Número 7
Setembro de 2022
Cursos on-line sobre Horizonte Europa para pemes
O CIS Tecnoloxía e Deseño da Axencia Galega de Innovación (GAIN) dentro das súas actividades enmarcadas na rede Enterprise Europe Network pon en marcha o próximo 3 de outubro un programa formativo on-line dirixido a formar ás pemes galegas no programa Horizonte Europa.

Este programa formativo on-line, consta de 2 cursos, un dirixido a pemes sen experiencia previa de participación no programa Horizonte Europa (11 horas) e outro a pemes con experiencia (14 horas e 1,5 horas de mentoring).

Para que a formación se poida desenvolver dunha maneira máis efectiva e personalizada o número de prazas é limitado. A selección das entidades participantes realizarase por orde de inscrición.

Data límite para a inscrición: 29 de setembro de 2022.

Máis información e inscricións




Cursos Horizonte Europa
CONVOCATORIAS
Convocatoria do ERC: Consolidator Grant 2023
A finais do mes de setembro de 2022 abrirá a convocatoria Consolidator Grant do programa de traballo do ERC de 2023.

A convocatoria Consolidator Grant está indicada para persoal investigador con 7 a 12 anos de experiencia dende a finalización do seu doctorado, cun historial científico que amose a súa valía, cunha excelente proposta de investigación e que queira consolidar a súa independencia creando un equipo de investigación.

O financiamento estándar é de ata 2 millóns de euros durante un período de 5 anos.

Desde a Axencia Galega de Innovación, a través do programa Oportunius, ofrecemos un servizo de asesoramento para a presentación de candidaturas a todos os investigadores que desenvolvan a súa investigación nalgunha institución de Galicia.

Precisamente, no marco do programa Oportunius, o 7 de outubro celebrarase un taller online de preparación de propostas centrado na convocatoria Consolidator Grant 2023.

No taller participará Martín Fañanás-Mastral, investigador do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares – CiQUS da Universidade de Santiago de Compostela, gañador dunha Consolidator Grant 2019; así como Graciela Garrido e María Gómez-Reino, de ECONET, empresa con longa experiencia na preparación e asesoramento de candidaturas ao ERC.

Data de peche Consolidator Grant: 2 de febreiro de 2023.

Máis información Consolidator Grant
Inscrición ao taller online de preparación de propostas
Convocatoria - CET Partnership - Transición Enerxética Limpa
A iniciativa conxunta Clean Energy Transition Partnership abriu a súa convocatoria de proxectos para o ano 2022. A convocatoria ten coma obxectivo financiar proxectos que desenvolvan solucións e proporcionen resultados para a transición enerxética limpa. Espérase que a maioría dos proxectos cumpran niveis de preparación tecnolóxica media-alta (TRL 6-8).

O orzamento do CDTI Innovación para as empresas españolas interesadas en participar na convocatoria é de 1,5 millóns de euros.

O orzamento da Axencia Estatal de Innovación para os organismos de investigación interesados en participar na convocatoria é de 2 millóns de euros.

Na seguinte ligazón pódense consultar as condicións de participación dos socios españois.

A convocatoria ten dúas datas de peche:

  • Propostas previas: 23 de novembro de 2022.
  • Propostas completas: 20 de marzo de 2023.

Plataforma para busca de socios: https://cetp-call-launch-2022.b2match.io/home

Máis información empresas

Máis información organismos de investigación

Máis información CET Partnership
Convocatoria - Water4All
A convocatoria transnacional conxunta Water4All apoiará proxectos de investigación e innovación destinados a proporcionar coñecementos, modelos, enfoques, ferramentas e metodoloxías para comprender mellor os procesos hidrolóxicos a diferentes escalas, co fin de responder de forma máis eficiente aos problemas de auga relacionados con eventos extremos.

A convocatoria conta cun orzamento total de 34 millóns de euros, sendo o financiamento para as entidades españolas de 2,7 millóns de euros.

Os proxectos deberán tratar polo menos algunha das seguintes temáticas:

  • Resiliencia, adaptación e mitigación ante eventos extremos hidroclimáticos
  • Ferramentas para a xestión da auga no contexto de eventos extremos hidroclimáticos
  • Mellora da gobernanza da auga no contexto de eventos extremos hidroclimáticos e internacionais

Data de peche envío prepropostas: 31 de outubro de 2022.
Máis información Water4All
Convocatoria - Innowwide - Estudos de viabilidade de mercado
A convocatoria Innowwide financia proxectos de viabilidade de mercado de pemes innovadoras con ambición de competir en novos mercados internacionais.

Os proxectos de viabilidade de mercado deben ser presentados por unha peme dun Estado membro da UE ou dun país asociado a Horizonte Europa e incluír unha entidade socia independente (subcontratista principal do proxecto de viabilidade do mercado), establecida legalmente no país de destino.

A primeira convocatoria de Innowwide financiará:

  • Polo menos 25 proxectos con socios en América do Norte ou do Sur, Asia-Pacífico e Oriente Medio.
  • Ata 25 proxectos con socios en África.

Data de peche: 15 de novembro de 2022.
Máis información Innowwide
Convocatoria - Driving Urban Transitions (DUT)
No mes de setembro abriuse a primeira convocatoria conxunta de propostas da asociación europea DUT - Driving Urban Transitions. España participa nesta convocatoria de proxectos transnacionais de investigación e/ou innovación a través da Axencia Estatal de Innovación e do CDTI Innovación.

A convocatoria financia proxectos que aborden retos urbanos para axudar ás cidades na súa transición cara a unha economía máis sostible.

A convocatoria está aberta a unha ampla gama de disciplinas científicas e promove un enfoque interdisciplinar dos proxectos. Pódense establecer actividades en función de diversos tipos de investigación: investigación urbana estratéxica, investigación urbana aplicada, innovación e implantación urbana.

O orzamento do CDTI Innovación para as empresas españolas interesadas en participar na convocatoria é de 1,2 millóns de euros.

O orzamento da Axencia Estatal de Innovación para os organismos de investigación interesados en participar na convocatoria é de 1 millón de euros.

Plataforma para busca de socios: https://dut-calls.b2match.io/

Data de peche prepropostas: 21 de novembro de 2022.
Máis información
Convocatorias - EU4Health 2022
A Axencia Executiva Europea de Saúde e Dixital (HaDEA) publicou tres convocatorias de propostas no marco do seu programa de traballo anual EU4Health 2022.

  • EU4H-2022-PJ-11: Convocatoria de propostas sobre enfermidades non transmisibles (ENT): enfermidades cardiovasculares e diabetes. Orzamento: 5 millóns de euros.
  • EU4H-2022-PJ-12: Convocatoria de propostas sobre prevención do cancro e outras ENT: acción sobre os determinantes da saúde. Orzamento: 11 millóns de euros.
  • EU4H-2022-PJ-14: Convocatoria de propostas para apoiar a posta en marcha da segunda cohorte do programa de formación inter-especialidade en cancro. Orzamento: 7 millóns de euros.

Data de peche: 28 de febreiro de 2023.
Máis información
Convocatoria - EIT Food Innovation
EIT Food, a comunidade de innovación alimentaria máis grande do mundo, publicou a súa convocatoria de propostas de proxectos de 2023.

A través desta convocatoria, o EIT Food busca propostas de proxectos de innovación colaborativa que aporten ao mercado solucións tecnolóxicas innovadoras comercialmente viables en resposta a desafíos específicos do EIT Food:

  1. Vidas máis saudables a través da alimentación
  2. Sistemas de alimentación sen emisións
  3. Subministro de alimentos transparente, xusto e resiliente

As solucións innovadoras deben ter un nivel mínimo de preparación tecnolóxica (TRL 5) no momento da presentación da proposta.

O orzamento total dispoñible da convocatoria é de 20 millóns de euros. O orzamento máximo por proxecto é de ata 1,2 millóns de euros para proxectos cunha duración máxima de 24 meses e 600.000 euros para proxectos cunha duración máxima de 12 meses.

Data de peche: 14 de outubro de 2022.
Máis información
EVENTOS
Quantum Industry Day in Switzerland 2022
Zurich, 4 outubro 2022
Contact-Contract MSV 2022
Brno, 4 outubro 2022
International Brokerage Event for Technology Centres 2022
Cartagena & Online, 5 outubro 2022
Aerotrends 2022 - Brokerage Event
Bilbao, 6 outubro 2022
FarmaForum 2022
Madrid & Online, 6 outubro 2022
Chem-Match: Corporates meet Startups 2022 "Green & Digital"
Frankfurt, 6 outubro 2022
Wind meets Gas 2022
Groningen, 6-7 outubro 2022
Oportunius: taller online de preparación de propostas para a convocatoria ERC Consolidator Grants 2023
Online, 7 outubro 2022
Meet in Italy for Life Science Brokerage Event 2022
Online, 17-19 outubro 2022
DUT Call 2022: Info Day 2
Online, 18 outubro 2022
ICOE-OEE 2022 - Ocean Energy Brokerage Event
San Sebastián, 18-19 outubro 2022
Info session 2nd wave of EU4Health open calls for action grants
Online, 19 outubro 2022
EGT 2022 Energy, Environmental technology, Green transformation
Online, 24-28 outubro 2022
NOVAS
Próximas xornadas de programas de financiamento europeos da Axencia Galega de Innovación
Ao longo dos vindeiros meses, dende a Axencia Galega de Innovación celebraremos varias xornadas centradas en Horizonte Europa e outros programas de financiamento europeos. As xornadas realizaranse a medida que se vaian publicando as convocatorias destes programas.

Toma nota dalgunha das temáticas que temos previstas!:

  • Novas oportunidades de financiamento en cascada para as pemes.
  • O Programa InvestEU.
  • Xornadas sobre as convocatorias de Horizonte Europa relacionadas coa Saúde; Cultura, Creatividade e Sociedade Inclusiva; Seguridade Civil; Dixitalización, Industria e Espazo; Clima, Enerxía e Mobilidade; Alimentos, Bioeconomía, Recursos Naturais, Agricultura e Medio Ambiente.

Estas xornadas únense á que realizamos o pasado 20 de setembro sobre Convocatorias de Horizonte Europa sobre Dixitalización.

Podes consultar o material da xornada aquí

Carlos Gómez, investigador do CITIC da UDC, recibe financiamento do ERC Proof of Concept
O proxecto Efficient Syntactic Analysis for Large-scale Sentiment Analysis (SALSA), dirixido polo investigador do CITIC da UDC Carlos Gómez Rodríguez é un dos proxectos financiados con 150.000 euros na convocatoria de 2022 do ERC Proof of Concept.

O obxectivo do proxecto SALSA é crear algoritmos que ‘traduzan’ a linguaxe natural a contornas dixitais actuais propias da intelixencia artificial; e os códigos, ferramentas e programas informáticos propios da chamada lingüística computacional.

Máis información
BUSCA DE SOCIOS
Development of new bimetallic catalyst in frame of doctoral network under Horizon Europe
Aiming to provide a broader perspective and to increases the employability of the doctoral candidates, the network, which focuses on the topic of Cooperative Catalysis, is looking for industrial collaborators (chemical industry and related) to become associated partners in the current HORIZON-MSCA-DN-2022-0-01 call. The doctoral candidates will gain practical experience during a secondment at one of the associated partner. Project coordinator is an institute for chemistry at a German university.
Máis información - A través de correo electrónico
A Slovak university is looking for partners and coordinating partners for HORIZON-CL5-2022-D3-03-01: Innovative components and/or sub-systems for CSP plants and/or concentrating solar thermal installations
A highly skilled team from Slovak university as one of the partners of project “StisolGen” is looking for coordinating partners and project partners as well. The aim of the project is to build an ecological electricity generator that uses the energy of the sun. The device will be built on the basis of a linear, parabolic concentrator of solar energy and a Stirling electric generator.
Máis información - A través de correo electrónico
Quedamos á vosa disposición para calquera dúbida sobre esta información, así como sobre os diferentes aspectos relacionados cos Programas Internacionais de I+D+i, no enderezo electrónico  galactea.gain@xunta.es e no teléfono 981 337 146.
Pode acceder a todos os Boletíns EEN difundidos a través desta ligazón.
Máis información sobre os nosos servizos en Enterprise Europe Network, Galactea-Plus e GAIN!
footer5
Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscripción.