Número 3
Abril de 2023
Xornada de presentación das convocatorias de Horizonte Europa – Clúster 2
Mañá, 12 de abril, a Axencia Galega de Innovación organiza unha xornada de presentación das convocatorias abertas do Clúster 2 do programa Horizonte Europa.

O clúster 2 financia proxectos no ámbito da cultura, a creatividade e a sociedade inclusiva. O programa de traballo coas convocatorias para 2023-2024 pódese consultar aquí. A Enterprise Europe Network habilitou unha plataforma de Matchmaking para facilitar as búsquedas de socios para as convocatorias de 2023.

Na xornada contaremos coa presenza de Carolina Rodríguez e Adeline Marcos, Puntos Nacionais de Contacto do Clúster 2, que ademais de presentar o programa e as convocatorias estarán dispoñibles para manter reunións bilaterais coas entidades interesadas previa solicitude no formulario de inscrición.

Máis información





Cluster2
CONVOCATORIAS
Convocatoria - InterConnect - Interoperabilidade para casas e redes intelixentes
A convocatoria InterConnect financia proxectos que desenvolvan e proben novas aplicacións ou servizos interoperables para casas e redes intelixentes cun claro valor social e económico. Estes proxectos altamente innovadores deberán ter como obxectivo construír un espazo de vida máis cómodo e saudable a custos máis baixos e permitir a súa participación activa no sistema e no mercado enerxético.

A través da convocatoria financiaranse ata 14 pemes (incluídas startups) que serán apoiadas con:

  • Axuda de ata 51.000 euros.
  • Soporte personalizado de 4 meses para garantir a correcta implantación e a integración das aplicacións dentro dun dos pilotos a grande escala de InterConnect.
  • Acceso a instalacións piloto para probar a aplicación co piloto asignado.

A convocatoria apoia as actividades seguintes:

  • Interoperabilidade semántica para vivendas e edificios intelixentes.
  • Servizos interoperables para a flexibilidade do lado da demanda.
  • Servizos semanticamente interoperables para redes intelixentes e comunidades enerxéticas.
  • Servizos semanticamente interoperables para a mobilidade eléctrica.
  • Servizos semanticamente interoperables para mercados enerxéticos e mecanismos de incentivo.

Data de peche: 17 de abril de 2023.
Máis información
Convocatoria - StairwAI - Intelixencia Artificial
O proxecto StairwAI ten como obxectivo facilitar a participación de empresas de baixa tecnoloxía na plataforma AI-on-Demand Platform, unha fiestra única para quen busque coñecemento, tecnoloxía, ferramentas, servizos e expertos en Intelixencia Artificial (IA).

O proxecto lanzou a súa última convocatoria dirixida a seleccionar 32 pemes de baixa tecnoloxía que non teñen acceso inmediato nin coñecementos sobre técnicas de IA para crear un plan de viabilidade para a adopción da IA.

As 32 empresas seleccionadas formarán parte dun programa de 2 meses e recibirán ata 10.000 euros, para proxectos que aborden a proba, validación e avaliación da viabilidade da IA para mellorar os produtos, servizos ou cadeas de valor nos seguintes ámbitos:

  • Loxística e cadeas de subministración
  • Recursos humanos
  • Xestión de datos xerados pola internet das cousas
  • Educación
  • Servizos públicos
  • Industria manufactureira
  • Ciberseguridade
  • Cuestións ambientais
  • Saúde
  • Enerxía
  • Arte e produción artística
  • Outros

Data de peche: 25 abril de 2023.
Máis información
Convocatorias - Programas de aceleración de startups do EIT no ámbito da mobilidade
O programa de aceleración de E+Mobility ten como obxectivo transformar startups innovadoras acelerando os seus modelos de negocio, ao tempo que axuda ás cidades e empresas a resolver os seus retos de mobilidade urbana de forma máis rápida e eficiente.

As 10 startups seleccionadas no programa ademáis dunha axuda de 2.500 euros contarán co apoio de titorización empresarial e técnica que facilitará o acceso a axentes clave para a validación técnica e comercialización e conectalos e preparalos para crear pilotos con partes interesadas relevantes.

O CTAG, coordina o servizo de mentoring co obxectivo de apoiar as startups seleccionadas.

Máis información:

  • Web do programa
  • Contactando co CTAG a través de: eitum.accelerator@ctag.com

O programa de aceleración UAM Plazza ten como obxectivo axudar ás start-ups no ámbito da mobilidade aérea urbana a impulsar a introdución das súas solucións no mercado proporcionando:

  • Talleres sobre validación de mercados e tecnoloxías, negocios e regulación.
  • Acceso a varios laboratorios vivos europeos.
  • Coaching de desenvolvemento empresarial a medida.
  • Participación en eventos da industria da UAM.
  • Conexión a un ecosistema global de UAM e actores clave.
  • Socios e investidores B2B e presentación no Demo Day.
  • Acceso ás iniciativas de investimento en Mobilidade Urbana do EIT.

Máis información:

Data de peche: 21 abril de 2023.
Convocatoria - Euroclúster IKAT - Turismo Costeiro e Marítimo
Os Euroclústeres son iniciativas estratéxicas intersectoriais, interdisciplinares e transeuropeas que reúnen clústeres industriais e outros actores económicos, como organizacións de investigación, empresas, etc. para aplicar a Estratexia Industrial da UE.

O 1 de setembro de 2022 puxéronse en marcha 30 Euroclústeres compostos por 171 socios en total que abarcan 23 países diferentes e 14 ecosistemas industriais.

A primeira convocatoria do Euroclúster IKAT ten como obxectivo ofrecer solucións que aborden e estén aliñadas coas prioridades da Estratexia Europea para un maior crecemento e emprego no turismo costeiro e marítimo.

A convocatoria proporcionará ás pemes seleccionadas apoio financeiro para adquirir servizos relacionados coas seguintes áreas:

  • Modelo de negocio: 3.000 euros.
  • Aceleración: 8.000 euros.
  • Innovación aberta: 10.000 euros.
  • Experiencia en tecnoloxía dixital, sostible e inclusiva: 6.000 euros.
  • Oportunidades de financiamento: 4.200 euros.
  • Internacionalización: 6.000 euros.
  • Formación (incluídas titorías e seminarios para os servizos 1 a 6): 5.080 euros.

Data de peche: 20 abril de 2023.
Máis información
Convocatoria - Euroclúster DREAM - Tecnoloxías dixitais en contornos de fabricación
O obxectivo xeral da convocatoria do Euroclúster DREAM é apoiar proxectos pequenos e orientados ao mercado nos que participen pemes, consistentes na integración e utilización de tecnoloxías dixitais en contornos de fabricación.

A través da convocatoria que conta cun orzamento total de 1.050.000 euros, seleccionaranse ata 35 proxectos colaborativos que demostren como a implantación de tecnoloxías dixitais innovadoras apoia a transición ecolóxica dos procesos de fabricación, especialmente no que se refire ao uso mellorado e máis eficiente dos recursos (enerxía, auga, abastecemento, materiais, etc.).

A convocatoria financia con ata 30.000 euros proxectos de consorcios dunha peme e dun socio industrial para realizar unha das seguintes actividades:

  • Prototipado, dirixido a empresas que xa realizaron un estudo de viabilidade, e que teñan a necesidade de desenvolver un prototipo, de dedicar esforzos en miniaturización, probas, experimentación, construción de MVP, etc. (TRL 6).
  • Demostración, dirixido a empresas que xa desenvolveron e probaron un prototipo, coa necesidade de demostrar a súa eficiencia a maior escala, en entorno real (TRL 7-8).

As tecnoloxías esperadas a empregar nos proxectos son as seguintes:

  • Intelixencia artificial, Big Data e analítica
  • Internet das cousas (IoT)
  • Computación na nube
  • Robótica autónoma
  • Tecnoloxías inmersivas (AR/VR)
  • Simulación
  • Integración de sistemas
  • Ciberseguridade

Data de peche: 25 de maio de 2023.
Máis información
Convocatoria - Euroclúster SUAVE - Boosting Urban Agriculture
O Euroclúster SUAVE lanzou a súa primeira convocatoria de propostas dirixida a apoiar ás pemes europeas que operan no ámbito da Agricultura Urbana.

Grazas á convocatoria as pemes poderán:

  • Construír redes para mellorar a súa resiliencia e modelos de negocio.
  • Innovar mediante subvencións para desenvolver novas solucións e prácticas para sistemas alimentarios urbanos sostibles e resilientes.
  • Acelerar a dobre transición cara a unha economía verde e dixital.
  • Aumentar as súas competencias mediante a formación.
  • Expandirse a nivel mundial, acceder a terceiros mercados e xerar crecemento a partir de actividades internacionais participando en misións internacionais a mercados obxectivos: Canadá, Estados Unidos e México.

O proxecto financia actividades en 4 categorias:

  • Proxectos de innovación. Orzamento total 500.000 euros (20.000 euros por peme).
  • Custos de viaxe para participación en eventos internacionais relacionados coa Agricultura Urbana. Orzamento total 25.000 euros (1.000 euros por peme).
  • Diagnósticos sobre dixitalización e transición verde. Orzamento total 150.000 euros (5.000 euros por peme).

Data de peche: 30 de maio de 2023.
Máis información
Convocatoria - Euroclúster METASTARS - Servizos de Innovación
O Euroclúster METASTARS pretende reforzar o crecemento do ecosistema de defensa e aeroespacial europeo apoiando ás pemes a recuperarse plenamente da crise da pandemia de COVID-19, a ser máis resistentes aos posibles choques futuros e, en particular, a garantir a súa sustentabilidade mirando oportunidades de negocios internacionais. O éxito desta recuperación económica dependerá en gran medida da capacidade das empresas para acelerar a súa transición dixital e verde.

METASTARS ofrece financiamento para os seguintes servizos externos de innovación ás pemes:

  • Desenvolvemento de tecnoloxías ecolóxicas: ata 4.000 euros.
  • Dixitalización: ata 6.000 euros.
  • Mellora e reciclaxe da capacitación: ata 3.000 euros.
  • Internacionalización a Xapón: ata 5.500 euros.
  • Internacionalización a Canadá: ata 5.500 euros.
  • Seguridade dos sistemas de información: ata 15.000 euros.

As solicitudes serán avaliadas por orde de chegada.

Data de peche: 31 decembro de 2023.
Máis información
Convocatoria - EIT RawMaterials Booster
A convocatoria EIT RawMaterials Booster apoia ás pemes a que desenvolvan novos produtos e servizos innovadores que poidan impactar no sector das materias primas en actividades como:
  • Exploración e avaliación dos recursos de materias primas.
  • Minería en ambientes desafiantes.
  • Aumento da eficiencia dos recursos nos procesos minerais e metalúrxicos.
  • Reciclaxe e optimización da cadea de materiais dos produtos ao final da súa vida útil.
  • Substitución de materiais críticos e tóxicos nos produtos e para un rendemento optimizado.
  • Deseño de produtos e servizos para a economía circular.

A convocatoria ofrece ata 200.000 euros de financiamento co obxectivo de que as pemes poidan:

  • Acelerar un desafío tecnolóxico para achegar a solución ao mercado.
  • Acelerar a entrada no mercado dedicando recursos financeiros a un segmento específico ou mercado obxectivo.
  • Facilitar a diversificación da carteira de produtos, permitindo a adaptación do produto ou novas características do produto para responder a unha necesidade concreta do mercado.

Data de peche: 5 de xuño e 4 de setembro de 2023.
Máis información
Convocatoria - Outras convocatorias dos Euroclústeres
Outras convocatorias lanzadas na primeira convocatoria de propostas de proxectos dos Euroclústeres:

B-Resilient: accións de apoio para capacitar ás pemes de transformación de alimentos para que sexan máis resilientes. A data límite é o 24 de abril de 2023.

CREATHRIV-EU: subvencións ás pemes das industrias creativas e culturais para proxectos e actividades que aborden un dos retos previamente identificados. A data límite é o 2 de maio de 2023.

PIMAP4Sustainability: apoiará financeiramente ás pemes de fotónica, materiais avanzados e de fabricación avanzada para desenvolver proxectos innovadores na industria aeroespacial, metalúrxica e produción industrial. A data límite é o 3 de maio de 2023.

xBUILD-EU: colaboración intersectorial no téxtil, a construción e as tecnoloxías avanzadas. A súa primeira convocatoria ten como obxectivo financiar 3 esquemas de subvencións diferentes: innovadoras, globais, verdes e dixitais. A data límite é o 7 de xuño de 2023.

EPICENTER ten como obxectivo crear novas cadeas de valor intersectoriais, dende a dixital e a fintech ata a saúde e a agroalimentaria. O seu programa de apoio ten como obxectivo facilitar a adopción de novos procesos e tecnoloxías por parte das pemes. A data límite é o 29 de maio de 2023.

SILICON EUROCLUSTER lanzou unha convocatoria de proxectos de demostración de sistemas microelectrónicos, onde se prevé financiar 12 proxectos orientados ao mercado nos que participan consorcios con polo menos 2 pemes. A data límite para solicitar é o 31 de maio de 2023.

EVENTOS
International Cybersecurity Forum - FIC 2023 B2B Meetings
Lille & On-line, 5 abril–4 maio 2023
Xornada presentación de convocatorias Horizonte Europa – Cluster 2
Santiago & On-line, 12 abril 2023
Global Health EDCTP3 2023 Info Day
On-line, 12 abril 2023
DigitalHealthCapital @DMEA2023 Business Meetings
Online, 18-28 abril 2023
B2B Matchmaking Automotive Week 2023
Helmond (Países Baixos), 18-19 abril 2023
Casa Valonia 2023: gaming, animation (2D/3D), live shows, XR, VFX and e-sport sectors
Madrid & on-line, 21 abril 2023
CyberMatch2023
Online, 1-5 maio 2023
JEC Fair 2023 - Innovation in Composites
On-line, 3-4 maio 2023
European Collaborative Cloud for Cultural Heritage Information and Matchmaking event
On-line, 28 marzo-31 decembro 2023
NOVAS
A Comisión Europea adoptou o Programa de traballo do Programa Europa Dixital para 2023-2024
A Comisión adoptou dous programas de traballo plurianuais para o Programa Europa Dixital, que describen os obxectivos e áreas temáticas específicas que recibirán un total de 1.284 millóns de euros de financiamento, dos cales 553 millóns de euros están dispoñibles en 2023. Estes programas de traballo inclúen investimentos estratéxicos que será fundamentais para facer esta Década Dixital de Europa.

O Programa Europa Dixital ten como obxectivo reforzar a soberanía tecnolóxica de Europa e levar ao mercado solucións dixitais en beneficio dos cidadáns, as administracións públicas e as empresas ao tempo que contribúe aos obxectivos do Pacto Verde Europeo.

Máis información
Convocatoria para actividade de formación sobre fabricación de clase mundial en Xapón
O centro EU-Japan Centre, abriu a convocatoria de solicitudes para participar na actividade de formación "Misión de capacitación manufactura de clase mundial"(WCM).

A formación de 5 días ofrece unha análise en profundidade da metodoloxía de fabricación xaponesa e está dirixida exclusivamente a xestores da UE con coñecementos de WCM e formación en enxeñaría.

Axuda aos participantes a adquirir unha mellor comprensión das prácticas de TQC (Total Quality Control), TQM (Total Quality Management), TPM (Total Productive Maintenance), JIT (Just In Time), TIE (Total Industrial Engineering) e os métodos de fabricación KAIZEN (mellora continua).

O Centro UE-Xapón cubre todos os custos directamente relacionados coa misión WCM, que inclúe:

  • Visitas a algunhas das fábricas máis avanzadas do mundo en Xapón
  • Lugar para os obradoiros e os debates en grupo
  • Transporte en autobús dun sitio a outro

Máis información
BUSCA DE SOCIOS
M-ERA.Net: Additive manufacturing of products/constructions for exploitation in sea water - partners sought for collaboration and testing
The research institute from Latvia has developed a composite material based on recycled thermoplastic polymer. The institute seeks partners for elaboration of the composition for additive manufacturing and demonstration of material suitability for production of products exploited in sea water. The project proposal will be submitted to the ERA-NET Cofund M-ERA.Net Call 2023. Partners are sought for field tests, certification, and suggestion of products/areas of application.
Máis información - A través de correo electrónico
Long-established UK manufacturer of wool-based textiles for a variety of industrial purposes seeks technical expertise to help develop new applications and products, under a research cooperation agreement
This long-established UK textile manufacturer has particular expertise in the production of wool-based products for industrial and commercial applications. Examples to date include products for use in the production of musical instruments, bakery belts, printing blankets and chemical spillage absorption. It now seeks partners with technical expertise under a research cooperation agreement, in order to develop new products for other manufacturing applications.
Máis información - A través de correo electrónico
French company is looking for a manufacturer partner of small, lightweight 5kW hydrogen fuel cells for use in light mobility in order to charge the batteries
A French company designs and produces energy systems based on hydrogen gas (H2). The company plans to launch new low-carbon product that merges the energies of solar panels (PV), Fuel Cells (FCs) and batteries to be integrated into light cars or light boats. The company seeks compact small FCs with nominal power from 5kW up to 10kW. FCs should not be bulky and featured with some specific characteristics. A commercial agreement with technical assistance is sought with manufacturer of such FCs.
Máis información - A través de correo electrónico
Cooperation on microfluidic biosensor integration
A German SME is working in the field of microfluidic Lab-on-a-Chip systems for point-of-need applications like in-vitro diagnostics (veterinary and human) and food analyses. The company wishes to extend its product and application portfolio and looks for partners who wish to integrate their biosensor(s) into a self-contained microfluidic environment, in the frame of technical collaboration agreements or research cooperation agreements with mutual marketing possibilities.
Máis información - A través de correo electrónico
DREAM Eurocluster Open Call: Italian engineering company looking for an industrial end user to test SPR (Scriptable Procedure Runner) technology.
An Italian engineering SME active in hardware and software hi-tech solutions has developed a modular tool called Scriptable Procedure Runner (SPR), able to manage automatically heterogeneous subsystems. With a view to expanding SPR to cover ever larger work environments, the company is now looking for an end user partner, interested in testing the usability of SPR in its workflows, in the framework of DREAM Eurocluster open call.
Máis información - A través de correo electrónico
French SME seeks a partner with expertise in Grasshopper plug-in of Rhinoceros software in order to automate the eco-design of new shade structures made of wood, also known as “reciprocal frames”
A French SME is designing sustainable wooden architectural shades for the exterior. By using an innovative construction technique based on reciprocal structures, the SME is looking for skills in parametric design and mastering of the Grasshopper plug-in of the Rhino 3D modelling software. A research cooperation agreement is sought with partner such as laboratory at university, architecture school, engineering school or design school in order to automate the design of reciprocal frames.
Máis información - A través de correo electrónico
Quedamos á vosa disposición para calquera dúbida sobre esta información, así como sobre os diferentes aspectos relacionados cos Programas Internacionais de I+D+i, no enderezo electrónico  galactea.gain@xunta.gal e no teléfono 981 337 146.
Pode acceder a todos os Boletíns EEN difundidos a través desta ligazón.
Máis información sobre os nosos servizos en Enterprise Europe Network, EEN-GalacteaPlus e GAIN!
footer
Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscripción.