Número 4
Abril de 2021
Primeiro plan estratéxico de Horizonte Europa 2021-2024
A Comisión Europea adoptou o primeiro plan estratéxico para Horizonte Europa. Establece 4 orientacións estratéxicas para os investimentos en investigación e innovación:

- Promover unha autonomía estratéxica aberta liderando o desenvolvemento de tecnoloxías, sectores e cadeas de valor dixitais, capacitadores e emerxentes que se consideren clave.
- Restaurar os ecosistemas e a biodiversidade de Europa e xestionar os recursos naturais de maneira sostible.
- Converter a Europa na primeira economía circular, climaticamente neutra e sostible, baseada na tecnoloxía dixital.
- Crear unha sociedade europea máis resiliente, inclusiva e democrática.

O plan garante que as accións da UE en materia de investigación e innovación contribúan a executar as prioridades da UE, entre elas unha Europa climaticamente neutra e verde, unha Europa adaptada á era dixital e unha economía ao servizo das persoas.

Máis información | Ficha informativa | Documento completo
     
CONVOCATORIAS
Convocatoria para a Base de datos de expertos CE
A Comisión Europea publicou unha convocatoria de expresións de interese para formar parte da base de datos de expert@s "Portal Expert Database".Os expert@s poderán apoiar á Comisión Europea na avaliación de propostas que se presenten a convocatorias ou licitacións dos programas da UE (como Horizonte Europa), no seguimento de proxectos e contratos e co asesoramento e opinión en temas específicos.
Data de peche: Aberta permanentemente (2021-2027).
Máis información | Convocatoria
Convocatoria INNO4COV-19
Esta convocatoria ten como obxectivo brindar apoio financeiro a aquelas empresas ou consorcios de empresas que conten con solucións innovadoras para abordar e/ou paliar os efectos da Covid-19 nos seguintes sectores: atención médica, medicina, biotecnoloxía, biofarma e tecnoloxías da información. Trátase dunha subvención a fondo perdido de ata 100.000 euros, cubrindo o 100% do custo total do proxecto. As tecnoloxías deberán estar nun TRL6 ou superior e operar nalgunha das seguintes áreas: Sistemas de mostraxe, detección, diagnóstico e prognóstico rápidos, rendibles e fáciles de implementar; Vixilancia ambiental; Sensores de baixo custo, dispositivos portátiles intelixentes e robótica ou intelixencia artificial para telemedicina; Protección de profesionais sanitarios e público en xeral.
Data de peche: 30 de abril de 2021.
Máis información
Convocatoria QuantERA 2021
España, a través da Axencia Estatal de Investigación (AEI), participa na convocatoria de proxectos de investigación transnacionais sobre tecnoloxías cuánticas no marco da rede europea de investigación ERANET QuantERA. Financiaranse proxectos nas seguintes temáticas:
- Quantum Phenomena and Resources
- Applied Quantum Science


A AEI financiará ás entidades elixibles españolas, dacordo co anexo nacional. É conveniente revisar este documento en detalle. O próximo 13 de abril organízase un evento informativo spbre esta convocatoria.
Data de peche (pre-propostas): 13 de maio de 2021.
Webinar (13/04/21) | Convocatoria
Calendario Convocatorias ERC 2022
O Consello Europeo de Investigación (ERC) publicou as datas tentativas das convocatorias incluídas no Programa de Traballo 2022:
* ERC Starting Grants 2022 - Apertura: 23-09-2021.
* ERC Consolidator Grants 2022 - Apertura: 19-10-2021/.
* ERC Advanced Grants 2022 - Apertura: 20-01-2022.

Comentar que do Programa de Traballo ERC 2021 queda pendente por abrir a convocatoria Advanced Grants 2021 (Data apertura: 20 de maio de 2021).
Máis información
Eureka Clusters AI Call 2021
Os Clústers EUREKA CELTIC- NEXT, EUROGIA2020, ITEA3, PENTA-EURIPIDES2 e SMART lanzaron a convocatoria conxunta en Intelixencia Artificial (AI) 2021. Está especificamente deseñada para estimular a actividade nesta área, a través da creación de proxectos colaborativos transnacionais en aplicacións que apoiarán o crecemento económico e beneficiarán á sociedade no seu conxunto. Promóvese presentar propostas de proxectos de investigación aplicada e innovación, indicando, na medida do posible, como se relacionan coa área de enfoque tecnolóxico dos Clústers participantes máis relevantes para a súa proposta.
O CDTI e o Clúster SMART van organizar conxuntamente un webinario nacional (29/04/21) para dar a coñecer as características desta convocatoria e o detalle do procedemento de financiamento para os participantes españois.
Convocatoria | Webinar (29/04/21)
CONSULTAS PÚBLICAS
Consulta pública sobre a nova estratexia do chan da UE
A Comisión Europea lanzou unha consulta pública en liña sobre o desenvolvemento da súa nova estratexia de chan da UE. A consulta é parte dun conxunto máis amplo de consultas que abordan compromisos específicos sobre a Estratexia de Biodiversidade da UE 2030. A nova estratexia dos chans debe abordar o papel esencial que desempeñan os chans saudables na produción de alimentos e materias primas, a limpeza da auga potable, a redución dos riscos de inundacións e o almacenamento de carbono, así como os desafíos que enfronta a degradación continua do chan. Tamén contribuirá a un dos obxectivos clave dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS): abordar os problemas relacionados co chan e a terra dunha maneira integral para axudar a lograr a neutralidade na degradación da terra para 2030.
Data de peche: 28 de abril de 2021.
Máis información
EVENTOS
B2B Health Innovation Market 2021
Online, 14-16 abril 2021
Webinar "A successful proposal for Horizon Europe: Scientific-technical excellence is key, but don't forget the other aspects"
Online, 21 abril 2021
Eureka Clusters AI Call 2021 Brokerage Event
Online, 22 abril 2021
Pitch Session: Connecting Indian VC / Investors to EU Startups
Online, 23 abril 2021
Turkey-EU Virtual Networking Event for Aviation, Railway and Automotive Industry
Online, 27-28 abril 2021
Horizon Europe Marine & Maritime Brokerage event
Online, 28 abril 2021
Webinario nacional Clusters Eureka AI Call 2021
Online, 29 abril 2021
EU Brokerage Event on Digital & Industrial Technologies, Mobility, OITB &M-ERA.NET
Online, 29 abril 2021
EU EuroNanoForum 2021
Online, 5-6 maio 2021
6th International B2B Software Days - the Future of Digital Business
Online, 10-12 maio 2021
Jornada Horizonte Europa Clúster 5 "Clima, Energía y Movilidad". Programa de Trabajo 2021-2022
Online, 12 maio 2021
BIONNALE 2021
Online, 12 maio 2021
Brokerage Event @Smart Manufacturing Matchmaking 2021
Online, 13-14 maio 2021
MURCIA FOOD BROKERAGE EVENT 2021
Murcia (Virtual), 17-21 maio 2021
Digital Enterprise Show 2021
Online, 18-19 maio 2021
eHealth Match 2021 – VIRTUAL
Online, 18-19 maio 2021
Global Innovation Summit
Online & Graz, 18-20 maio 2021
European Maritime Day
Den Helder & Online, 20-21 maio 2021
NOVAS
Lanzamento do novo Consello Europeo de Innovación
A Comisión Europea puxo en marcha o novo Consello Europeo de Innovación (EIC). Cun orzamento de máis de 10.000 millóns para 2021-2027, o EIC ten a misión de identificar, desenvolver e ampliar as tecnoloxías revolucionarias e as innovacións disruptivas. Combinará o financiamento da investigación sobre tecnoloxías emerxentes cun programa de aceleradoras e un fondo de capital específico, o Fondo EIC, para ampliar as empresas emerxentes innovadoras e as pequenas e medianas empresas. O 18 de marzo tivo lugar a Cerimonia de lanzamento, así como Tres sesións temáticas sobre a contribución do EIC á recuperación económica de Europa. A CE tamén organizou o Día do Solicitante (EIC Applicant's Day - 19 de marzo), onde se proporcionou información sobre como funcionará o EIC, quen será elixible e como solicitar financiamento.
Comentar que xa está publicado o 1º Programa de Traballo anual do EIC, que ofrece oportunidades de financiamento por valor de máis de 1.500 millóns de euros en 2021 (EIC WP 2021 )
Cerimonia & Sesións temáticas (18/03) | EIC Applicant’s Day 2021 (19/03)
Infoday CDTI “El Acelerador del EIC en Horizonte Europa”
O 24 de marzo o CDTI organizou un evento informativo sobre o Acelerador do Consello Europeo de Innovación (EIC) en Horizonte Europa. A principal novidade é o proceso para presentar propostas. Na xornada analizáronse tanto o proceso de presentar propostas, como o proceso de avaliación e as claves no proceso de negociación do capital en caso de solicitar financiamento mixto ou "blended".
Gravación evento | Presentacións
Webinar sobre cómo preparar unha proposta exitosa en Horizonte Europa
O 24 de marzo, a Comisión Europea organizou un webinar sobre como presentar unha proposta existosa no programa Horizonte Europa. No webinar tratáronse dous puntos principais: "Presentación e avaliación" e "Modelo Acordo de subvención". A gravación do webinar e as presentacións están dispoñibles na seguinte ligazón.
Máis información
O programa Europa Dixital recibe a luz verde do Consello
O novo programa Europa Dixital da UE impulsará a transformación dixital facilitando financiamento para o despregamento de tecnoloxías de vangarda en áreas fundamentais como a intelixencia artificial, a supercomputación e a ciberseguridade. Contará cun orzamento de 7.588 millóns de euros para o período 2021-2027. Financiará proxectos en 5 ámbitos: informática de alto rendemento; intelixencia artificial; ciberseguridade e confianza; capacidades dixitais avanzadas e despregamento, mellor uso da capacidade dixital e interoperabilidade. Complementará outros programas de apoio á transformación dixital (como Horizonte Europa) e os aspectos dixitais do Mecanismo «Conectar Europa».
Máis información
Os países da UE comprométense a liderar a transformación dixital verde
24 Estados Membros e Noruega e Islandia asinaron unha declaración para acelerar o uso de tecnoloxías dixitais verdes en beneficio do medio ambiente. Despregarán e investirán máis tecnoloxías dixitais ecolóxicas para lograr a neutralidade climática e acelerar as transicións ecolóxicas e dixitais en sectores prioritarios en Europa, por exemplo, utilizando os fondos NextGenerationEU e InvestEU. A transición dixital e un uso máis intelixente e ecolóxico das tecnoloxías axudarán a facer de Europa o 1º continente climaticamente neutro para 2050, un obxectivo clave do Pacto Verde Europeo. A tecnoloxía pode mellorar a eficiencia enerxética e dos recursos, facilitar a economía circular e conducir a unha mellor asignación de recursos; Reducir as emisións, a contaminación, a perda de biodiversidade e a degradación ambiental. Ao mesmo tempo, o sector das TIC debe garantir o deseño e o despregamento de tecnoloxías dixitais respectuosos co medio ambiente.
Máis información | Folla informativa
O Parlamento Europeo aproba o Programa InvestEU
O pasado mes de marzo o Parlamento Europeo aprobou o Programa InvestEU, que achegará á UE un financiamento crucial a longo prazo, atraendo investimentos privados co obxectivo de promover unha recuperación sostible e contribuír á construción dunha economía europea máis ecolóxica, máis dixital e máis resiliente.
Máis información
BUSCA DE SOCIOS
Slovenian elderly care center seeks IT company to develop a software application for nutrititional screening and to apply for AAL Call2021 – H2020 Societal Challenge
A privately owned Slovenian center for comprehensive care of the elderly, established in 1995. manages elderly care units in eight Slovenian towns. They will apply as a lead partner to the ALL call Active Assisted Living Programme Ageing Well in the Digital World Call2021 (H2020 Societal Challenge). They are looking for an additional partner, an IT company that can develop a software application for nutritional screening.
Máis información
Slovenian elderly care center is looking for a hospital to test IT application in clinical setup and to apply for AAL Call2021 – H2020 Societal Challenge
Slovenian privately owned center for comprehensive care of the elderly has been established in 1995. It’s managing elderly care units in eight Slovenian towns. They will apply for the AAL call Active Assisted Living Programme Ageing Well in the Digital World Call2021 (H2020 Societal Challenge). They are looking for an additional partner, a hospital, (preferably long-term care hospital with already established nutritional screening) where the IT app would be tested.
Máis información
[Eureka Network] A Korean company is seeking partners to develop elastic bumper for electric vehicle suspension with less than 100 ㎛ of a cell size and more than 30% of weight reduction using chemical foaming process
A Korean company with expertise in automobile parts in Korea is currently developing products to replace the existing rubber, Polyurethane Rubber or MCU (Micro Cellular Urethane) products by using various foaming methods and materials. The potential partners are expected to co-work on developing competitive materials or foaming process under EUREKA.
Máis información
[EUREKA] A Korean PTFE (Polytetrafluoroethylene) membrane manufacturer is looking for R&D project partner regarding large-scale MEA (Membrane Electrode Assembly) for PEMFC (Proton-exchange membrane fuel cell) for ship, train, and truck
A Korean company that develops PTFE (Polytetrafluoroethylene) membrane has produced wide range of products, ranging from the electrolyte film in secondary cell to fuel cell components for the hydrogen electric car. The company is planning to develop, and commercialize PEMFC (Proton-exchange membrane fuel cell) for ships and train using their PTFE membrane under R&D cooperation agreement with fuel cell/stack companies and heavy-duty transport companies by applying to the EUREKA program.
Máis información
IEUROSTARS: French research and development (R&D) centre is looking for research and industrial partners to set-up a novel production process for complex ceramic parts
In the context of the next Eurostars call, a French research and development (R&D) centre, specialised in technical ceramics, is seeking, altogether with its Portuguese peer, for partners to complete its consortium. The overall objective of the project proposal is to develop a novel production process based on injection moulding for making complex ceramic parts. Within a research cooperation agreement, the R&D centres are looking for industrial or SME partners as end-users of this technology.
Máis información
Quedamos á vosa disposición para calquera dúbida sobre esta información, así como sobre os diferentes aspectos relacionados cos Programas Internacionais de I+D+i, no enderezo electrónico  galactea.gain@xunta.es e no teléfono 981 337 146.
Pode acceder a todos os Boletíns EEN difundidos a través desta ligazón.
Máis información sobre os nosos servizos en Enterprise Europe Network, Galactea-Plus e GAIN!.
Gain Informa
Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscripción.