Número 2
Febreiro de 2023
Convocatoria Eurostars
Eurostars é un instrumento de financiamento que apoia ás pemes innovadoras mediante o financiamento de proxectos colaborativos internacionais de I+D e innovación. Estes proxectos deben supoñer unha ruptura co estado da arte e un reto comercial que permita ás empresas dar un salto cualitativo no seu posicionamento no mercado. O pasado 10 de febreiro abriu a primeira convocatoria de proxectos para 2023.

As regras de financiamento varían segundo o país. O CDTI, financia os custos de I+D das pemes españolas:

  • As empresas pequenas poden recibir unha subvención de ata o 60% dos custos subvencionables.
  • As empresas medianas poden recibir unha subvención de ata o 50% dos custos subvencionables.

O financiamento máximo para os participantes españois é unha subvención de 400.000 euros e os custos subvencionables deberán estar vinculados a tarefas de investigación industrial ou desenvolvemento experimental.

Criterios de elixibilidade:

  • Liderado por unha peme innovadora dun país Eurostars
  • Consorcio con polo menos 2 entidades de 2 países
  • Orzamento das pemes é polo menos o 50% do total
  • Ningún participante ou país ten máis do 70% do orzamento
  • Duración do proxecto é de 36 meses ou menos
  • Proxecto ten foco exclusivo de aplicacións civís

Data de peche: 13 de abril de 2023.
Máis información e solicitudes





eurekalogo
CONVOCATORIAS
Convocatoria - SecurIT
SecurIT ten como obxectivo aumentar a seguridade das aplicacións, servizos e infraestruturas actuais integrando solucións de seguridade de última xeración.

Na convocatoria seleccionaranse ata 21 proxectos de consorcios de polo menos dúas pemes, das que polo menos unha debe ser un provedor de tecnoloxía, que aborden algún dos retos identificados. Hai dous tipos de instrumentos dispoñibles:

  • Desenvolvemento de prototipos: ata 74.000 euros por proxecto
  • Demostrador: ata 88.000 euros por proxecto

Data de peche: 14 de marzo de 2023.
Máis información
Convocatoria - Materiais Lixeiros Avanzados
AMULET ten como obxectivo crear novas cadeas de valor a través de proxectos que favorezan a penetración de materiais lixeiros avanzados en 4 sectores: automoción, aeroespacial e aeronáutico, enerxía e construción.

A convocatoria consta de 3 fases:

  • Fase 1. Seleccionaranse ata 26 consorcios (2-3 pemes) para presentar un estudo de viabilidade: 23.000 euros
  • Fase 2. Ata 7 consorcios da fase 1 poderán demostrar as súas solucións: 80.000 euros
  • Fase 3. Ata 7 consorcios da fase 2 recibirán servizos de apoio: 17.000 euros

Data de peche: 22 de marzo de 2023.
Máis información
Convocatoria - TrustChain
TrustChain, financiado por Horizonte Europa, ten como obxectivo crear unha carteira de protocolos de Internet de próxima xeración e un ecosistema de solucións de software de xestión de identidades descentralizadas que sexan transparentes para o usuario, interoperables, conscientes da privacidade e que cumpran coa normativa.

A primeira convocatoria conta cun orzamento de 1,7 millóns de euros a través da que se seleccionarán 15 proxectos que poderán obter:

  • Axudas de ata 117.000 euros
  • Acceso gratuíto a infraestruturas (Alastria)
  • Mentoría e formación
  • Visibilidade e promoción
  • Programa de apoio de 9 meses

Data de peche: 10 de abril de 2023.
Máis información
Convocatoria - Clean Aviation
O 9 de febreiro lanzouse a convocatoria da iniciativa Clean Aviation que conta cun orzamento de máis de 137 millóns de euros.

A convocatoria apoiará tecnoloxías punta para avións propulsados ​​por hidróxeno, avións rexionais híbridos-eléctricos e avións de curto e medio alcance co obxectivo de acelerar a traxectoria da aviación cara á neutralidade climática e axudar a facer de Europa o primeiro continente climáticamente neutro para 2050. Destinarase tamén financiamento ao seguimento do impacto da investigación e innovación aeronáuticas da UE.

Data de peche: 11 de maio de 2023.
Máis información
Convocatoria - MIND4MACHINES
MIND4MACHINES financiado por Horizonte 2020 lanzou a segunda convocatoria de proxectos que conta cun orzamento de 1,62 millóns de euros.

O obxectivo é financiar o desenvolvemento, probas, validación e incorporación ao mercado de solucións INDUSTRIA 4.0 das pemes aumentando o nivel de preparación tecnolóxica das solucións propostas. Espérase o financiamento dun mínimo de 18 proxectos dentro dos dous esquemas seguintes:

  • Apoio á Innovación. Desenvolvemento de solucións innovadoras baseadas en TIC (TRL 5-7) para a industria manufacturera. Ata 60.000 euros por solicitante.
  • Apoio á chegada ao mercado. Demostración e crecemento de solucións TIC (TRL 8-9) no mercado industrial. Ata 30.000 euros por solicitante.

Data de peche: 19 de abril de 2023.
Máis información
Convocatoria - QuantERA - Ciencias e Tecnolóxias Cuánticas
O consorcio QuantERA publicou a convocatoria de proxectos de investigación transnacionais no ámbito das tecnoloxías e ciencias cuánticas para 2023.

A convocatoria que conta cun orzamento de 33 millóns de euros financiará proxectos en:

  • Comunicación cuántica
  • Simulación cuántica
  • Cálculo cuántico
  • Ciencias da información cuántica
  • Detección e imaxe de metroloxía cuántica

España participa na convocatoria a través da Axencia Estatal de Investigación que financiará ás entidades que participen nas propostas aprobadas na convocatoria transnacional, de acordo co anexo nacional.

Contacto para as entidades españolas:

  • era-ict@aei.gob.es
  • Teléfono: +34 916038876

QuantERA ofrece aos solicitantes unha ferramenta de busca de socios dispoñible AQUÍ.

Data de peche: 11 de maio de 2023.
Máis información
Convocatoria - Bonos de innovación
Dende o día 10 de febreiro está aberta a convocatoria de 2023 do programa Bonos de Innovación da Axencia Galega de Innovación, orientado a mellorar a capacidade innovadora de pemes e micropemes a través do financiamento dos custos de servizos externos de apoio á innovación.

Unha das liñas do programa subvenciona os custos da tramitación de presentación de axudas de I+D+i estatais, europeas e internacionais de tipo individual ou cooperativo cun máximo de 5.000 euros. Serán subvencionables os custos efectuados dende a data de presentación da solicitude ata o 6 de outubro de 2023.

Data de peche: 10 abril de 2023.
Máis información
Convocatoria - Protección de dereitos de Propiedade Intelectual e Industrial
O fondo Ideas Powered for business SME Fund é unha iniciativa da Comisión Europea a través da Oficina Europea de Propiedade Intelectual que ten como obxectivo dar apoio financeiro ás pemes para a protección dos dereitos de Propiedade Intelectual e Industrial.

O fondo é un programa de reembolso que emite bonos que poden ser utilizados para cubrir parcialmente as taxas das actividades de protección. Polo momento en España só se puxo en marcha o bono de 1.000 euros para utilizar no reembolso das taxas de solicitudes de marcas e deseños. Os fondos son limitados e están dispoñibles por orde de chegada.

Data de peche: 8 decembro de 2023.
Máis información
EVENTOS
Horizon Europe Cluster 4: Digital, Industry and Space
Online, 9 febreiro - 31 xullo
Horizon Europe Cluster 6: Food, Bioeconomy, Natural Resources, Agriculture and Environment 2023-2024 Calls - Virtual Brokerage Event
Online, 2-3 marzo 2023
Defence Industry Development: Opportunities and Challenges for SMEs
Lisboa, 2-3 marzo 2023
TechTurku Week 2023!
Turku (Finlandia & Online), 6-15 marzo 2023
XXVI International water and environment exhibition. SMAGUA 2023 - Brokerage Event
Zaragoza, 7-8 marzo 2023
CONTACT - Business Meetings
Online, 8 marzo 2023
IPEC 2023 - Conference & Virtual Matchmaking - International Production Environmental Community
Online, 9 marzo 2023
Industry 4.0 - International Business Meetings - Global Industrie 2023
Online, 13-14 marzo 2023
Brokerage event HORIZON-CL5-2023
Online, 15-16 marzo 2023
Horizon Europe Cluster 1: Health 2023-2024 Calls - Virtual Brokerage Event
Online, 16-17 marzo 2023
MBM TOURISM PRAGUE 2023 Hybrid event
Prague & Online, 16-17 marzo 2023
EnergyWeek 2023 Matchmaking
Vaasa (Finlandia), 21-24 marzo 2023
International matchmaking event on cross-over innovation in healthcare "HealthTech Summit"
Leuven (Bélxica) & Online, 22-24 marzo 2023
NOVAS
Olalla López Costas, investigadora da USC, obtén un ERC Consolidator Grant
A investigadora do CRETUS da USC, Olalla López Costas, recibiu unha axuda de 2 millóns de euros da convocatoria ERC Consolidator Grant para levar a cabo o proxecto "PollutedPast".

O proxecto, centrarase no estudo de como a contaminación ambiental por metais afectou aos pobos que habitaron Europa na época romana e medieval. "PollutedPast" acollerá estudos arqueolóxicos, paleoambientais, bioxeoquímicos, médicos e antropolóxicos para abordar a contaminación do pasado. Esta prestixiosa axuda do Consello Europeo de Investigación é a primeira que se concede a unha universidade galega na área de Humanidades.

Olalla López Costas, recibiu o apoio do programa Oportunius da Axencia Galega de Innovación coma finalista en dúas ocasións das axudas do ERC.

Máis información
Erros comúns a evitar ao solicitar o financiamento de Horizonte Europa
A Axencia Executiva Europea de Investigación publicou unha guía-web que contén un resumo dos erros a evitar polos solicitantes á hora de preparar unha proposta en Horizonte Europa.

Ademáis de recomendacións sobre erros a evitar e boas prácticas a implementar, na guía inclúense recursos como guías ou webinarios que sen dúbida serán de gran utilidade para as entidades que se enfronten por primeira vez a unha proposta e para aquelas que queiran mellorar as súas posibilidades de éxito.

Máis información
Circular Bio-based Europe JU 2023 - Infoday, búsquedas de socios e lanzamento convocatoria
A iniciativa Circular Bio-based Europe JU 2023, que conta cun orzamento de 215,5 millóns de euros e apoia actividades de innovación e investigación no ámbito das industrias circulares competitivas de base biolóxica, lanzará o 26 de abril a súa convocatoria para 2023.

No Programa de Traballo 2023 pode verse a descrición completa dos temas, condicións e requisitos da convocatoria. Para facilitar a participación na mesma e a busca de socios o CBE organizará o 20 de abril un Infoday e lanzou unha plataforma de networking.

Máis información
BUSCA DE SOCIOS
A Swiss start-up is looking for development and commercialization partners to upgrade its medical device to an antimicrobial-device combination (drug-device combination) product under a Eurostars project.
A Swiss SME, active in the field of orthopaedics/traumatology, has developed a medical device boosting fracture healing. The device features drug-device combination compatible materials and manufacturing processes. Partners for an Eurostars application are sought.
Máis información - A través de correo electrónico
Partners sought to conduct clinical trials and to response to EU funding calls on neurodegenerative diseases of the central nervous system (CNS) or for the development of disease-modifying drugs.
Based in Paris area since 2015, a biotech/medtech startup brings a new technology to discover, identify and rapidly detect molecular biomarkers of complex diseases in blood. They have a proof of concept (TRL 6) for a predictive PCR diagnostic test for brain amyloid as a risk factor for Alzheimer's disease. They are currently looking for partners involved in clinical trials on CNS neurodegenerative diseases or disease-modifying drug development. Partners are also sought to respond to EU calls.
Máis información - A través de correo electrónico
Major player in the field of electronic systems for control, power electronics and energy storage is looking for consortia to apply to HORIZON EUROPE cluster 5 (Destination 2 &5)
The French mid-cap company is looking for consortia to apply to HORIZON EUROPE cluster 5 (Destination 2 & 5).The company has previous experiences in collaborative R&D project, including EU funding. The company has expressed a strong interest in working on Battery Management Systems (BMS) especially regarding second-life application and vehicles, weight and volume reduction, thermal management..
Máis información - A través de correo electrónico
A Croatian SME focused on developing scalable air quality solutions that address air pollution threats would like to participate in Eurostars 3 call for projects (April 2023) as a partner
A Croatian SME would like to participate in Eurostars 3 call for projects (April 2023) as a partner. It specialises in the research and development of various materials, technologies, and products for air purification, filtration, and monitoring. It also investigates health consequences of polluted air. It offers potential collaboration in the research and development of new products, testing, connecting, experimenting, and/or providing various components for existing pollution systems.
Máis información - A través de correo electrónico
HORIZON-CL6-2023-BIODIV-01-9: Coordinator sought for a biodiversity and remote sensing proposal
A French SME with 10 other partners are preparing a proposal targeting the topic “Biodiversity, economics and finance: unlocking financial flows towards reversing of biodiversity loss” (HORIZON-CL6-2023-BIODIV-01-9). A coordinator is sought with expertise in economics and sustainable finance.
Máis información - A través de correo electrónico
IT company is looking for a partner for UX design & monetization of a software product for Visualizing Retrospective Weather Conditions Around The Globe for mutual project under EUREKA Eurostars
Startup in EU seeks partner capable to carry out software monetization and user experience design to complete the cross-platform application that visualizes historical weather data. The opportunity is being offered for an entity capable to identify economical channels and also user interface design for common software platforms and handhelds.
Máis información - A través de correo electrónico
Romanian municipality looking for partnering opportunities to apply in EU funded projects related to research for sustainable urban development and smart city
The Romanian municipality is interested in joining project proposals to be funded by EC on the following topics: research for sustainable urban development, cultural heritage, innovative rehabilitation of old public buildings, renovation and repurposing of old infrastructure, sustainable development, smart city.
Máis información - A través de correo electrónico
Eureka Eurostars 3: A German SME which is focused on the simulation and optimization of electromechanical systems is searching for partner company with specializing developing electromechanical systems to apply for the Euorstars 3 Call
The startup is developing simulation algorithms for large and complex electromechanical systems. The goal is to provide a simulation environment exploiting the stability and reliability of our algorithms. For this, the company has to construct physical models for semiconductor devices and saturation effects in electric motors. Their partner should be interested in testing our simulations and giving feedback on development. A partner who contributes to the physical modeling is also desirarable.
Máis información - A través de correo electrónico
Quedamos á vosa disposición para calquera dúbida sobre esta información, así como sobre os diferentes aspectos relacionados cos Programas Internacionais de I+D+i, no enderezo electrónico  galactea.gain@xunta.gal e no teléfono 981 337 146.
Pode acceder a todos os Boletíns EEN difundidos a través desta ligazón.
Máis información sobre os nosos servizos en Enterprise Europe Network, EEN-GalacteaPlus e GAIN!
footer
Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscripción.