Número 4
Xuño de 2022
Xornada en liña. O Acelerador do EIC en 2022: novidades, fondo de investimento e servizos de coaching.
O próximo día 28 de xuño terá lugar a xornada O Acelerador do EIC en 2022: novidades, fondo de investimento e servizos de coaching, organizada pola Axencia Galega de Innovación en colaboración co CDTI e o resto de socios do consorcio EEN-GalacteaPlus da Enterprise Europe Network.

Este programa, substituto en certa medida do SME Instrument co que tivemos tan bos resultados en España, está dirixido a pemes que contan cun prototipo dun produto moi tecnolóxico e que buscan financiamento para o seu escalado.

Data límite para a inscrición: 27 de xuño de 2022


Máis información e inscricións







HE
CONVOCATORIAS
Convocatoria - Misión Adaptación ao Cambio Climático
O obxectivo principal da Misión Adaptación ao Cambio Climático é apoiar polo menos 150 rexións e comunidades europeas para lograr a resiliencia climática para 2030. A misión fomentará o desenvolvemento de solucións innovadoras para adaptarse ao cambio climático e animará a liderar a transformación da sociedade.

A mediados do mes de maio de 2022 abriron 6 convocatorias da Misión Adaptación ao Cambio Climático:

  • Aplicacións e ferramentas dirixidas ao usuario para as autoridades rexionais e locais e outros usuarios finais centradas nos impactos climáticos, os datos e o coñecemento (HORIZON-MISS-2022-CLIMA-01-01: orzamento indicativo de 6 millóns de euros)
  • Desbloqueo de recursos financeiros para investimentos en resiliencia climática (HORIZON-MISS-2022-CLIMA-01-02 - orzamento indicativo 6 millóns de euros)
  • Boas prácticas e proba de solucións de seguros para a adaptación climática nas rexións e comunidades da UE (HORIZON-MISS-2022-CLIMA-01-03 - orzamento indicativo de 6 millóns de euros)
  • Transformación dos sistemas económicos rexionais para a resiliencia e a sustentabilidade climáticas (HORIZON-MISS-2022-CLIMA-01-04 - orzamento indicativo 6 millóns de euros)
  • Impulsar a función de esponxa da paisaxe como forma de mellorar a resiliencia climática aos retos da xestión da auga (HORIZON-MISS-2022-CLIMA-01-05 - orzamento indicativo de 3 millóns de euros)
  • Probando e demostrando solucións transformadoras sobre a resiliencia climática, integrando solucións baseadas na natureza na transformación sistémica (HORIZON-MISS-2022-CLIMA-01-06 - orzamento indicativo 88,32 millóns de euros)

Máis información sobre as convocatorias, oportunidades de financiamento e prazos dispoñibles nas gravacións dos Infodays que tiveron lugar o 17 e 18 de maio de 2022.

Data de peche: 27 de setembro de 2022.
Máis información
Convocatoria - Misión do Solo
As convocatorias de propostas para a Misión do Solo de 2022 buscan promover a alfabetización do solo e a apreciación social das funcións vitais da saúde do solo en toda Europa. Pretende garantir que os xestores do solo, os consumidores e a sociedade en xeral estean mellor informados e traballen xuntos para tomar medidas eficaces sobre a saúde do solo.

A mediados do mes de maio de 2022 abriron 10 convocatorias da Misión do Solo:

  • Construír o repositorio de coñecemento da misión e promover o Observatorio Europeo do Solo (HORIZON-MISS-2022-SOIL-01-01 - orzamento indicativo 6 millóns de euros)
  • Seguimento, notificación e verificación do balance do carbono do solo e dos gases de efecto invernadoiro (HORIZON-MISS-2022-SOIL-01-05 - orzamento indicativo 14 millóns de euros)
  • Rede de cultivo de carbono para solos agrícolas e forestais (HORIZON-MISS-2022-SOIL-01-06 - orzamento indicativo 3 millóns de euros)
  • Fomentar a educación do solo en toda a sociedade (HORIZON-MISS-2022-SOIL-01-07 - orzamento indicativo 6 millóns de euros)
  • Ciencia cidadá para a saúde do solo (HORIZON-MISS-2022-SOIL-01-09 - orzamento indicativo 6 millóns de euros)
  • Acordo marco de colaboración (FPA) para unha estrutura de apoio á rede Living Lab (HORIZON-MISS-2022-SOIL-01-08)
  • Mellorar a sustentabilidade dos sistemas alimentarios e a saúde do solo con residuos de procesamento de alimentos (HORIZON-MISS-2022-SOIL-01-02 - orzamento indicativo 14 millóns de euros)
  • A biodiversidade do solo e a súa contribución aos servizos dos ecosistemas (HORIZON-MISS-2022-SOIL-01-03 - orzamento indicativo 16 millóns de euros)
  • Estratexias de remediación, métodos e modelos financeiros para a descontaminación e a reutilización de terreos en zonas urbanas e rurais (HORIZON-MISS-2022-SOIL-01-04 - orzamento indicativo 21 millóns de euros)
  • Innovacións para a mellora do solo a partir de biorresiduos (HORIZON-MISS-2022-SOIL-01-10 - orzamento indicativo 9 millóns de euros)

Máis información sobre as convocatorias, oportunidades de financiamento e prazos dispoñibles nas gravacións dos Infodays que tiveron lugar o 17 e 18 de maio de 2022.

Data de peche: 27 de setembro de 2022.
Máis información
Convocatoria - Misión contra o Cancro
Para contribuír á rápida implementación da Misión contra o Cancro da UE, a Axencia Executiva Europea de Saúde e Dixital publicou cinco convocatorias de propostas de proxectos sobre investigación do cancro.

Os temas das convocatorias céntranse na mellora e fortalecemento da investigación sobre o cancro e as súas infraestruturas, a optimización dos tratamentos contra o cancro, a creación dun Centro Dixital Europeo de Pacientes con Cancro, o establecemento de centros nacionais de misións contra o cancro e a creación de rede de apoio á Misión da UE contra o Cancro.

Data de peche: 7 de setembro de 2022.
Máis información
Convocatoria - Desafíos do EIC Pathfinder
O programa do Consello Europeo de Innovación, EIC Pathfinder, que apoia a exploración de ideas audaces para o desenvolvemento de tecnoloxías radicalmente novas, lanzou 6 convocatorias de proxectos que axuden a salientar os seguintes desafíos:

  • Xestión e valorización do dióxido de carbono e do nitróxeno
  • Almacenamento de enerxía a medio e longo prazo e sistemas integrados
  • Cardioxenómica
  • Tecnoloxías para apoiar un cambio radical da asistencia sanitaria episódica á continua
  • Almacenamento de datos dixitais baseado en ADN
  • Enfoques alternativos ao procesamento, comunicación e detección da información cuántica

Data de peche: 19 de outubro de 2022.
Máis información
Convocatoria - Compoñentes e Sistemas Electrónicos
A iniciativa común de Tecnoloxías Dixitais Chave (KDT JU) ten aberta a súa segunda convocatoria para a presentación de proxectos internacionais de investigación sobre compoñentes e sistemas electrónicos. España participa nesta convocatoria a través da Axencia Estatal de Investigación e o Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital.

A convocatoria ten tres temáticas centradas en: RISC-V, Intelixencia Artificial, e Deseño de Chips e dúas xerais que cubren as áreas da Axenda Estratéxica de Investigación SRIA:

  1. Tecnoloxía, equipamentos materiais e fabricación
  2. Integración de compoñentes, módulos e sistemas
  3. Software integrado
  4. Sistema de sistemas
  5. Intelixencia artificial, computación e control avanzado
  6. Conectividade
  7. Arquitectura e deseño: métodos e ferramentas
  8. Calidade, fiabilidade, seguridade e ciberseguridade
  9. Mobilidade
  10. Enerxía
  11. Industria dixital
  12. Saúde e benestar
  13. Recursos agroalimentarios e naturais
  14. Sociedade dixital
Data de peche: 21 de setembro de 2022.
Máis información
EVENTOS
Xornada CDTI-Axencia Galega de Innovación
Santiago de Compostela, 23 xuño 2022.
O Acelerador do EIC en 2022: novidades, fondo de investimento e servizos de coaching
Online, 28 xuño 2022.
Info Day Horizon Europe – Cluster 3: Civil Security for Society
Online, 28 xuño 2022.
Hybrid B2B-Meetings at automotive 2022
Linz (Austria), 5-6 xullo 2022.
NANOTEXNOLOGY 2022 Matchmaking Event
Tesalónica, 6 xullo 2022.
B2WORTH@TorinoFashionMatch 2022
Turín, 7-10 xullo 2022.
Co-Matching Business Matchmaking Event
Online, 25 agosto 2022.
NOVAS
Webinarios Eurostars-3 convocatoria do 15 de setembro de 2022
O CDTI e o Secretariado do programa Eureka organizan próximamente dous seminarios en liña para facilitar a participación das pemes españolas na próxima convocatoria do programa Eurostars-3, que ten aberto o prazo de presentación de solicitudes ata o 15 de setembro de 2022.

  • Obradoiro do 12 de xullo ás 11:00 horas: webinar internacional impartido polo Secretariado de Eureka, dirixido a participantes dos 37 países Eurostars.
  • Obradoiro 15 de xullo ás 10:00 horas: dirixido específicamente ás pemes españolas, organizado polo CDTI e con relatores da Secretaría Eureka, da rede EEN e do Panel de Avaliadores Independentes.

O programa Eurostars-3 mellorou o seu proceso de avaliación e simplificou os seus criterios de elixibilidade. Todo o proceso de avaliación internacional resólvese en aproximadamente 14 semanas, e as pemes participantes non deben demostrar formación en I+D senón ter vocación de desenvolver unha iniciativa innovadora en colaboración internacional. A solicitude preséntase nunha nova plataforma de carácter colaborativo.

España comprometeu un 30% máis de fondos a Eurostars-3 en 2022, chegando aos 13 millóns de euros, e ten a mesma previsión para o próximo ano. España é un dos países máis activos en Eurostars-3, cunha taxa media de éxito do 25%.

Máis información
Publicación do Programa de Traballo Anual 2022 e da Axenda Estratéxica da iniciativa Circular Bio-based Europe
A iniciativa Circular Bio-based Europe (CBE-JU) publicou o seu Programa de traballo anual, que inclúe información sobre as convocatorias de 2022. Un total de 120 millóns de euros adicaránse a promover bioindustrias circulares competitivas en Europa a través de 12 temas.

A misión da iniciativa CBE é avanzar nunha bioeconomía competitiva para unha Europa sostible, en liña cos compromisos establecidos no Pacto Verde Europeo e na Estratexia de Bioeconomía da UE.

Para acadar este obxectivo, a asociación público-privada financiará en 2022 proxectos que desenvolvan solucións innovadoras e sostibles de base biolóxica, centrándose nestas prioridades estratéxicas: materia prima (biomasa), transformación, produtos, así como aspectos transversais de comunicación, financiamento e sustentabilidade ambiental.

Máis información
BUSCA DE SOCIOS
Wet lay-up - vacuum bag process optimization sought for lightweight aircraft structures
A Hungarian aircraft producer company is looking for wet lay-up/vacuum bag process optimization for lightweight aircraft structures, comparing different carbon fiber fabrics and core materials regarding weight and mechanical properties. This research and development request is part of an AMULET innovation challenge.
Máis información - A través de correo electrónico
Self-healing mortar for external thermal insulation composite facade system
Slovenian producer of building materials is looking for solution to the following challenge. If facade final coats are cracked rain water penetrates inside the facade system, which reduces thermal insulation properties of the external thermal insulation composite facade system and can damage also the buildings load-bearing structure. The developments of new materials, like self- healing materials, are highly needed to prolong facade service life. This research and development request is part of an AMULET innovation challenge
Máis información - A través de correo electrónico
Clean and high-performance machining of composite and light metal alloy stacks
Slovenian university active in machining processes is looking for SMEs to apply to AMULET call and provide solution to the following challenge. The new carbon fibers reinforced plastics, ceramic matrix composites and Ti/Mg alloys are bringing with also challenges how they can be more sustainably machined. The solution has to meet higher performance, higher quality in combination with more health and environmental acceptable solutions – no oil-based emulsion usage.
Máis información - A través de correo electrónico
Contact pads in low voltage switchgear products
Slovenian producer of electric switchgear is looking for solution to the following challenge. Improving the balance of conductivity in low voltage switchgear products by improving existing or providing alternative materials (metal or ceramics). Call: H2020 AMULET cascade financing, budget 120.000 EUR, deadline 30.6.2022
Máis información - A través de correo electrónico
Quedamos á vosa disposición para calquera dúbida sobre esta información, así como sobre os diferentes aspectos relacionados cos Programas Internacionais de I+D+i, no enderezo electrónico  galactea.gain@xunta.es e no teléfono 981 337 146.
Pode acceder a todos os Boletíns EEN difundidos a través desta ligazón.
Máis información sobre os nosos servizos en Enterprise Europe Network, Galactea-Plus e GAIN!
footer5
Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscripción.