Número 5
Xullo de 2022
Convocatoria Women TechEU
A convocatoria Women TechEU, financiada polo programa de Ecosistemas Europeos de Innovación de Horizonte Europa, está destinada a apoiar ás startups deep tech dirixidas por mulleres, na fase máis temperá e arriscada do crecemento da empresa. A través da convocatoria, cun orzamento dispoñible de 10 millóns de euros, serán financiadas ata 130 empresas.

As entidades seleccionadas, ademáis dunha subvención de 75.000 euros, recibirán a través do Programa de Liderado de Mulleres do EIC asesoramento sobre liderado, internacionalización, modelización empresarial, entrada no mercado, captación de fondos e moito máis.

Data de peche: 4 de outubro de 2022.


Máis información e inscricións


Women-Tech-EU
CONVOCATORIAS
Convocatoria - Circular Bio-based Europe
A iniciativa Circular Bio-based Europe (CBE-JU), dirixida a apoiar ás bioindustrias circulares competitivas en Europa, ten aberta a súa primeira convocatorias de propostas de proxectos. A convocatoria, que conta cun orzamento total de 120 millóns de euros, acollerá propostas de proxectos nos seguintes temas:
  • Captación e uso de carbono bioxénico (CCU) para produtos circulares de base biolóxica.
  • Modelos empresariais cooperativos para a mobilización e valorización sustentable de residuos, subprodutos e residuos agrícolas no rural.
  • Rutas de produción rendibles cara a alternativas biolóxicas aos bloques de construción químicos de base fósil.
  • Coprocesamento de fluxos mixtos de residuos de orixe biolóxica.
  • Máxima valorización de materias primas biolóxicas de orixe sostible en biorrefinerías multiprodutos, cero residuos e cero contaminación.
  • Fontes alternativas para alimentos e/ou ingredientes para pensos de alto valor engadido.
  • Polímeros de base biolóxica de alto rendemento para aplicacións no mercado con requisitos estritos.
  • Revestimentos, barreiras, aglutinantes e adhesivos de base biolóxica.
  • Deseño de materiais de base biolóxica circulares para mellorar a circularidade de estruturas complexas.
  • Proteínas de fontes alternativas e non convencionais.
  • Materias primas para biorrefinerías de fibras sostibles.
  • Desenvolvemento e validación de sistemas de seguimento da sustentabilidade ambiental e da circularidade: recollida de mellores prácticas e referencias.

Data de peche: 22 de setembro de 2022.
Máis información
Convocatoria - European City Facility
A convocatoria European City Facility (EUCF) ten como obxectivo apoiar aos concellos e as autoridades locais no desenvolvemento de accións identificadas nos seus plans de enerxía e clima. O obxectivo final da EUCF é construír unha carteira de proxectos de investimento enerxético sostibles nos municipios europeos. A convocatoria financia actividades como estudos de viabilidade, análises de enxeñería e xurídicos, estudos sociais e de mercado e outras tarefas de apoio.

O orzamento total da convocatoria é de 2,88 millóns de euros cunha subvención fixa de 60.000 euros por proxecto. Os solicitantes están obrigados a ter un plan de enerxía e clima aprobado.

Data de peche: 30 de setembro de 2022.
Máis información
Convocatorias HE - Clúster 3: Seguridade Civil para a Sociedade
O 30 de xuño abriron as convocatorias de 2022 do Clúster 3: "Seguridade civil para a sociedade" do programa Horizonte Europe. As convocatorias cun orzamento total estimado de 189,8 millóns de euros financian proxectos de investigación e innovación sobre:

Xa está dispoñible a gravación do Infoday que tivo lugar o pasado 28 de xuño.

Data de peche: 23 de novembro de 2022.
Máis información
Preanuncio Convocatoria - Biodiversa+
España, a través da Axencia Estatal de Investigación (AEI), participará na convocatoria de proxectos de investigación transnacionais en apoio á mellora do seguimento transnacional da biodiversidade e o cambio dos ecosistemas para a ciencia e a sociedade no marco da rede europea de investigación Biodiversa+.

A convocatoria contempla as seguintes liñas de investigación:

  • Innovación e harmonización de métodos e ferramentas de recollida e xestión de datos de seguimento da biodiversidade
  • Abordar as lagoas de coñecemento sobre o estado da biodiversidade, a dinámica e as tendencias para reverter a perda de biodiversidade
  • Facer uso dos datos dispoñibles de seguimento da biodiversidade

Está previsto que a convocatoria abra o 8 de setembro de 2022 e que a data de peche sexa a principios de novembro de 2022.

Máis información
EVENTOS
Co-Matching Business Matchmaking Event
Online, 25 agosto 2022.
B2B Event Timber Construction and Forestry
Klagenfurt am Wörthersee (Austria), 2 setembro 2022.
PSE 2022 - International Matchmaking
Erfurt & Online, 5-23 setembro 2022.
MariMatch at SMM 2022
Hamburg, 8-9 setembro 2022.
Smart Mobility Valencia 2022
Valencia & Online, 14 setembro 2022.
Webinar on the Biodiversa+ Call
Online, 20 setembro 2022.
European Research and Innovation Days 2022
Online, 28-29 setembro 2022.
NOVAS
Iniciativa 'Get Digital - Go Green and Be Resilient'
A agresión rusa contra Ucraína reorientou os esforzos internacionais na dependencia enerxética e na resistencia da cadea de subministración. Neste contexto, a DG GROW, o Consello Europeo de Innovación, a EISMEA, DIGITAL SME e a Enterprise Europe Network, crearán un catálogo de empresas europeas líderes con casos de uso para unha industria máis resistente.

A través da iniciativa 'Get Digital - Go Green and Be Resilient', destacaranse solucións dixitais e modelos de negocio que poidan ofrecer solucións de alto impacto para diminuír a dependencia do petróleo, gas e materias primas externas, así como aumentar a resistencia na cadea de subministración global.

Ademáis do catálogo, organizaranse dous obradoiros para mostrar as solucións máis impactantes:

  • O primeiro "Get Digital: Go Green" centrarase en solucións para reducir o consumo global de enerxía nas operacións comerciais.
  • O segundo "Get Digital: Be Resilient" adicarase ás solucións que apoian a resiliencia da cadea de subministración da industria europea.

Un xurado seleccionará os traballos que se presentarán nos obradoiros e recibirán asesoramento personalizado de expertos en servizos de apoio ás pemes identificados en función das necesidades do proxecto de cada empresa.

As empresas ou pemes cunha solución dixital innovadora nun campo relacionado poden presentar a súa solución ata o 31 de agosto de 2022.

Máis información
Folla de Ruta dos Materiais 2030
Co apoio da Comisión Europea, as Plataformas Tecnolóxicas Europeas: EUMAT, SUSCHEM, MANUFUTURE, e EMIRI, a Iniciativa Industrial de Materiais Enerxéticos, uniron forzas para preparar un primeiro borrador da Folla de Ruta dos Materiais 2030.

Entre outros contidos, no borrador propóñense unha serie de actuacións futuras e identifícanse as Áreas Prioritarias de Investigación en Materiais, orientadas cara a 9 mercados:

  • Sanitario e Médico.
  • Construción Sostible.
  • Novas Enerxías.
  • Transporte Sostible.
  • Coidados Persoais e Fogar.
  • Envases Sostibles.
  • Agricultura Sostible.
  • Téxtil Sostible.
Pódese consultar a folla de ruta na seguinte ligazón.

Gravación e presentacións da xornada: O Acelerador do EIC en 2022: novidades, fondo de investimento e servizos de coaching.
Xa están dispoñibles as gravacións e presentacións da xornada do pasado 28 de xuño O Acelerador do EIC en 2022: novidades, fondo de investimento e servizos de coaching, organizada pola Axencia Galega de Innovación en colaboración co CDTI e o resto de socios do consorcio EEN-GalacteaPlus da Enterprise Europe Network.

Presentacións

Vídeo da xornada

BUSCA DE SOCIOS
A consortium of 8 non-academic organizations aims to develop an Augmented Digital Freight Forwarder Platform under HORIZON-CL5-2022-D6-02-07: New concepts and approaches for resilient freight transport and logistics networks against disruptive events
A consortium of 8 non-academic organizations (UK, Austria, Italy, France, Germany, Portugal, The Netherlands) aims to develop an Augmented Digital Freight Forwarder Platform for supporting the decision-making of the international transportation and logistics companies with a multi-modal network.
Máis información - A través de correo electrónico
French company developing a fire protection system for buildings is looking for R&D partners to complete the consortium of a Eurostars/Eureka project proposal
The French company is developing an innovative auto protection system against fires in outdoor areas, which slows and breaks the propagation of fire with a water projection system and retardant. The company is preparing a Eurostars/ Eureka project proposal and is looking for R&D partners to complete the consortium.
Máis información - A través de correo electrónico
Italian company seeks partners specialized in audiovisual production and partners with expertise in education for participating in the call for proposal: Creative Europe - Innovation Lab.
An Italian company has developed an interactive app that aims to bring the new generations closer to classical music. The app wants to enable young users to intuitive learning and offers school teachers an innovative learning tool for distance and face-to-face lessons with interactive teaching materials. To participate in the Creative Europe – Innovation Lab call, the company is looking for partners specialized in audiovisual production and partners with expertise in education.
Máis información - A través de correo electrónico
Danish interactive adaptive media system developer looking for a science and cultural partner for Creative Europe Innovation Lab Call.
Danish startup has developed a unique biosensor-based analysis of short format media productions that has the potential to change the current media development processes. They are looking for partner universities researching biometric data application and biomarker detection and partners from the creative, art, and culture sector, museums or culture clusters, international media distributors/streaming platforms, and international and national game, film, and TV producers providing test-sites.
Máis información - A través de correo electrónico
Quedamos á vosa disposición para calquera dúbida sobre esta información, así como sobre os diferentes aspectos relacionados cos Programas Internacionais de I+D+i, no enderezo electrónico  galactea.gain@xunta.es e no teléfono 981 337 146.
Pode acceder a todos os Boletíns EEN difundidos a través desta ligazón.
Máis información sobre os nosos servizos en Enterprise Europe Network, Galactea-Plus e GAIN!
footer5
Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscripción.