CONVOCATORIAS |
|
Horizonte Europa - Convocatorias ERC Starting e Consolidator Grant 2022
|
|
A convocatoria Starting Grant aberta no mes de setembro e que conta cun orzamento de 749 millóns de euros está indicada para investigadores e investigadoras con talento, que se atopan nos inicios da súa carreira investigadora e con potencial para converterse nunha persoa líder de investigación.
A convocatoria Consolidator Grant aberta no mes de outubro e que conta cun orzamento de 776 millóns de euros está dirixida a investigadores e investigadoras que queren consolidar a súa independencia mediante a creación dun equipo de investigación ou o fortalecemento do seu actual equipo de investigación e continuar desenvolvendo unha carreira exitosa en Europa.
Desde a Axencia Galega de Innovación, a través do programa Oportunius, ofrecemos un servizo de asesoramento para a presentación de candidaturas a todos os investigadores que desenvolvan a súa investigación nalgunha institución de Galicia.
|
|
Data de peche Starting Grant: 12 de xaneiro de 2022. |
Data de peche Consolidator Grant: 17 de marzo de 2022. |
|
Máis información Starting Grant |
Máis información Consolidator Grant |
|
Horizonte Europa - Clúster 1 - Saúde
|
|
A Comisión Europea ten abertas 21 convocatorias destinadas ao financiamento de proxectos de investigación e innovación dentro das áreas de especialización do clúster 1 de Horizonte Europa - Saúde:
- Saúde ao longo da vida
- Determinantes ambientais e sociais da saúde
- Enfermidades raras e non transmisibles
- Enfermidades infecciosas, incluídas as enfermidades esquecidas e as relacionadas coa pobreza
- Ferramentas, tecnoloxías e solucións dixitais para a saúde e a atención, incluíndo a medicina personalizada
- Sistemas de atención sanitaria
|
|
Data de peche: varias datas de peche en 2022 (consultar na ligazón). |
|
Máis información |
|
Horizonte Europa - Clúster 4 - Mundo dixital, Industria e Espazo
|
|
A Comisión Europea ten abertas 69 convocatorias destinadas ao financiamento de proxectos de investigación e innovación dentro das áreas de especialización do clúster 4 de Horizonte Europa - Mundo dixital, Industria e Espazo:
- Tecnoloxías de fabricación
- Tecnoloxías dixitais clave, incluídas as tecnoloxías cuánticas
- Tecnoloxías habilitantes emerxentes
- Materiais avanzados
- Intelixencia artificial e robótica
- Internet de próxima xeración
- Informática avanzada e Big Data
- Industrias circulares
- Industrias limpas e baixas en carbono
- Aviación
- Espazo, incluída a observación da Terra
|
|
Data de peche: varias datas de peche en 2022 (consultar na ligazón). |
|
Máis información |
|
Horizonte Europa - Clúster 5 - Clima, Enerxía e Mobilidade
|
|
A Comisión Europea ten abertas 70 convocatorias destinadas ao financiamento de proxectos de investigación e innovación dentro das áreas de especialización do clúster 5 de Horizonte Europa - Clima, Enerxía e Mobilidade:
- Ciencias climáticas e respostas
- Liderado mundial en enerxías renovables
- Sistemas de enerxía, redes e almacenamento
- Captación, utilización e almacenamento de carbono (CCUS)
- Cuestións transversais
- Parque de vivendas da UE de alta eficiencia enerxética e climaticamente neutro
- Permitir un transporte fluvial limpo, intelixente e competitivo para o clima
- Impacto do transporte no medio e na saúde humana
- Transporte por estrada cero emisións
- Aviación
- Mobilidade Conectada, Cooperativa e Automatizada (CCAM)
- Seguridade e resiliencia en todos os medios de transporte
|
|
Data de peche: varias datas de peche en 2022 (consultar na ligazón). |
|
Máis información |
|
Horizonte Europa - Clúster 6 - Biodiversidade e Ecosistemas |
|
A Comisión Europea acaba de publicar 13 convocatorias destinadas a financiar proxectos de investigación e innovación que protexen a biodiversidade e os ecosistemas na terra, as augas continentais e o mar. Financiaranse proxectos en temáticas como a restauración de polinizadores, melloras no sector leguminoso, apicultura resiliente, cultivos intercalados, etc.
Orzamento indicativo global para as convocatorias: 46 millóns de euros.
|
|
Data de peche: 15 de febreiro de 2022. |
|
Máis información |
|
Horizonte Europa - Clúster 6 - Sistemas alimentarios xustos, saudables e respectuosos co medio dende a produción primaria ata o consumo |
|
A Comisión Europea acaba de publicar 20 convocatorias destinadas a financiar proxectos de investigación e innovación para desenvolver unha agricultura, pesca e acuicultura sostibles, seguras, saudables e inclusivas. Financiaranse proxectos en temáticas como a agricultura dixital, microbiomas nos alimentos, prevención do desperdicio de alimentos, benestar animal na acuicultura, sanidade vexetal, etc.
Orzamento indicativo global para as convocatorias: 227,5 millóns de euros.
|
|
Data de peche: 15 de febreiro de 2022. |
|
Máis información |
|
Horizonte Europa - Clúster 6 - Economía Circular e Bioeconomía |
|
A Comisión Europea acaba de publicar 13 convocatorias destinadas a financiar proxectos de investigación e innovación para desenvolver solucións para a xestión e o uso sostible e circular dos recursos naturais. Financiaranse proxectos en temáticas como cidades circulares, terras marxinais, cultivos favorables á biodiversidade, investigación forestal, microbioma mariño, plásticos de orixe biolóxica, etc.
Orzamento indicativo global para as convocatorias: 142 millóns de euros.
|
|
Data de peche: 15 de febreiro de 2022. |
|
Máis información |
|
Horizonte Europa - Clúster 6 - Ambiente limpo e contaminación cero.
|
|
A Comisión Europea acaba de publicar 4 convocatorias destinadas a financiar proxectos de
investigación e innovación para desenvolver solucións para abordar a contaminación e garantir solos, aire, auga doce e mariña limpos e saudables. Financiaranse proxectos nos ámbitos da limitación das emisións de nitróxeno e fósforo, solucións baseadas na natureza para a agricultura,prevención da contaminación das augas subterráneas e a protección da auga potable.
Orzamento indicativo global para as convocatorias: 51 millóns de euros.
|
|
Data de peche: 15 de febreiro de 2022. |
|
Máis información |
|
|
Horizonte Europa - Clúster 6 - Terra, océanos e auga para a acción climática
|
|
A Comisión Europea acaba de publicar 5 convocatorias destinadas a financiar proxectos de
investigación e innovación que avalían os impactos do cambio climático nos nosos entornos terrestres e mariños, recursos naturais, agricultura e sistemas alimentarios, e identifican opcións de mitigación e vías de adaptación. Financiaranse proxectos en temáticas como silvicultura, agricultura climaticamente intelixente, sistemas de asignación de auga sensibles ao clima, ciclo do carbono oceánico ou produción agrícola resiliente.
Orzamento indicativo global para as convocatorias: 75 millóns de euros.
|
|
Data de peche: 15 de febreiro de 2022. |
|
Máis información |
|
Horizonte Europa - Clúster 6 - Comunidades rurais, costeiras e urbanas resilientes, inclusivas, saudables e ecolóxicas
|
|
A Comisión Europea acaba de publicar 7 convocatorias destinadas a financiar proxectos de investigación e innovación para fomentar o desenvolvemento sostible e equilibrado das zonas rurais, costeiras e urbanas.
Financiaranse proxectos en temáticas como condicións laborais na agricultura, innovación liderada por mulleres nas zonas rurais, intercambio de alimentos, servizo do ecosistema mariño, conservación e restauración.
Orzamento indicativo global para as convocatorias: 75 millóns de euros.
|
|
Data de peche: 15 de febreiro de 2022. |
|
Máis información |
|
Horizonte Europa - Clúster 6 - Gobernanza innovadora, observacións medioambientais e solucións dixitais en apoio do Green Deal
|
|
A Comisión Europea acaba de publicar 15 convocatorias destinadas a financiar proxectos de investigación e innovación para desenvolver solucións innovadoras dixitais e baseadas en datos para axudar ás comunidades e os sectores económicos a ser sostibles. Financiaranse proxectos en temáticas como neutralidade climática, economía azul, conxuntos de datos de observación para abordar o cambio climático, gobernanza da agua, observacións ambientaiss para abordar One Health.
Orzamento indicativo global para as convocatorias: 147 millóns de euros.
|
|
Data de peche: 15 de febreiro de 2022. |
|
Máis información |
|
Horizonte Europa - Convocatoria MSCA para intercambio de persoal
|
|
A Comisión Europea acaba de publicar a convocatoria das accións Marie Skłodowska-Curie (MSCA) adicada ao intercambio de persoal. A convocatoria MSCA - Staff Exchanges promove a colaboración innovadora internacional, intersectorial e interdisciplinar en investigación e innovación mediante o intercambio de persoal e o intercambio de coñecementos e ideas en todas as etapas da cadea de innovación. O obxectivo é desenvolver proxectos de colaboración sostibles entre diferentes organizacións dos sectores académicos e non académicos (en particular PEMES).
Orzamento indicativo global para as convocatorias: 72,5 millóns de euros.
|
|
Data de peche: 9 de marzo de 2022. |
|
Máis información |
|
LIFE - Subprograma de transición á enerxía limpa
|
|
O Subprograma de transición á enerxía limpa (Clean Energy Transition), do programa LIFE xestionado pola Axencia Executiva Europea do Clima, Infraestrutura e Medio (CINEA) da Comisión Europea, ten como obxectivo facilitar a transición cara unha economía enerxeticamente eficiente, baseada en enerxías renovables, climaticamente neutra e resiliente, mediante a coordinación do financiamento e accións de apoio en Europa.
O programa ten actualmente abertas 18 convocatorias de propostas relacionadas con esta temática.
|
|
Data de peche: 12 de xaneiro de 2022. |
|
Máis información |
|
FEMPA - Convocatoria para impulsar a cooperación rexional para unha economía azul sostible
|
|
O Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e Acuicultura (FEMPA), acaba de lanzar, por valor de 3.875 millóns de euros, unha convocatoria de propostas para apoiar “proxectos emblemáticos” (iniciativas estratéxicas piloto) que fortalezan a colaboración a nivel de cuncas mariñas no Atlántico, o Mar Negro e o Mediterráneo Occidental.
A convocatoria cobre os seguintes temas:
- Proxectos innovadores de usos múltiples que combinen as enerxías renovables en alta mar con outras actividades e/ou coa protección da natureza no Atlántico.
- Proxecto piloto de creación de capacidade de investimento e innovación na economía azul do Mar Negro.
- Recuperación do turismo costeiro e marítimo no Mediterráneo Occidental.
|
|
Data de peche: 12 de xaneiro de 2022. |
|
Máis información |
|
|
|
|
|
|
|
FEMPA - Convocatoria para implementar a ordenación do espazo marítimo
|
|
O Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e Acuicultura (FEMPA), acaba de lanzar, por valor de 3.750 millóns de euros, unha convocatoria de propostas para apoiar a implementación da Ordenación do Territorio Marítimo na UE, co obxectivo de financiamento de proxectos capaces de desenvolver respostas innovadoras para abordar desafíos específicos que os Estados membros da UE poidan atopar ao por en práctica, monitorear e/ou revisar os seus plans do espazo marítimo.
|
|
Data de peche: 12 de xaneiro de 2022. |
|
Máis información |
|
Convocatoria do EIT - HEI Call 2
|
|
O Instituto Europeo de Innovación e Tecnoloxía (EIT) acaba de anunciar a nova convocatoria de propostas da iniciativa EIT HEI que apoiará ata 40 consorcios de institucións de educación superior e organizacións non académicas cun máximo de 1,2 millóns de euros cada un. A iniciativa ten como obxectivo axudar ás institucións de educación superior (IES) a deseñar actividades que melloren a súa capacidade empresarial e innovadora.
|
|
Data de peche: 28 de febreiro de 2022. |
|
Máis información |
|
Convocatoria do EIT - Food
|
|
O Instituto Europeo de Innovación e Tecnoloxía (EIT) acaba de anunciar a nova convocatoria de propostas da iniciativa EIT Food. A convocatoria financia proxectos de innovación colaborativos que aporten ao mercado solucións innovadoras no sector agroalimentario. Concretamente, o Instituto busca propostas de proxectos que contribúan ao logro dos obxectivos de impacto do EIT Food:
- Mellorar as condicións para unha maior confianza pública no sistema alimentario.
- Reducir o risco relativo de prevalencia da obesidade e enfermidades non transmisibles (ENT) nas poboacións obxectivo debido a factores dietéticos coñecidos.
- Mellorar o impacto ambiental dos sistemas agroalimentarios.
- Permitir a transición a unha economía circular e sostible.
|
|
Data de peche: 14 de xaneiro de 2022. |
|
Máis información
|
|
CEF - Mecanismo Conectar Europa - Transporte
|
|
A Axencia Executiva Europea do Clima, Infraestrutura e Medio (CINEA) da Comisión Europea, acaba de publicar unha convocatoria de propostas no marco do instrumento de financiamento do Mecanismo Conectar Europa (CEF) para o transporte, que pon a disposición 7.000 millóns de euros para proxectos destinados a construír, actualizar e mellorar a infraestrutura de transporte europea.
|
|
Data de peche: 19 de xaneiro de 2022. |
|
Máis información
|
|
CEF - Mecanismo Conectar Europa - Estudos preparatorios para proxectos renovables transfronteirizos
|
|
A Axencia Executiva Europea do Clima, Infraestrutura e Medio (CINEA) da Comisión Europea, acaba de publicar unha convocatoria de propostas no marco do instrumento de financiamento do Mecanismo Conectar Europa (CEF) para a enerxía. A convocatoria porá a disposición dos Estados membros da UE e dos promotores de proxectos privados, 1 millón de euros, para desenvolver estudos preparatorios para proxectos transfronteirizos de enerxía renovable que permitan seleccionar o mellor concepto de proxecto e establecer un acordo de cooperación.
Desta forma a convocatoria permite que os proxectos reciban apoio antes de ser incluídos na lista da Unión Europea de proxectos de RES transfronterizos.
|
|
Data de peche: 1 de febreiro de 2022. |
|
Máis información
|
|
Fondo de Innovación - segunda convocatoria de proxectos a grande escala
|
|
A Comisión acaba de lanzar a segunda convocatoria do Fondo de Innovación para proxectos a grande escala cun gasto de capital total superior a 7,5 millóns de euros. A convocatoria diríxese a proxectos sobre tecnoloxías e procesos con baixas emisións de carbono en todos os sectores cubertos pola Directiva 2003/87/CE.
|
|
Data de peche: 3 de marzo de 2022. |
|
Máis información
|
|
Horizonte Europa - Convocatorias para ampliar a participación e difundir a excelencia
|
|
As accións de ampliación da participación e difusión da excelencia contribúen a desenvolver a capacidade de investigación e innovación dos Estados membros, os países asociados e as rexións ultraperiféricas que teñen un rendemento inferior en termos de rendemento en I + i.
Dentro desta tipoloxía de accións, a Comisión ten abertas tres convocatorias:
- Twinning. Promove a excelencia na investigación a través de actividades de formación e creación de redes.
- ERA Chairs. Apoian a universidades ou organizacións de investigación de países elexibles para atraer e manter recursos humanos de alta calidade e axudar a científicos excelentes e aos seus equipos a converterse en revolucionarios no seu campo.
- Excellence Hubs. Fomenta os ecosistemas de innovación nos países da ampliación, creando mellores vínculos entre a academia, as empresas e o goberno.
|
|
Datas de peche:
- Twinning: 18 de xaneiro de 2022
- ERA Chairs: 15 de marzo de 2022
- Excellence Hubs: 15 de marzo de 2022
. |
|
Máis información
|
|
EVENTOS |
|
II Foro da Estratexia de Especialización Intelixente Transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal (RIS3T).
|
|
Santiago de Compostela, 29 novembro 2021 |
|
2nd Horizon Europe Space Brokerage Event. ONLINE long-term matchmaking until call deadline |
|
Online, 10 novembro 2021 - 16 febreiro 2022 |
|
Cluster 4 - Digital, Industry & Space Info Day
|
|
Online, 29 novembro - 1 decembro 2021 |
|
Horizon Europe - Digital & Industry - Face2face Brokerage |
|
Online, 2-3 decembro 2021 |
|
EU – LATAM SUMMIT en Economía Circular 2021 |
|
Online,1-2 decembro 2021 |
|
B2B Cooperation Platform Wood Construction of the 26 International Wood Construction Conference 2021 Innsbruck |
|
Innsbruck, 2 decembro 2021 |
|
Webinar session: Avoiding errors in declaring personnel costs in Horizon 2020 grants (2 December 2021 |
|
Online, 2 decembro 2021 |
|
Encontro Universidade Empresa Sherpa do Mar: Productos e servizos de alto valor engadido no ámbito mariño-marítimo
|
|
Online, 13-15 decembro 2021 |
|
International Mobility Days 2021 | #imdays2021
|
|
Vienna & Online, 13-15 decembro 2021 |
|
SIVAL - VIBE 2022: plant and crop productions business meetings
|
|
Angers (Francia) & Online, 11 - 14 xaneiro 2022 |
|
Circular Europe Days- Dubai Expo - with brokerage matchmaking |
|
Online, 17-18 xaneiro 2022 |
|
|
NOVAS |
|
II Foro da Estratexia de Especialización Intelixente Transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal (RIS3T). 29 novembro 2021. |
|
A Axencia Galega de Innovación organiza o II Foro da Estratexia de Especialización Intelixente Transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal (RIS3T) co obxectivo de abordar os novos retos aos que se enfronta a innovación na Eurorrexión e analizar as posibilidades da cooperación no próximo período.
Está dirixido a todos/as os/as axentes do ecosistema de innovación da Eurorrexión.
Programa provisional do evento dispoñible nesta ligazón (pdf)
Formulario de inscrición
|
|
Máis
información |
|
Presentacións webinars apoio Starting & Consolidator Grant 2022
|
|
Xa están dispoñibles as gravacións dos webinars de apoio para a preparación de propostas ás convocatorias Starting & Consolidator Grant 2022 impartidos polos Puntos Nacionais de Contacto do ERC.
|
|
Máis información |
|
Gravacións e presentacións do InfoDay de Horizonte Europa - Clúster 1 - Saúde
|
|
Xa están dispoñibles as gravacións e presentacións do Info Day do Clúster 1 - Saúde que tivo lugar o pasado 28 outubro de 2021. O Clúster 1 céntrase na saúde e ten como obxectivo cumprir cos seis destinos do Plan Estratéxico:
- Manterse saudable nunha sociedade que cambia rapidamente
- Vivir e traballar nun entorno que promove a saúde
- Abordar as enfermidades e reducir a carga de morbilidade
- Garantir o acceso a unha atención sanitaria innovadora, sostible e de alta calidade
- Liberar todo o potencial das novas ferramentas, tecnoloxías e solucións dixitais para unha sociedade saúdable
- Manter unha industria relacionada coa saúde innovadora, sostible e competitiva a nivel mundial
|
|
Máis información
|
|
Gravacións e presentacións do InfoDay de Horizonte Europa - Clúster 6
|
|
Xa están dispoñibles as gravacións e presentacións do Info Day do Clúster 6 - Alimentación, bioeconomía, recursos naturais, agricultura e ambiente que tivo lugar en formato virtual do 25 ao 27 outubro de 2021.
|
|
Máis información
|
|
8.356 propostas de proxectos á convocatoria de MSCA para investigadores postdoctorais
|
|
8.356 solicitantes de 46 países solicitaron financiamento no marco da convocatoria de propostas HORIZON-MSCA-2021-PF-01 que pechou o pasado 12 de outubro. Os resultados da selección anunciaranse en marzo de 2022. A acción conta cun orzamento dispoñible de 242 millóns de euros.
|
|
Máis información |
|
Máis de 1.000 propostas recibidas para a convocatoria de redes de doutoramento de MSCA |
|
En resposta á convocatoria HORIZON-MSCA-2021-DN-01 de redes de doutoramento que pechou o 17 de novembro de 2021, recibíronse 1.077 propostas de proxectos de 2.524 socios de 56 países. A convocatoria deste ano confirma que as Redes Doutorais é o esquema máis popular con 897 propostas presentadas, seguido polos Doutorados Industriais con 101 propostas, e os Doutorados Conxuntos con 78 propostas. En conxunto, a convocatoria conta cun orzamento dispoñible de 402,95 millóns de euros. Os resultados da selección anunciaranse en abril de 2022.
|
|
Máis
información |
|
591 propostas presentadas ás convocatorias de 2021 sobre alimentación, bioeconomía, recursos naturais, agricultura e ambiente |
|
Os candidatos das sete convocatorias solicitaron máis do triplo do orzamento total dispoñible. As avaliacións comezan a próxima semana e os proxectos exitosos comunicaranse en marzo de 2022. En resposta ás sete convocatorias de propostas HORIZON-CL6-2021, os solicitantes presentaron 591 propostas. O orzamento indicativo dispoñible para as sete convocatorias é de 959 millóns de euros.
|
|
Máis información |
|
Horizonte Europa Cultura, creatividade e sociedade inclusiva: 378 propostas de proxectos presentadas
|
|
A Axencia Executiva de Investigación Europea (REA) recibiu un total de 378 propostas de proxectos antes da data límite da convocatoria, o 7 de outubro de 2021. O programa Cultura, Creatividade e Sociedade Inclusiva, xestionado por REA, mobilizou 158 millóns de euros para o financiamento de proxectos de investigación e innovación para transformacións sociais, económicas, tecnolóxicas e culturais que permitan democracias máis saudables onde se protexan os valores culturais.
|
|
Máis información |
|
|
|