Número 1
Xaneiro de 2021
Convocatoria S3FOOD de axudas á dixitalización para pemes
O proxecto europeo S3 FOOD, do que o Cluster Alimentario de Galicia (Clusaga) forma parte, abriu a súa segunda convocatoria de axudas para proxectos de dixitalización no sector agroalimentario a repartir en cheques (vouchers) de exploración, de validación e de aplicación. As temáticas dos proxectos deben estar centradas en 4 áreas:
- Sensores para controlar parámetros críticos en tempo real.
- Integración e implementación de sensores.
- Xestión intelixente de datos.
- Conectividade en empresas do sector alimentario e na cadea de valor alimentaria.

A axuda máxima pode variar en función do cheque ao que se opte co proxecto (desde 15.000 ata 60.000€ por peme).

Data de peche: 10 de marzo de 2021.


Máis información
     
CONVOCATORIAS
Convocatoria CHIST-ERA 2020
A ERANET CHIST-ERA (Challenges in Information and Communication Sciences & Technologies ERA-NET) abriu a convocatoria para a presentación de proxectos de investigación transnacionais nos temas:

- Advanced Brain - Computer Interfaces for Novel Interactions (BCI).
- Towards Sustainable ICT (S-ICT).


España, a través da Axencia Estatal de Investigación, financiará ás entidades elixibles españolas que participen nos proxectos aprobados. É recomendable consultar o anexo nacional correspondente, xa que pode haber incompatibilidades con outras convocatorias.
Data de peche: 1 de marzo de 2021.
Máis información
Convocatoria España-Malasia
Está aberta a segunda chamada conxunta España-Malasia no marco do Programa Bilateral de Cooperación Tecnolóxica España-Malasia - MYSIP para a presentación de propostas nas áreas de Cidades sostibles; Economía baseada no coñecemento (k-economy) sobre a redución do impacto ambiental adverso nas cidades; Fabricación avanzada e materiais e Saúde, e centradas nas temáticas referenciadas en cada área. Os proxectos deben estar orientados ao desenvolvemento ou mellora significativa dun produto, proceso ou servizo innovador con perspectivas de mercado.
Data de peche: 11 de marzo de 2021.
Máis información
Convocatoria España-Tailandia
Tamén está aberta a segunda chamada conxunta España-Tailandia no marco do Programa Bilateral España-Tailandia de Cooperación Tecnolóxica en Ciencias da Vida - TLSIP Life Sciences para a presentación de propostas de cooperación tecnolóxica. Os proxectos tamén deben estar orientados ao desenvolvemento ou mellora significativa dun produto, proceso ou servizo innovador con perspectivas de mercado nas áreas de interese: Medicina rexenerativa e de precisión; Alimentos funcionais; Produtos de base natural; Dispositivos médicos e robótica; Investigación clínica e Uso de aplicacións e outras tecnoloxías da información aplicadas á saúde.
Data de peche: 15 de marzo de 2021.
Máis información
Convocatoria AAL 2021
O Programa de Vida Activa e Asistida (AAL) lanza unha nova convocatoria centrada no desafío de promover solucións avanzadas de saúde e coidado inclusivos para envellecer ben na nova década. O obxectivo é apoiar proxectos innovadores, transnacionais e multidisciplinarios. Esta convocatoria quere enfatizar principalmente tres elementos: un enfoque de saúde e coidado inclusivo, estimulación e ampliación da innovación no envellecemento activo e saudable a través dos ecosistemas de saúde e coidado e accesibilidade das solucións dixitais para os usuarios finais. O 27 e 28 de xaneiro terá lugar un evento informativo online no que se poderán coñecer todos os detalles.
Data de peche: 21 de maio de 2021.
Máis información
CONSULTAS PÚBLICAS
Consulta pública sobre a Estratexia de Biodiversidade da Unión Europea
Acaba de abrir unha consulta sobre a Estratexia Europea de Biodiversidade 2020 co obxectivo de recompilar información e observacións sobre a aplicación desta estratexia en materia de diversidade biolóxica ata 2020 e sobre a aplicación do Regulamento da Unión Europea sobre especies exóticas invasoras, así como informar sobre a avaliación de impacto que sustentará a proposta da Comisión de obxectivos vinculantes da Unión Europea para a restauración da natureza. A consulta está aberta a calquera organización ou individuo interesado, especialmente aqueles que participan na xestión, restauración e protección da biodiversidade ou que se ven afectados por diferentes aspectos da política da UE nesta materia de biodiversidade.
Data de peche: 5 de abril de 2021.
Máis información
EVENTOS
Conference "Education: What’s next? Formal education & training and the transition from school to work in rural areas"
Online, 27 xaneiro 2021
Call 2021 Info Day of AAL Programme
Online, 27-28 xaneiro 2021
Xornada Impact RIS3T: Horizon Europe
Online, 28 xaneiro 2021
BIOKET 2021 Brokerage event
Online, 1-19 marzo 2021
International Machinery Forum 2021 - The Factory of Tomorrow
Online, 11-12 marzo 2021
Virtual B2B - Railway applications of non-railway technologies
Online, 12–13 abril 2021
Fashion Match Supply 2021 – Virtual Brokerage Event
Online, 26–30 abril 2021
NOVAS
Lanzamento do “Heritage Research Hub”
Xa está en liña unha nova plataforma dirixida á comunidade investigadora do patrimonio cultural. Xestionada pola Iniciativa de Programación Conxunta sobre o Patrimonio Cultural e Cambio Global (JPI CH), creáse con varios obxectivos: proporcionar información sobre a iniciativa e as súas actividades, difundir contidos (eventos, noticias, oportunidades de financiamento, etc.) , mostrar recursos en liña para a investigación e conectar aos axentes que están traballando no ámbito do patrimonio.
Máis información
Nova estratexia industrial da UE: desafíos a afrontar
Os eurodeputados queren que a futura estratexia industrial da UE axude ás empresas a sobrevivir á crise de Covid-19 e facer fronte ás transicións dixitais e ambientais. As empresas europeas víronse moi afectadas pola pandemia da Covid-19. Antes de realizar as necesarias transicións, a industria da UE debe recuperarse da pandemia. Nunha resolución, os eurodeputados reiteraron o seu chamamento á Comisión Europea para que revisase a súa proposta sobre a nova estratexia industrial da UE. Segundo os eurodeputados, a nova estratexia industrial debería constar de dúas fases: unha fase de recuperación para consolidar postos de traballo, reactivar a produción e adaptarse a un período post-Covid; seguido de reconstrución e transformación industrial.
Máis información
Primeira Axenda de Investigación Estratéxica de Batteries Europe
Esta axenda publicada recentemente establece as prioridades a curto e longo prazo que a investigación europea sobre baterías debe seguir para fortalecer a posición da UE no mercado global e alcanzar os obxectivos do Pacto Verde Europeo. Como resultado da colaboración dos seis grupos de traballo e os grupos de traballo sobre temas transversais, a plataforma tecnolóxica europea Batteries Europe publicou a súa primeira Axenda de Investigación Estratéxica en decembro de 2020. Este documento conta cun amplo apoio de todas as partes interesadas relevantes de toda a cadea de valor da batería, incluídas as axencias de investigación e innovación europeas, nacionais e rexionais.
Máis información
Pacto Europeo polo clima – Evento de lanzamento
O 16 de decembro de 2020 tivo lugar o evento de lanzamento do Pacto Europeo polo Clima. A Comisión Europea lanzou esta iniciativa a nivel da UE que convida a persoas, comunidades e organizacións a participar na acción climática e construír unha Europa máis verde. Como parte do Pacto Verde Europeo, o Pacto Climático ofrece un espazo para que todos compartan información, debatan e actúen sobre a crise climática, e formen parte dun movemento climático europeo en constante crecemento. Está dispoñible a gravación do evento, que inclúe charlas a cargo de invitados especiais centradas en accións climáticas concretas da vida cotiá, a presentación dos primeiros Embaixadores do # EUClimatePact e un debate sobre os próximos compromisos do Pacto Climático.
Nota de prensa - Pacto Europeo polo clima | Evento de lanzamento
BUSCA DE SOCIOS
A Swiss startup company is looking for manufacturer producing filters for food-related applications (human milk) to jointly identify and further customize the matching filters for their novel health-tech device
Premature infants with less than 1.5kg birth weight need x4-times more protein content than human milk alone can provide. Without additional fortification of human milk by extra-protein these infants cannot properly gain weight. Ca 1.5% of all neonates needs protein-enriched milk first 2-3 months daily. The Swiss company has developed a device to concentrate proteins fraction from human milk onsite in hospitals, their innovative technology allows protein extraction from human milk to help these neonates to grow by the safest way. They are looking for a manufacturer of the filters, with whom they identify and further customize most optimal filters for their future device.
- Field of expertise: filtration (micro- and ultrafiltration), food-related applications.
- Around 2-3 years programme duration
- Preferably Industry (but technical Uni/Applied sciences R&D institute also possible)
- Next tasks planned to be solved together: To identify the existing micro- and ultrafiltration membranes (food-grade level) which are commercially available and can be used for their device.
To further customize the filters for their innovative device. The filters are planned to be single-usage only to meet biosafety and hygiene.
Máis información - A través de correo electrónico
EMFF-BEW-2020: Looking for for-profit SMEs as project partners in the commercialization of the tourism data driven tool in the Mediterranean Sea Basin
A Slovenian IT SME, is preparing a project proposal under the call EMFF Blue Economy Window (EMFF-BEW-2020) for the commercialisation of its comprehensive tool for modelling and optimisation of the tourism impact on a local ecosystem through fostering collaboration between different stakeholders. The company is composing project consortium and is looking for suitable partners: for-profit SMEs established in EU with experience in digitalisation, tourism and R&D under research cooperation.
Máis información
Quedamos á vosa disposición para calquera dúbida sobre esta información, así como sobre os diferentes aspectos relacionados cos Programas Internacionais de I+D+i, no enderezo electrónico  galactea.gain@xunta.es e no teléfono 981 337 146.
Pode acceder a todos os Boletíns EEN difundidos a través desta ligazón.
Máis información sobre os nosos servizos en Enterprise Europe Network, Galactea-Plus e GAIN!.
Gain Informa
Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscripción.