logo
Número 7
Setembro 2023
top-bottom-new
Programa de impulso á participación galega en programas europeos de I+D+i
O vindeiro 10 de novembro celebraremos na sede da Axencia Galega de Innovación unha xornada de presentación dos novos servizos de apoio e impulso á participación galega en iniciativas e programas europeos de I+D+i.

Estes novos servizos, que prestará a Axencia, están dirixidos a pemes, con dous tipos de perfís:

  • Pemes sen experiencia en proxectos europeos.
  • Pemes con experiencia en proxectos europeos como socios e que desexen dar o paso a liderar un proxecto.

As empresas interesadas en acceder a estes servizos deberán solicitalo a través dunha canle específica que porá á súa disposición a Axencia Galega de Innovación. Coas solicitudes recibidas, realizarase unha valoración inicial das capacidades, recursos e experiencia de cada empresa. Baseados nesta análise, proporanse itinerarios personalizados con actuacións como:

  • Capacitación e asesoramento sobre as convocatorias europeas: mecanismos, recursos para apoiar a participación, elaboración de propostas, etc.
  • Participación en eventos europeos centrados en facilitar a constitución de partenariados e propostas (brokerage, matchmaking)
  • Participación en actividades das redes europeas (EEN, ERRIN, Vanguard...) das que forma parte a Axencia
  • Análise e orientación inicial de ideas de proxecto, valorando o seu encaixe cos programas europeos e convocatorias específicas

Paralelamente, informarase dunha nova xeración de apoios, cofinanciados a través de fondos FEDER, orientados principalmente ás pemes galegas e ao programa marco de I+D+i Horizonte Europa, pero sen descartar outros programas. Estas axudas estarán orientadas a:

  • apoiar a preparación de propostas de calidade que melloren a participación galega e o retorno acadado
  • o posible cofinanciamento de actuacións estratéxicas para Galicia completando o financiamento recibido
  • o financiamento de propostas de calidade que non recibiron financiamento por insuficiencia de crédito a través de mecanismos de rescate de selos de excelencia ou similares

A través das canles habituais, informaremos de cando vos podedes inscribir e consultar o programa da xornada de presentacion.









pattern-350-300
CONVOCATORIAS
Convocatoria - Iniciativa de Saúde Innovadora (IHI)
A Iniciativa de Saúde Innovadora (IHI) publicou as súas convocatorias 4 e 5 que contan cun orzamento global de 83,35 e de 115 millóns de euros respectivamente.

Temas da convocatoria 4 (en dúas fases):

Temas da convocatoria 5:

  • Acelerar a implementación de Metodoloxías de Novo Enfoque e outros enfoques innovadores sen animais para o desenvolvemento, proba e produción de tecnoloxías sanitarias. HORIZON-JU-IHI-2023-05-01
  • Desenvolvemento e proba de principio de novas aplicacións clínicas de solucións teranósticas. HORIZON-JU-IHI-2023-05-02
  • Enfoques mellorados de predición, detección e tratamento para o manexo integral de accidentes cerebrovasculares. HORIZON-JU-IHI-2023-05-03
  • Maximizando o potencial de xeración de datos sintéticos en aplicacións de saúde. HORIZON-JU-IHI-2023-05-04.

Data de peche proposta curta convocatoria 4: 8 novembro de 2023.
Data de peche proposta completa convocatoria 4: 23 abril de 2024.
Data de peche convocatoria 5: 16 xaneiro de 2024.
Máis información
Convocatorias - Partenariados- WATER4ALL, BIODIVERSA+ e DUT
Tres asociacións europeas no marco de Horizonte Europa, Biodiversa+, Water4All e Driving Urban Transitions (DUT) publicaron recentemente as súas convocatorias de propostas de investigación.

A convocatoria de Biodiversa+, BiodivNBS, apoiará a investigación transdisciplinar, interdisciplinar e intersectorial sobre a biodiversidade en todos os ámbitos (terrestre, acuático, mariño, costeiro, etc.) para coñecer mellor os puntos de inflexión, as compensacións e os mecanismos socioecolóxicos que afectan ás solucións baseadas na natureza (NBS), así como á súa implantación exitosa. A AEI e a Fundación Biodiversidade contan cun orzamento de 2,1 millóns de euros para o financiamento dos organismos de investigación e o CDTI conta con 300.000 euros para o financiamento das empresas. As condicións de participación pódense consultar aquí.

A convocatoria de Water4All, Servizos dos ecosistemas acuáticos está centrada nos ecosistemas acuáticos e apoiará a investigación e a innovación co obxectivo de mellorar a seguridade da auga a longo prazo e ter unha mellor comprensión do estado dos servizos dos ecosistemas a diferentes escalas espaciais e temporais, factores de presión subxacentes e integración na xestión dos recursos hídricos. A AEI conta cun orzamento de 1,5 millóns de euros para o financiamento dos organismos de investigación e o CDTI conta con 1,2 millóns de euros para o financiamento das empresas. As condicións de participación pódense consultar aquí.

A convocatoria de DUT 2023 apoia a investigación e a innovación que explore enfoques de planificación e deseño que integren a natureza no parque edificatorio existente das nosas cidades. Ademais, céntrase no deseño coa natureza, co obxectivo de reducir o impacto ambiental da urbanización, restaurar e rexenerar os ecosistemas urbanos e favorecer a habitabilidade urbana. A AEI conta cun orzamento de 1,2 millóns de euros para o financiamento dos organismos de investigación e o CDTI conta con 1,2 millóns de euros para o financiamento das empresas. As condicións de participación pódense consultar aquí.

Data de peche envío pre-propostas Biodiversa+: 10 novembro de 2023.
Data de peche pre-propostas Water4All: 13 novembro de 2023.
Data de peche pre-propostas DUT: 21 novembro de 2023.
Convocatorias - Euroclústeres
Recompilamos a continuación algunhas das convocatorias lanzadas recentemente por varios Euroclústeres:

EuroBoosTEX: apoiar a adopción de procesos e tecnoloxías por parte das pemes para garantir unha maior sustentabilidade e/ou conectividade na súa cadea de valor textil. Axuda de 60.000 euros por proxecto de dúas pemes (2 pemes téxtiles ou 1 peme téxtil e 1 fabricación avanzada). A data límite é o 8 de novembro de 2023.

SocialTech4EU: apoio financeiro ás empresas sociais para que realicen un estudo de viabilidade, en colaboración con provedores de innovación, para o desenvolvemento dun proxecto de innovación. Axuda de ata 20.000 euros por empresa. A data límite é o 18 de outubro de 2023.

POLREC: apoio financeiro ás pemes das industrias de plásticos, cauchos e compostos na reciclaxe dos seus residuos de polímeros a través de 3 subtemas: reciclaxe química, reciclaxe mecánica e dixitalización. Axuda de 30.000 euros por peme, 20.000 euros para subtema dixitalización. A data límite é o 31 de outubro de 2023.

GEMSTONE-GreenAdopt: apoia a adopción de solucións intelixentes verdes por parte das pemes industriais europeas. Axuda de ata 40.000 euros por proxecto. A data límite é o 31 de outubro de 2023.

GEMSTONE-GreenInnov: apoia o desenvolvemento dunha nova tecnoloxía, servizo, produto ou proceso de produción ecolóxico con foco na creación de prototipos nunha contorna industrial. Axuda de ata 60.000 euros por proxecto. A data límite é o 31 de outubro de 2023.

SUSTAIN apoio para desenvolver novos produtos, servizos ou métodos que aborden os desafíos da construción de edificios intelixentes. Axuda de 30.000-50.000 euros por proxecto. A data límite é o 1 de novembro de 2023.

DESIRE diríxese a proxectos innovadores nos mercados de saúde electrónica e saúde dixital. Axuda de ata 30.000 euros por peme en financiamento directo e servizos. A data límite é o 13 de novembro de 2023.

Máis información
Convocatoria - FOODITY
No marco do proxecto europeo FOODITY, publicouse unha convocatoria de propostas de proxectos que ten coma obxectivo financiar solucións innovadoras baseadas en datos para a alimentación e a nutrición respectuosas coa soberanía dos datos persoais dos usuarios. A convocatoria que conta cun orzamento de 1 millón de euros aceptará solucións propostas actualmente entre TRL 4 e 6, pero capaces de ampliar a TRL 7. Outros obxectivos da convocatoria inclúen:
  • Abordar o baixo nivel de preparación e a falta de estándares na investigación (soberanía alimentaria e de datos).
  • Abordar a mala comprensión dos dereitos dos datos e da utilización entre os cidadáns.
  • Reunir aos diferentes actores para desenvolver estándares de privacidade de datos.
Data de peche: 8 novembro de 2023.
Máis información
Convocatoria - SERMAS - Realidade Estendida
No marco do proxecto europeo SERMAS publicouse unha convocatoria de propostas que financiará con 100.000 euros consorcios de 1-3 socios que representen a innovadores, fabricantes de dispositivos, provedores de tecnoloxía e integradores, co obxectivo de desenvolver, integrar, implantar e validar aplicacións e servizos para o Toolkit SERMAS. Os consorcios deben ofrecer solucións a estes temas:
  • Xerador de avatares en tempo de execución.
  • Xerador de obxectos 3D.
  • Recoñecemento facial que preserva a privacidade.
  • Recoñecemento automático de fala multilingüe.
  • Empatía artificial.
  • Identificación de líderes de opinión.
Data de peche: 31 outubro de 2023.
Máis información
Convocatoria - SURE 5.0 - Transformación dixital nos sectores do Transporte e Automoción, Aeroespacial, Defensa e Electrónica
O proxecto SURE5.0 no que participan o centro tecnolóxico AIMEN e o cluster CEAGA acaba de anunciar o lanzamento da segunda convocatoria do seu programa de aceleración para pemes interesadas en impulsar a súa propia transformación dixital.

O programa de aceleración dirixido a pemes que operen nas cadeas de valor da mobilidade (transporte e automoción), sector aerospacial, defensa e a electrónica ademáis de ofrecer diversos servizos de apoio dirixidos a facilitar a súa dixitalización, financiará con ata 50.000 euros a implementación do seu plan de transición dixital.

Data de peche: 25 outubro de 2023.
Máis información
Convocatoria - CET Partnership - Transición Enerxética Limpa
A iniciativa conxunta Clean Energy Transition Partnership abriu a súa convocatoria de proxectos para o ano 2023. A convocatoria contempla liñas de investigación que cubren todo o ecosistema enerxético, desde tecnoloxías básicas ata o sistema eléctrico global, incluíndo infraestruturas e áreas urbanas e tendo en conta a participación de todos os actores para a transición enerxética:
  • Tecnoloxías de corrente continua para redes eléctricas
  • Flexibilidade do sistema enerxético: produción, almacenamento e integración de sistemas renovables
  • Tecnoloxías avanzadas de enerxías renovables para a produción de enerxía
  • Captación, utilización e almacenamento de carbono (CCUS)
  • Hidróxeno e combustibles renovables
  • Tecnoloxías de calefacción e refrixeración
  • Tecnoloxías de enerxía xeotérmica
  • Sistemas enerxéticos rexionais integrados
  • Sistemas enerxéticos industriais integrados
  • Integración das enerxías limpas no medio construído

O orzamento do CDTI Innovación para as empresas españolas interesadas en participar na convocatoria é de 1,5 millóns de euros.

O orzamento da Axencia Estatal de Innovación para os organismos de investigación interesados en participar na convocatoria é de 1,7 millóns de euros.

Na seguinte ligazón pódense consultar as condicións de participación dos socios españois.

A convocatoria ten dúas datas de peche:

  • Propostas previas: 22 de novembro de 2023.
  • Propostas completas: 27 de marzo de 2024.

Plataforma para busca de socios: https://clean-energy-transition-partnership-2023.cetp.b2match.io/home

Máis información CET Partnership
Convocatoria do ERC: Consolidator Grant
No mes de setembro de 2023 abriu a convocatoria Consolidator Grant do programa de traballo do ERC de 2024.

A convocatoria Consolidator Grant está indicada para persoal investigador con 7 a 12 anos de experiencia dende a finalización do seu doctorado, cun historial científico que amose a súa valía, cunha excelente proposta de investigación e que queira consolidar a súa independencia creando un equipo de investigación.

O financiamento estándar é de ata 2 millóns de euros durante un período de 5 anos.

Desde a Axencia Galega de Innovación, a través do programa Oportunius, ofrecemos un servizo de asesoramento para a presentación de candidaturas a todos os investigadores que desenvolvan a súa investigación nalgunha institución de Galicia.

Data de peche Consolidator Grant: 12 de decembro de 2023.

Máis información
Convocatorias - Europa Dixital - Espazo de datos
No marco do programa Europa Dixital que ten como obxectivo construír as capacidades dixitais estratéxicas da UE e facilitar a implantación das tecnoloxías dixitais, a Axencia Executiva Europea de Saúde e Dixital (HaDEA) acaba de publicar as seguintes convocatorias relacionadas co desenvolvemento de espazos de datos no ámbito do patrimonio cultural e do turismo:
Data de peche: 23 xaneiro de 2024.
Máis información
EVENTOS
Brokerage Event Pollutec Fair "Green Days" Lyon France 2023
Lyon, 10-13 outubro 2023
DRONETECH 2023. B2B Hybrid Matchmaking Event
Torun (Polonia) & online, 12-18 outubro 2023
Biotech Summit Austria
Graz, 12-13 outubro 2023
Horizon Europe info day - Cluster 4
Online, 11-12 outubro 2023
Virtual brokerage event @ Innovation Village 2023
Online, 16-30 outubro 2023
Horizon Europe info day - Cluster 5
Online, 17 outubro 2023
Horizon Europe info day - Cluster 2
Online, 18 outubro 2023
GREENET Horizon Europe - Cluster 5 calls 2024 - VIRTUAL Brokerage Event
Online, 18 outubro 2023
Xornada Preparación de Propostas Clúster 4 – Espacio
Online e Madrid, 18 outubro 2023
Infoday Nacional Clúster 4 - Twin Transition e Resilient Industry
Madrid, 19 outubro 2023
Security Research Event 2023
Bruxelas, 24-25 outubro 2023
Meet in Italy for Life Sciences 2023
Online, 26-27 outubro 2023
EU Brokerage Event on KETs in Horizon Europe 2023
Mainz & online, 27 outubro 2023
MEDICA Healthcare Brokerage Event 2023
Dusseldorf & online, 1-30 novembro 2023
NOVAS
A Comisión Europea organiza unha serie de xornadas informativas sobre a implantación de Horizonte Europa
A Comisión Europea organiza unha serie de xornadas sobre o proceso de participación en Horizon Europe que se celebrarán no mes de outubro.
BUSCA DE SOCIOS
Greek SME specializing in Robotics, IoT & Automation is looking for a partner in order to apply to EIT Manufacturing Open Call
A Greek SME has developed a robotic welding solution and is actively looking for an SMEs performing small scale welding for the EIT Manufacturing Open Call. The expected partner would serve as an end user of the developed technology and should be involved in highly flexible small-batch production lines with significant welding requirements.
Máis información - A través de correo electrónico
Development of a medical certified reference material for direct LA-ICP-MS analysis of dried blood spots (DBS) under an EIC Pathfinder Open funding
A German reference material producer is looking for medical partners, e.g. hospitals, analytical labs, to develop a certified reference material for the direct microanalytical analysis of dried blood spots with LA-ICP-MS in cooperation with the Federal Institute for Materials Research and Testing (BAM). Part of the process is the evolution of an analytical procedure and the validation of its applicability on 'real' samples. Applications can include diagnostics, drug monitoring and toxicology.
Máis información - A través de correo electrónico
Partners sought for HORIZON-CL4-2024-HUMAN-01: A human-centred and ethical development of digital and industrial technologies.
Polish Institute of Innovative Technologies is planning to create AI.Match platform - an advanced system for automatically matching and parameterizing machine learning (ML) and artificial intelligence (AI) models to different types of data and various user needs. A key aspect of AI.Match is to ensure the robustness, security and reliability of AI systems when operating in real-world conditions. Partners sought: coordinator and entity responsible for project results dissemination.
Máis información - A través de correo electrónico
Turkish Company Seeks Partner for EUREKA Network Call - EV Fluids: Innovative Approach to Provide Advanced Cooling Solutions for Electric Vehicle Charging Stations
A company, a technology and market leader in Turkey, will conduct field trials to evaluate the performance of newly developed electric vehicle fluids at charging stations within the scope of our project. Having the capacity to transform knowledge into technology and technology into superior product solutions, the company continues to develop its investments with local and international partners, acting within the framework of a certain model for sustainable growth.
Máis información - A través de correo electrónico
Development of a new Wave Energy Converter (WEC) within the frame of a Horizon Europe project – coordinator and partners experienced in wave energy and hydrogen simulation required
A German start-up has developed a new wave energy converter for the generation of green energy. The innovation is based on a new crankshaft and leads to a considerable reduction of electricity production costs. They want to develop and test a prototype with series similar design to show the realization principle under real circumstances within the frame of a Horizon Europe project. They look for a project coordinator as well as for partners with expertise in wave energy or hydrogen simulation.
Máis información - A través de correo electrónico
Development of new bimetallic catalyst in frame of doctoral network under Horizon Europe
Aiming to provide a broader perspective and to increases the employability of the doctoral candidates, the network, which focuses on the topic of Cooperative Catalysis, is looking for industrial collaborators (chemical industry and related) to become associated partners in the current HORIZON-MSCA-2023-DN-01 call. The doctoral candidates will gain practical experience during a secondment at one of the associated partner. Project coordinator is an institute for chemistry at a German university.
Máis información - A través de correo electrónico
Quedamos á vosa disposición para calquera dúbida sobre esta información, así como sobre os diferentes aspectos relacionados cos Programas Internacionais de I+D+i, no enderezo electrónico  galactea.gain@xunta.gal e no teléfono 981 337 146.
Pode acceder a todos os Boletíns EEN difundidos a través desta ligazón.
Máis información sobre os nosos servizos en Enterprise Europe Network, EEN-GalacteaPlus e GAIN!
footer
Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscripción.