europeo a escala mundial. Acaba de abrirse a segunda convocatoria, centrada en proxectos innovadores listos para entrar no mercado e que impliquen importantes reducións das emisións. Está dirixida a proxectos a pequena escala en enerxías renovables, industrias de uso intensivo de enerxía, almacenamento de enerxía e captura, uso e almacenamento de carbono, cuns custos de capital totais inferiores a 7,5 millóns de euros.
Data de peche: 10 de marzo de 2021.
Convocatoria | Webinar - Vídeo (09/12/20)
EIT InnoEnergy Investment Round 2021
A EIT InnoEnergy, unha das Comunidades de Innovación e Coñecemento (KIC) do Instituto Europeo de Innovación, ten entre os seus obxectivos apoiar a máis empresas europeas para comercializar as próximas grandes innovacións en enerxía sostible. Por iso, lanzou unha serie de roldas de financiamento destinadas a emprendedores e empresas que conten cun produto ou servizo innovador que poida saír ao mercado nun prazo máximo de 5 anos. Os participantes deben realizar unha proba piloto equivalente a un TRL 5 ou superior e formar parte dun consorcio composto por, como mínimo, 3 socios europeos de polo menos 2 países diferentes. A duración do proxecto oscilará entre 2 e 3 anos e financiarase entre o 20 e o 80% do orzamento en función da proposta concreta.
Data de peche: 15 de marzo de 2021.
Máis información
CONSULTAS PÚBLICAS
Consulta pública sobre os fondos de investimento a longo prazo
A Comisión Europea ten aberta unha consulta pública acerca dos fondos europeos de investimento a longo prazo (ELTIF). Estes fondos son un esquema da UE para facilitar o investimento en activos como proxectos de infraestrutura social e de transporte (enerxía, hospitais, vivendas sociais), propiedades e pequenas empresas. Despois de varios anos só se estableceron ao redor de 28 ELTIF. Esta consulta está dirixida a persoas e entidades que representen a autoridades nacionais competentes, administradores de activos, empresas de investimento, entidades de crédito, consumidores e organizacións de investidores, asesores financeiros e legais ou outros provedores de servizos, así como académicos e grupos de expertos en políticas. As respostas a esta consulta resultarán fundamentais para unha avaliación completa do funcionamento destes fondos.
Data de peche: 19 de xaneiro de 2021.
Máis información
EVENTOS
Virtual International Partnering – Innovation in Environment & Energy & Circular Economy
Online, Ata o 31 decembro 2020
International BtoB meetings CYCL'EAU Toulouse
Online, 13-14 xaneiro 2021
Xornada Impact RIS3T: Finaciamento en cascada
Online, 14 xaneiro 2021
sTARTUp Day 2021 - Matchmaking
Tartu/Online, 27-29 xaneiro 2021
Xornada Impact RIS3T: Horizon Europe
Online, 28 xaneiro 2021
Bringing Value to Agrobiomass
Online, 10-11 febreiro 2021
Smart Building Levante
Online, 19-20 febreiro 2021
NOVAS
Un dos 22 proxectos da convocatoria Consolidator Grant 2020 desenvolverase en Galicia
O Consello Europeo de Investigación deu a coñecer os 327 proxectos gañadores da convocatoria Consolidator Grant 2020 que recibirán uns 655 millóns de euros. O ERC destaca que as mulleres gañan terreo, xa que o 37% se concedeu a investigadoras. Os novos beneficiarios poderán consolidar os seus equipos e ter un impacto de grande alcance nos resultados das súas investigacións. Vinte e dous proxectos desenvolveranse en centros españois e un deles levarase a cabo na USC. Sebastián Villasante resultou gañador co proxecto EQUALSEA no que abordará as transformacións socio-ecolóxicas influídas polo estado dos océanos e como certos estresores afectan as áreas mariñas protexidas. Tamén resultou gañadora a investigadora galega Leticia Cunqueiro, adscrita ao Institut Polytechnique de París, que desenvolverá a súa investigación sobre física de partículas no CERN de Xenebra.
Noticia | Listado proxectos | Nota prensa - ERC
Plan de Incentivación para a participación española en Horizonte Europa
O Ministerio de Ciencia e Innovación presenta este Plan co obxectivo de promover a participación española e o liderado nos programas de I+D+i europeos optimizando o uso dos recursos dispoñibles, de acordo coas prioridades, fortalezas e intereses de España. O documento recolle as principais medidas que serán xestionadas polas axencias de financiamento do Ministerio de Ciencia e Innovación e que están dirixidas a mellorar e facilitar a participación do sistema de ciencia e innovación nacional en Horizonte Europa. España promoverá o aliñamento das axudas estatais e rexionais e a súa sinerxia cos fondos europeos e o liderado e a presenza española nos ámbitos de decisión da estrutura comunitaria no ámbito da I+D+i.
Máis información
Presentacións da xornada sobre Desenvolvemento de Carreira Investigadora e MSCA en Horizonte Europa
O pasado 11 de decembro a Oficina Europea de FECYT en colaboración con Madrimasd, organizou unha xornada onde se explicaron as novidades do programa Marie Sklodowska-Curie no futuro Horizonte Europa e tamén se debateu sobre aspectos de desenvolvemento de carreira investigadora no marco do novo Espazo Europeo de Investigación. Xa están dispoñibles as presentacións e tamén en breve estará o vídeo do evento.
Máis información
European Cybersecurity Atlas
A Comisión Europea creou unha plataforma dixital para mapear, categorizar e estimular a colaboración entre expertos europeos en ciberseguridade en apoio da Estratexia Dixital da UE. Este Atlas será un apoio importante para o próximo centro europeo de competencia en ciberseguridade. Entre os seus obxectivos principais está mapear as competencias de Europa en varios dominios de ciberseguridade e apoiar á CE na xestión de programas de traballo e asignación de fondos. Nesta plataforma xa está rexistrado un axente galego: a Universidade de Vigo, co Departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións.
Noticia | Folleto | Enlace a Atlas
A estratexia “Digital Europe” fará que a transformación dixital funcione para todos
Cun orzamento proposto de 9200 millóns de euros para o periodo 2021-2027, este programa persegue reforzar os investimentos en áreas tecnolóxicas como a supercomputación, a Intelixencia Artificial, a ciberseguridade, as competencias dixitais avanzadas, así como asegurar un amplo uso destas tecnoloxías pola economía e a sociedade en liña cos obxectivos e valores de sustentabilidade en Europa. O 10 de decembro Gain organizou unha xornada virtual na que representantes da Comisión Europea deron a coñecer esta estratexia, no marco da Estratexia de Especialización Intelixente Transfronteiriza de Galicia-Norte de Portugal (RIS3 T), co obxectivo de ir preparando o ecosistema de innovación da Eurorrexión para o novo período de programación 2021-2027.
Noticia | Webinar GAIN
BUSCA DE SOCIOS
Slovenian partners are searching for a consortium for the Horizon 2020 Green Deal topic: Building and renovating in an energy and resource efficient way
Two Slovenian research institutes and a large Slovenian company are searching for integration into a consortium for the call Horizon 2020 Green Deal (LC-GD-4-1-2020). The aim of the project is to develop a new process for expanded polystyrene production with improved reaction to fire properties and enabling recycling of waste expanded polystyrene from construction and packaging. Companies and research institutions with expertise in expanded polystyrene are sought.
Máis información
Eureka: A Turkish biomedical company seeks partner to develop a multichannel Quantitative Real-Time Polymerase Chain Reaction (QRT-PCR) device
Turkish biomedical company is looking for partners to apply to Eurostars to further develop a multichannel Quantitative Real-Time Polymerase Chain Reaction (QRT-PCR) device. By diagnosing infectious diseases using the QRT-PCR device, the type of pathogen, and the level of infection are precisely determined. The main objective of the cooperation is to develop a versatile and low-cost multichannel QRT-PCR device. The partnership is a research cooperation agreement to participate in Eurostars.
Máis información
Turkish SME supported with SME Phase I award is looking for a Biotech company and a University research group for joint Eurostars grant application
A biopharmaceutical SME from Turkey is developing a Eurostars proposal to profile MEIS oncogene in patient derived tumor organoids and xenografts models and outline the potential of the first-in-class MEIS inhibitors. A company and a university research group with expertise in ex vivo cancer PDX models, organoids, in vivo efficacy in animal models and diagnostic development are sought.
Máis información
EUROSTARS: A German SME is seeking partners for further developing and marketing its lab-prototype for the photocatalytic purification of pesticide contaminated water from viticulture.
A German environmental biotech SME is looking for industrial partners, which are interested in further developing and marketing a technology for the photocatalytic elimination of pesticides, herbicides and fungicides. The aim is to increase the water quality in areas of viticulture and contribute to fulfilling the goals of the EU Water Framework Directive. A project proposal shall be submitted on the next cut-off in February 2021.
Máis información
Quedamos á vosa disposición para calquera dúbida sobre esta información, así como sobre os diferentes aspectos relacionados cos Programas Internacionais de I+D+i, no enderezo electrónico  galactea.gain@xunta.es e no teléfono 981 337 146.
Pode acceder a todos os Boletíns EEN difundidos a través desta ligazón.
Máis información sobre os nosos servizos en Enterprise Europe Network, Galactea-Plus e GAIN!.

Desexámosche unhas Felices Festas!
Gain Informa
Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscripción.