logo
Número 2
Abril 2024
top-bottom-new

O plan estratéxico Horizonte Europa 2025-2027 para a investigación e a innovación apontoará o camiño cara a un futuro verde, dixital e resiliente
A Comisión adoptou o segundo plan estratéxico para Horizonte Europa. O plan, anunciado nos Research and Innovation Days, establece tres orientacións clave para o financiamento da investigación e a innovación da UE durante os últimos tres anos do programa (2025-2027):

- Transición verde.
- Transición dixital.
- Unha Europa máis resiliente, competitiva, inclusiva e democrática.

Estas orientacións teñen como obxectivo abordar desafíos globais clave como o cambio climático, a perda de biodiversidade, a transición dixital e o envellecemento da poboación.

Máis información
transp
CONVOCATORIAS
Convocatoria EIC Accelerator 2024
O programa Acelerador do Consello Europeo de Innovación ten aberta a convocatoria deste ano. Este instrumento apoia a pemes con proxectos disruptivos de alto risco e alto potencial de crecemento mundial que estén nas últimas etapas de desenvolvemento ou escalado.

Ofrece unha subvención do 70% a fondo perdido para proxectos (ata 2,5 millóns de euros).

Tamén ofrece ata 15 millóns de euros de investimento en capital para levar os produtos/servizos ao mercado internacional.

Os proxectos deben ser individuais e ter un TRL (Technology Readiness Level) entre 5 e 8 para a subvención e ata o 9 para o investimento en capital.
Actualmente pódense presentar propostas a:

1. EIC Open: aberto a calquera temática.
2. EIC Challenges: cancro, almacenamento de enerxía, aerosois e descontaminación de superficies, espazo, dixitalización e descarbonización na construción, agricultura, tecnoloxías cuánticas e chips.

O proceso de solicitude abarca 4 fases. Na primeira deberá presentarse unha proposta curta. Se cumpre cos criterios convidaráselle a preparar a proposta completa.

O CDTI organizou un taller online onde se revisaron as novidades do programa de traballo 2024 do EIC Accelerator, a nova plantilla da proposta completa, así como os elementos clave para presentar un pitch de impacto. Gravación xornada

Data de peche (2ª fase - Proposta completa): 3 de outubro de 2024.
Máis información
Primeira convocatoria do proxecto WOMEN TechEU
Este proxecto ten como obxectivo apoiar a mulleres que lideran startups deep tech en Europa para que crezan e se convertan en líderes tecnolóxicas do mañá. A esta primeira convocatoria poderán presentarse startups fundadas ou co-fundadas por mulleres que ocupen un posto de alta dirección (CEO, CTO ou equivalente). As mulleres deben posuír polo menos o 25% das accións da empresa no momento da presentación. Cada empresa beneficiaria recibirá 75.000€ de subvención, así como un programa de desenvolvemento empresarial personalizado que inclúe titoría, coaching e formación específica, entre outros servizos.
Data de peche: 20 de maio de 2024.
Máis información
Segunda convocatoria 5G-IANA
O proxecto 5G-IANA abriu a súa segunda convocatoria para levar a cabo experimentos relacionados coa mobilidade sobre a Plataforma aberta de experimentación en automoción (Automotive Open Experimentation Platform – AOEP) facendo uso da conectividade 5G.

Está dirixida a pemes e startups que traballen co concepto de Aplicacións de Rede (nApps) en calquera vertical (automoción/industria 4.0/aviación/robótica/etc.) relacionada coa mobilidade, e que estean dispostas a desenvolver un produto ou servizo que aproveite as capacidades 5G a través da plataforma.

Inclúe un programa de mentorización para axudar a construír os seus experimentos e un apoio financeiro de 20.000€. O formulario de solicitude pode completarse e enviarse en liña en calquera momento. As solicitudes recibiranse e avaliaranse ata que se esgoten os fondos dispoñibles.
Data de peche: outubro de 2024.
Máis información
Segunda convocatoria ADMA TranS4MErs
O Programa de Transformación ADMA TRANS4MErs ofrece bonos (vouchers) a pemes para deseñar e implementar o seu Plan de Transformación Dixital e impulsar a súa viaxe cara a converterse nunha Fábrica do Futuro en dúas etapas: Deseño (Design) e Renovación (Revamp). Ampliouse o prazo da segunda convocatoria para axudar ás pemes europeas a lograr a súa transformación dixital.

Os bonos asignaranse por orde de chegada.

As inscricións estarán abertas dende o 3 de abril con datas de selección quincenais.
Data de peche: 5 de xuño de 2024.
Máis información
Primeira convocatoria MASTER
O proxecto europeo MASTER abriu a súa primeira convocatoria de implementación de novas tecnoloxías XR (realidade extendida) para aplicacións robóticas. Os obxectivos son:
- Proporcionar tecnoloxías innovadoras para a plataforma Open XR.
- Desenvolver casos de uso e material educativo para mellorar a contorna de aprendizaxe da robótica.

Ofrece apoio financeiro de ata 150.000€ e mentorización técnica a cada experimento durante todo o período de execución.

O 17 de abril terá lugar un webinar desta primeira convocatoria.

Data de peche: 31 de maio de 2024.
Máis información
NOTICIAS
Nova versión do Portal de licitacións e financiamento da UE
A nova versión vén con interfaces actualizadas deseñadas para mellorar a experiencia do usuario. Inclúe unha páxina de inicio optimizada cos servizos clave, un motor de busca de última xeración e recomendacións personalizadas para os usuarios rexistrados. No vídeo publicado resúmense as novidades máis interesantes. Actualmente, o portal conta con máis de 1,5 millóns de usuarios, incluídos solicitantes, beneficiarios, licitadores e persoas expertas que desexan apoiar a avaliación de propostas ou monitorear proxectos.
Máis información
Informe do impacto do Consello Europeo de Innovación 2023: un valor de 70 mil millóns de euros
O informe demostra o importante progreso que logrou o Consello Europeo de Innovación (EIC) para converterse no investidor elixido polos emprendedores deep-tech europeos. O valor total da carteira xeral de empresas apoiadas polo EIC, incluídas as do proxecto piloto e o seu predecesor, é de case 70.000 millóns de euros. Centrado nas aproximadamente 500 empresas emerxentes, 275 proxectos de investigación avanzada e 140 proxectos que comercializan resultados de investigación financiados no marco de Horizonte Europa desde 2021, ofrece unha visión xeral dos impactos clave.
Máis información
Directrices sobre o uso responsable da IA xenerativa na investigación desenvolvidas polo Foro do Espazo Europeo de Investigación
A Comisión, xunto cos países e as partes interesadas do Espazo Europeo de Investigación, presentou un conxunto de directrices para apoiar á comunidade investigadora europea no seu uso responsable da intelixencia artificial (IA) xenerativa.

Coa rápida difusión do uso desta tecnoloxía en todos os ámbitos, incluído o científico, estas recomendacións abordan oportunidades e desafíos clave. Baseándose nos principios de integridade da investigación, ofrecen orientación para garantir un enfoque coherente en toda Europa. Os principios que enmarcan as novas directrices baséanse en marcos existentes, como o Código de conduta europeo para a integridade da investigación e as directrices sobre IA confiable.
Máis información
Premio Europeo ás Mulleres Innovadoras
A Comisión anunciou as gañadoras e finalistas da décima edición das tres categorías do Premio Europeo ás Mulleres Innovadoras. As mulleres están a inspirar a futuras xeracións de innovadoras e resaltan a importancia da diversidade e a igualdade de xénero para impulsar a axenda de innovación de Europa. Este premio outórgase ás empresarias máis talentosas de toda a UE e dos países asociados a Horizonte Europa, que fundasen unha empresa de éxito e achegasen innovación ao mercado.
Máis información
A base de datos EIP-AGRI inclúe novos proxectos Horizonte 2020
A base de datos de proxectos EIP-AGRI recompila proxectos innovadores de toda Europa que impulsan a innovación e o intercambio de coñecementos para a agricultura, a silvicultura e as zonas rurais. Esta base actualizouse recentemente con resumos de proxectos financiados por Horizonte 2020. Os resumos dos proxectos de Horizonte Europa estarán dispoñibles a partir do verán de 2024.
Máis información
EVENTOS
EU - Webinar: IP in Horizon Projects
Online, 9 abril 2024
JPI MYBL webinar: Labour force shortages within the long-term care sector
Online, 10 abril 2024
2024 Ocean Decade Conference 
Barcelona, 10-12 abril 2024
Transport Research Arena (TRA) 2024
Dublín, 15-18 abril 2024
Webinar Personnel Unit Cost – New cost method in Horizon Europe
Online, 16 abril 2024
Secure Societies 2024: Horizon Europe Cluster 3 Brokerage Event in Istanbul
Estambul & Online, 18-30 abril 2024
Oportunius: Taller de preparación de propostas ERC 2024-2025
Santiago de Compostela, 23 abril 2024
EU Missions Info Days
Online, 25 - 26 abril 2024
International Brokerage Event on Clean Hydrogen Partnership 2024 Call
Online, 30 xaneiro - 30 abril 2024
EURODEF 2024
Toulon & Online, 1 -14 maio 2024
Lump Sum Funding in Horizon Europe: How does it work? How to write a proposal?
Online, 16 maio 2024
IOT Solutions World Congress Brockerage Event
Barcelona & Online, 21-30 maio 2024
Build & Connect Summit (Hybrid) - Conferences and Brokerage event on sustainable buidlings
Illkirch-Graffenstaden (Francia) & Online, 12-13 xuño 2024
Tech4SmartCities@GreenTechForumBrussels
Bruxelas, 18-19 xuño 2024
F2F Health Matters community
Online, aberto ata 30 de setembro 2024
BUSCA DE SOCIOS
Hungarian medical software R&D company is looking for a clinical or academic partner in microbiome research domain
The requestor is a Hungarian software development/R&D company with significant experience in developing HealthTech solutions. The goal of the partnership is to extend the diagnostics capabilities and increase the therapy efficiency provided by the application. They are seeking partners who are eligible to jointly apply for European based research grants in a consortium.
Máis información - A través de correo electrónico
Sustainable food education: French NGO seeks partners for Erasmus+ call
A French NGO is looking for partners to submit a proposal to Erasmus+ small-scale partnerships. The project is called "Growing Green Eaters: Fostering Sustainable and Innovative Food Awareness Among Children", and aims to educate children to embrace sustainable eating habits and understand the environmental impact of their food choices. The NGO is looking for private companies, local authorities, schools or other NGOs, to build a successful proposal together.
Máis información - A través de correo electrónico
A Turkish chemical process development company is looking for Eurostars partners to develop an innovative cost-effective pyrolysis reactor, optimized for solid materials
A Turkish chemical technology company seeks a Eurostars partner from Eureka countries to address an important issue in activated carbon production. High pressure in the production line poses challenges, leading to costly reactor designs and shortened lifespan. This problem arises from reactions during carbonization. The project, Cost-Effective Pyrolysis Reactor Development Optimised for Solids aims to enhance line cost efficiency, thus reducing carbon emissions.
Máis información - A través de correo electrónico
Eureka network partners with expertise in microfluidics/biofiltration for the Eurostars call for projects SEP 2024 and Eureka Open call for Network projects applications
Lithuanian SME looking for partners for the development of the device for isolating ~3-5 different types of extracellular vesicles (EVs) in a one-step workflow that would prevent sample waste. Company believes that microfluidics and biofiltration could be an approach that has the potential to overcome the limitations of current methods in research and diagnostics and are looking for partners with expertise in microfluidics chip design or nanopores.
Máis información - A través de correo electrónico
Turkish large industry is searching for potential collaborations in border security surveillance systems, disaster management, disaster resilience system and offering swarm robotics, localization and navigation, wearable technologies, and AI solutions
The entity is seeking for partnership and collaborations in projects that are in their scope. They are open to any kind of collaboration that fits their expertise and main interests:
  • Border and maritime security & surveillance systems.
  • First responder Technologies.
  • Early warning systems.
  • Robotic systems for first responders and natechs.
  • They offer to be coordinator/partner in below HORIZON EUROPE calls: - CL3-2024-BM-01-02/BM-01-05 - CL3-2024-DRS-01-02/DRS-01-03/DRS-01-04 - CL3-2024-CS-01-01
Máis información - A través de correo electrónico
Ultra High-power and lightweight battery pack for small aircraft
A German SME seeks to optimize the powertrain of an electric vertical takeoff and landing (eVTOL) passenger aircraft for urban air mobility (UAM), that is planned to go into series production. Thus they are looking for lightweight batteries with high power and voltage stability. Partners sought are developers and manufacturers of battery packs for technical or commercial agreements. Tasks to be performed are the identification of fitting battery cells and their assembly.
Máis información - A través de correo electrónico
Quedamos á vosa disposición para calquera dúbida sobre esta información, así como sobre os diferentes aspectos relacionados cos Programas Internacionais de I+D+i, no enderezo electrónico  galactea.gain@xunta.gal e no teléfono 981 337 146.
Pode acceder a todos os Boletíns EEN difundidos a través desta ligazón.
Máis información sobre os nosos servizos en Enterprise Europe Network, EEN-GalacteaPlus e GAIN!
footer
Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscripción.