logo
Número 1
Febreiro 2024
top-bottom-new
Convocatoria EENergy
O proxecto EENergy destina 9 millóns de euros a unha convocatoria para que pemes europeas (ata 10.000€ por peme) poidan realizar actividades, compras ou integracións que melloren o seu gasto enerxético global cun mínimo do 5 %.

Os requisitos para participar na convocatoria son que as pemes deben traballar con asesores especializados en sustentabilidade da Enterprise Europe Network, que axudarán a deseñar un plan de acción de eficiencia enerxética personalizado e presentar a súa solicitude.

Máis información


transp
CONVOCATORIAS
Servizos de apoio á innovación no sector da electromobilidade
O consorcio E-BOOST ofrece servizos de apoio á innovación a tanto alzado para start-ups, pemes e pequenas empresas de mediana capitalización do sector da electromobilidade. Os solicitantes poden presentar propostas para financiar 7 tipos de servizos:
  • Propiedade intelectual, industrial e comercial.
  • Estudos de mercado.
  • Análise do ciclo de vida.
  • Presentación de proxectos a programas de financiamento nacionais ou da UE.
  • Recursos humanos.
  • Internacionalización para Canadá.
  • Internacionalización para Estados Unidos.
Orzamento: 96 millóns de euros.
Data de peche: 1 de abril de 2024.
Máis información
Apoio ao desenvolvemento de produtos e servizos innovadores en electromobilidade
E-BOOST tamén ten aberta unha convocatoria para apoiar a pemes que estén a abordar necesidades en electromobilidade. Os solicitantes deben propoñer o seu propio reto ou elixir un dos retos predefinidos polo consorcio sobre: 1) Deseño e integración de baterías en vehículos, 2) Hidróxeno, 3) Infraestrutura de almacenamento e transporte de enerxía ou 4) Avaliación do iclo de vida. Financiaranse custos de persoal, subcontratacións e outros custos directos.
Orzamento: 122 millóns de euros.
Data de peche: 1 de abril de 2024.
Máis información
Segunda convocatoria de apoio a pemes do ámbito da agricultura urbana europea
O obxectivo xeral do proxecto SUAVE é apoiar financeiramente ás pemes europeas que operan no ámbito da agricultura urbana europea para que teñan a oportunidade de beneficiarse de diferentes tipos de servizos. Este proxecto ten aberta a súa segunda convocatoria para financiar accións de formación (máximo 30 pemes) e internacionalización (máximo 27 pemes).
Orzamento: 366.000 euros.
Data de peche: 7 de abril de 2024.
Máis información
Convocatoria PRIMA
A Axencia Estatal de Investigación e CDTI participan nesta convocatoria da iniciativa PRIMA (Partnership for Research and Innovation in the Mediterranean Area) para financiar proxectos transnacionais. As empresas poderán solicitar financiamento a través do CDTI. O obxectivo é desenvolver e aplicar solucións innovadoras, eficientes e sostibles para a produción e subministración de alimentos e de auga no Mediterráneo.
Orzamento: 4,25 millóns de euros.
Data de peche (pre-propostas): 4 de abril de 2024.
Máis información
Convocatoria Clean Hydrogen Partnership
A Asociación Europea do Hidróxeno limpo ten aberta unha convocatoria para o financiamento de proxectos que apoien o desenvolvemento de tecnoloxías do hidróxeno en toda a cadea de valor. A convocatoria contempla 20 topics nas áreas: Produción de hidróxeno renovable (5 topics); Almacenamento e distribución de hidróxeno (5 topics); Usos finais do hidróxeno: aplicacións de transporte (4 topics); Usos finais do hidróxeno: calor e electricidade limpos (2 topics); Actividades transversais (2 topics) e Vales de hidróxeno (2 topics).
Orzamento: 113,5 millóns de euros.
Data de peche: 17 de abril de 2024.
Info Day 2024 – Presentacións
Convocatoria
Convocatoria CELTIC-NEXT Primavera 2024
O cluster Eureka CELTIC-NEXT, iniciativa impulsada pola industria das TIC, organizou o 13 de febreiro o evento de lanzamento da convocatoria de primavera (Vídeos & Presentacións). A través de fondos públicos nacionais, vanse financiar novos proxectos no ámbito das comunicacións de próxima xeración para a sociedade dixital que contribúan a un mundo sostible.
Data de peche: 4 de maio de 2024.
Máis información
Modificación dos programas de traballo do programa Europa Dixital
A Comisión adoptou a modificación dos programas de traballo para o programa Europa Dixital 2023-2024, cos obxectivos e ámbitos temáticos específicos que recibirán un financiamento total de 762,7 millóns de euros. Inclúen investimentos estratéxicos que serán decisivos para facer realidade a Década Dixital de Europa.
Máis información
NOTICIAS
A Comisión pon en marcha un paquete de innovación en materia de intelixencia artificial
A Comisión lanzou o 24 de xaneiro un paquete de medidas para apoiar ás empresas emerxentes e pemes europeas no fomento dunha intelixencia artificial fiable que respecte os valores e normas da UE, seguindo o acordo político alcanzado en decembro de 2023 sobre a Lei de Intelixencia Artificial da UE. O paquete abarca:
  • Unha modificación do Regulamento EuroHPC para crear fábricas de intelixencia artificial.
  • Unha decisión de crear unha oficina de intelixencia artificial no seo da Comisión.
  • Unha Comunicación da UE sobre a posta en marcha e a innovación en materia de intelixencia artificial.
Ademais, a Comisión establecerá dous Consorcios europeos de infraestruturas dixitais (EDICs): A Alianza de Tecnoloxías Lingüísticas (ALT-EDIC) e o EDIC CitiVERSE.
Máis información
A avaliación de Horizonte 2020 mostra que o investimento en investigación e innovación da UE é moi rendible
Horizonte 2020 financiou máis de 35.000 proxectos ao longo de sete anos (2014-2020). Permitir unha resposta rápida aos brotes de covid-19, ébola e zika e contribuír de maneira decisiva á ciencia climática son só algúns exemplos do impacto tanxible. Cada euro en custos relacionados co programa achegará, en última instancia, cinco euros en beneficios aos cidadáns e cidadás da UE de aquí a 2040, o que demostra a elevada rendibilidade do investimento en investigación e innovación para a sociedade europea. Estas son algunhas das conclusións clave da avaliación ex post de Horizonte 2020 publicada.
Máis información
Dez anos potenciando o sector bio e promovendo a comercialización
Dez anos despois do lanzamento da primeira convocatoria de propostas de proxectos, a Iniciativa Circular Bio-based Europe (CBE JU) publica un novo folleto que mostra as 16 biorrefinerías, as primeiras do seu tipo, financiadas pola empresa conxunta. Estas biorrefinerías están a implementar unha economía baixa en carbono e novos empregos verdes que contribúen a revitalizar as rexións rurais e o seu medio ambiente.
Máis información
Guía sobre as oportunidades de financiamento e apoio da UE para as zonas rurais
Rural kit ofrece un conxunto de ferramentas para axudar ás autoridades locais, institucións, empresas e individuos a identificar e aproveitar os fondos, programas e outras iniciativas de financiamento e apoio existentes da UE, e a fomentar o desenvolvemento nos territorios rurais. Proporciona información práctica, exemplos e ligazóns directos aos recursos da UE dispoñibles para os territorios rurais.
Máis información
España é o segundo país da Unión Europea con maior número de proxectos ERC-PoC en 2023
O Consello Europeo de Investigación (ERC) deu a coñecer os resultados do terceiro e último corte da convocatoria ERC Proof of Concept Grant 2023. España, con 30 proxectos, é o segundo país con maior número de proxectos que explorarán o potencial comercial ou social dos resultados de investigación en centros de investigación e universidades españolas. En total, durante as tres roldas desta convocatoria, o ERC financiou 240 proxectos de investigación de entre 564 propostas presentadas (taxa de éxito: 43%).
Máis información
As accións Marie Skłodowska-Curie conceden 260 millóns de euros a investigadores postdoutorais en 2023
A Comisión Europea financia con 260 millóns de euros a 1.249 investigadores postdoutorais para que traballen nas mellores universidades, centros de investigación, organizacións públicas e privadas e pequenas e medianas empresas. Das 8.039 solicitudes recibidas, foron seleccionadas o 15,8% para recibir financiamento. Os proxectos abarcan todas as disciplinas científicas.
Máis información
EVENTOS
Nova convocatoria Sustainable Blue Economy Partnership (SBEP)
Santiago de Compostela & Online, 29 febreiro 2024
International Brokerage Event on Clean Hydrogen Partnership 2024 Call
Online, 30 xaneiro - 30 abril 2024
Q2B24 Paris: The Roadmap to Quantum Value
París, 8 marzo 2024
EEN Matchmaking - JECWorld 2024
París & Online, 5-15 marzo 2024
Proposers Brokerage Day Celtic-Next
Online, 13 marzo 2024
Convocatorias Horizonte Europa do Clúster 5: Enerxía
Santiago de Compostela & Online, 14 marzo 2024
MBM TOURISM PRAGUE 2024
Praga & Online, 14-15 marzo 2024
European Innovation Council Summit 2024
Bruselas&Online, 18-19 marzo 2024
BIOKET - The Bioeconomy Key Enabling Technologies
Reims, 19-21 marzo 2024
Future of Food – Sustainable Food Tech Solutions
Colonia, 19-22 marzo 2024
Alimentaria Opening Innovation Challenge
Barcelona & Online, 19-27 marzo 2024
European Research and Innovation Days 2024
Bruselas & Online, 20-21 marzo 2024
Wind Energy International Matchmaking Event at WindEurope Bilbao 2024
Bilbao, 20-22 marzo 2024
TEKTITE 2024 – The 4th online Brokerage Event: Digital economy
Online, 26-29 marzo 2024
Eurostars Ready for Take Off Matchmaking 2024
Amsterdam, 4 abril 2024
Technology & Business Cooperation Days 2024
Hannover, 9-11 abril 2024
Health Tech Hub Styria - Future in Diagnostics and Therapy!
Graz, 15-16 abril 2024
CBE JU Info Day 2024
Bruselas, 23 abril 2024
Secure Societies 2024: Horizon Europe Cluster 3 Brokerage Event in Istanbul
Estambul & Online, 30 abril 2024
BUSCA DE SOCIOS
A Dutch foundation is looking for partners to develop a pre-competitive platform to enhance the process capacity of frontrunners, leading the change towards a regional, resilient and regenerative textile ecosystem and to apply for Interreg NWE, Call 4
They will develop a pre-competitive and curated community platform to support frontrunners in the Land to Wardrobe textile chain, who are leading the transition local bio-circular textile economy, to :
  • increase efficiency, effectiveness and capacity building for local high-quality bio-circular textiles.
  • enable cross-sectoral collaborations and knowledge exchange
  • contribute to greater transparency enabling brands to offer their customers better sustainable choices
Máis información - A través de correo electrónico
French coordinator looks for research centers or universities to join competitive consortium to develop the first hydrogen refueling station [Horizon Europe Clean Hydrogen Call]
The consortia is looking for 2 research centers to join the partnership : one chemical expertise center and one market analysis center (or universities). This concrete project is aiming to develop the first hydrogen refueling station (HRS) using a liquid hydrogen carrier. As a Research and Innovation Action (RIA), it is 100% financed and the most important focus of the call is R&D, so different aspects determining to the coupling of technologies will be tested. In this context, the companies (six partners from four different countries: a large energy company, a medium-size HRS developer, three innovative SMEs, and a research center) are aiming to count two additional research center amongst the partners.
Máis información - A través de correo electrónico
Dutch start-up is looking for machinery development partners to apply together for the GlobalStars Brazil call
A Dutch start-up active in syntropic agroforrestry is looking for organisaties in the field of agricultural machine development in Brazil, Portugal, Belgium (Flanders), Czech Republic, Spain or Türkiye to apply for the GlobalStars Brazil call. EOI Deadline 29th of March.
Máis información - A través de correo electrónico
Dutch start-up is looking for education partners active in the agriculture sector to apply together for the GlobalStars Brazil call
A Dutch start-up is looking for partners in the field of education (universities, colleges) and/or online education, for a collaborative R&D project exploring: Innovation in agriculture through development of an online credited education track focused on syntropic agroforestry theory and applications. Deadline is 29th March.
Máis información - A través de correo electrónico
Belgian University research unit is looking for partners on call HORIZON-CL4-2024-RESILIENCE-01-36: Advanced biomaterials for the Health Care (IA)
Belgian University research unit is looking for potential partners on Horizon Europe call [HORIZON-CL4-2024-RESILIENCE-01-36: Advanced biomaterials for the Health Care (IA)]. This unit specializes in translational research in biomaterials for dental prostheses, from the bench to the clinic.
Máis información - A través de correo electrónico
Industrial partners sought to develop a hybrid fuel and battery system in a novel kiloVolt design for mobile and stationary applications
A German university of applied sciences, leading an international consortium, seeks industrial partners for the development of a hybrid fuel cell and battery system in a novel kiloVolt design to increase voltage levels and enhance system efficiency. Sought are partners with expertise in battery systems, fuel cell systems, power electronics, thermal management systems and from respective application fields (trucks, buses, railway applications, heavy duty applications and stationary storage).
Máis información - A través de correo electrónico
Energy efficiency solutions for buildings and sustainable construction materials sought
A German architectural company is interested in improving environmental aspects and energy efficiency in their sustainable buildings and passive houses. Thus they look for sustainable construction materials and energy efficiency technologies for buildings.
Máis información - A través de correo electrónico
Quedamos á vosa disposición para calquera dúbida sobre esta información, así como sobre os diferentes aspectos relacionados cos Programas Internacionais de I+D+i, no enderezo electrónico  galactea.gain@xunta.gal e no teléfono 981 337 146.
Pode acceder a todos os Boletíns EEN difundidos a través desta ligazón.
Máis información sobre os nosos servizos en Enterprise Europe Network, EEN-GalacteaPlus e GAIN!
footer
Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscripción.