CONVOCATORIAS |
|
Convocatorias Digital Europe
|
|
A Comisión abriu o terceiro conxunto de convocatorias de propostas do Programa Digital Europe, por valor de 200 millóns de euros, no marco dos programas de traballo 2021-2022.
As convocatorias financiarán proxectos en espazos de datos, o desenvolvemento dunha plataforma de intelixencia artificial (IA) para facilitar o acceso ás empresas e administracións públicas a ferramentas de IA fiables feitas en Europa, infraestruturas cloud-to-edge e o investimento en programas de educación especializada na área de tecnoloxías dixitais avanzadas.
Data de peche: 24 de xaneiro de 2023.
|
|
Máis información
|
|
|
|
Convocatorias - Clúster 5 - Enerxía
|
|
A Comisión Europea ten abertas varias convocatorias de proxectos no eido da Enerxía cun financiamento total de 214,1 millóns de euros.
O financiamento da UE está dirixido aos seguintes temas:
|
|
Máis información |
|
|
Convocatorias - CEF Digital
|
|
O segundo conxunto de convocatorias no marco do Programa Dixital do Mecanismo Conectar Europa (CEF), que conta cun orzamento total de 277 millóns de euros, está aberto para a presentación de propostas.
As convocatorias de CEF Digital abranguen as seguintes áreas:
- Cobertura 5G nos corredores de transporte
- 5G para comunidades intelixentes
- Redes troncais para federacións paneuropeas de nube
- Conectividade backbone para Digital Global Gateways
- EuroQCI (Infraestrutura de comunicación cuántica)
- Plataformas Dixitais Operativas
Gravación do Infoday do pasado 25 de outubro
|
|
Data de peche: 23 de febreiro de 2023. |
|
Máis información |
|
|
Convocatoria - MSCA COFUND
|
|
A Comisión Europea acaba de abrir a convocatoria das accións Marie Sklowdowska-Curie para programas rexionais, nacionais e internacionais (MSCA COFUND 2022).
A convocatoria de proxectos que conta cun orzamento de 95 millóns de euros financia programas rexionais, nacionais e internacionais de formación e desenvolvemento profesional, a través de mecanismos de cofinanciamento. Un beneficiario pode recibir un máximo de 10 millóns de euros por convocatoria. Os proxectos deben durar ata 5 anos e deben contratar polo menos 3 investigadores.
Os proxectos MSCA COFUND poden adoptar a forma de:
- Programas de doutoramento. Ofrecen actividades de formación en investigación para que os doutorandos poidan desenvolver e ampliar as súas habilidades e competencias. Darán lugar á concesión do título de doutor.
- Programas posdoutorais. Financian bolsas individuais de formación en investigación avanzada e desenvolvemento de carreira para investigadores posdoutorais.
|
|
Data de peche: 9 de febreiro de 2023. |
|
Máis información |
|
|
Convocatoria - MSCA Staff Exchange
|
|
A convocatoria MSCA Staff Exchange SE 2022, que conta cun orzamento de 77,5 millóns de euros, promove a colaboración innovadora internacional, intersectorial e interdisciplinar en investigación e innovación a través do intercambio de persoal e o intercambio de coñecementos e ideas en todas as etapas da cadea de innovación.
Os proxectos MSCA Staff Exchange poden durar ata catro anos. A subvención financia a mobilidade do persoal en comisión de servizo desde un mes a un ano. O persoal implicado debe regresar ás súas organizacións de partida despois da comisión de servizos, para transmitir os seus coñecementos.
|
|
Data de peche: 8 de marzo de 2023. |
|
Máis información |
|
|
Preanuncio Convocatoria - CHIST-ERA - TICs |
|
A convocatoria CHIST-ERA 2022, que se publicará en novembro de 2022, apoia conxuntamente proxectos de investigación de alto impacto e alto risco no eido das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC).
A convocatoria, que contará cun orzamento aproximado de 10 millóns de euros, terá como obxectivo a investigación nos seguintes temas:
- Seguridade e Privacidade en Sistemas Descentralizados e Distribuídos (SPiDDS)
- Sistemas de comunicación baseados en Machine Learning, cara á IA sen fíos (WAI)
|
|
Data de peche: 2 de febreiro de 2023.
|
|
Máis información
|
|
|
|
|
|
EVENTOS |
|
|
DRONETECH 2022 B2B Hybrid Matchmaking Event |
|
Híbrido, 3-4 novembro 2022 |
|
Xornada informativa Convocatoria Small-Scale Projects |
|
Santiago & Online, 10 novembro 2022 |
|
KETs 2022, Calls 2023-2024 On-site event |
|
Strasbourg, 10 novembro 2022 |
|
B2B-Meetings at SFScon 2022 |
|
Bolzano, 11 novembro 2022 |
|
Smart City Brokerage SCEWC 2022 Barcelona |
|
Barcelona & Online, 15-24 novembro 2022 |
|
esib 2022 - Science meets Economy |
|
Graz, 15 novembro 2022 |
|
B2Blue at SEALOGY |
|
Ferrara & Online, 16-18 novembro 2022 |
|
BE @Smart Manufacturing Matchmaking 2022 - Virtual Edition |
|
Online, 17-18 novembro 2022 |
|
Dual Use Technologies 2022: Cybersecurity and Digital Applications in Defence |
|
Málaga, 17-18 novembro 2022 |
|
Obradoiro de dinamización para Pemes en Horizonte Europa:
Oportunidades de financiamento en cascada
|
|
Santiago, 25 novembro 2022 |
|
Match4Industry Business Matchmaking Event
|
|
Kocaeli, 29-30 novembro 2022 |
|
B2B Cooperation Platform Wood Construction |
|
Innsbruck, 1 decembro 2022 |
|
Xornada Novas convocatorias Europa Dixital |
|
Santiago, 2 decembro 2022 |
|
Infoday Clúster 6 - Alimentación, Bioeconomía, Recursos Naturais, Agricultura e Medio Ambiente |
|
Online, 13-14 decembro 2022 |
|
Infoday Cluster 5 - Clima, Enerxía e Mobilidade |
|
Híbrido-Virtual, 15-16 decembro 2022 |
|
|
NOVAS |
|
Publicados os borradores dos temas das convocatorias 3 e 4 da Iniciativa de Saúde Innovadora
|
|
A Iniciativa de Saúde Innovadora (IHI) publicou o borrador de temas para as próximas convocatorias (3 e 4), que están previstas que se poñan en marcha a finais de 2022 e principios de 2023.
Convocatoria 3
- Tema 1: Plataforma de cribado e biomarcadores para a predición e prevención de enfermidades que non son atendidas polos sistemas sanitarios.
- Tema 2: Probas xeradas polo paciente para mellorar os resultados, apoiar a toma de decisións e acelerar a innovación.
- Tema 3: Combinación de enfoques intervencionistas hospitalarios para mellorar os resultados dos pacientes e aumentar a eficiencia hospitalaria.
- Tema 4: Fortalecemento do ecosistema europeo de Medicamentos de Terapia Avanzada e outras modalidades terapéuticas innovadoras para enfermidades raras.
- Tema 5: Tecnoloxías dixitais de saúde para a prevención e xestión personalizada dos trastornos mentais e as súas consecuencias para a saúde a longo prazo.
Convocatoria 4 (en dúas fases)
- Tema 1: Ampliación do coñecemento translacional en miniporcos: un camiño para reducir e substituír os primates non humanos na avaliación non clínica da seguridade dos medicamentos.
- Tema 2: Recollida de mostras de sangue centrada no paciente para permitir ensaios clínicos descentralizados e mellorar o acceso á atención sanitaria.
|
|
Máis información |
|
|
Save the date: Infodays do Clúster 6 - Alimentación, Bioeconomía, Recursos Naturais, Agricultura e Medio Ambiente |
|
Os días 13 e 14 de decembro de 2023, terá lugar o Infoday (en formato online) de presentación das convocatorias de 2023 do Clúster 6 - Alimentación, Bioeconomía, Recursos Naturais, Agricultura e Medio Ambiente de Horizonte Europa.
O 19 de decembro os Puntos Nacionais de Contacto habilitarán unha plataforma de networking que permanecerá aberta durante un mes para facilitar a busca de socios.
Próximamente poderanse consultar máis detalles de ambos eventos na seguinte ligazón.
|
|
|
|
Save the date: Infoday do Clúster 5 - Clima, Enerxía e Mobilidade |
|
Os días 15 e 16 de decembro terá lugar o Infoday do Clúster 5 - Clima, Enerxía e Mobilidade de Horizonte Europa. No Infoday que será en formato híbrido presentaranse os temas de investigación e innovación propostos para o ano 2023.
No Infoday darase a oportunidade de coñecer as opcións de financiamento do Programa de traballo de 2023 centrado na dobre transición verde e dixital para acadar a neutralidade climática en Europa para 2050.
A tarde do 15 de decembro terá lugar unha sesión de networking que ofrecerá aos participantes a oportunidade de atopar socios.
Proximamente poderanse consultar máis detalles do evento na seguinte ligazón.
|
|
|
|
|
|