CONVOCATORIAS |
|
Convocatoria - Misión Adaptación ao Cambio Climático
|
|
O obxectivo principal da Misión Adaptación ao Cambio Climático é apoiar polo menos 150 rexións e comunidades europeas para lograr a resiliencia climática para 2030. A misión fomentará o desenvolvemento de solucións innovadoras para adaptarse ao cambio climático e animará a liderar a transformación da sociedade.
A mediados do mes de maio de 2022 abriron 6 convocatorias da Misión Adaptación ao Cambio Climático:
- Aplicacións e ferramentas dirixidas ao usuario para as autoridades rexionais e locais e outros usuarios finais centradas nos impactos climáticos, os datos e o coñecemento (HORIZON-MISS-2022-CLIMA-01-01: orzamento indicativo de 6 millóns de euros)
- Desbloqueo de recursos financeiros para investimentos en resiliencia climática (HORIZON-MISS-2022-CLIMA-01-02 - orzamento indicativo 6 millóns de euros)
- Boas prácticas e proba de solucións de seguros para a adaptación climática nas rexións e comunidades da UE (HORIZON-MISS-2022-CLIMA-01-03 - orzamento indicativo de 6 millóns de euros)
- Transformación dos sistemas económicos rexionais para a resiliencia e a sustentabilidade climáticas (HORIZON-MISS-2022-CLIMA-01-04 - orzamento indicativo 6 millóns de euros)
- Impulsar a función de esponxa da paisaxe como forma de mellorar a resiliencia climática aos retos da xestión da auga (HORIZON-MISS-2022-CLIMA-01-05 - orzamento indicativo de 3 millóns de euros)
- Probando e demostrando solucións transformadoras sobre a resiliencia climática, integrando solucións baseadas na natureza na transformación sistémica (HORIZON-MISS-2022-CLIMA-01-06 - orzamento indicativo 88,32 millóns de euros)
Máis información sobre as convocatorias, oportunidades de financiamento e prazos dispoñibles nas gravacións dos Infodays que tiveron lugar o 17 e 18 de maio de 2022.
|
|
Data de peche: 27 de setembro de 2022. |
|
Máis información |
|
|
Convocatoria - Misión do Solo
|
|
As convocatorias de propostas para a Misión do Solo de 2022 buscan promover a alfabetización do solo e a apreciación social das funcións vitais da saúde do solo en toda Europa. Pretende garantir que os xestores do solo, os consumidores e a sociedade en xeral estean mellor informados e traballen xuntos para tomar medidas eficaces sobre a saúde do solo.
A mediados do mes de maio de 2022 abriron 10 convocatorias da Misión do Solo:
- Construír o repositorio de coñecemento da misión e promover o Observatorio Europeo do Solo (HORIZON-MISS-2022-SOIL-01-01 - orzamento indicativo 6 millóns de euros)
- Seguimento, notificación e verificación do balance do carbono do solo e dos gases de efecto invernadoiro (HORIZON-MISS-2022-SOIL-01-05 - orzamento indicativo 14 millóns de euros)
- Rede de cultivo de carbono para solos agrícolas e forestais (HORIZON-MISS-2022-SOIL-01-06 - orzamento indicativo 3 millóns de euros)
- Fomentar a educación do solo en toda a sociedade (HORIZON-MISS-2022-SOIL-01-07 - orzamento indicativo 6 millóns de euros)
- Ciencia cidadá para a saúde do solo (HORIZON-MISS-2022-SOIL-01-09 - orzamento indicativo 6 millóns de euros)
- Acordo marco de colaboración (FPA) para unha estrutura de apoio á rede Living Lab (HORIZON-MISS-2022-SOIL-01-08)
- Mellorar a sustentabilidade dos sistemas alimentarios e a saúde do solo con residuos de procesamento de alimentos (HORIZON-MISS-2022-SOIL-01-02 - orzamento indicativo 14 millóns de euros)
- A biodiversidade do solo e a súa contribución aos servizos dos ecosistemas (HORIZON-MISS-2022-SOIL-01-03 - orzamento indicativo 16 millóns de euros)
- Estratexias de remediación, métodos e modelos financeiros para a descontaminación e a reutilización de terreos en zonas urbanas e rurais (HORIZON-MISS-2022-SOIL-01-04 - orzamento indicativo 21 millóns de euros)
- Innovacións para a mellora do solo a partir de biorresiduos (HORIZON-MISS-2022-SOIL-01-10 - orzamento indicativo 9 millóns de euros)
Máis información sobre as convocatorias, oportunidades de financiamento e prazos dispoñibles nas gravacións dos Infodays que tiveron lugar o 17 e 18 de maio de 2022.
|
|
Data de peche: 27 de setembro de 2022. |
|
Máis información |
|
|
Convocatoria - Misión contra o Cancro
|
|
Para contribuír á rápida implementación da Misión contra o Cancro da UE, a Axencia Executiva Europea de Saúde e Dixital publicou cinco convocatorias de propostas de proxectos sobre investigación do cancro.
Os temas das convocatorias céntranse na mellora e fortalecemento da investigación sobre o cancro e as súas infraestruturas, a optimización dos tratamentos contra o cancro, a creación dun Centro Dixital Europeo de Pacientes con Cancro, o establecemento de centros nacionais de misións contra o cancro e a creación de rede de apoio á Misión da UE contra o Cancro.
|
|
Data de peche: 7 de setembro de 2022. |
|
Máis información |
|
|
Convocatoria - Desafíos do EIC Pathfinder
|
|
O programa do Consello Europeo de Innovación, EIC Pathfinder, que apoia a exploración de ideas audaces para o desenvolvemento de tecnoloxías radicalmente novas, lanzou 6 convocatorias de proxectos que axuden a salientar os seguintes desafíos:
- Xestión e valorización do dióxido de carbono e do nitróxeno
- Almacenamento de enerxía a medio e longo prazo e sistemas integrados
- Cardioxenómica
- Tecnoloxías para apoiar un cambio radical da asistencia sanitaria episódica á continua
- Almacenamento de datos dixitais baseado en ADN
- Enfoques alternativos ao procesamento, comunicación e detección da información cuántica
|
|
Data de peche: 19 de outubro de 2022. |
|
Máis información |
|
|
|
|
|
|
|
Convocatoria - Compoñentes e Sistemas Electrónicos
|
|
A iniciativa común de Tecnoloxías Dixitais Chave (KDT JU) ten aberta a súa segunda convocatoria para a presentación de proxectos internacionais de investigación sobre compoñentes e sistemas electrónicos. España participa nesta convocatoria a través da Axencia Estatal de Investigación e o Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital.
A convocatoria ten tres temáticas centradas en: RISC-V, Intelixencia Artificial, e Deseño de Chips e dúas xerais que cubren as áreas da Axenda Estratéxica de Investigación SRIA:
- Tecnoloxía, equipamentos materiais e fabricación
- Integración de compoñentes, módulos e sistemas
- Software integrado
- Sistema de sistemas
- Intelixencia artificial, computación e control avanzado
- Conectividade
- Arquitectura e deseño: métodos e ferramentas
- Calidade, fiabilidade, seguridade e ciberseguridade
- Mobilidade
- Enerxía
- Industria dixital
- Saúde e benestar
- Recursos agroalimentarios e naturais
- Sociedade dixital
|
|
Data de peche: 21 de setembro de 2022. |
|
Máis información |
|
|
EVENTOS |
|
|
Xornada CDTI-Axencia Galega de Innovación |
|
Santiago de Compostela, 23 xuño 2022. |
|
O Acelerador do EIC en 2022: novidades, fondo de investimento e servizos de coaching |
|
Online, 28 xuño 2022. |
|
Info Day Horizon Europe – Cluster 3: Civil Security for Society |
|
Online, 28 xuño 2022. |
|
Hybrid B2B-Meetings at automotive 2022 |
|
Linz (Austria), 5-6 xullo 2022. |
|
NANOTEXNOLOGY 2022 Matchmaking Event |
|
Tesalónica, 6 xullo 2022. |
|
B2WORTH@TorinoFashionMatch 2022 |
|
Turín, 7-10 xullo 2022. |
|
Co-Matching Business Matchmaking Event |
|
Online, 25 agosto 2022. |
|
|
NOVAS |
|
Webinarios Eurostars-3 convocatoria do 15 de setembro de 2022 |
|
O CDTI e o Secretariado do programa Eureka organizan próximamente dous seminarios en liña para facilitar a participación das pemes españolas na próxima convocatoria do programa Eurostars-3, que ten aberto o prazo de presentación de solicitudes ata o 15 de setembro de 2022.
- Obradoiro do 12 de xullo ás 11:00 horas: webinar internacional impartido polo Secretariado de Eureka, dirixido a participantes dos 37 países Eurostars.
- Obradoiro 15 de xullo ás 10:00 horas: dirixido específicamente ás pemes españolas, organizado polo CDTI e con relatores da Secretaría Eureka, da rede EEN e do Panel de Avaliadores Independentes.
O programa Eurostars-3 mellorou o seu proceso de avaliación e simplificou os seus criterios de elixibilidade. Todo o proceso de avaliación internacional resólvese en aproximadamente 14 semanas, e as pemes participantes non deben demostrar formación en I+D senón ter vocación de desenvolver unha iniciativa innovadora en colaboración internacional. A solicitude preséntase nunha nova plataforma de carácter colaborativo.
España comprometeu un 30% máis de fondos a Eurostars-3 en 2022, chegando aos 13 millóns de euros, e ten a mesma previsión para o próximo ano. España é un dos países máis activos en Eurostars-3, cunha taxa media de éxito do 25%.
|
|
Máis información |
|
|
Publicación do Programa de Traballo Anual 2022 e da Axenda Estratéxica da iniciativa Circular Bio-based Europe |
|
A iniciativa Circular Bio-based Europe (CBE-JU) publicou o seu Programa de traballo anual, que inclúe información sobre as convocatorias de 2022. Un total de 120 millóns de euros adicaránse a promover bioindustrias circulares competitivas en Europa a través de 12 temas.
A misión da iniciativa CBE é avanzar nunha bioeconomía competitiva para unha Europa sostible, en liña cos compromisos establecidos no Pacto Verde Europeo e na Estratexia de Bioeconomía da UE.
Para acadar este obxectivo, a asociación público-privada financiará en 2022 proxectos que desenvolvan solucións innovadoras e sostibles de base biolóxica, centrándose nestas prioridades estratéxicas: materia prima (biomasa), transformación, produtos, así como aspectos transversais de comunicación, financiamento e sustentabilidade ambiental.
|
|
Máis información |
|
|
|
|