Número 5
Xuño de 2021
Horizon Europe Info days
A Comisión Europea organiza 9 sesións informativas do 28 de xuño ao 9 de xullo, para presentar as novidades e aspectos clave do novo programa marco de investigación e innovación Horizonte Europa (2021-2027).

Na sección Eventos deste boletín están dispoñibles as ligazóns a cada unha das sesións temáticas.

Non se require inscrición previa.

Máis información
     
CONVOCATORIAS
Primeira convocatoria de DIH-World
A iniciativa DIH-World acaba de abrir a súa primeira convocatoria, coa que busca apoiar experimentos innovadores que promovan a integración de tecnoloxías dixitais en procesos, produtos ou servizos de pemes manufactureiras. Está dirixida a calquera sector manufactureiro, pero con especial énfase nos seguintes campos: Madeira; Produtos agroalimentarios; Construción e Marítimo. As propostas han de estar conformadas por un Dixital Innovation Hub (DIH) e unha peme. Os proxectos seleccionados recibirán ata 95.000 € de financiamento a fondo perdido e entrarán a formar parte da comunidade DIH-World en toda Europa.
Data de peche: 15 de xullo de 2021.
Máis información
DIGICIRC – Convocatoria sobre a Economía azul
A iniciativa europea para o impulso da economía circular baseada en tecnoloxías dixitais, DIGICIRC, pon en marcha o programa de aceleración de startups e pemes innovadoras na área temática de Economía azul. Búscanse pemes/startups europeas que poidan utilizar ferramentas dixitais e aplicar solucións de vangarda na economía circular abordando algún dos desafíos específicos indicados na convocatoria. Seleccionaranse un mínimo de 15 consorcios, compostos por polo menos 2 pemes/startups, que desenvolverán solucións innovadoras. Estes consorcios obterán un financiamento directo de ata 20.000 € e a oportunidade de integrarse nun programa de apoio á innovación de 12 semanas de duración. Ao final do programa de aceleración, seleccionaranse os 5 consorcios mellor clasificados para recibir un financiamento adicional de 100.000 €.
Data de peche: 3 de agosto de 2021.
Máis información
SHOP4CF - Smart Human Oriented Platform for Connected Factories
O proxecto europeo SHOP4CF ten como obxectivo crear unha infraestrutura única para a implementación eficiente de aplicacións industriais centradas no ser humano. O consorcio está a desenvolver unha plataforma de software integral cunha ampla gama de compoñentes. Coa primeira convocatoria deste proxecto están a buscar empresas para xerar tándems de integradores de sistemas e fabricantes para executar probas piloto combinando compoñentes modulares de SHOP4CF. Os seleccionados recibirán 100.000 € de financiamento a fondo perdido para integrar compoñentes preexistentes, así como outros novos, desenvoltos polos propios solicitantes. Ademais do financiamento, o proxecto ofrece: Asignación de dous expertos do consorcio a cada proxecto gañador; Participación en sesións de formación centradas nos aspectos tecnolóxicos e empresariais da innovación e Titorías personalizadas sobre finanzas e negocio na contorna peme.
Data de peche: 3 de agosto de 2021.
Máis información
Programa de liderado de mulleres do EIC: Convocatoria de mentoras
O Consello Europeo de Innovación (EIC) lanzou un Programa de Liderado de Mulleres de gran impacto (WLP) para mulleres emprendedoras e investigadoras. O EIC busca emprendedoras, investidoras, innovadoras e altas directivas con experiencia para unirse a este programa como mentoras.
Máis información
Premios da UE para mulleres innovadoras
Este premio rende homenaxe ás mulleres que están a romper estereotipos e rompendo fronteiras en innovación. A UE busca con estes premios crear conciencia sobre a necesidade de máis mulleres innovadoras e crear modelos a seguir para mulleres e nenas en todo o mundo. Cada ano, outórganse tres premios de 100.000 €, cada un na categoría principal, e un cuarto premio de 50.000 € a unha "innovadora en ascenso" prometedora de 30 anos ou menos.
Data de peche: 30 de xuño de 2021.
Máis información
Premios Europeos á Contratación Publica de Innovación
O Consello Europeo de Innovación (EIC) lanza a primeira edición dos Premios Europeos á Contratación Pública de Innovación, que pretenden recoñecer aos compradores públicos e privados de toda Europa nos seus esforzos por promover a contratación de innovación. Os galardóns axudarán a compartir, traballar xuntos e inspirarse mutuamente no deseño de procesos de contratación innovadores e, en particular, na prestación de servizos públicos modernos e eficientes. Hai tres categorías: "Innovation procurement strategy", “Facing societal challenges” e " Procurement leadership". Cada categoría recompensará ao gañador con 75.000 € e ao finalista con 25.000 €.
Data de peche: 29 de xullo de 2021.
Máis información
EVENTOS
Presentación dos programas MSCA doctoral networks e Postdoctoral fellowships
Online, 17 xuño 2021
Digital innovation Hubs (DIH) e servizos da Enterprise Europe Network
Online, 18 xuño 2021
University-Industry Meetings: Infrastructure, Ports and Marine Renewable Energy
Online, 28-30 xuño 2021
1st Ibero-American Forum of Food Clusters: New horizons for the food sector
Online, 30 xuño - 1 xullo 2021
Jornada de presentación del Acelerador del EIC
Online, 1 xullo 2021
Virtual Brokerage Event Horizon Europe Cluster 4 Industry
Online, 22 xuño 2021
European Research and Innovation Days
Online, 23-24 xuño 2021
Jornada informativa nacional sobre el Clúster 2. Cultura, Creatividad y Sociedad Inclusiva de Horizonte Europa
Online, 28 xuño 2021
Horizon Europe Info Days 2021 – Infrastructures
Online, 28 xuño 2021
Horizon Europe Info Days 2021 – Cluster 4 - Digital, Industry & Space
Online, 29-30 xuño 2021
Horizon Europe Info Days 2021 – Cluster 3 - Civil Security for Society
Online, 30 xuño 2021
Horizon Europe Info Days 2021 – Cluster 2 - Culture, Creativity & Inclusive Society
Online, 1 xullo 2021
Horizon Europe Info Days 2021 – The Marie Skłodowska-Curie Actions
Online, 1 xullo 2021
Horizon Europe Info Days 2021 – Cluster 1 – Health
Online, 2 xullo 2021
CLUSTER Health - Horizon Europe Brokerage Event
Online, 5 xullo 2021
Horizon Europe Info Days 2021 – Cluster 5 - Climate, Energy & Mobility
Online, 5-6 xullo 2021
Horizon Europe Info Days 2021 – ERA & Widening
Online, 9 xullo 2021
NOVAS
Novo portal español do programa Horizonte Europa
A través do novo portal español poderanse consultar todas as novidades de Horizonte Europa. Nel irase publicando periodicamente información sobre as diferentes partes do programa, Noticias, Eventos, Documentos, ligazóns de interese de cada temática e outros datos que resulten relevantes para os participantes españois.
Máis información
European Research and Innovation Days
A Comisión Europea organiza o seu evento anual insignia: os Días Europeos da Investigación e a Innovación (23-24 xuño 2021). Neste evento reúne a responsables políticos, investigadores, emprendedores e o público para debatir e dar forma ao futuro da investigación e a innovación en Europa e máis aló. Este ano marca o inicio de Horizonte Europa e será un momento decisivo para fortalecer o Espazo Europeo de Investigación. A cooperación en investigación e innovación é esencial para a recuperación da pandemia de COVID-19 e achandará o camiño cara a un futuro máis verde e dixital.
Máis información
Infodays Nacionais Horizonte Europa
O CDTI organizou varios eventos informativos sobre as novas áreas/temáticas de Horizonte Europa, as primeiras convocatorias e cuestións prácticas a ter en conta á hora de preparar propostas nesas áreas. A través das seguintes ligazóns pódense consultar toda a información destas xornadas:

- Jornada Horizonte Europa Clúster 5 "Clima, Energía y Movilidad" (Axenda & Presentacións & Gravación)

- Infoday Nacional Horizonte Europa Clúster 4 Espacio 2021 (Axenda & Vídeos)

- Infoday nacional Horizonte Europa Cluster 4 Industria (Axenda & Vídeo)
Seminario Web “Dissemination & Exploitation in Horizon Europe”
A Comisión Europea organizou un seminario sobre a sección "Dissemination & Exploitation (D&E)" das propostas, que forma parte do apartado de Impacto. Durante a sesión presentáronse as novas regras de difusión e explotación de resultados e explicáronse cuestións que se deben incluír nas propostas. Así mesmo, tamén se explicaron as diferenzas entre comunicación, difusión e explotación e abordouse a xestión da propiedade intelectual e industrial nos proxectos en consorcio de Horizonte Europa. Ademais, proporcionouse información sobre dous servizos de apoio da Comisión Europea para as actividades de difusión e explotación: "Horizon Results Platform" e "Horizon Results Booster".
Presentacións & Vídeo
BUSCA DE SOCIOS
Eureka network (Eurostars3) development of cost-effective metal bipolar plates for solid oxide fuel cells
A Korean company specialized in manufacturing display equipment and energy component is to develop a metal bipolar plate for SOFC (solid oxide fuel cell). With its in-house metal processing, low-cost and lightweight property, metal bipolar plate can be produced in large quantities. This company is looking for a partner with metal surface coating technology that guarantees excellent oxidation resistance and high electrical conductivity under research cooperation agreement for EUREKA and EUROSTARS.
Máis información
Horizon Europe cluster 5 climate, energy and mobility - looking for industrial demonstration partners interested in improving their energy efficiency and reducing their emissions with heat upgrade technologies
Cyprus IT company, very experienced in EU projects, provider of technologically-advanced software solutions, is looking for industrial demonstration partners for a proposal being prepared for Horizon Europe, to apply innovative heat upgrade technologies, leveraging CSP (Concentrated Solar Power). Proposal to be submitted in HORIZON-CL5-2021-D4-01-04 / HORIZON-CL5-2022-D4-01-04 Calls. Partners can come from any sector (food, chemicals, textiles, polymers, pharmaceuticals, ceramics, cement, etc.)
Máis información
M-ERA.NET - Development of a new coating solution for use in contact with food – industrial partners sought
A Czech research organisation with rich experience in thermal spraying is seeking industrial partners to complement the consortium of a project within M-ERA.NET. The project will focus on the development on new reliable and safe thermal spray coating solutions as food contact materials. The sought partners should focus on food industry and are expected to act as project´s advisory board members.
Máis información
Quedamos á vosa disposición para calquera dúbida sobre esta información, así como sobre os diferentes aspectos relacionados cos Programas Internacionais de I+D+i, no enderezo electrónico  galactea.gain@xunta.es e no teléfono 981 337 146.
Pode acceder a todos os Boletíns EEN difundidos a través desta ligazón.
Máis información sobre os nosos servizos en Enterprise Europe Network, Galactea-Plus e GAIN!.
Gain Informa
Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscripción.