A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de innovación, expuxo unha selección de preto de vinte novos materiais creados na contorna rural galega no festival de innovación fronte ao despoboamento, que a Fundación Cotec organizou entre os días 10 e 11 de xuño na localidade segoviana de Otero de los Herreros. O encontro,Imperdible05, tivo como obxectivo ofrecer á cidadanía un espazo para experimentar a innovación no medio rural, a través de máis de 25 experiencias, talleres e música.

O día 10 de xuño tivo lugar a xornada de carácter institucional, presidida por S.M. o Rei Felipe VI e á que acudiu a directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey. O monarca, xunto co presidente de Castela e León, Alfonso Fernández Mañueco, visitou o espazo expositivo que a Xunta, no marco do Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade 2024 – Diferenza, ofreceu no encontro, no que se celebraron talleres experimentais para que o público puidera interactuar cunha selección de materiais creados na contorna rural galega e que representan solucións innovadoras e sustentables a retos de carácter global.

Os participantes puideron coñecer as propostas textís sustentables de RIR& Co, Io Morales e Tsubaki Diseño; os xardíns verticais e os materiais de construción a base de pedra reciclada de NorPromenade e Mámoa Deseños Vivos; os xabóns artesanais e as esponxas vexetais de Mar de Miranda e Ibérica de Esponjas; e os utensilios de cociña, as vigas de madeira sustentables e os materiais obtidos de residuos da industria forestal creados por Atalanta Madera, Timbersoulby Cándido Hermida e Betanzos HB.

Tamén tiveron ocasión de apreciar a cestería e o mobiliario urbano feito a partir de residuos de Idoia Cuesta e Cholita; os zocos e os parches para instrumentos musicais deEferro e Landra típica; e os abonos ecolóxicos a partir de cuncha de mexillón e as mallas compostables de Ecocelta e EcoplasBarbanza.