Número 5
Xuño de 2023
Xornadas: Convocatorias do Clúster 3 e Preparación de propostas ao Partenariado de Pemes Innovadoras
Nas vindeiras semanas celebraremos dúas xornadas en formato presencial e online do Ciclo Europa co obxectivo de difundir as oportunidades de financiamento da I+D+i que ofrece Europa.

Convocatorias do CL3 de Horizonte Europa

O 12 de xullo presentaranse as oportunidades de financiamento 2023-2024, as condicións e detalles para participar, así como casos de éxito da convocatoria Clúster 3 "Seguridade Civil para a Sociedade" de Horizonte Europa. Estas convocatorias ademais de ser de interese para entidades relacionadas directamente coa seguridade, incluíndo a ciberseguridade, tamén o son para empresas e persoal investigador que desenvolvan solucións de aplicación ao sector da seguridade. As entidades poderán manter unha reunión bilateral cos puntos nacionais de contacto do Clúster 3 previa solicitude no formulario de inscrición.

Preparación de propostas ao Partenariado de Pemes Innovadoras

O 20 de xullo presentaranse os aspectos clave para a preparación de propostas á convocatoria do Programa EUROSTARS-3, orientado a apoiar proxectos de I+D colaborativos transnacionais entre pemes e informarase sobre a terceira convocatoria do Programa InnoWide, que apoia a pemes innovadoras de calquera sector que busquen iniciar negocios e mercados fóra de Europa. As entidades que o soliciten no formulario de inscrición, poderán manter unha reunión bilateral cos técnicos do CDTI.

Xornada convocatorias do CL3 de Horizonte Europa
Xornada de preparación de propostas EUROSTARS







Cicloeuropa
CONVOCATORIAS
Convocatoria - ICAERUS - Drons
O proxecto ICAERUS cofinanciado polo Programa Horizonte Europa ten coma obxectivo aplicar, mostrar e apoiar o despregamento eficaz, eficiente e seguro de drons, así como identificar os riscos e os valores engadidos asociados ao seu uso.

Na súa primeira convocatoria de propostas de proxectos, ICAERUS, outorgará axudas de ata 60.000 euros a 4 entidades para levar a cabo proxectos co obxectivo de entregar e explotar conxuntos de datos relacionados con drons para avaliar hipóteses tecnolóxicas e non técnicas.

Data de peche: 11 xullo de 2023.
Máis información
Convocatoria - LEADERS - Mulleres Innovadoras na fabricación - EIT RIS
A convocatoria LEADERS - Mulleres innovadoras na fabricación no EIT Regional Innovation Scheme premia ás mulleres innovadoras detrás de solucións que abordan desafíos relacionados coa fabricación.

Os premios de 10.000, 7.500 e 5.000 euros outórganse a mulleres innovadoras que teñan un papel destacado no desenvolvemento de solucións que se axusten a unha das seguintes áreas:

  • Sistemas de produción flexibles para a fabricación competitiva
  • Sistemas de baixa pegada ambiental e economía circular para a fabricación verde
  • Solucións dixitais e colaborativas para ecosistemas de fabricación innovadores
  • Co-traballo humano-máquina para unha fabricación socialmente sostible

Data de peche: 18 xullo de 2023.
Máis información
Convocatoria - TARGET-X - 5G e 6G
O proxecto TARGET-X, cofinanciado polo Programa Horizonte Europa, busca fortalecer sectores económicos importantes en Europa integrando 5G e 6G acelerando a transformación dixital.

A través da súa primeira convocatoria de proxectos financiaranse pemes ou microconsorcios compostos por 2 pemes, que aborden nos seus proxectos probas de rendemento ou o desenvolvemento de dispositivos ou solucións orientadas a provedores de tecnoloxía e casos de uso aplicables a só un tema nunha das seguintes áreas: Fabricación, Enerxía, Automoción e Construción.

A través da convocatoria espérase a selección de 50 pemes que recibirán un financiamento de ata 60.000 euros

Data de peche: 26 de xullo de 2023.
Máis información
Convocatoria - EMIL - Realidade Estendida
O principal obxectivo de EMIL, o laboratorio europeo de medios e inmersión, é crear un laboratorio adicado a fomentar a innovación e as novas solucións no campo da Realidade Estendida.

A través da súa segunda convocatoria de propostas de proxectos, EMIL, proporcionará financiamento de entre 250.000 e 500.000 euros por proxecto seleccionado, cunha duración indicativa de 15 meses, a proxectos de desenvolvedores tecnolóxicos, innovadores de medios, pemes, universidades e outros que permitan novas formas de narración creativa e interacción a través de tecnoloxías multimedia inmersivas.

O proxecto invita a presentar propostas, especialmente para áreas relacionadas coas competencias fundamentais dos socios do consorcio e os catro proxectos Lighthouse ainda que tamén se considerarán propostas non directamente relacionadas:

  • Interfaces hápticas portátiles para XR
  • Exergaming afectivo en contornas virtuais
  • RA espacial orientado a grupos
  • Producións de medios narrativos inmersivos, incluíndo experiencias baseadas na localización (LBX)

Data de peche: 14 de agosto de 2023.
Máis información
Convocatoria - High Five - Dixitalización Cadea de Valor Alimentaria
O proxecto HIGHFIVE do que son socios en Galicia o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) e o Clúster Alimentario de Galicia (CLUSAGA) publicou unha convocatoria de proxectos de innovación dirixida a pemes e que ten como obxectivo posibilitar a aparición de novas cadeas de valor interrexionais e intersectoriais que aborden unha ou varias das seguintes prioridades dixitais:
  • A instalación de sensores para supervisar os parámetros críticos de control en tempo real.
  • A integración e implantación de sensores na infraestrutura existente.
  • A xestión e análise intelixente de datos, para converter os datos en información e, eventualmente, en acción e interoperabilidade entre empresas alimentarias e na cadea de valor alimentaria.

A convocatoria conta cun orzamento de 900.000 euros e as pemes seleccionadas recibirán financiamento de ata 60.000 euros polos seus proxectos de 12 meses de duración.

Data de peche: 31 de agosto de 2023.
Máis información
Convocatoria - Adopción de Solucións Dixitais en Saúde e Atención
No marco do proxecto de Horizonte Europa Digital Health Uptake (DHU) ofrécese apoio financeiro para a transferencia de coñecemento e a ampliación da innovación en saúde dixital en toda Europa a través dun programa de irmanamento (twinning).

Os beneficiarios recibirán unha subvención de ata 8.000 euros para facilitar a transferencia e a ampliación do coñecemento mediante unha serie de visitas e reunións en liña e presenciais entre os participantes. O foco céntrase nos provedores de saúde e coidados locais, rexionais e nacionais en Europa que desexen adoptar solucións innovadoras (Twinning Adopter) que están dispoñibles para a súa transferencia doutro provedor local, rexional e nacional de saúde e atención en Europa (Twinning Originator).

Data de peche: 13 setembro de 2023.
Máis información
Convocatoria - Premio Europeo para Mulleres Innovadoras
O Consello Europeo de Innovación (EIC) e o Instituto Europeo de Innovación e Tecnoloxía (EIT) acaban de publicar o renovado Premio Europeo para Mulleres Innovadoras.

Esta competición recompensará no Cumio do Consello Europeo de Innovación en marzo de 2024 a 9 mulleres innovadoras que fundasen unha empresa innovadora con polo menos 2 anos de antigüidade nas seguintes categorías:

  • Mulleres innovadoras: dirixida a todas as mulleres innovadoras máis talentosas de toda a UE e os países asociados. A gañadora recibirá 100.000 euros e as finalistas 70.000 e 50.000 euros.
  • Innovadoras en ascenso: dirixida a mulleres menores de 35 anos. A gañadora recibirá un premio de 50.000 euros e as finalistas 30.000 e 20.000 euros.
  • Liderado feminino do EIT: dirixida a mulleres cunha ligazón directa á Comunidade EIT ou a unha das Comunidades de Coñecemento e Innovación existentes. A gañadora recibirá un premio de 50.000 euros, e as finalistas 30.000 e 20.000 euros.
Data de peche: 27 de setembro 2023.
Máis información
Convocatorias - EU4Health
A Axencia Executiva Europea de Saúde e Dixital (HADEA) publicou 12 convocatorias de propostas no marco do programa de traballo EU4Health 2023. Os temas inclúen o acceso á atención sanitaria, a saúde mental, as ENT, o cancro, as substancias de orixe humana e os dispositivos médicos.

As convocatorias teñen un orzamento total de 19,96 millóns de euros.

Data de peche: 17 outubro de 2023.
Máis información
Convocatoria - EIC Pathfinder Challenges
O programa EIC Pathfinder financia consorcios de investigadores visionarios e empresas de alta tecnoloxía para explorar novas tecnoloxías radicais. Os próximos retos da convocatoria de 2023 que conta cun orzamento global de 163,50 millóns de euros buscan solucións innovadoras nos campos das tecnoloxías de refrixeración, a dixitalización na construción, a nutrición de precisión, a electrónica e a enerxía solar no espazo.
Data de peche: 18 novembro de 2023.
Máis información
EVENTOS
Oportunius: taller online de preparación de propostas para a convocatoria ERC Starting Grants 2024
Online, 10 xullo 2023
Xornada: Convocatorias do CL3 de Horizonte Europa
Santiago de Compostela e online, 12 xullo 2023
Xornada de preparación de propostas EUROSTARS-3
Santiago de Compostela e online, 20 xullo 2023
Riga Food 2023
Riga & online, 6-9 setembro 2023
HUSUM WIND Match 2023
Husum (Alemaña), 13 setembro 2023
hy-fcell 2023 - B2B Meetings
Stuttgart, 13-14 setembro 2023
Farma Forum 2023
Madrid & online, 21 setembro 2023
Nordic Innovation Fair 2023
Copenhague, 25-26 setembro 2023
Biodiversa+ Information Webinar on the BiodivNBS Call
Online, 26 setembro 2023
Horizon Europe Cluster 6 2024 Brokerage Event e Infoday
Bruxelas, 26-28 setembro 2023
Food & Bio Global Summit 2023
Aarhus (Dinamarca), 26-27 setembro 2023
Brokerage Event at IFIB 2023 - International Forum on Industrial Biotechnology and Bioeconomy
Firenze (Italia), 28-29 setembro 2023
B2B online meetings at Conxemar: International Frozen Seafood Exhibition
Online, 3-5 outubro 2023
Infoday Comisión e Brokerage Event de Horizonte Europa Clúster 5 “Clima, Enerxía e Mobilidade”
Online, 17-18 outubro 2023
NOVAS
Oportunius: taller online de preparación de propostas para a convocatoria ERC Starting Grants 2024
A Axencia Galega de Innovación, a través do Programa Oportunius, apoia a participación galega nas convocatorias do European Research Council (ERC).

Oportunius ofrece, entre outras actuacións, asesoramento na preparación e revisión de propostas, así como orientación na redacción e presentación das candidaturas, servizos dispoñibles a través da web Programa Oportunius – Axencia Galega de Innovación. Ademais, organiza periodicamente talleres prácticos de preparación de propostas.

O 10 de xullo celebrarase un taller online de preparación de propostas centrado na convocatoria Starting Grants 2024.

No taller participarán ademáis da National Contact Point ERC da FECYT, Elena Pazos, do Centro Interdisciplinar de Qúimica e Bioloxía – CICA da Universidade da Coruña, beneficiaria dunha Starting Grant en 2019; así como María Gómez-Reino, de ECONET, empresa con longa experiencia na preparación e asesoramento de candidaturas ao ERC.

Para calquer consulta pódese contactar no teléfono 981 337 115 ou no enderezo electrónico oportunius.gain@xunta.gal

Programa da xornada (pdf)

Formulario de inscrición

Máis información
Preanuncio convocatoria e webinar - Solucións baseadas na natureza para a biodiversidade, o benestar humano e o cambio transformador
Biodiversa+ acaba de anunciar que o 11 de setembro lanzará unha nova convocatoria de investigación conxunta transnacional sobre solucións baseadas na natureza para a biodiversidade, o benestar humano e o cambio transformador (denominada BiodivNBS).

A convocatoria que conta cun orzamento de 40 millóns de euros abranguerá os seguintes temas de investigación non exclusivos:

  • Sinerxías e intercambios de solucións baseadas na natureza no contexto do benestar humano
  • Solucións baseadas na natureza para mitigar os motores antropoxénicos da perda de biodiversidade
  • A contribución de solucións baseadas na natureza para un cambio transformador xusto

O 26 de setembro celebrarase un webinario sobre a convocatoria.

Máis información
Gravacións dispoñibles: Info Days das convocatorias do Programa Europa Dixital
Os pasados 2 e 7 de xuño de 2023 tiveron lugar dúas sesións informativas sobre a IV Convocatoria de propostas lanzada no marco do Programa Europa Dixital que pechan o 26 de setembro de 2023. Na xornada do 2 de xuño tratáronse as convocatorias relacionadas coas Competencias Dixitais Avanzadas e na do 7 de xuño o resto dos temas da convocatoria.

BUSCA DE SOCIOS
Eurostars partner sought for project on artificial intelligence-based recommendation system for climate mitigation and adaptation decisions in value-chain risk management
A Swiss climate-tech startup looks for an agri-business SME, larger company or NGO to partner with for an Eurostars project to collaboratively develop/test their climate-risk analytics tools for risk management and their artificial intelligence-based climate mitigation/adaptation measures recommendation system. Their technology supports short-to-longer-term strategic decisions to make companies/farmers future-proof. An ideal partner has expertise in crop management, agronomy and AI technology.
Máis información - A través de correo electrónico
Experienced coordinator sought for a consortium for the project proposal “Digital Emotional Democracy: Digital Civic Deliberation in Disadvantaged Neighbourhoods – DiCiDe” – submitting to the call HORIZON-CL2-2024-DEMOCRACY-01-07
An EU and Swiss consortium looks for an experienced European university coordinator for this Horizon Europe project aiming to gain a better understanding of digital democracy (challenges, potentials, framework conditions, trends, etc.) and to enhance direct/half-direct democratic e-participation possibilities applying new information exchange tools based on blockchain technology, gamification and easy to use emotional elements for citizens aiming to give back digitally one woman/man one vote.
Máis información - A través de correo electrónico
Cooperation on building semantics-aware large language models (LLMs)
A German SME is looking for a partner experienced in training, verifying and testing LLMs with natural language data. They deliver training and test data with high-quality natural language processing (NLP) annotation. The SME expects a partner with resources and skills to train LLMs and eventually to provisioning them to end customers. The partnership should be technological as well as commercial.
Máis información - A través de correo electrónico
HORIZON-CL2-2024-DEMOCRACY-01: Past, present and future of democracies
A leading Ukrainian university specializing in the study of state tax services is seeking international partners for a collaborative project under the Horizon Europe call HORIZON-CL2-2024-DEMOCRACY-01. The project aims to explore the past, present, and future of democracies, leveraging the university's expertise in law, economics, and public policy. The university is looking for academic institutions, or research-oriented organizations with experience in the fields of political science, law, public policy, economics, sociology, or related disciplines. The prospective partners should have a strong interest in researching the evolution of democracies.
Máis información - A través de correo electrónico
Staying Healthy (Two stage - 2024) (HORIZON-HLTH-2024-STAYHLTH-01-two-stage)
Looking for a partner for the topic "personalised prevention of non-communicable diseases - addressing areas of unmet needs using multiple data sources". The research institution is part of the largest national study of preventive and personalized medicine for depression. In this context, they have experience in handling extremely large amounts of data (several petabytes) and developing and implementing scalable software workflows, especially in the context of machine learning. In summary, they bring extensive expertise in the fields of bioinformatics and machine learning in the context of NCD.
Máis información - A través de correo electrónico
Romanian company active in the textile industry is looking for technology solution in order to use textile waste from own production
The Romanian company is looking for construction and development partners that can offer the technology and/or financial input needed for using textile waste for the delivery of full value plastic bricks insulated with textile waste.
Máis información - A través de correo electrónico
Quedamos á vosa disposición para calquera dúbida sobre esta información, así como sobre os diferentes aspectos relacionados cos Programas Internacionais de I+D+i, no enderezo electrónico  galactea.gain@xunta.gal e no teléfono 981 337 146.
Pode acceder a todos os Boletíns EEN difundidos a través desta ligazón.
Máis información sobre os nosos servizos en Enterprise Europe Network, EEN-GalacteaPlus e GAIN!
footer
Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscripción.