Número 3
Marzo de 2021
A Década Dixital de Europa: a Comisión fixa o rumbo cara unha Europa empoderada dixitalmente de aquí a 2030
A Comisión presentou unha visión, os obxectivos e vías para o éxito da transformación dixital de Europa de aquí a 2030. Isto tamén é fundamental para culminar a transición cara unha economía climáticamente neutra, circular e resiliente. A ambición da UE é ser dixitalmente soberana nun mundo aberto e interconectado, e executar políticas dixitais que empoderen ás persoas e ás empresas en prol dun futuro dixital centrado no ser humano, sostible e máis próspero, o que comprende resolver os puntos vulnerables e axilizar o investimento. Eixos: capacitación dixital, infraestruturas, transformación dixital de empresas e dos servizos públicos.

Máis información
     
CONVOCATORIAS
Convocatoria ERC Consolidator Grant 2021 & Servizo Oportunius
O 11 de marzo abriu a convocatoria ERC Consolidator Grants 2021, para investigadores/as que estean a consolidar o seu propio equipo ou programa de investigación independente e que obtiveran o grao de Doutor entre 7 a 12 anos antes do 01/01/2021.

A Oficina Europea da FECYT organizou un Taller en liña (09/03/21) no que se transmitiron as claves de éxito a través da experiencia de 3 investigadores/as e 3 membros dos paneis da devandita convocatoria. A información e a documentación deste taller pódese consultar a través do seguinte enlace.

Desde GAIN, a través do programa Oportunius, seguimos ofrecendo un servizo de asesoramento para a presentación de candidaturas a todos os investigadores que desenvolvan a súa investigación nalgunha institución de Galicia.
Data de peche: 20 de abril de 2021.
Máis información
Convocatoria ERA-MIN3
O obxectivo desta convocatoria é financiar proxectos transnacionais de I+D relacionados coas materias primas e a súa contribución ao desenvolvemento sostible e a economía circular. Os proxectos deben incluír polo menos 3 socios de 3 países diferentes. Aborda tres segmentos de materias primas non-enerxéticas e non-agrícolas: Materiais metálicos, Materiais de construción, e Minerais industriais. A axuda do CDTI á participación de empresas españolas farase en forma de subvención, con contía individualizada en función do custo financiable real do proxecto, as características do beneficiario e a dispoñibilidade orzamentaria. No evento de lanzamento explicáronse todos os detalles sobre esta oportunidade de financiamento, así como as regras e requerimentos específicos para os solicitantes.
Data de peche: 1 de abril de 2021.
Evento lanzamento (17/02/21) | Convocatoria
CELTIC-NEXT Spring Call 2021
CELTIC- NEXT é o cluster EUREKA para as comunicacións de próxima xeración que posibilitan a sociedade dixital. As actividades están abertas a todas as organizacións que comparten a visión de CELTIC- NEXT dunha sociedade dixital inclusiva e están dispostas a colaborar no seu propio beneficio, aliñadas coas súas prioridades nacionais, para avanzar no desenvolvemento e a adopción de solucións TIC avanzadas. Na convocatoria financiaranse proxectos de colaboración internacional nunha ampla gama de temas.
Data de peche: 12 de abril de 2021.
Máis información | Proposers Day (23/02/21)- Presentacións | CDTI – Financiamento en España
Quinta convocatoria España-Exipto
No marco do programa bilateral de cooperación tecnolóxica ESIP -"Egypt-Spain Innovation Programme", o CDTI e a axencia STDF (Science & Technology Development Fund) lanzaron a quinta convocatoria para a presentación de proxectos conxuntos de I+D , liderados por empresas e orientados ao mercado (desenvolvemento de novos produtos, procesos ou servizos, ou mellora substancial dos mesmos), en réxime de colaboración con Exipto. Está aberta a proxectos colaborativos de I+D nas seguintes áreas/sectores: Agricultura e produción alimentaria sostible; Xestión sostible da auga; Atención médica asequible e inclusiva; Enerxía renovable; Sector medioambiental; Construción; Transporte; Sector turismo e antigüidades; Industrias estratéxicas.
Data de peche: 15 de abril de 2021.
Texto convocatoria | Máis información
Convocatoria ERA-NET COFUND CHANSE
España, a través da Axencia Estatal de Investigación (AEI), participa na ERA-Net Cofund “Collaboration of Humanities And Social Sciences in Europe (CHANSE)” de Horizonte 2020, xunto con 27 axencias financiadoras de 24 países. CHANSE acaba de lanzar a convocatoria “Transformacións: Dinámicas sociais e culturais na era dixital”. O obxectivo é financiar proxectos de investigación en colaboración internacional que axuden a comprender os cambios sociais e culturais producidos polas innovacións dixitais, que, á súa vez, están influídas pola sociedade e pola cultura. Anímase aos investigadores españois a participar nesta convocatoria coordinando ou formando parte de consorcios transnacionais. É importante consultar os anexos nacionais correspondentes xa que poden existir incompatibilidades.
Data límite presentación pre-propostas (1ª fase): 7 de maio de 2021.
Webinar presentación (15/03/21) | Convocatoria
CONSULTAS PÚBLICAS
Resposta ao impacto do envellecemento da poboación
A Comisión Europea presentou o Libro Verde sobre o Envellecemento: Fomento da solidariedade e a responsabilidade entre xeracións, para iniciar un amplo debate político sobre os retos e as oportunidades do envellecemento da sociedade europea. Nel exponse o impacto desta marcada tendencia demográfica na nosa economía e sociedade. A CE lanza esta consulta aberta aos cidadáns e organizacións interesados de todos os Estados membros (EEMM), incluídos os niveis rexional e local. Os resultados da consulta axudarán a identificar o apoio necesario para as persoas, as súas rexións e comunidades. Sobre a base dos resultados, a Comisión estudará posibles respostas políticas para intensificar os esforzos nos EEMM e as rexións a fin de abordar os problemas relacionados co envellecemento.
Data de peche: 21 de abril de 2021.
Máis información
EVENTOS
Webinar “How to prepare a successful proposal in Horizon Europe”
Online, 24 marzo 2021
Jornada “ El Accelerator del EIC de Horizonte Europa”
Online, 24 marzo 2021
DigithON Green Mountain
Online, 14 abril 2021
Virtual Matchmaking: Re-Engineering the Manufacturing & Retail sectors for the New Norm
Online, 14-15 abril (Manufacturing), 28-29 abril (Retail) 2021
Jornada informativa sobre el Programa de Cooperación Europea en Ciencia y Tecnología “COST”
Online, 20 abril 2021
3rd European Conference on Connected and Automated Driving – EUCAD 2021
Online, 20-22 abril 2021
Digital Seafood Meeting 2021
Online, 21 abril 2021
INNOFORM 2021 - Virtual Brokerage Event
Online, 21 abril 2021
CONNECT DAY(s) 2021
Online, 3, 6 e 12 maio 2021
NOVAS
A UE creará 10 novas asociacións europeas e investirá case 10.000 millóns de euros na transición ecolóxica e dixital
A Comisión propuxo crear dez novas asociacións europeas coa Unión Europea, os Estados membros e a industria entre os posibles participantes. O obxectivo é dobre: acelerar a transición cara a unha Europa ecolóxica, climaticamente neutral e dixital e facer que a industria europea sexa máis resiliente e competitiva. A UE achegará case 10.000 millóns de euros, financiamento ao que os socios deberán responder cun investimento como mínimo equivalente. As asociacións, algunhas baseadas en empresas comúns xa existentes, son as seguintes: Global Health EDCTP3 (Asociación Europa - países en desenvolvemento sobre ensaios clínicos); Asociación europea para unha sanidade innovadora; Tecnoloxías dixitais clave; Europa circular de base biolóxica; Hidróxeno limpo; Aviación limpa; O ferrocarril de Europa; Single European Sky ATM Research 3 (investigación sobre xestión do tráfico aéreo - Ceo Único Europeo); Redes e servizos intelixentes; Metroloxía.
Máis información
A CE publicou a plantilla para propostas de Horizonte Europa
A Comisión Europea (CE) empezou a publicar documentos sobre o novo Programa no Funding and Tenders Portal. Xa está dispoñible a "plantilla tipo" a utilizar para a presentación de propostas de Accións de Investigación e Innovación (RIA) e Accións de innovación (IA): Templates & forms - Standard application form (RIA, IA). A plantilla debe utilizarse só a título informativo, xa que os formularios reais estarán accesibles en formato Web cando abran as convocatorias e poderían variar. Tamén se vai publicar o borrador dos modelo de acordo de subvención que se utilizará en Horizonte Europa: Grant agreements and contracts. Os documentos están accesibles a través da ligazón indicada. O 24 de marzo a CE organiza un webinar sobre a preparación de propostas en Horizonte Europa. A axenda inclúe 2 partes: 1. Presentación e avaliación, 2. Modelo de acordo de subvención. O evento retransmitirase vía YouTube.
Documentos | Webinar (24/03/21)
A Comisión dá luz verde ao sucesor da BBI JU
A Comisión Europea acordou que o sucesor da BBI JU sexa a Empresa Común Europa Circular de Base Biolóxica (CBE JU). A proposta presenta CBE co obxectivo de contribuír significativamente aos obxectivos climáticos da UE para 2030, sentar as bases para a neutralidade climática para 2050 e promover sistemas circulares e sostibles de produción e consumo en liña co Pacto Verde Europeo. O Parlamento Europeo e o Consello estudarán agora a proposta e establecerán un diálogo a tres bandas coa Comisión para finalizala. Espérase a adopción do regulamento hacia finais de ano.
Máis información
O CDTI organiza o Infoday "El Accelerator do EIC de Horizonte Europa"
O 24 de marzo, o Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI) organiza este evento informativo sobre o Acelerador do Consello Europeo de Innovación (EIC). A principal novidade deste instrumento é o proceso para presentar propostas. Analizaranse tanto o proceso de presentalas, como o proceso de avaliación e as claves no proceso de negociación do capital en caso de solicitar financiamento mixto ou "blended". Ademais o programa de traballo do Acelerador do EIC en Horizonte Europa, tamén ofrece oportunidades para pemes con mulleres CEO (ou en postos equivalentes).
Máis información
Desafíos da ciberseguridade na adopción da intelixencia artificial na condución autónoma
A Axencia da Unión Europea para a Ciberseguridade (ENISA) e o Centro Común de Investigación (JRC) publicaron un informe que analiza os riscos da ciberseguridade relacionados coa Intelixencia Artificial en vehículos autónomos e ofrece recomendacións para mitigar os riscos e ameazas potenciais. Describe tamén o contexto político tanto a nivel europeo como internacional.
Máis información
BUSCA DE SOCIOS
The Turkish company seeks urgent partner which is focused on energy management, cost reduction, smart integration, fault identification for MarTERA Call 2021 consortia
The Turkish company which is coordinator of the project is highly experienced in energy efficency projects. The company is in the process of establishing a consortium to submit MarTERA 2021 proposal in March 2021 and looking for partners who are experinced in energy management, cost reduction, smart integration, fault identification. Partners that are non profit organisations are welcomed since resarch organisations are funded 100% under the research cooperation agreement.
Máis información
Italian no profit organization, with a long experience in drug addiction and marginality problems is looking for partners to participate to the call Supporting initiatives in the Field of Drugs Policy-Justice Programme.The aim is to implement qualified training of operators and raise awareness among stakeholders to tackle the problem of drug addiction affecting minors and early youth. Partners soughts: no-profit organization operating in the same field, univeristies and public health services.
Italian no profit organization, with a long experience in drug addiction and marginality problems is looking for partners to participate to the call Supporting initiatives in the Field of Drugs Policy-Justice Programme.The aim is to implement qualified training of operators and raise awareness among stakeholders to tackle the problem of drug addiction affecting minors and early youth. Partners soughts: no-profit organization operating in the same field, universities and public health services.
Máis información
Quedamos á vosa disposición para calquera dúbida sobre esta información, así como sobre os diferentes aspectos relacionados cos Programas Internacionais de I+D+i, no enderezo electrónico  galactea.gain@xunta.es e no teléfono 981 337 146.
Pode acceder a todos os Boletíns EEN difundidos a través desta ligazón.
Máis información sobre os nosos servizos en Enterprise Europe Network, Galactea-Plus e GAIN!.
Gain Informa
Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscripción.