CONVOCATORIAS |
|
Convocatorias - Programa LIFE 2023 |
|
O programa LIFE é o instrumento de financiamento da UE para o medio ambiente e a acción climática xestionado pola Axencia Executiva Europea de Clima, Infraestruturas e Medio Ambiente (CINEA), conta cun orzamento de 5.400 millóns de euros e divídese en catro subprogramas:
- Natureza e biodiversidade.
- Economía circular e calidade de vida.
- Mitigación e adaptación ao cambio climático.
- Transición enerxética limpa.
A convocatoria de propostas LIFE 2023 que conta cun orzamento de 661 millóns de euros publicouse recentemente no portal de financiamento e oportunidades de licitación.
Os días 25 e 26 de abril, CINEA organizou unha xornadas virtuais de información para guiar aos potenciais solicitantes das convocatorias 2023. As gravacións e presentacións están dispoñibles na seguinte ligazón.
O 1 de xuño terá lugar unha sesión informativa virtual dedicada ás especificidades das convocatorias de transición enerxética limpa e do 25 de abril ao 31 de outubro de 2023 poderanse manter reunións bilaterais online entre potenciais solicitantes a través da seguinte plataforma.
|
|
Datas de peche: setembro, novembro de 2023. |
|
Máis información
|
|
|
Convocatorias - Programa Europa Dixital 2023-2024
|
|
A Comisión abriu o primeiro conxunto de convocatorias de propostas no marco do programa de traballo principal 2023-2024 do programa Europa Dixital para reforzar as tecnoloxías e competencias dixitais en toda a UE.
As convocatorias por valor superior aos 122 millóns de euros, están abertas a empresas, administracións públicas e outras entidades dos Estados membros da UE, países da EFTA/EEE e países asociados.
Esta rolda de investimento abrangue áreas como a creación de confianza na transformación dixital, a loita contra a desinformación, o aforro enerxético, proxectos na área de datos, infraestruturas cloud to edge, proxectos na área de Intelixencia Artificial ou a promoción das competencias dixitais avanzadas.
O listado completo de convocatorias está dispoñible no Programa de Traballo 2023-2024.
Os vindeiros 2 e 7 de xuño haberá dúas sesións informativas sobre o primeiro conxunto de convocatorias de 2023-2024.
|
|
Data de peche: 26 setembro de 2023. |
|
Máis información |
|
|
Convocatorias - Horizonte Europa - Saúde
|
|
No marco das convocatorias 2023-2024 do programa de traballo do ámbito de Saúde de Horizonte Europa están abertas varias convocatorias de propostas de proxectos en dúas fases cun orzamento total de 195 millóns de euros en catro destinos:
Os días 1 e 2 de xuño terá lugar un Infoday e Brokerage sobre os temas incluídos no programa de traballo "Saúde" do Clúster 1 de 2024.
|
|
Data de peche primeira fase: 19 setembro de 2023. |
Data de peche segunda fase: 11 abril de 2024. |
|
Máis información |
|
|
Convocatoria - COST 2023
|
|
As accións COST son redes de investigación interdisciplinar que reúnen a persoal investigador e innovador para investigar sobre un tema durante 4 anos. Estas redes están abertas a todos os campos da ciencia e tecnoloxía, incluídos os novos e emerxentes.
O financiamento recibido por unha acción COST cobre os custos das actividades de creación de redes e pode utilizarse para financiar eventos, conferencias, misións científicas curtas, escolas de formación, actividades de comunicación e ferramentas de redes virtuais.
O pasado 24 de maio tivo lugar un infoday online para informar sobre a convocatoria de propostas do ano 2023. A gravación do mesmo poderase ver na canle de youtube de COST.
|
|
Data de peche: 25 outubro de 2023. |
|
Máis información |
|
|
Convocatoria - Proxectos da JPI Patrimonio Cultural e Cambio Climático
|
|
España, a través da Axencia Estatal de Investigación (AEI) participa na nova convocatoria conxunta do JPI Patrimonio Cultural, o JPI Climate e o Belmont Forum “Clima & Cultural Heritage (CCH)”.
A convocatoria ten como obxectivo financiar proxectos de investigación transnacionais sobre patrimonio cultural e cambio climático, fomentar a colaboración entre a comunidade investigadora internacional e promover o coñecemento e o cambio de políticas a nivel global.
As propostas de investigación deberán abordar polo menos un (ou varios) dos tres seguintes temas:
- O impacto do cambio climático no patrimonio cultural.
- O patrimonio cultural como recurso de mitigación e adaptación ao cambio climático.
- Solucións sostibles para o patrimonio.
|
|
Data de peche: 8 de setembro de 2023. |
|
Máis información
|
|
|
Convocatoria - Fondo de Innovación - Proxectos pequena escala
|
|
O Fondo de Innovación de proxectos de pequena escala (entre 2,5 e 7,5 millóns de euros) nos ámbitos da enerxía renovable, a descarbonización das industrias de alto consumo enerxético, o almacenamento de enerxía e a captura, o uso e o almacenamento de carbono abriu a súa terceira convocatoria de proxectos que conta cun orzamento total de 100 millóns de euros.
O Fondo de Innovación é un dos maiores programas de financiamento do mundo para a demostración de tecnoloxías innovadoras de baixa emisión de carbono. O Fondo de Innovación ten como obxectivo apoiar tecnoloxías, modelos de negocio e procesos que aínda non están dispoñibles comercialmente, pero representan solucións innovadoras ou suficientemente maduras para a demostración a escala precomercial.
O pasado mes de abril tivo lugar un infoday sobre a convocatoria e o 4 de xullo organizarase un obradoiro práctico para a preparación de solicitudes. As gravacións das presentacións do infoday están dispoñibles na seguinte ligazón.
|
|
Data de peche: 19 de setembro de 2023. |
|
Máis información
|
|
|
|
|
|
Convocatoria - Redes de doutoramento
|
|
A convocatoria 2023 de redes de doutoramento MSCA Doctoral Networks de Horizonte Europa lanzarase nos próximos días e conta cun orzamento de 434 millóns de euros.
A convocatoria ten como obxectivo o financiamento de consorcios internacionais, intersectoriais e interdisciplinares no marco dos que se contratará e formará a persoal investigador pre-doutoral. Estas redes buscan aumentar o atractivo e a excelencia da formación doutoral en Europa, promovendo a combinación adecuada de competencias científico-técnicas e transferibles.
|
|
Data de peche: 28 novembro de 2023. |
|
Máis información |
|
|
Convocatoria - Euroclúster INGENIOUS
|
|
O Euroclúster INGENIOUS apoia á industria europea para gañar soberanía, impulsar a sustentabilidade competitiva, ser o primeiro continente climáticamente neutro do mundo en 2050 e dar forma ao futuro dixital de Europa.
O proxecto serve como panca para que as empresas implementen solucións altamente innovadoras, para penetrar nos mercados clave, para atraer masas críticas de socios a través de tres instrumentos financeiros de apoio que contan cun orzamento global de 1,05 millóns de euros (máximo 60.000 euros por peme):
- Innovation Grants: apoio financeiro para promover a adopción de procesos e tecnoloxías para reforzar a transformación nunha economía máis ecolóxica, dixital e resiliente na cadea de valor das industrias intensivas enerxéticas (EII). (60.000 euros por peme)
- Training Grants: axuda de formación para mellorar as habilidades dixitais, transición ecolóxica, preparación para a resiliencia e capacitación e mellora da forza de traballo das pemes. (250 euros por peme)
- Internationalization Grants: apoio financieiro para misións de internacionalización a África, Asia, Norteamérica e Latinoamérica. (2.500 euros por peme)
|
|
Data de peche Innovation Grants: 31 de xullo de 2023. |
Data de peche Training Grants: 14 de febreiro de 2024. |
Data de peche Internationalization Grants: 30 de setembro de 2024. |
|
Máis información
|
|
|
Convocatoria - Open Innovation Factory de EIT Digital 2023
|
|
A convocatoria Open Innovation Factory de EIT Digital 2023 apoia as startups de tecnoloxía dixitais en fase inicial a impulsar a súa tecnoloxía.
O programa de traballo está orientado ás cinco áreas de enfoque: tecnoloxía dixital, industria dixital, cidades dixitais, benestar dixital e finanzas dixitais da Axenda de innovación estratéxica dixital do EIT 2022-2024
As propostas seleccionadas recibirán:
- Apoio financeiro do EIT Digital (ata 400.000 euros)
- Apoio para atraer investidores e clientes
- Mentoring & Coaching
- Acceso a máis de 350 socios do ecosistema de innovación de EIT Digital en toda Europa
|
|
Data de peche: 13 novembro de 2023. |
|
Máis información |
|
|
EVENTOS |
|
|
Circular Economy Online Matchmaking Week |
|
Online, 5-9 xuño 2023 |
|
III Encontro Oportunius: Impulso da Ciencia Galega Excelente enmarcada no European Research Council (ERC) |
|
Santiago de Compostela, 7 xuño 2023 |
|
Innovat&Match Brokerage Event 2023 |
|
Online, 8-9 xuño 2023 |
|
Digital Enterprise Show. International Brokerage event |
|
Málaga, 13-15 xuño 2023 |
|
Webinar programa EUREKA: Colaboración España-Austria en proyectos de I+D en materiales ligeros e inteligentes para la industria |
|
Online, 20 xuño 2023 |
|
Oportunidades de financiamento dos novos Partenariados Cofund de Horizonte Europa |
|
Santiago & On-line, 21 xuño 2023 |
|
Info day & Brokerage - Cluster 3 - Civil Security for Society |
|
Online, 27-28 xuño 2023 |
|
Matchmakig event at MPS World Summit
|
|
Berlín, 27-29 xuño 2023 |
|
B2B Torino Fashion Match 2023
|
|
Torino, 28-30 xuño 2023 |
|
B2B online meetings at Conxemar: International Frozen Seafood Exhibition |
|
Online, 3-5 outubro 2023 |
|
|
NOVAS |
|
III Encontro Oportunius: Impulso da Ciencia Galega Excelente enmarcada no European Research Council (ERC) |
|
A Axencia Galega de Innovación celebrará o 7 de xuño de 2023 no Hotel Monumento San Francisco de Santiago de Compostela, o III Encontro Oportunius, titulado “Oportunidades para unha carreira científica excelente en Galicia”.
O Programa Oportunius é unha iniciativa da Xunta de Galicia que busca atraer talento investigador a Galicia a través de condicións atractivas e de retorno, coa colaboración do Sistema Universitario Galego (SUG), o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e outros organismos de investigación galegos.
O obxectivo deste acto é informar sobre o impacto que están a ter as axudas de European Research Council (ERC) en relación co impulso da ciencia de excelencia na nosa comunidade.
|
|
Máis información
|
|
|
A empresa galega Celtarys seleccionada na convocatoria Women TechEU |
|
A empresa galega Celtarys resultou seleccionada entre 134 empresas europeas innovadoras de tecnoloxía lideradas por mulleres na 2ª edición da convocatoria Women TechEU de Horizonte Europa.
Celtarys, spin-off da Universidade de Santiago de Compostela, xurdida do Programa Ignicia da Axencia Galega de Innovación en colaboración coa Fundación Barrié, conta cunha tecnoloxía química propia que permite desenvolver arquitecturas moleculares dun xeito máis eficiente que coa química convencional.
|
|
Máis información
|
|
|
Gravacións dos primeiros webinarios da segunda tempada de Los Lunes al SOST sobre Partenariados en Horizonte Europa |
|
O pasado mes de abril a oficina do CDTI en Bruxelas lanzou a segunda tempada da serie de seminarios web "Los Lunes al SOST" sobre Partenariados en Horizonte Europa.
O ciclo que se prolongará ata xullo, cun total aproximado de 10 sesións, céntrase en ofrecer unha visión actualizada dos Partenariados das diferentes temáticas e ámbitos de actuación do Programa Marco, que están en funcionamento ou que se porán en marcha nos próximos meses/anos.
As gravacións das 3 primeiras xornadas xa están dispoñibles na canle de Youtube do CDTI.
|
|
Máis información
|
|
|
|
|