Número 8
Decembro de 2021
Primeiras convocatorias do programa Europa Dixital
O Programa Europa Dixital é un novo programa de financiamento da UE centrado en achegar a tecnoloxía dixital ás empresas, aos cidadáns e ás administracións públicas. Os catro primeiros programas de traballo que implementa Europa Dixital son:

As primeiras 28 convocatorias dos tres primeiros programas de traballo mencionados anteriormente publicáronse o 17 de novembro.

Estas convocatorias destinarán 415 millóns de euros ao financiamento de proxectos de: infraestruturas cloud to edge, espazos de datos, intelixencia artificial (IA), infraestruturas de comunicación cuántica, mellora das habilidades dixitais das persoas e proxectos que promovan unha internet máis segura e que loiten contra a desinformacióno e o abuso sexual infantil.

Data de peche: 22 febreiro 2022.

O cuarto programa de traballo para computación de alto rendemento está a ser preparado pola Iniciativa Común EuroHPC e seguirá un calendario independente.


Máis información
     



EuropaDigital
CONVOCATORIAS
Convocatoria Clúster EUREKA para proxectos en fabricación avanzada
SMART, clúster Eureka centrado na fabricación avanzada, abriu a súa quinta convocatoria de proxectos cooperativos de I+D+i. SMART é un programa do clúster EUREKA flexible e impulsado pola industria na fabricación avanzada. O seu obxectivo é promover proxectos de I+D+i colaborativos e internacionais próximos ao mercado.

Periodicamente, SMART abre unha convocatoria para presentar propostas de proxectos de I+D+i en dous pasos.

  • Presentación do resumo do proxecto (PO) que ofrece unha breve visión xeral do concepto, obxectivos do proxecto e da asociación, aínda que non estean totalmente resoltos. Este documento permite o asesoramento e a retroalimentación trala avaliación.
  • Presentación da proposta completa de proxecto (FPP).

Data de peche PO: 24 de xaneiro de 2022.
Data de peche FPP: 3 de maio de 2022.
Máis información
SMP COSME - Convocatoria COVID-19 Recuperación a través do crecemento turístico sostible e o apoio ás pemes
Esta convocatoria do programa SMP-COSME ten como finalidade principal o financiamento de proxectos orientados á recuperación do ecosistema turístico prestando apoio directo ás pemes do sector turístico na transformación dixital e ecolóxica, impulsando a innovación, a resiliencia, a sustentabilidade, e a calidade ao longo da cadea de valor do turismo.

Cada proposta debe apoiar directamente (apoio financeiro incluído) a un mínimo de 80 pemes turísticas dun mínimo de 3 países. O orzamento total da convocatoria é de 12,4 millóns de euros.

Data de peche: 16 de febreiro de 2022.
Máis información
Horizonte Europa - Clúster 2 - Cultura, creatividade e sociedade inclusiva
A Comisión Europea abrirá o día 20 de xaneiro 29 convocatorias cun financiamento aproximado de 264 millóns de euros destinadas ao financiamento de proxectos de investigación e innovación dentro das áreas de especialización do clúster 2 de Horizonte Europa - Cultura, creatividade e sociedade inclusiva:
  • Democracia
  • Gobernanza
  • Artes
  • Patrimonio Cultural
  • Migración
  • Xénero
  • Envellecemento

O pasado 7 de decembro tivo lugar o Infoday europeo das convocatorias que abrirán en xaneiro, as presentacións e gravacións están dispoñibles na seguinte ligazón.

Por outra banda o 2 de decembro tivo lugar o Infoday nacional sobre ditas convocatorias. A documentación está dispoñible aquí.

Data de peche: 20 de abril de 2022.
Máis información
Asociacións Europeas (Partenariados) - Convocatorias do sector da saúde
As Asociacións Europeas (Partenariados) son iniciativas nas que a UE, xunto con socios privados e/ou públicos, comprométense a apoiar conxuntamente o desenvolvemento e implementación dun programa de actividades de investigación e innovación.

As Asociacións Europeas xorden para dar resposta a obxectivos ambiciosos e complexos que non poderían ser atendidos a través doutro tipo de proxectos, facilitando un marco de colaboración a nivel de programa entre a Unión Europea e os socios públicos e privados.

Recentemente, informouse da apertura no mes de decembro e no mes de xaneiro de 2022 de 3 convocatorias de proxectos transnacionais dentro do ámbito da saúde.

EUROSTARS-3 - Próxima convocatoria

O 21 de xaneiro de 2022 abrirá unha nova convocatoria do programa Eurostars-3

Vixente dende 2008, Eurostars é un instrumento de financiamento que apoia ás pemes innovadoras e aos seus socios de proxectos (grandes empresas, universidades, organismos de investigación e outro tipo de organizacións) mediante o financiamento de proxectos colaborativos internacionais de I+D e innovación orientados ao mercado.

Un dos aspectos máis destacables deste programa é o protagonismo que teñen as pemes no liderazgo dun consorcio internacional, normalmente de tamaño reducido, 2-3 socios de 2-3 países.

Para facilitar a presentación de solicitudes, na segunda quincena de 2022 o CDTI e a Secretaría de Eureka organizarán varios webinars informativos.

Podes atopar máis información sobre Eurostars, aquí:

Data de peche: 24 marzo de 2022.
Máis información
Convocatoria España-Exipto para proxectos bilaterais no ámbito das TIC
O CDTI e o ITIDA lanzaron a súa 6ª convocatoria conxunta do programa ESITIP (Programa de Innovación en Tecnoloxías da Información Exipto-España). Este programa de cooperación tecnolóxica bilateral hispano-exipcia financia proxectos de I+D colaborativos entre entidades exipcias e españolas en Tecnoloxías da Información e da Comunicación aplicadas a calquera sector de actividade.

Nela deberán participar polo menos unha empresa española e dúas entidades exipcias (entidade académica + empresa exipcia).

Data de peche: 25 de marzo de 2022.
Máis información
Convocatoria España-Marrocos para proxectos bilaterais no ámbito da Sostibilidade e Enerxías Renovables
O CDTI e IRESEN de Marrocos lanzan a súa 4ª convocatoria conxunta INNO-ESPAMAROC ENERGY no ámbito da Sostibilidade e Enerxías Renovables para o financiamento de proxectos colaborativos de I+D entre entidades marroquís e empresas españolas.

O programa bilateral ten como obxectivo promover a cooperación tecnolóxica empresarial entre entidades de España e Marrocos en proxectos de desenvolvemento tecnolóxico e innovación co obxectivo de xerar beneficios económicos para España e Marrocos e impulsar a competitividade das súas empresas.

Os proxectos deberán estar centrados nas áreas temáticas de "tecnoloxías verdes": Enerxías Renovables, Eficiencia Enerxética, Almacenamento de Enerxía, Mobilidade Sostible, Redes Intelixentes, Cidades Intelixentes, Nexo Auga + Enerxía + Agroalimentación, Novas Enerxías.

Nela deberán participar polo menos unha empresa española e dúas entidades marroquís (entidade académica + empresa marroquí).

Data de peche: 7 de abril de 2022.
Máis información
EVENTOS
SIVAL - VIBE 2022: plant and crop productions business meetings
Angers & Online, 11-14 xaneiro 2022
Circular Europe Days - Dubai Expo - with brokerage matchmaking
Online, 17-18 xaneiro 2022
EU Missions info days
Online, 18-19 xaneiro 2022
FIWARE Global Summit “Leading the Digital Transformation”
Gran Canaria, 19-20 xaneiro 2022
Health Tech Hub Styria Pitch & Partner 2022 (HTH 2022)
Graz & Online, 27-28 xaneiro 2022
Life-on-Chip Conference 2022 | Hybrid edition
Leuven & Online, 9-10 febreiro 2022
Transfiere 2022: Second international deep tech & deep science start-ups investment forum
Málaga, 16-17 febreiro 2022
MWC Open Innovation Challenge 2022 - B2B hybrid event
Online, 1-8 marzo 2022
Health Valley Event 2022
Nijmegen & Online, 15-17 marzo 2022
NOVAS
A Comisión anuncia os gañadores dos Premios Europeos á Contratación Pública de Innovación 2021 (EUIPA)
No Cumio do Consello Europeo de Innovación en Bruxelas, a Comisión Europea anunciou os gañadores e finalistas da primeira edición dos Premios Europeos á Contratación Pública de Innovación da UE. Os premios están financiados por Horizonte Europa e xestionados polo Consello Europeo de Innovación (EIC) e a Axencia Executiva para as Pemes.

O Servizo Galego de Saúde (SERGAS) resultou gañador na categoría de Estratexia de adquisións de innovación.

Os premios recoñecen casos de éxito de compradores públicos e privados na promoción de prácticas de adquisición de innovación en toda Europa e subliñan a importancia dunha estreita cooperación entre compradores e provedores para levar solucións innovadoras ao mercado.

Máis información
Interregional cooperation forum Online
O pasado 24 e 25 de novembro tivo lugar o evento Interregional cooperation forum Online que marcou o lanzamento do novo programa Interreg Europe 2021-2027.

Xa están dispoñibles as gravacións e presentacións das xornadas. Durante os dous días do evento presentáronse os proxectos e resultados máis relevantes das convocatorias anteriores, as novidades do novo programa e compartíronse ideas de proxecto para formar consorcios para a nova convocatoria.

Máis información
Misións da UE
O pasado 29 de setembro a CE puxo en marcha cinco novas misións no marco de Horizonte Europa co obxectivo de facer fronte aos desafíos globais de aquí a 2030. As cinco misións son:
  • Adaptación ao cambio climático: apoiar polo menos 150 rexións e comunidades europeas para que sexan resilientes ao cambio climático para 2030.
  • Cancro: traballando co Plan Europeo de Loita contra o Cancro para mellorar a vida de máis de tres millóns de persoas ata 2030 mediante a prevención, a cura e solucións para vivir máis tempo e mellor.
  • Restaurar o noso océano e as nosas augas para 2030.
  • Ter cen cidades intelixentes climaticamente neutras para 2030.
  • Un pacto do solo para Europa: 100 'laboratorios vivos' e 'faros' para liderar a transición a solos sans para 2030.
Os días 18 e 19 de xaneiro a CE organiza os EU Missions info days co obxectivo de informar sobre os temas incluidos no programa de traballo das Misións da UE para 2021.
Misións - Comunicación da Comisión
EU Missions info days (18-19 xaneiro 2022)
Aprobación do partenariado - Circular Bio-Based Europe Joint Undertaking
O pasado 19 de novembro aprobouse o partenariado Circular Bio-Based Europe Joint Undertaking, unha asociación de 2.000 millóns de euros entre a Unión Europea e o Consorcio de Industrias de Base Biolóxica (BIC) que financia proxectos que promoven industrias circulares de base biolóxica competitiva en Europa.

En 2022 abriranse as primeiras convocatorias de propostas de proxectos.

Máis información
BUSCA DE SOCIOS
Horizon Europe - TWIN TRANSITION-01-07: A Pan-European consortium is looking for additional partners to engineer a Circular Manufacturing Ecosystem (CME) with assembly lines as subjects of the circular economy
A European consortium led by a Technical University in Southern Germany is applying for the Horizon Europe call TWIN-TRANSITION-01-07 Digital tools to support the engineering of a Circular Economy. The goal of this project is to engineer a CME with assembly lines as subjects of the circular economy. The consortium is looking for additional partners to strengthen its capabilities in regard to demonstration use cases and standardization. A research cooperation agreement is foreseen.
Máis información
[EUREKA or EUROSTARS] A Korean company is looking for R&D partners to develop copper sintered material for power semiconductor package bonding
A Korean company providing material solution for electrode packages is looking for R&D partner for developing copper sintered material for semiconductor package bonding. With the partner that has knowledge and expertise in reduction of copper surface oxide film, the Korean company is going to apply for EUREKA or EUROSTARS programme under research cooperation agreement.
Máis información
Quedamos á vosa disposición para calquera dúbida sobre esta información, así como sobre os diferentes aspectos relacionados cos Programas Internacionais de I+D+i, no enderezo electrónico  galactea.gain@xunta.es e no teléfono 981 337 146.
Pode acceder a todos os Boletíns EEN difundidos a través desta ligazón.
Máis información sobre os nosos servizos en Enterprise Europe Network, Galactea-Plus e GAIN!.

Desexámosvos unhas Felices Festas!
Gain Informa
Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscripción.