Número 6
Xullo de 2023
Cursos Horizonte Europa para pemes

O CIS Tecnoloxía e Deseño da Axencia Galega de Innovación (GAIN) dentro das súas actividades enmarcadas na rede Enterprise Europe Network pon en marcha o próximo 18 de setembro un programa formativo on-line dirixido a formar ás pemes galegas no programa Horizonte Europa.

Este programa formativo on-line, consta de 2 cursos, un dirixido a pemes sen experiencia previa na participación no programa Horizonte Europa (10 horas) e outro a pemes con experiencia (15 horas e 1 hora de mentorización para revisar as súas ideas de proxecto despois da finalización do curso).

Para que a formación se poida desenvolver dunha maneira máis efectiva e personalizada o número de prazas é limitado.

Data límite para a inscrición: 13 de setembro de 2023

Máis información e inscricións
Curso-Horizonte-Europa
CONVOCATORIAS
Convocatoria - X2.0 Healthtech & Biotech
O proxecto X2.0 abriu unha convocatoria de propostas dirixida a startups deep tech nas áreas da saúde e biotecnoloxías.

Concretamente búscanse startups HealthTech con solucións en:

  • Aplicacións sanitarias móbiles
  • Historias clínicas e sanitarias electrónicas
  • Dispositivos wereables vinculados á saúde
  • Telesaúde e telemedicina
  • Software de xestión e informática vinculados á saúde
e startups Biotech orientadas ás seguintes áreas:
  • Biofarmacéutica
  • Terapia celular
  • Terapia xénica e edición do xenoma
  • Resistencia aos antimicrobianos
  • Dor e adicción
  • Desenvolvemento de fármacos
  • Revisión e xestión do ciclo de vida
  • Enfermidades raras e medicamentos orfos
  • Vacinas e biodefensa.

As entidades beneficiarias participarán nun programa de 5 meses de duración no que recibirán o seguinte apoio:

  • 30.000 euros en bonos de innovación para ser utilizados en servizos de crecemento, mentoría e participación en eventos
  • Acceso e colaboración con creadores de impacto da industria
  • Matchmaking con empresas da UE
  • Axuda coa captación de fondos privados
  • Ecosistema personalizado de financiamento e contratación pública da UE
  • Promoción laboral
  • Promoción e visibilidade

Data de peche: 5 setembro de 2023.
Máis información
Convocatorias - MSCA Doctoral Networks e Postdoctoral Fellowships
As Accións Marie Skłodowska-Curie (MSCA) do programa Horizonte Europa fomentan a mobilidade internacional e intersectorial en universidades, centros de investigación, infraestruturas de investigación, empresas, pemes e outros grupos socioeconómicos.

No mes de abril e maio abriron as convocatorias das accións Postdoctoral Fellowships (PF) e Doctoral Networks (DN).

  • As accións PF contan cun orzamento de 260,47 millóns de euros e teñen como obxectivo apoiar a carreira dos investigadores e fomentar a excelencia na investigación. As PF están dirixidas a investigadores cun doutorado que desexen desenvolver a súa actividade investigadora no estranxeiro, adquirir novas competencias e desenvolver a súa carreira. As PF axudan aos investigadores a adquirir experiencia noutros países, disciplinas e sectores non académicos.
  • As accións DN contan cun orzamento de 434,8 millóns de euros e teñen como obxectivo implementar programas de doutoramento mediante asociacións de organizacións de diferentes sectores en toda Europa e máis aló para formar candidatos de doutorado altamente cualificados, estimular a súa creatividade, mellorar as súas capacidades de innovación e impulsar as súas posibilidades de emprego a longo prazo.

Data de peche PF: 13 setembro de 2023.
Data de peche DN: 28 novembro de 2023.
Máis información
Convocatoria - Innovacións sociais impulsada por tecnoloxías
O proxecto SoTecIn factory que conta cun orzamento de 3,3 millóns de euros lanzou a súa primeira convocatoria de propostas destinada a apoiar proxectos de innovación social impulsados pola tecnoloxía nas cadeas de valor das industrias alimentarias, da auga e nutrientes, de téxtiles e de plásticos e envasado.

A convocatoria seleccionará 25 persoas e organizacións europeas polas súas ideas e solucións para respostar a polo menos un dos retos propostos por membros da industria procedentes das cadeas de valor obxectivo que recibirán ata 15.000 euros. Deste grupo, 15 innovadores participarán nunha demostración tecnolóxica previa á comercialización e recibirán ata 85.000 euros de financiamento adicional. Ademais do financiamento os innovadores beneficiaranse de:

  • Apoio directo e orientación dun grupo de mentores para a demostración tecnolóxica previa á comercialización das súas solucións como proxectos sociais.
  • Acceso a recursos especializados e cualificados dentro de diversas disciplinas e tecnoloxías para o emprendemento social.
  • A oportunidade de resolver desafíos concretos baseándose nunha das Misións do proxecto circular e colaborar estreitamente cos socios da industria, creando un impacto real en termos de resiliencia e sustentabilidade.
  • Participación no deseño de novos modelos de negocio e en accións de visibilidade que fomenten a ampla adopción da industria e no mercado de innovacións tecno-sociais máis resilientes e inclusivas.

Data de peche: 28 de setembro de 2023.
Máis información
Convocatoria - XR2LEARN - Realidade Estendida
O proxecto XR2Learn ten como obxectivo establecer a creación transfronteiriza de aplicacións XR (Realidade Estendida) centradas no ser humano na educación.

A convocatoria que conta cun orzamento de 2,1 millóns de euros busca novas aplicacións XR xunto con especificacións que combinen casos de uso educativos/formativos. Un mínimo do 70 % dedicarase a aplicacións XR relevantes para a industria 5.0 e un máximo do 30 % destinarase a subproxectos dirixidos a outros sectores educativos (asistencia sanitaria e médica, fabricación, construción e enxeñaría).

A solicitude pode ser presentada por unha peme individual ou un pequeno consorcio de ata 3 membros en total. O líder/coordinador do proxecto debe ser unha peme, a inclusión no consorcio dun usuario potencial/adoptador anticipado (por exemplo, unha organización universitaria, académica ou de formación) pode ser unha vantaxe (aínda que non é obrigatorio).

Cada proxecto, recibirá entre 150.000 e 300.000 euros de subvención e terá unha duración de 12 meses.

Data de peche: 29 setembro de 2023.
Máis información
Convocatoria - InnoWwide - Viabilidade de tecnoloxías innovadoras en mercados internacionais
InnoWwide é unha iniciativa que forma parte da Asociación Europea para Pemes Innovadoras entre Eureka e a Comisión Europea.

Esta iniciativa facilita o acceso ás pemes aos mercados internacionais financiando cunha subvención de 60.000 euros análises de viabilidade (aspectos técnicos, de mercado, xurídicos e socioeconómicos) ou proxectos de viabilidade de mercados en cooperación con axentes locais de terceiros países para poder crear as condicións necesarias que permitan incorporar a eses mercados tecnoloxías innovadoras creadas en Europa.

O pasado 20 de xullo, GAIN organizou unha xornada na que se presentou a convocatoria, a gravación da mesma está dispoñible na seguinte ligazón.

O 7 de setembro o CDTI organizará un webinario no que se poderán coñecer máis detalles sobre a convocatoria.

Data de peche: 17 outubro de 2023.
Máis información
Convocatoria - Premio Europeo de Innovación Humanitaria
A Unión Europea convocou o Premio Europeo á Innovación Humanitaria (InnovAid) para premiar ás organizacións humanitarias, empresas sociais e empresas que están a desenvolver tecnoloxía para axudar mellor ás persoas vulnerables afectadas por riscos naturais e crises provocadas polo home, como os conflitos.

As emerxencias humanitarias aumentan ano tras ano en número, complexidade e gravidade. Dada a escala das crises e perigos actuais, o financiamento para cubrir as necesidades humanitarias non pode seguir o ritmo. O sistema humanitario está sendo desafiado a facer máis, por máis persoas e a un custo maior. Para satisfacer estas crecentes necesidades, son cruciais solucións tecnolóxicas innovadoras, rendibles, sinxelas de (re)utilizar, escalables en diferentes contextos, que melloren a eficiencia e a eficacia da axuda.

O gañador recibirá 250.000 euros e o segundo e terceiro, 150.000 e 100.000 euros respectivamente.

Data de peche: 3 outubro de 2023.
Máis información
Convocatorias do ERC: Starting e Synergy Grants 2024
A mediados do mes de xullo de 2023 abriron as convocatorias Starting Grants e Synergy Grants do programa de traballo do ERC de 2024.

A convocatoria Starting Grants conta cun orzamento de 601 millóns de euros e está indicada para persoal investigador con talento, que se atopa nos inicios da súa carreira investigadora e con potencial para converterse nunha persoa líder de investigación.

A convocatoria Synergy Grants conta cun orzamento de 400 millóns de euros e está dirixida a persoal investigador que quere consolidar a súa independencia mediante a creación dun equipo de investigación ou o fortalecemento do seu actual equipo de investigación e continuar desenvolvendo unha carreira exitosa en Europa.

Desde a Axencia Galega de Innovación, a través do programa Oportunius, ofrecemos un servizo de asesoramento para a presentación de candidaturas a todos os investigadores que desenvolvan a súa investigación nalgunha institución de Galicia.

Data de peche Starting Grants: 24 de outubro de 2023.
Data de peche Synergy Grants: 8 de novembro de 2023.
Máis información
Convocatorias - SESAR 3 - Xestión do tráfico aéreo
A iniciativa común SESAR 3 JU publicou a segunda convocatoria de propostas que aborda a investigación exploratoria no marco do seu programa de investigación e innovación Digital European Sky. A convocatoria cun orzamento total de 25 millóns de euros abrangue unha ampla gama de temas destinados a xerar conceptos, metodoloxías e tecnoloxías innovadoras para apoiar a entrega dun Digital European Sky.

Os temas da convocatoria forman parte das prioridades de investigación e innovación descritas no programa de traballo plurianual de SESAR 3 JU e no programa de traballo bianual publicado máis recentemente. Abranguen unha ampla gama de áreas que son necesarias para entregar o Ceo Dixital Europeo, segundo o calendario do Plan Director Europeo do Tráfico Aéreo.

Data de peche: 15 novembro de 2023.
Máis información
Convocatoria - RESIST - Networking e internacionalización
O Euroclúster RESIST, do que forma parte CEAGA (Cluster de Automoción e Mobilidade de Galicia), ten abertas dúas convocatorias de propostas. As actividades de RESIST céntranse no ecosistema de Mobilidade, Transporte e Automoción.
  • Convocatoria para viaxes internacionais a terceiros países fora da UE (conferencias, exposicións, formacións, eventos de matchmaking, feiras): 2.000 euros por peme.
  • Convocatoria para actividades de networking e marketing para países da UE (congresos, exposicións, eventos de matchmaking e reunións con potencias clientes): 250 a 500 euros por peme.
Data de peche: 20 decembro de 2024.
Máis información internacionalización
Máis información networking
EVENTOS
Riga Food 2023
Riga & online, 6-9 setembro 2023
HUSUM WIND Match 2023
Husum (Alemaña), 13 setembro 2023
hy-fcell 2023 - B2B Meetings
Stuttgart, 13-14 setembro 2023
Farma Forum 2023
Madrid & online, 21 setembro 2023
Nordic Innovation Fair 2023
Copenhague, 25-26 setembro 2023
Biodiversa+ Information Webinar on the BiodivNBS Call
Online, 26 setembro 2023
Horizon Europe Cluster 6 2024 Brokerage Event e Infoday
Bruxelas, 26-28 setembro 2023
Food & Bio Global Summit 2023
Aarhus (Dinamarca), 26-27 setembro 2023
Brokerage Event at IFIB 2023 - International Forum on Industrial Biotechnology and Bioeconomy
Firenze (Italia), 28-29 setembro 2023
B2B online meetings at Conxemar: International Frozen Seafood Exhibition
Online, 3-5 outubro 2023
Infoday Comisión e Brokerage Event de Horizonte Europa Clúster 5 “Clima, Enerxía e Mobilidade”
Online, 17-18 outubro 2023
NOVAS
A Comisión Europea fai públicas as súas novas candidaturas ás Asociacións Europeas de Horizonte Europa
Como parte da elaboración da Planificación Estratéxica de Horizonte Europa para o período 2025-2027, a Comisión Europea (CE) publicou as 10 candidaturas a valorar para convertese en novas Asociacións Europeas.

O documento publicado inclúe as descricións conceptuais das novas candidatas, que foron elaboradas polos servizos da CE en consonancia co novo enfoque político orientado ao impacto establecido en Horizonte Europa. Isto inclúe as contribucións das Asociacións á consecución das prioridades da CE en relación ás transicións ecolóxicas e dixitais, así como á autonomía estratéxica aberta da Unión.

As candidatas para as novas Asociacións Europeas de Horizonte Europa son:

  • Saúde cerebral.
  • Bosques e silvicultura para un futuro sostible.
  • Materiais innovadores para a UE.
  • Demostración e validación en órbita.
  • Materias primas para a transición ecolóxica e dixital.
  • Patrimonio cultural resiliente.
  • Transformacións sociais e resiliencia.
  • Enerxía solar fotovoltaica.
  • Téxtil do futuro.
  • Mundos virtuais.

As propostas de novas asociacións discutiranse e acordaranse cos Estados membros e os países asociados nos próximos meses e, polo tanto, están suxeitas a cambios. A carteira definitiva de Asociacións Europeas formalizarase coa adopción do Plan Estratéxico 2025-2027.

Máis información
Borradores dos temas das convocatorias 4 e 5 da Innovative Health Initiative
A Iniciativa de Saúde Innovadora (IHI) publicou os borradores de información temática para as próximas convocatorias que están previstas que se publiquen a finais de xullo. Para obter máis información, consulte a gravación dos Días de convocatoria do IHI, que abarca aspectos importantes dos temas individuais.
Máis información
BUSCA DE SOCIOS
EUROSTARS: An industrial electric motor company is looking for an SME partner to apply next Eurostars call
An industrial electric motor company in Turkey is looking for an SME partner who has ability and experience to create a design for the integrated driver to apply Eurostars call. Specific inputs of the driver: Power Requirement: The motor will be rated at 500W, which should be a guiding parameter for the design of the driver. Voltage Requirement: The design should account for the motor's operating voltage of 36V. Current Draw: The driver design should be optimized for a maximum current draw of 12.5 Amperes.
Máis información - A través de correo electrónico
Bilateral Collaborative R&D / EUREKA: German SME seeks partners to develop a testing device for filament characterisation in 3D printing
A German SME from the plastics industry seeks SMEs for a research project to develop a testing device for filament characterisation in additive manufacturing. Partners sought are measuring device manufacturers, partners for setting up a measurement system, printer manufacturers, or filament producers, and potentially for data processing and development of a user interface. Funding schemes considered are bilateral calls within the German ZIM programme or other bilateral opportunities.
Máis información - A través de correo electrónico
EUROSTARS: A Tech company is looking for an SME partner to apply next Eurostars call
An innovative tech company in Turkey is looking for an SME partner who has high TRL behavioral biometrics and/or network intelligence solutions to apply Eurostars call. The company is looking for SMEs that have high TRL behavioral biometrics and/or network intelligence solutions and that are willing to integrate these technologies with authentication technologies (e.g. biometrics)
Máis información - A través de correo electrónico
Eurostars: a shoe or insole manufacturer and an athlete/running association sought for the development of an AI coach for a better healthy running
A consortium consisting of a Swiss university, a Danish University and a Danish SME is seeking a shoe/insole manufacturer and a sport-medicine/running association to complete a Eurostars consortium. The aim of the project is to develop a new optimised motivational app, including wearables and insole sensor for a better healthy running. In a second step medical application could also be foreseen.
Máis información - A través de correo electrónico
Turkish Company Seeks Partners for Eureka Consortium to Develop Eco-Friendly Magnetic Cleaning Gels for Effective Historical Surface Restoration and Protection
This project consists in developing magnetic cleaning gels (MCG) that provide effective cleaning and ease of application on historical stone façades and mineral-structured surfaces. The target of the method to be used is cleaning the mineral structured surface without leaving any residue and damage from grime and pollutants like organic compounds or inorganic compounds like petroleum derivatives, smoke particles from wood combustion, biogenic components of aerosols, SOx (sulfur oxide) and NOx.
Máis información - A través de correo electrónico
INGENIUOUS Cascade Call (July 31st) – Digital SME is looking for a manufacturing partner (from metalworking, nano, plasma technology, raw materials, chemistry, construction industries) for improving efficiency and sustainability of production plants
An innovative Italian startup focused on Industrial Internet of Things solutions is looking for a manufacturing partner (from metalworking, nano, plasma technology, raw materials, chemistry, construction industries) to submit a proposal under the cascade open call of INGENIOUS (dead. July 31st) aimed at demonstrating a solution for improving the efficiency and sustainability of the production plants (monitor power consumption of industrial machines and optimize it using intelligent algorithms)
Máis información - A través de correo electrónico
Quedamos á vosa disposición para calquera dúbida sobre esta información, así como sobre os diferentes aspectos relacionados cos Programas Internacionais de I+D+i, no enderezo electrónico  galactea.gain@xunta.gal e no teléfono 981 337 146.
Pode acceder a todos os Boletíns EEN difundidos a través desta ligazón.
Máis información sobre os nosos servizos en Enterprise Europe Network, EEN-GalacteaPlus e GAIN!
footer
Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscripción.