CONVOCATORIAS |
|
Convocatoria - Interreg Atlantic Area 2021-2027 |
|
O programa de cooperación transnacional entre as rexións atlánticas Interreg Atlantic Area abriu o pasado 14 de outubro a súa primeira convocatoria de proxectos. O orzamento do programa para 2021-2027 é de 113 millóns de euros.
A convocatoria pretende seleccionar proxectos transnacionais de alta calidade e innovadores, nos que as organizacións relevantes cooperen para facer que as rexións sexan máis resistentes aos desafíos comúns. As propostas de proxectos pódense presentar baixo algunha das prioridades temáticas do Programa:
- Innovación azul e competitividade
- Medio azul e verde
- Turismo e cultura sostibles azuis
- Unha mellor gobernanza para a cooperación
A descrición detallada das prioridades e dos obxectivos, xunto co tipo de actuacións, figura no Programa de Cooperación Aprobado 2021-2027.
|
|
Data de peche: 17 de febreiro de 2023. |
|
Máis información
|
|
|
|
Convocatoria - Interreg VI España-Portugal (POCTEP) 2021-2027
|
|
O Programa de cooperación transfonteiriza entre España e Portugal, Interreg VI España-Portugal (POCTEP) 2021-2027, que conta cun orzamento para proxectos de 299,65 millóns de euros, celebrou o pasado 16 e 17 de novembro o seu seminario de lanzamento.
No seminario presentáronse os obxectivos e prioridades para o periodo 2021-2027 e as bases das 3 primeiras convocatorias que abrirán no mes de decembro e pecharán no mes de xaneiro e febreiro de 2023.
O programa e as súas convocatorias articularanse en torno ás seguintes prioridades:
- Unha Europa máis intelixente
- Unha Europa máis verde e baixa en carbono
- Unha Europa máis social
- Unha Europa máis próxima á cidadanía
- Unha mellor gobernanza na cooperación
O calendario indicativo das convocatorias e as bases das mesmas pódense atopar aquí.
O 14 de decembro, celebrarase en Portugal, o Seminario Territorial da Área de Cooperación Galicia – Norte de Portugal, no que se presentarán as primeiras convocatorias e as novidades do Programa. Rexistro na seguinte ligazón.
|
|
Data de peche das 3 primeiras convocatorias: xaneiro-febreiro de 2023. |
|
Máis información |
|
|
Convocatoria - WORTH - Colaboración entre deseñadores, creativos, artesáns e pemes |
|
O programa de aceleración WORTH II financiado polo programa COSME, ten coma obxectivo crear e apoiar colaboracións transnacionais entre deseñadores, persoas creativas, fabricantes, artesáns e empresas tecnolóxicas que buscan desenvolver produtos innovadores impulsados polo deseño.
A segunda convocatoria de propostas abriu o pasado 25 de outubro e pechará o próximo 15 de febreiro de 2023. As entidades seleccionadas nesta convocatoria beneficiaranse dun programa de incubación valorado en 60.000 € consistente en:
- Paquete de comunicación incluíndo actividades de relación con medios internacionais, publicidade e comercialización a través de medios de comunicación social
- 10.000 a 20.000 euros en financiamento
- Exhibición internacional de produto a través da participación en 2 eventos de deseño internacional
- Programa de mentorización a medida
- Formación
- Colaboración intersectorial e participación en eventos de networking
- Contactos profesionais
- Visibilización do perfil na galería WORTH
|
|
Data de peche: 15 de febreiro de 2023. |
|
Máis información
|
|
|
|
Convocatoria - SMART EUREKA - Fabricación avanzada
|
|
SMART é un programa de Clúster EUREKA impulsado pola industria en Fabricación Avanzada que ten como obxectivo promover proxectos de I+D+i colaborativos, internacionais e próximos ao mercado.
A sexta convocatoria, lanzada recentemente, busca propostas de proxectos que abarquen calquera dos seguintes temas:
- Procesos Avanzados de Fabricación
- Sistemas de fabricación intelixentes e adaptativos
- Colaboración Persoa-Máquina
- Fabricación Sostible
- Empresas dixitais, virtuais e eficientes
- Fabricación baseada no cliente
|
|
Data de peche: 30 de xaneiro de 2023. |
|
Máis información |
|
|
|
|
|
Convocatoria - EUSPA sobre aplicacións espaciais |
|
A Axencia da Unión Europea para o Programa Espacial (EUSPA) acaba de publicar a segunda convocatoria de propostas.
Cun orzamento global de 48,1 millóns de euros, a convocatoria ten como obxectivo o desenvolvemento de aplicacións innovadoras que aproveiten os datos e os servizos que ofrece o Programa Espacial da UE, especialmente aquelas relacionadas con: mobilidade, seguridade e xestión de crises, economía de datos, intelixencia artificial e informática de alto rendemento.
|
|
Data de peche: 2 de marzo de 2023.
|
|
Máis información
|
|
|
EVENTOS |
|
|
Xornada Novas convocatorias Europa Dixital |
|
Santiago, 14 decembro 2022 |
|
NSE - New Space Economy 2022 |
|
Roma, 2 decembro 2022 |
|
Horizon Europe info day - Infrastructures
|
|
Online, 6 decembro 2022 |
|
EDIH DIGI-SI Community days - EEN B2B Session |
|
Online, 6-9 decembro 2022 |
|
TechBIZKON VI Mobility - A journey into the future |
|
Tokio & Online, 6-9 decembro 2022 |
|
European Logistics Innovation Day 2022 |
|
Online, 8-9 decembro 2022 |
|
IHI Call Days - call 3 and 4 (Infoday and Matchmaking)
|
|
Online, 12 decembro 2022 - 19 xaneiro 2023 |
|
CARDINNOV call - Infoday and Matchmaking event ERA4Health |
|
Online, 13 decembro 2022 |
|
Infoday Clúster 6 - Alimentación, Bioeconomía, Recursos Naturais, Agricultura e Medio Ambiente |
|
Online, 13-14 decembro 2022 |
|
Horizon Europe - Cluster 5 calls 2023 - VIRTUAL Brokerage Event |
|
Online, 15 decembro 2022 |
|
Infoday Cluster 5 - Clima, Enerxía e Mobilidade |
|
Online, 15-16 decembro 2022 |
|
Infoday nacional Horizonte Europa Enerxía e Misión de Cidades. Convocatorias 2023 |
|
Online, 11 xaneiro 2023 |
|
I3 Instrument Infoday |
|
Online, 19 xaneiro 2023 |
|
|
NOVAS |
|
Preanuncio Convocatoria - ERA4Health CARDINNOV |
|
A iniciativa ERA4Health Partnership publicará o 7 de decembro de 2022 a convocatoria CARDINNOV dirixida a apoiar proxectos de investigación transversais que contribúan ao desenvolvemento de estratexias de innovación terapéutica en enfermidades cardiovasculares.
A convocatoria terá como obxectivo a investigación nos seguintes temas:
- Reparación e/ou rexeneración do corazón e/ou dos vasos sanguíneos.
- Insuficiencia cardíaca crónica e fibrilación auricular.
O 13 de decembro celebrarase un Infoday no que se detallarán as condicións xerais de participación e se ofrecerá un espacio de matchmaking.
Rexistro na seguinte ligazón
|
|
Data de envío pre-propostas: 7 de febreiro de 2023.
|
|
Máis información
|
|
|
O proxecto EEN2EIC: potenciar os servizos de apoio de calidade á innovación e á igualdade de xénero
|
|
O proxecto EEN2EIC ten como obxectivo desenvolver un mecanismo de cooperación entre a Enterprise Europe Network e o Consello Europeo de Innovación (EIC) que permita ás pemes e ás empresas de nova creación innovadoras facer crecer o seu negocio máis rápido e con maior impacto.
A través do proxecto EEN2EIC, apoiarase aos potenciais solicitantes de EIC para aumentar o número de propostas de calidade presentadas en resposta ás convocatorias de EIC centrándose en:
- Empresas innovadoras dirixidas por mulleres na UE
- Titulares do Selo de Excelencia do EIC Accelerator
- Mellora das capacidades dos países con peor desempeño en Horizonte Europa
|
|
Máis información |
|
|
Proxectos europeos de financiamento en cascada |
|
Na seguinte ligazón podedes atopar o listado de proxectos europeos de financiamento en cascada presentados na xornada do pasado 25 de novembro de 2022 na sede da Axencia Galega de Innovación.
Se estades interesados nalgunha delas non dubidedes en facérnolo saber.
|
|
|
|
|
|