Número 2
Abril de 2022
O Acelerador do EIC
O Consello Europeo de Innovación (EIC) ten como obxectivo identificar e promover empresas con tecnoloxías innovadoras e de vangarda para crear novos mercados e escalar a nivel internacional. O Acelerador é un dos instrumentos do EIC dirixido a apoiar ás PEMES con proxectos disruptivos de alto risco e potencial, ofrecendo subvencións, inversións e servizos de aceleración.

O Acelerador ofrece un apoio financeiro substancial, a proxectos individuais, non se admiten consorcios, cun TRL (Technology Readiness Level) entre 6 e 9, a través de:

  • subvencións non reembolsables do 70% dos custos de desenvolvemento da innovación para proxectos de 0,5 a 2,5 millóns de euros;
  • investimentos directos de capital de ata 15 millóns de euros xestionados polo Fondo EIC para a ampliación e outros custos relevantes para levar os produtos/servizos ao mercado internacional. As empresas que traballan en tecnoloxías de interese estratéxico europeo poden solicitar investimentos de máis de 15 millóns de euros.

Proceso de solicitude simplificado en 4 fases:

  1. Proposta curta na plataforma de intelixencia artificial (IA) do EIC. (A proposta curta pódese presentar en calquera momento.)
  2. Desenvolvemento proposta completa na plataforma IA.
  3. Envío e avaliación proposta completa. (Próximas datas de peche para presentar a proposta completa: 15 de xuño e 5 de outubro.)
  4. Entrevista.

As solicitudes que cumpran tódolos criterios pero sen fondos suficientes para recibir subvención, recibirán un Selo de Excelencia.

Presentacións, vídeo e preguntas da xornada informativa nacional realizada polo CDTI (marzo 2022) aquí.

Presentacións, vídeo e preguntas do Infoday do programa de traballo 2022 aquí.


Máis información



EIC
CONVOCATORIAS
Fondo de Innovación - Small Scale Projects
O Fondo de Innovación é un dos maiores programas de financiamento do mundo para a demostración de tecnoloxías innovadoras de baixa emisión de carbono. O Fondo de Innovación ten como obxectivo apoiar tecnoloxías, modelos de negocio e procesos que aínda non están dispoñibles comercialmente, pero representan solucións innovadoras ou suficientemente maduras para a demostración a escala precomercial.

Así, un proxecto pode consistir nunha primeira comercialización ou nunha demostración de tecnoloxías, procesos ou modelos de negocio previamente probados en plantas piloto ou de demostración a menor escala.

Tamén se poden considerar elixibles proxectos que consistan nunha segunda ou sucesiva comercialización, en particular, cando os custos relevantes sigan sendo unha parte significativa dos custos totais que prohiben a comercialización sen máis apoio público.

O orzamento total dispoñible da convocatoria é de 100 millóns de euros. A convocatoria financiará proxectos cun orzamento total de 2,5 a 7,5 millóns de euros.

Comprobarase a cantidade de emisións de Gases de Efecto Invernadoiro (GEI) evitadas polo proxecto e se ao final do proxecto se alcanza menos do 75% da cuantía prevista, o importe da subvención aboada reducirase proporcionalmente.

Data de peche de envío: 31 de agosto de 2022.
Máis información
Programa Europa Creativa - Laboratorio de Innovación
O obxectivo desta convocatoria é incentivar aos actores de diferentes sectores culturais e creativos a deseñar e probar solucións dixitais innovadoras con potencial e impacto positivo a longo prazo en múltiples sectores culturais e creativos.

O laboratorio facilitará a creación de solucións innovadoras (por exemplo, ferramentas, modelos e metodoloxías) que se poidan aplicar ao sector audiovisual e, polo menos, a outro sector creativo e/ou cultural. As solucións deben ser facilmente replicables e ter un potencial de penetración no mercado.

O orzamento total da convocatoria é 13,6 millóns de euros.

Data de peche: 7 de setembro de 2022.
Máis información
Convocatorias abertas - Financiamento en cascada
O portal Oportunidades de financiamento e licitación da Comisión Europea ofrece unha páxina dedicada a listar as convocatorias para terceiros ("apoio financeiro a terceiros") con oportunidades de financiamento de interese para as pemes. Estas convocatorias, se ben contan con pouco financiamento por proxecto, oscila entre 50.000 e 150.000 euros, aumentan as posibilidades de atopar unha convocatoria que se adapte ás necesidades das pequenas empresas.

Algunhas das convocatorias abertas son:

  • New European Bauhaus: Call for proposals for Citizen Engagement Activities. Data límite: 29 maio 2022
  • New European Bauhaus: Call for proposals for Co-Creation of public space through citizen engagement. Data límite: 29 maio 2022
  • EIT Digital Innovation Factory 2022. Data límite: 1 xuño 2022
  • EIT RawMaterials - Booster Call 2022. Data límite: 6 xuño 2022
  • EIT Community New European Bauhaus Call for Organising Partners: 2022 New European Bauhaus Hackathon Week. Data límite: 6 xuño 2022
  • SmartAgriHubs - SERVICE the SmartAgriHubs Community Network. Data límite: 29 xuño 2022
  • GALACTICA Travel vouchers. Data límite: 30 novembro 2022
Máis información
Premio da UE - Mulleres Innovadoras
O Premio da UE para Mulleres Innovadoras recoñece os logros das mulleres emprendedoras detrás de innovacións revolucionarias. Ao facelo, a UE busca concienciar sobre a necesidade de máis mulleres innovadoras e crear modelos a seguir para mulleres e nenas en todas partes.

O premio concédese ás mulleres que crearon o maior impacto no ecosistema de innovación da UE ao transformar ideas en produtos e servizos novos e avanzados para beneficiar as persoas e o planeta.

Hai dúas categorías de premios: "Mulleres innovadoras" e "Novas innovadoras".

  • Na categoría «Mulleres innovadoras», concédense tres premios de 100.000 euros a cada unha das tres solicitudes mellor clasificadas.
  • Na categoría "Novas innovadoras", concédense tres premios de 50.000 euros ás tres solicitudes mellor clasificadas de mulleres innovadoras menores de 35 anos.

Data de peche: 18 de agosto de 2022.
Máis información
Convocatorias programas de cooperación tecnolóxica internacional
Os Proxectos de Cooperación Tecnolóxica Internacional en I+D+i, liderados por empresas, tanto a nivel multilateral (EUREKA, IBEROEKA e PRIMA), como bilateral, permiten ás empresas españolas reforzar ás suas capacidades tecnolóxicas, ampliando, ao mesmo tempo, o impacto dos seus produtos, procesos e servizos nos mercados globais.

Precisamente, no marco da colaboración tecnolóxica internacional, o Departamento de Acción Tecnolóxica Exterior do CDTI presentou a súa planificación de convocatorias para 2022.

Na planificación inclúese información sobre as datas de peche de 19 convocatorias internacionais, ademais das convocatorias dos 6 Clústers EUREKA, EUROSTARS, a convocatoria multilateral de PRIMA e outros programas que funcionan en convocatoria abierta durante todo o ano.

Máis información
EVENTOS
Green Tech Days
Online, 10-11 maio 2022.
EU Missions info days
Online, 17-18 maio 2022.
Matchmaking event G-STIC Climate Action Programme
Online, 17-18 maio 2022.
Med2Meet 2022 - virtual healthcare cooperation day
Online, 18 maio 2022.
Horizon Europe - EU Missions calls 2022 - Virtual brokerage event
Online, 19 maio 2022.
Applied Artificial Intelligence Conference 2022
Viena & online, 24-25 maio 2022.
City for the Future 2022 Budapest: V4 Smart City Expo & B2B Forum
Budapest, 24 maio 2022.
Technology & Business Cooperation Days 2022
Hannover, 30 maio-2 xuño 2022.
Free From Food Barcelona 2022
Barcelona, 7-8 xuño 2022.
Matchmaking at Icefish 2022
Smárinn - Fifan Halls, Iceland, 8-9 xuño 2022.
IHI Kick-off and brokerage event
Online e Bruxelas, 14 xuño 2022.
NOVAS
Webinars ERC Synergy Grant, Starting Grant e ERC Proposal Reading Days
Os puntos nacionais de contacto do ERC en España están a organizar 4 seminarios web para axudar coa preparación das solicitudes ás próximas convocatorias do ERC-Synergy Grant e ERC-Starting Grant 2023 que se prevé que abran a mediados do mes de xullo de 2022.

Así mesmo, a FECYT está a organizar a segunda edición dos ERC Proposal Reading Days, trátase dun total de 10 xornadas, a do 16 de xuño terá lugar en Santiago de Compostela, onde persoas candidatas ao Consello Europeo de Investigación (ERC, siglas en inglés) terán a oportunidade de ler as súas propostas (dispoñibles como copias en papel) que resultaron financiadas en dito Programa nalguna das convocatorias 2014-2021.

Esta iniciativa só se levará a cabo de maneira presencial. Para a lectura virtual de propostas ERC financiadas, a FECYT habilitou unha pequena biblioteca con propostas ERC exitosas e que amablemente foron publicadas en aberto polos seus autores: https://www.horizonteeuropa.es/propuestas-erc-exitosas-financiadas-y-en-abierto

Desde a Axencia Galega de Innovación, a través do programa Oportunius, ofrecemos un servizo de asesoramento para a presentación de candidaturas a todos os investigadores que desenvolvan a súa investigación nalgunha institución de Galicia.

Máis información - Seminarios Starting Grant
Máis información - Seminario Synergy Grant
Máis información - Proposal Reading Days
Guía Rápida de Horizonte Europa
Elaborada polo CDTI, en colaboración con FECYT e o MCIN ten como obxectivo proporcionar información xeral de Horizonte Europa e o proceso de participación no programa.
Máis información
Os luns de SOST - CDTI
A oficina do CDTI en Bruselas (SOST) está a organizar unha serie de xornadas de formación virtuais co obxectivo de contribuír a mellorar a calidade das propostas españolas ao Pilar II de Horizonte Europa. As gravacións das xornadas ensinan como redactar unha proposta gañadora de Horizonte Europa e están dispoñibles nas seguintes ligazóns:
Máis información
Nova programación de seminarios web sobre Propiedade Intelectual e Industrial
O European IP Helpdesk apoia ás pemes europeas e aos equipos de investigación implicados en empresas transfronteirizas e/ou actividades de investigación financiadas pola UE que xestionan, difunden e valoran a súa Propiedade Industrial e Intelectual (IP). Ofrecendo unha ampla gama de material informativo, un servizo de liña de axuda para soporte directo de IP, así como formación presencial e en liña, o seu obxectivo principal é apoiar a creación de capacidades de IP ao longo de toda a escala das prácticas de IP: desde a concienciación ata o uso estratéxico e a explotación exitosa.

O European IP Helpdesk acaba de presentar a súa programación de seminarios web para o ano 2022 que abrangue un número cada vez maior de temas IP.

Máis información
Info Days das convocatorias do programa LIFE
Do 18 ao 20 de maio, a Axencia Executiva Europea de Infraestructuras Climáticas e Medio Ambiente - CINEA celebrará diversas sesións informativas virtuais sobre as convocatorias de LIFE 22.

Estas sesións virtuais en directo guiarán aos potenciais solicitantes a través do programa LIFE, das convocatorias de propostas e dos temas prioritarios para 2022.

Ás reunións informativas seguirán unha serie de sesións de Preguntas e Respostas.

Tamén haberá oportunidades de traballo en rede virtual e os candidatos poderán manter reunións bilaterais cos asesores de proxectos de CINEA.

Máis detalles en breve.

Máis información
Quedamos á vosa disposición para calquera dúbida sobre esta información, así como sobre os diferentes aspectos relacionados cos Programas Internacionais de I+D+i, no enderezo electrónico  galactea.gain@xunta.es e no teléfono 981 337 146.
Pode acceder a todos os Boletíns EEN difundidos a través desta ligazón.
Máis información sobre os nosos servizos en Enterprise Europe Network, Galactea-Plus e GAIN!
footer5
Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscripción.