Número 1
Xaneiro de 2023
Xornada - Convocatorias do Clúster 5 e 6 de Horizonte Europa
O vindeiro 3 de febreiro dende a Axencia Galega de Innovación organizaremos un taller práctico sobre as convocatorias do Clúster 6: Alimentación, Bioeconomía, Recursos Naturais, Agricultura e Medio Ambiente e Clúster 5: Clima para o periodo 2023-2024 que contan cun orzamento dispoñible de 2.000 millóns de euros.

Na xornada, enmarcada nas actividades de fomento da participación das pemes galegas en programas europeos de I+D+i que está a realizar a Axencia, o ciclo Europa, presentaranse as novas convocatorias, as claves na preparación de propostas e achegaranse resultados da participación galega nestes clústers.

Contaremos coa presenza de Marta Conde, Punto Nacional de Contacto do Clúster 6 e membro de CDTI, a directora de innovación e programas europeos de FEUGA e coa peme galega, 3edata, con experiencia na participación en Horizonte Europa.

Aquelas entidades que o soliciten no formulario de inscrición presencial poderán manter reunións individuais co Punto Nacional de Contacto para resolver dúbidas.

Máis información e inscricións





xornada-cluster6
CONVOCATORIAS
Convocatoria - Concurso myEUspace
O obxectivo do concurso é apoiar o desenvolvemento de solucións comerciais innovadoras, como aplicacións móbiles ou solucións baseadas en hardware, que aproveiten os datos espaciais da UE de Galileo e/ou Copernicus.

Os aspirantes poden participar no concurso cunha:

  • Idea (convocatoria xa pechada)
  • Prototipo. O TRL esperado é TRL4-TRL7. Os 10 primeiros clasificados recibirán un premio por importe de 30.000 euros
  • Produto. O TRL esperado é TRL8-TRL9. Os 5 primeiros clasificados recibirán un premio por importe de 100.000 euros

Cada equipo participante proporá unha solución dirixida a unha das seguintes áreas de innovación:

  • Solucións para o consumidor como aplicacións móbiles, wearables, drons ou robótica que abordarán os principais desafíos sociais en áreas como a saúde, a seguridade, o entretemento, os deportes e o turismo.
  • Solucións que aborden retos ambientais e a transformación ecolóxica das empresas. As solucións propostas abordarán retos sociais en áreas como a conservación dos ecosistemas, a mobilidade verde, a agricultura sostible e a xestión da enerxía e dos recursos.
  • Solucións Deep Tech que combinan datos espaciais da UE con tecnoloxías como a intelixencia artificial, tecnoloxías cuánticas, Blockchain, metaverso, realidade aumentada, realidade mixta, realidade virtual. As solucións propostas abordarán os principais desafíos sociais en áreas como a biotecnoloxía, a tecnoloxía médica, etc.

Data de peche concurso prototipo: 10 febreiro de 2023.
Data de peche concurso produto: 25 abril de 2023.
Máis información
Convocatoria - BIOMAT - Materiais compostos de base nano-biolóxica
O proxecto europeo BIOMAT acaba de lanzar a súa primeira convocatoria para apoiar ás empresas interesadas en materiais compostos de base nano-biolóxica. BIOMAT presta servizos de transferencia de tecnoloxía e apoia o desenvolvemento, testeo e escalado da innovación en espumas de bio poliuretano.

BIOMAT contará con dúas convocatorias, unha entre xaneiro e marzo, e unha segunda entre maio e xullo de 2023, e está aberta a empresas da industria do poliuretano dos sectores da construción, edificación, automoción, mobiliario e acolchados.

Pódese obter máis información na web do proxecto e contactando co Intituto Tecnolóxico de Galicia mediante o correo agua@itg.es.

Convocatoria - SURE 5.0 - Transformación dixital nos sectores do Transporte e Automoción, Aeroespacial, Defensa e Electrónica
O centro tecnolóxico AIMEN e o cluster CEAGA veñen de anunciar o lanzamento de axudas de ata 50.000 euros para pemes interesadas en impulsar a súa propia transformación dixital. Esta liña de axudas está organizada pola iniciativa SURE5.0, na que participan as 2 entidades, e conta con financiamento da Comisión Europea. Trátase da primeira dunha serie de convocatorias que poñerán á disposición das empresas un total de 2,6 millóns de euros.

O prazo para solicitar as axudas permanecerá aberto ata o vindeiro 1 de marzo e as solicitudes deben centrarse na mobilidade (transporte e automoción), sector aerospacial, defensa e a electrónica. Ao utilizar a convocatoria o mecanismo de “financiamento en cascada”, o proceso de presentación de propostas segue un modelo simplificado orientado a facilitar a participación de calquera empresa, por moi pequena que sexa.

Pódese obter máis información na web do proxecto ou ben contactando directamente con CEAGA e AIMEN (help@sureproject.eu).

Convocatoria - PRIMA 2023
O proxecto PRIMA financiado polo programa Horizonte 2020, acaba de publicar as súas convocatorias de proxectos de innovación para o ano 2023 nos seguintes temas:

Pódese atopar máis información nas presentacións sobre as convocatorias do Infoday que tivo lugar o pasado 19 de xaneiro.

Data de envío pre-propostas: 22 e 29 de marzo de 2023.
Data de envío proposta completa: 6 e 13 de setembro de 2023.
Máis información
Convocatorias - Clúster 6 - Alimentación, Bioeconomía, Recursos Naturais, Agricultura e Medio Ambiente
Dende o mes de decembro de 2022 están abertas varias convocatorias do Clúster 6 - Alimentación, Bioeconomía, Recursos Naturais, Agricultura e Medio Ambiente cun orzamento global de case 900 millóns de euros:
Data de peche: 28 de marzo e 12 de abril de 2023.
Máis información
Convocatoria - ERANET sobre materias primas ERA-MIN3
A ERANET ERA-MIN 3 publicou unha nova convocatoria para financiar proxectos transnacionais de investigación e innovación sobre materias primas. A Axencia Estatal de Investigación destina 500.000 euros para dita convocatoria.

As propostas de proxectos pódense presentar baixo algunha das seguintes prioridades temáticas:

  • Subministración de materias primas dende a exploración ata a minería
  • Fortalecemento da economía circular
  • Transformación, produción e TIC
  • Avaliación ambiental, clima e desenvolvemento de políticas para a sustentabilidade
  • Sostibilidade social en saúde, seguridade e percepción pública

Para coñecer as condicións nacionais de participación, especialmente as incompatibilidades, é importante consultar os anexos nacionais dos compoñentes do consorcio.

Data de peche: 30 de marzo de 2023.
Máis información
Convocatorias - Horizonte Europa - Saúde
A Axencia Executiva Europea de Saúde e Dixital (HADEA) acaba de publicar 29 convocatorias de propostas no ámbito da sáude cun orzamento global de 847 millóns de euros agrupadas en 6 destinos:
Data de peche: 13 de abril de 2023.
Máis información
Convocatoria - Clean Hydrogen Partnership
A asociación Clean Hydrogen Partnership abrirá próximamente as súas convocatorias de propostas de proxectos de investigación sobre hidróxeno. A convocatoria conta cun orzamento global de 195 millóns de euros para proxectos de vangarda en tecnoloxías de hidróxeno nas seguintes temáticas:
  • Produción de Hidróxeno Renovable. 7 convocatorias, orzamento: 49 millóns de euros
  • Almacenamento e distribución de hidróxeno. 5 convocatorias, orzamento: 36 millóns de euros
  • Transporte. 3 convocatorias, orzamento: 25,5 millóns de euros
  • Calor e Electricidade. 4 convocatorias, orzamento: 19 millóns de euros
  • Transversais. 3 convocatorias, orzamento: 7,5 millóns de euros
  • Vales de Hidróxeno. 2 convocatorias, orzamento: 38 millóns de euros
  • Reto de investigación estratéxica. 2 convocatorias, orzamento: 20 millóns de euros

Pódese atopar máis información sobre o alcance e os detalles das actividades da asociación para o ano 2023 no Programa de traballo anual da Clean Hydrogen Partnership

Data de peche: 18 de abril de 2023.
Máis información
Convocatorias - Misións da UE
A Comisión acaba de abrir novas convocatorias cun orzamento global de máis de 600 millóns de euros para apoiar a investigación e a innovación no marco das cinco misións da UE:

Convocatorias de misións conxuntas:

  • Océano-Solo. Orzamento: 16 millóns de euros. Data de peche: 20 de setembro de 2023
  • Clima-Océano-Solo. Orzamento: 15 millóns de euros. Data de peche: 20 de setembro de 2023
  • Cidades-Clima. Orzamento: 40 millóns de euros. Data de peche: 27 de abril de 2023.

Máis información
Convocatoria - ERC Advanced Grant 2023
Xa está aberto o prazo para a presentación de propostas á convocatoria ERC Advanced Grants 2023 para financiar proxectos de investigadores excelentes con máis de 10 anos de experiencia dende a finalización do doutoramento e cunha traxectoria profesional de logros científicos significativa. Dentro deste esquema de financiamento, as subvencións poden alcanzar os 3,5 millóns de euros durante un máximo de 5 anos.

Desde a Axencia Galega de Innovación, a través do programa Oportunius, ofrecemos un servizo de asesoramento para a presentación de candidaturas a todos os investigadores que queiran desenvolver a súa investigación nalgunha institución de Galicia.

Data de peche: 23 de maio de 2023.
Máis información
EVENTOS
Convocatorias do Clúster 6: Alimentación, Bioeconomía, Recursos Naturais, Agricultura e Medio Ambiente e Clúster 5: Clima
Santiago & Online, 3 de febreiro 2023
European Framework Programme for R&I - Innovation Fund Synergies Workshop
Online, 8 febreiro 2023
EU Techbridge Matchmaking
Online, 9 - 28 febreiro 2023
Innovent Forum 2023 – Matchmaking Event
Larissa (Greece) & Online, 10-12 febreiro 2023
Foro Transfiere
Málaga, 15-17 febreiro 2023
BRNO INDUSTRY 4.0 matchmaking conference - B2B 2023
Online, 16 febreiro 2023
FinDrones 2023 Matchmaking
Online, 21-23 febreiro 2023
XXVI International water and environment exhibition. SMAGUA 2023 - Brokerage Event
Zaragoza, 7-8 marzo 2023
NOVAS
Preanuncio da primeira convocatoria da Sustainable Blue Economy Partnership
A Sustainable Blue Economy Partnership é unha asociación cofinanciada por Horizonte Europa que pretende dar un paso importante na transformación da economía azul, implementando e supervisando seis convocatorias de propostas de proxectos de investigación e innovación durante un período de sete anos.

A primeira convocatoria de propostas abrirá no mes de febreiro de 2023 e as súas áreas de intervención serán as seguintes:

  • Xemelgos Dixitais Oceánicos a escala submarina
  • Estruturas mariñas da xeración azul
  • Planificación e xestión dos usos do mar
  • "Comida azul" saudable baixo o enfoque "Unha saúde".
  • Posibilitando a transición verde da produción de "Comida azul"

Máis información
Gravacións dos Infodays das convocatorias 2023-2024
Xa están dispoñibles as gravacións e presentacións dos diferentes Infodays que tiveron lugar nos meses de decembro e xaneiro sobre as convocatorias do periodo 2023-2024 de Horizonte Europa:
Consulta pública sobre o pasado, presente e futuro dos programas marco europeo de investigación e innovación 2014-2027
Últimos días para participar na consulta pública sobre o pasado, presente e futuro dos programas marco de I+D+i da Unión Europea.
Participa na consulta
BUSCA DE SOCIOS
Belgian SME seeks partners for call HORIZON-CL4-2023-HUMAN-01-03: Natural Language Understanding and Interaction in Advanced Language Technologies (AI Data and Robotics Partnership) - Deadline 29/03/2023
The Belgian and Swiss SMEs’ mission is to bring the power of data analytics and machine learning to the risk, regulation, and investment worlds. It looks for EU-based partners in the call HORIZON-CL4-2023-HUMAN-01-03: Natural Language Understanding and Interaction in Advanced Language Technologies (AI Data and Robotics Partnership).
Máis información - A través de correo electrónico
URGENT - A Consortium is looking for partner to apply Eureka Xecs Call 2
Consortium which consist of a tech company and one of the biggest OEM in EU is looking for partner to design the motor's driver and produce the prototype. Project will be submitted to Xecs Calls 2. Deadline of project outline submission is 23.02.2023
Máis información - A través de correo electrónico
HORIZON project idea LurenDa: Platform based formation of resilient and sustainable value networks using real time data value streams for the European aerospace industry - One partner from European law and data law are sought
An international consortium (already 8 partners) with a German University as coordinator wants to develop a platform that enables end-to end- information networking along the supply chain through the exchange of real-time data. In order to complete the consortium, 1 partner from European law and data law are sought. The partner should be an expert in European Data law Compliance with all legal requirements for handling sensitive data governance. Deadline for Expression of Interests: 20.02.2023
Máis información - A través de correo electrónico
Dutch company seeking material innovation for oven-safe, reusable food container
The SME from the Netherlands is a circular economy company active in food packaging. The company replaces disposable food containers with reusables. In the transition to a zero waste economy, the company is looking for an invention or presentation of a material that can replace the disposable ready-to-consume food containers found in grocery stores.
Máis información - A través de correo electrónico
Swedish printing company looking for manufacturers of residual products
A Swedish company, having a goal/vision to be the most sustainable printing company in Sweden. They are looking for a partner who can help them to develop their idea about taking advantage of wastepaper and turning it into a new material – cloth paper. They have their ideas about upcycling it into new products; cardboard for the construction industry, food packaging, or hygiene paper. They are looking for expertise and collaboration in materials based on paper and textile fiber.
Máis información - A través de correo electrónico
UK biotech company seeks partner to provide a Shape Memory Polymer (SMP) foam for a medical device.
UK (Wales)-based biotech and healthcare company is developing a medical device for wound care and is looking for a company with an established Shape Memory Polymer (SMP) foam to provide material to be used in the device presently in development under a commercial agreement with technical assistance.
Máis información - A través de correo electrónico
Dutch company is looking for refurbishing technologies for battery packs of second -hand vehicles
A Dutch company is looking for refurbishing technologies of battery packs of second -hand vehicles to boost the sale of second-hand electric cars, so that sustainable mobility is also accelerated in the private segment. Therefore they are looking for partners that have a professional solution to refurbish batteries of cars and or trucks in the framework of a commercial agreement with technical assistance.
Máis información - A través de correo electrónico
Electronics manufacturer sought to validate novel liquid cooling concept for electronic control units to be used in future mobility concepts and other sectors
A German automotive supplier seeks manufacturers of electronics to validate a novel liquid cooling concept for electronic control units. The protype answers the growing demand for heat dissipation due to electrification and autonomous driving functions. Advantages are reduced weight (-35%), less space (-50%) and improved cooling (+10%). Partners are sought to test the prototype (TRL5) to bring it to market maturity and possibly act as a sales partner.
Máis información - A través de correo electrónico
Quedamos á vosa disposición para calquera dúbida sobre esta información, así como sobre os diferentes aspectos relacionados cos Programas Internacionais de I+D+i, no enderezo electrónico  galactea.gain@xunta.gal e no teléfono 981 337 146.
Pode acceder a todos os Boletíns EEN difundidos a través desta ligazón.
Máis información sobre os nosos servizos en Enterprise Europe Network, EEN-GalacteaPlus e GAIN!
footer
Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscripción.