CONVOCATORIAS |
|
Convocatorias - Clúster 4
|
|
Industria
Medio Ambiente
|
|
A Comisión Europea publicou 20 convocatorias do Clúster 4 cun orzamento de 510,2 millóns de euros nas seguintes áreas:
|
|
Data de peche: 7 febreiro de 2024. |
|
Máis información
|
|
|
Convocatorias - Clúster 6
|
|
Agroalimentación
Bioeconomía
Medio Ambiente
|
|
A Comisión Europea publicou 75 convocatorias do Clúster 6 cun orzamento de 890 millóns de euros nas seguintes áreas:
- Biodiversidade e servizos dos ecosistemas. 12 convocatorias sobre: dependencia da sociedade e da economía dos polinizadores, solucións baseadas na natureza, cría selectiva para a acuicultura ecolóxica, especies exóticas invasoras, etc. Orzamento: 111 millóns de euros
- Sistemas alimentarios xustos, sans e respectuosos co medio ambiente dende produción primaria ata o consumo. 18 convocatorias sobre: prevención do desperdicio de alimentos seguridade alimentaria, loita contra a fraude alimentaria sistemas gandeiros agro-pastorais e xestión da fauna,alimentos orgánicos sostibles, pesquerías resistentes, etc. Orzamento: 164 millóns de euros
- Sectores de economía circular e bioeconomía. 16 convocatorias sobre: circularidade nas cadeas de valor de produtos electrónicos, plásticos e téxtiles, solucións circulares innovadoras para mobles, etc. Orzamento: 147,5 millóns de euros
- Ambiente limpo e cero contaminación. 5 convocatorias sobre: impactos ambientais dos sistemas alimentarios, enfoques holísticos para controlar a calidade da auga nas áreas urbanas, etc. Orzamento: 61 millóns de euros
- Terra, océano e auga para a acción climática. 7 convocatorias sobre: Paludicultura, prácticas e tecnoloxías de rega na agricultura, uso climáticamente intelixente da madeira no sector da construción, etc. Orzamento: 75 millóns de euros
- Comunidades rurais, costeiras e urbanas resilientes, inclusivas, saudables e verdes. 5 convocatorias sobre: percepcións sociais e beneficios da vida e dos traballos rurais, novos modelos de negocio e produción sostibles para agricultores e comunidades rurais. Orzamento: 37 millóns de euros
- Gobernanza innovadora, observacións ambientais e solucións dixitais en apoio ao Green Deal. 12 convocatorias sobre: redes de asesoramento sobre sistemas forestais e gandeiros sustentables; redes temáticas sobre biodiversidade e agricultura ecolóxica, etc. Orzamento: 110,5 millóns de euros
Para facilitar a formación de consorcios a rede de NCPs creou unha plataforma de matchmaking dispoñible na seguinte ligazón.
|
|
Data de peche: 22 febreiro de 2024. |
|
Máis información |
|
|
Convocatorias - Clúster 2
|
|
Economía e Sociedade
|
|
A Comisión Europea publicou 23 convocatorias do Clúster 2 cun orzamento de 180 millóns de euros nas seguintes áreas:
- Democracia e Gobernanza 12 convocatorias sobre: goberno nas transicións dixital e verde, estado de dereito e resultados socioeconómicos, identidades políticas, xénero nos movementos extremistas, etc. Orzamento: 95 millóns de euros
- Transformacións Sociais e Económicas 11 convocatorias sobre: a soidade en Europa, equidade económica, creación de emprego, servizos sociais, novo mundo do traballo, IA amigable para as persoas, conciencia cultural na educación, etc. Orzamento: 96 millóns de euros
|
|
Data de peche: 7 febreiro de 2024. |
|
Máis información
|
|
|
Convocatoria - DRG4Food
|
|
Agroalimentación
Dixitalización
|
|
O obxectivo principal de DRG4Food é facilitar o desenvolvemento, proba piloto e a validación de solucións responsables baseadas en datos dentro das seguintes áreas do sector alimentario: seguimento de alimentos, nutrición dirixida e eleccións alimentarias dos consumidores.
A convocatoria conta cun orzamento de 950.000 euros e financia con 150.000-300.000 euros consorcios multidisciplinares formados por 2-3 entidades. O nivel de TRL no momento da presentación debería ser un mínimo de 4 ou 5, e a tecnoloxía proposta debería ter o potencial de avanzar a TRL 7.
|
|
Data de peche: 11 decembro de 2024. |
|
Máis información |
|
|
Convocatoria - WORTH II
|
|
Deseño
|
|
O programa de aceleración WORTH II financiado por COSME, ten coma obxectivo crear e apoiar colaboracións transnacionais entre deseñadores, persoas creativas, fabricantes, artesáns e empresas tecnolóxicas que buscan desenvolver produtos innovadores impulsados polo deseño.
A convocatoria está dedicada a dar soporte a solucións de deseño que contribúan dunha forma innovadora e creativa á transición verde e dixital, á innovación e ao impulso do emprendemento en industrias creativas e de estilo de vida. As solucións deben estar nunha das áreas das industrias de estilo de vida como: téxtil/moda, calzado, mobiliario/decoración do fogar/deseño de interiores/arquitectura, pel/pelo, xoiería, complementos.
As entidades beneficiaranse de:
- Apoio económico (10.000, 15.000 ou 20.000 euros).
- Coaching para mellorar o nivel de preparación para o mercado.
- Dotación de vínculos profesionais e posicionamento no mercado entre os participantes e compradores, distribuidores, intermediarios financeiros, investidores e medios de comunicación mediante actividades de networking e participación en eventos internacionais e proporcionando vínculos con stakeholders.
- Facilitar o acceso ao mercado mediante a participación en dúas exposicións ou eventos relevantes (unha presencial e outra en liña) para mostrar os resultados dos proxectos.
|
|
Data de peche: 27 novembro de 2023. |
|
Máis información |
|
|
|
|
|
Convocatorias - EIT Manufacturing |
|
Industria
Dixitalización
Formación
|
|
EIT Manufacturing, a comunidade de innovación do Instituto Europeo de Innovación e Tecnoloxía, publicou 3 convocatorias no ámbito da fabricación cun orzamento de 13,25 millóns de euros.
- Innovación. Orzamento de 7,5 millóns de euros e 3 temáticas:
- Optimización dos procesos produtivos e aumento da eficiencia dos recursos mediante solucións dixitais (xemelgos dixitais, solucións de intelixencia artificial, etc.)
- Fabricación socialmente sostible e centrada no ser humano (intelixencia artificial, realidade virtual e aumentada, etc.)
- Fabricación ambientalmente sostible mediante modelos de negocio circulares e novas tecnoloxías
- EIT RIS. Orzamento de 1 millón de euros e 2 temáticas:
- Transición xusta, verde e dixital para as pemes dos países EIT RIS
- Adoptar a innovación Deep Tech nos países EIT RIS
- Formación. Orzamento de 4,75 millóns de euros e 3 temáticas:
- Sostibilidade: habilidades para identificar e aplicar tecnoloxías habilitantes para a fabricación sostible
- Dixitalización: identificación e desenvolvemento de habilidades para definir e executar unha folla de ruta de transformación dixital
- Fabricación ambientalmente sostible mediante tendencias futuras de negocios circulares: perfeccionamento e capacitación na re-fabricación e recursos críticos para a economía circular e as novas tecnoloxías
|
|
Data de peche: 20 novembro de 2023. |
|
Máis información |
|
|
Convocatoria - MSCA COFUND
|
|
Talento
Investigación
|
|
A Comisión Europea publicou a convocatoria das accións Marie Sklowdowska-Curie COFUND 2023 .
A convocatoria que conta cun orzamento de 96,6 millóns de euros financia programas rexionais, nacionais e internacionais de formación e desenvolvemento profesional, a través de mecanismos de cofinanciamento. Os proxectos deben durar ata 5 anos e deben contratar polo menos 3 investigadores. Un beneficiario pode recibir un máximo de 10 millóns de euros por convocatoria.
Os proxectos MSCA COFUND poden adoptar a forma de:
- Programas de doutoramento. Ofrecen actividades de formación en investigación para que os doutorandos poidan desenvolver e ampliar as súas habilidades e competencias. Darán lugar á concesión do título de doutor.
- Programas posdoutorais. Financian bolsas individuais de formación en investigación avanzada e desenvolvemento de carreira para investigadores posdoutorais.
|
|
Data de peche: 8 de febreiro de 2024. |
|
Máis información
|
|
|
Convocatoria - MSCA Staff Exchange
|
|
Talento
Investigación
|
|
A convocatoria MSCA Staff Exchange 2023, que conta cun orzamento de 78,5 millóns de euros, promove a colaboración innovadora internacional, intersectorial e interdisciplinar en investigación e innovación a través do intercambio de persoal e o intercambio de coñecementos e ideas en todas as etapas da cadea de innovación.
Os proxectos MSCA Staff Exchange poden durar ata catro anos. A subvención financia a mobilidade do persoal en comisión de servizo desde un mes a un ano. O persoal implicado debe regresar ás súas organizacións de partida despois da comisión de servizos, para transmitir os seus coñecementos.
|
|
Data de peche: 28 de febreiro de 2024. |
|
Máis información
|
|
|
Convocatorias - Europa CREATIVA
|
|
Cultura e Creatividade
|
|
O programa Europa Creativa ten varias convocatorias abertas de interese para o sector cultural e creativo:
- Desenvolvemento de videoxogos e contidos inmersivos. Proxectos de desenvolvemento de videoxogos e contidos inmersivos interactivos con potencial para chegar a audiencias globais. Orzamento: 7 millóns de euros.
- Modelos de negocio e ferramentas innovadoras. Desenvolvemento e/ou a difusión de ferramentas e modelos de negocio innovadores para mellorar a visibilidade, audiencia e diversidade das obras europeas na era dixital. Orzamento: 8,5 millóns de euros
- Laboratorio de innovación Creativa. O laboratorio de innovación deberá apoiar o deseño, desenvolvemento e/ou difusión de ferramentas, modelos ou solucións innovadoras aplicables no audiovisual e outros sectores culturais e creativos cun alto potencial de replicabilidade neses sectores. Orzamento: 7,48 millóns de euros.
- Proxectos de cooperación europeos de pequena escala e mediana escala. Poderanse financiar proxectos de innovación de natureza tecnolóxica e artística dos sectores culturais e creativos e a súa competitividade. Orzamento: 59,73 millóns de euros
|
|
Datas de peche: 23,24,25 xaneiro de 2024. |
|
Máis información
|
|
|
EVENTOS |
|
|
Presentación de convocatorias de axudas Horizonte Europa para a Industria
|
|
Santiago & online, 3 novembro 2023 |
|
Smart Cities Challenges 2023
|
|
Barcelona & online, 7-9 novembro 2023
|
|
MEET at The Greener Manufacturing Show & Plastic Waste Free World, Europe 2023
|
|
Colonia, 8-9 novembro 2023 |
|
MariMatch Europort 2023
|
|
Rotterdam, 9-10 novembro 2023
|
|
Presentación dos servizos de impulso á participación galega en Europa
|
|
Santiago & online, 10 novembro 2023
|
|
Raw Materials Week
|
|
Brussels, 13-17 novembro 2023
|
|
Info session on Horizon Results Booster – steering research towards a strong societal impact
|
|
Online, 14 novembro 2023
|
|
Space Tech Expo B2B Matchmaking 2023
|
|
Bremen, 14-16 novembro 2023 |
|
ENERGY GLOBAL EXPO & CONGRESS B2B
|
|
Valencia & online, 14-17 novembro 2023 |
|
Xornada de presentación de convocatorias de axudas Horizonte Europa para a mobilidade e espazo
|
|
Santiago & online, 15 novembro 2023 |
|
DEICy 2023 Digital Economy, Internet of Things, Cybersecurity (Virtual edition) |
|
Online, 20-24 novembro 2023
|
|
Amsterdam Free From Food 2023
|
|
Amsterdam, 21-22 novembro 2023 |
|
B2B Cooperation Platform Wood Construction 2023
|
|
Innsbruck & online, 30 novembro 2023 |
|
FOOD 2030: Green and resilient food systems
|
|
Brussels & online, 4-5 decembro 2023 |
|
Innovation Fund 2023 Call Info Day |
|
Online, 7 decembro 2023 |
|
|
|
|