logo
Número 8
Outubro 2023
top-bottom-new
Xornadas: Convocatorias de axudas para a industria e para o sector de aeronáutica, naval automoción e espazo
Nas vindeiras semanas celebraremos dúas xornadas en formato presencial e online do Ciclo Europa co obxectivo de difundir as oportunidades de financiamento da I+D+i que ofrece Europa.

Convocatorias para a industria

O 3 de novembro presentaranse as oportunidades de financiamento 2023-2024, as condicións e detalles para participar, así como casos de éxito das convocatorias abertas na área de industria do Clúster 4 de Horizonte Europa.

Na xornada contaremos coa presenza de Carlos Toledo, Punto Nacional de Contacto do Clúster 4, que ademais de presentar o programa e as convocatorias estará dispoñible para manter reunións bilaterais coas entidades interesadas previa solicitude no formulario de inscrición.

Convocatorias para aeronáutica, naval automoción e espazo

O 15 de novembro analizarase a situación do sector aeronáutico en Galicia e as axudas europeas para proxectos relacionados cos UAS. Por outro lado e de maneira paralela, profundizarase nos partenariados Horizonte Europa e nas convocatorias relacionadas coa mobilidade para o ano 2024. Nesta última sesión tamén se expoñerá unha idea de proxecto para que os participantes poidan recibir consellos de participación en convocatorias deste ámbito.

Convocatorias do clúster 4
Convocatorias aeronáutica e mobilidade





cluster4-aero
CONVOCATORIAS
Convocatorias - Clúster 4
Industria Medio Ambiente
A Comisión Europea publicou 20 convocatorias do Clúster 4 cun orzamento de 510,2 millóns de euros nas seguintes áreas:
Data de peche: 7 febreiro de 2024.
Máis información
Convocatorias - Clúster 6
Agroalimentación Bioeconomía Medio Ambiente
A Comisión Europea publicou 75 convocatorias do Clúster 6 cun orzamento de 890 millóns de euros nas seguintes áreas:

Para facilitar a formación de consorcios a rede de NCPs creou unha plataforma de matchmaking dispoñible na seguinte ligazón.

Data de peche: 22 febreiro de 2024.
Máis información
Convocatorias - Clúster 2
Economía e Sociedade
A Comisión Europea publicou 23 convocatorias do Clúster 2 cun orzamento de 180 millóns de euros nas seguintes áreas:
  • Democracia e Gobernanza 12 convocatorias sobre: goberno nas transicións dixital e verde, estado de dereito e resultados socioeconómicos, identidades políticas, xénero nos movementos extremistas, etc. Orzamento: 95 millóns de euros
  • Transformacións Sociais e Económicas 11 convocatorias sobre: a soidade en Europa, equidade económica, creación de emprego, servizos sociais, novo mundo do traballo, IA amigable para as persoas, conciencia cultural na educación, etc. Orzamento: 96 millóns de euros
Data de peche: 7 febreiro de 2024.
Máis información
Convocatoria - DRG4Food
Agroalimentación Dixitalización
O obxectivo principal de DRG4Food é facilitar o desenvolvemento, proba piloto e a validación de solucións responsables baseadas en datos dentro das seguintes áreas do sector alimentario: seguimento de alimentos, nutrición dirixida e eleccións alimentarias dos consumidores.

A convocatoria conta cun orzamento de 950.000 euros e financia con 150.000-300.000 euros consorcios multidisciplinares formados por 2-3 entidades. O nivel de TRL no momento da presentación debería ser un mínimo de 4 ou 5, e a tecnoloxía proposta debería ter o potencial de avanzar a TRL 7.

Data de peche: 11 decembro de 2024.
Máis información
Convocatoria - WORTH II
Deseño
O programa de aceleración WORTH II financiado por COSME, ten coma obxectivo crear e apoiar colaboracións transnacionais entre deseñadores, persoas creativas, fabricantes, artesáns e empresas tecnolóxicas que buscan desenvolver produtos innovadores impulsados polo deseño.

A convocatoria está dedicada a dar soporte a solucións de deseño que contribúan dunha forma innovadora e creativa á transición verde e dixital, á innovación e ao impulso do emprendemento en industrias creativas e de estilo de vida. As solucións deben estar nunha das áreas das industrias de estilo de vida como: téxtil/moda, calzado, mobiliario/decoración do fogar/deseño de interiores/arquitectura, pel/pelo, xoiería, complementos.

As entidades beneficiaranse de:

  • Apoio económico (10.000, 15.000 ou 20.000 euros).
  • Coaching para mellorar o nivel de preparación para o mercado.
  • Dotación de vínculos profesionais e posicionamento no mercado entre os participantes e compradores, distribuidores, intermediarios financeiros, investidores e medios de comunicación mediante actividades de networking e participación en eventos internacionais e proporcionando vínculos con stakeholders.
  • Facilitar o acceso ao mercado mediante a participación en dúas exposicións ou eventos relevantes (unha presencial e outra en liña) para mostrar os resultados dos proxectos.

Data de peche: 27 novembro de 2023.
Máis información
Convocatorias - EIT Manufacturing
Industria Dixitalización Formación
EIT Manufacturing, a comunidade de innovación do Instituto Europeo de Innovación e Tecnoloxía, publicou 3 convocatorias no ámbito da fabricación cun orzamento de 13,25 millóns de euros.

  • Innovación. Orzamento de 7,5 millóns de euros e 3 temáticas:

    • Optimización dos procesos produtivos e aumento da eficiencia dos recursos mediante solucións dixitais (xemelgos dixitais, solucións de intelixencia artificial, etc.)
    • Fabricación socialmente sostible e centrada no ser humano (intelixencia artificial, realidade virtual e aumentada, etc.)
    • Fabricación ambientalmente sostible mediante modelos de negocio circulares e novas tecnoloxías

  • EIT RIS. Orzamento de 1 millón de euros e 2 temáticas:

    • Transición xusta, verde e dixital para as pemes dos países EIT RIS
    • Adoptar a innovación Deep Tech nos países EIT RIS
  • Formación. Orzamento de 4,75 millóns de euros e 3 temáticas:

    • Sostibilidade: habilidades para identificar e aplicar tecnoloxías habilitantes para a fabricación sostible
    • Dixitalización: identificación e desenvolvemento de habilidades para definir e executar unha folla de ruta de transformación dixital
    • Fabricación ambientalmente sostible mediante tendencias futuras de negocios circulares: perfeccionamento e capacitación na re-fabricación e recursos críticos para a economía circular e as novas tecnoloxías

Data de peche: 20 novembro de 2023.
Máis información
Convocatoria - MSCA COFUND
Talento Investigación
A Comisión Europea publicou a convocatoria das accións Marie Sklowdowska-Curie COFUND 2023 .

A convocatoria que conta cun orzamento de 96,6 millóns de euros financia programas rexionais, nacionais e internacionais de formación e desenvolvemento profesional, a través de mecanismos de cofinanciamento. Os proxectos deben durar ata 5 anos e deben contratar polo menos 3 investigadores. Un beneficiario pode recibir un máximo de 10 millóns de euros por convocatoria.

Os proxectos MSCA COFUND poden adoptar a forma de:

  • Programas de doutoramento. Ofrecen actividades de formación en investigación para que os doutorandos poidan desenvolver e ampliar as súas habilidades e competencias. Darán lugar á concesión do título de doutor.
  • Programas posdoutorais. Financian bolsas individuais de formación en investigación avanzada e desenvolvemento de carreira para investigadores posdoutorais.

Data de peche: 8 de febreiro de 2024.
Máis información
Convocatoria - MSCA Staff Exchange
Talento Investigación
A convocatoria MSCA Staff Exchange 2023, que conta cun orzamento de 78,5 millóns de euros, promove a colaboración innovadora internacional, intersectorial e interdisciplinar en investigación e innovación a través do intercambio de persoal e o intercambio de coñecementos e ideas en todas as etapas da cadea de innovación.

Os proxectos MSCA Staff Exchange poden durar ata catro anos. A subvención financia a mobilidade do persoal en comisión de servizo desde un mes a un ano. O persoal implicado debe regresar ás súas organizacións de partida despois da comisión de servizos, para transmitir os seus coñecementos.

Data de peche: 28 de febreiro de 2024.
Máis información
Convocatorias - Europa CREATIVA
Cultura e Creatividade
O programa Europa Creativa ten varias convocatorias abertas de interese para o sector cultural e creativo:
  • Desenvolvemento de videoxogos e contidos inmersivos. Proxectos de desenvolvemento de videoxogos e contidos inmersivos interactivos con potencial para chegar a audiencias globais. Orzamento: 7 millóns de euros.
  • Modelos de negocio e ferramentas innovadoras. Desenvolvemento e/ou a difusión de ferramentas e modelos de negocio innovadores para mellorar a visibilidade, audiencia e diversidade das obras europeas na era dixital. Orzamento: 8,5 millóns de euros
  • Laboratorio de innovación Creativa. O laboratorio de innovación deberá apoiar o deseño, desenvolvemento e/ou difusión de ferramentas, modelos ou solucións innovadoras aplicables no audiovisual e outros sectores culturais e creativos cun alto potencial de replicabilidade neses sectores. Orzamento: 7,48 millóns de euros.
  • Proxectos de cooperación europeos de pequena escala e mediana escala. Poderanse financiar proxectos de innovación de natureza tecnolóxica e artística dos sectores culturais e creativos e a súa competitividade. Orzamento: 59,73 millóns de euros
Datas de peche: 23,24,25 xaneiro de 2024.
Máis información
EVENTOS
Presentación de convocatorias de axudas Horizonte Europa para a Industria
Santiago & online, 3 novembro 2023
Smart Cities Challenges 2023
Barcelona & online, 7-9 novembro 2023
MEET at The Greener Manufacturing Show & Plastic Waste Free World, Europe 2023
Colonia, 8-9 novembro 2023
MariMatch Europort 2023
Rotterdam, 9-10 novembro 2023
Presentación dos servizos de impulso á participación galega en Europa
Santiago & online, 10 novembro 2023
Raw Materials Week
Brussels, 13-17 novembro 2023
Info session on Horizon Results Booster – steering research towards a strong societal impact
Online, 14 novembro 2023
Space Tech Expo B2B Matchmaking 2023
Bremen, 14-16 novembro 2023
ENERGY GLOBAL EXPO & CONGRESS B2B
Valencia & online, 14-17 novembro 2023
Xornada de presentación de convocatorias de axudas Horizonte Europa para a mobilidade e espazo
Santiago & online, 15 novembro 2023
DEICy 2023 Digital Economy, Internet of Things, Cybersecurity (Virtual edition)
Online, 20-24 novembro 2023
Amsterdam Free From Food 2023
Amsterdam, 21-22 novembro 2023
B2B Cooperation Platform Wood Construction 2023
Innsbruck & online, 30 novembro 2023
FOOD 2030: Green and resilient food systems
Brussels & online, 4-5 decembro 2023
Innovation Fund 2023 Call Info Day
Online, 7 decembro 2023
BUSCA DE SOCIOS
A Korean SME is seeking experts in AI based vision algorithm to develop the picking solution for robot arm in mobile robot for semiconductor industry
A Korean SME specialized in automatic logistic solution is planning to develop a new-type picking solution for robot arm in mobile robot for semiconductor industry. The company is seeking AI based vision system experts for applying for EUREKA or EUROSTAR programme under research cooperation agreement.
Máis información - A través de correo electrónico
A Bulgarian environmental technology (EnvTech) company is looking for a subcontractor for a HORIZON Europe project under the EIC Accelerator programme
The Bulgarian environmental technology (EnvTech) company offering data-driven environmental and smart city solutions for improving the environmental stability and efficiency of cities and governments towards the net zero transition is looking for a subcontractor for funding by the European Commission within the Horizon Europe Framework Programme under the EIC Accelerator programme.
Máis información - A través de correo electrónico
Water-Energy-A Portuguese consortium responding to an EU-funded call is seeking collaboration with a generator/Alternator/Motor and power electronics developer/integrator. Their initiative aims to drive building, innovation, and valorisation Water-Energy
Portuguese partners are developing a project consortium to mobilize the technological capacity in the areas of development and production for green energy. This project aims to develop an innovative approach for optimized turbines to recover kinetic and potential energy from the water systems, taking advantage of customized systems, using automatic design and additive manufacturing.
Máis información - A través de correo electrónico
Maltese development agency is looking for innovative and sustainable solutions addressing global ocean challenges
The Maltese development agency is a business support organisation that supports startups and companies addressing Sustainable Development Goals. It is currently running an international initiative, focused on global ocean challenges [SDG14 "Life below Water"] and thus seeks to identify and financially assist technological solutions for feasible business projects that actively contribute to one or more SDG14 targets.
Máis información - A través de correo electrónico
A German – Italian manufacturer of high quality leather is looking for European partners to apply for a research and innovation project on traceable leather products and processes
A German – Italian manufacturer of high quality leather is looking for European partners to apply for a research and innovation project on traceable leather products and processes. Academic partners are sought to develop IT solutions and tools for traceability of product components, or to set up platforms such as the EU Digital Product Passport. The company is looking for institutions that can support sustainability advice and possibly certification.
Máis información - A través de correo electrónico
Belgian University research unit is looking for partners on call HORIZON-CL4-2024-RESILIENCE-01-36: Advanced biomaterials for the Health Care (IA)
Belgian University research unit is looking for potential partners on Horizon Europe call [HORIZON-CL4-2024-RESILIENCE-01-36: Advanced biomaterials for the Health Care (IA)]. This unit specializes in translational research in biomaterials for dental prostheses, from the bench to the clinic.
Máis información - A través de correo electrónico
Development of a medical certified reference material for direct LA-ICP-MS analysis of dried blood spots (DBS) under an EIC Pathfinder Open funding
German reference material producer is looking for medical partners, e.g. hospitals, analytical labs, to develop a certified reference material for the direct microanalytical analysis of dried blood spots with LA-ICP-MS in cooperation with the Federal Institute for Materials Research and Testing (BAM). Part of the process is the evolution of an analytical procedure and the validation of its applicability on 'real' samples. Applications can include diagnostics, drug monitoring and toxicology.
Máis información - A través de correo electrónico
Looking for technical solution to extract carbon dioxide CO2 from seawater
A French start-up plans to produce insulating plastics whose carbon source will not come from hydrocarbons, but would come by CO2 captured from the ocean. As a consequence, the SME is looking for technical solutions for CO2 extraction (excluding biological processes). The process should include filtration of incoming seawater in order to protect fauna and flora. The SME seeks European partners with process and know-how to cooperate under research and development cooperation agreement.
Máis información - A través de correo electrónico
Quedamos á vosa disposición para calquera dúbida sobre esta información, así como sobre os diferentes aspectos relacionados cos Programas Internacionais de I+D+i, no enderezo electrónico  galactea.gain@xunta.gal e no teléfono 981 337 146.
Pode acceder a todos os Boletíns EEN difundidos a través desta ligazón.
Máis información sobre os nosos servizos en Enterprise Europe Network, EEN-GalacteaPlus e GAIN!
footer
Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscripción.