Dirixido a: Estudantes de Educación Secundaria Obligatoria (recomendado 3º-4º).
Límite de prazas: 30 centros educativos.
Duración estimada: 10-12 horas lectivas.

Data límite de inscrición: 13 de outubro de 2021.

As novas tecnoloxías son campos de coñecemento que apaixonan aos máis novos. Con esta proposta buscamos achegalos ao desenvolvemento e creación de contidos dun xeito práctico e atractivo. Queremos fomentar neles o interese pola tecnoloxía e a programación e que descubran o seu potencial como futuro ámbito laboral.

Para acadar estes obxectivos preparamos un conxunto de recursos didácticos que se complementan cun kit de materiais que permitirá aos grupos participantes iniciarse na Realidade Aumentada (AR) e na Realidade Virtual (VR) empregando recursos innovadores e moi atractivos para o alumnado.

Contidos

Os materiais didácticos cobren os seguintes temas:

Orixes da AR e VR. Breve introdución sobre como as tecnoloxías de AR e especialmente VR “enganan” ao noso cerebro para xerar sensacións inmersivas.A través de experiencias prácticas, mergullarémonos nas aplicacións destas tecnoloxías en diferentes ámbitos (lecer, industria, etc..).

Creación dun xogo AR con Metaverse. A nosa primeira creación centrarase no desenvolvemento de aplicacións sinxelas utilizando a contorna en liña Metaverse.

Iniciación a Cospaces. Cospaces é unha plataforma educativa en liña orientada á creación e programación de propostas de AR e VR de forma intuitiva e sinxela. Como complemento, inclúense actividades para o desenvolvemento de contidos para a súa integración con Merge Cube (incluído no kit).

Iniciación á creación de contidos con Unity e Vuforia. Unity é a plataforma de desenvolvemento “profesional” máis estendida. Integrando a ferramenta Vuforia, é posible crear contidos de Realidade Aumentada moi atractivos e personalizados. Para simplificar as propostas e facelas accesibles a todo o alumnado, o proxecto inclúe varios proxectos xa creados que servirán de base para os seus desenvolvementos.

O kit de materiais inclúe camisetas e adhesivos de transferencia téxtiles para que os alumnos preparen camisetas interactivas que incorporen contidos de AR.

Proxecto final. Para finalizar o conxunto de actividades, recóllense un conxunto de propostas para que o alumnado desenvolva o seu propio proxecto. É fundamental fomentar nos estudantes a autonomía e a creatividade, ofrecéndolles espazos para desenvolver as súas ideas.

Ampliación opcional. Experiments with Google e AR con Scratch. Para completar a proposta, cremos oportuno incluír uns recursos de ampliación para ofrecer ao alumnado máis interesado a posibilidade de descubrir as propostas máis punteiras que se están desenvolvendo na actualidade.

KIT de materiais. Cada grupo participante recibirá un kit cos seguintes materiais:

  • Licenzas de CoSpaces con Merge Cube Add ons (para actividades creación contidos AR e VR)
  • Cubos Merge Cube (para actividades de creación contidos AR con marcadores)
  • Modelos impresos Merge Cube sobre cartón (idem anterior)
  • Lentes VR
  • Camisetas brancas (para a preparación de proxecto camiseta intelixente)
  • Follas de transferencia a tea de debuxos (incorporación dous marcadores ás camisetas)

Necesidades técnicas. Para a realización de actividades precísanse os seguintes equipos e requisitos mínimos:

Metaverse + Cospaces. É necesario dispor de:
– Tablets o ou teléfonos móbiles.
– Computadores con navegador actualizado (non hai requisitos mínimos).

Unity. Na seguinte direción pódense consultar os requisitos mínimos. En caso de non dispor de computadores axeitados, podemos traballar con versións anteriores do programa.
https://docs.unity3d.com/Manual/system-requirements.html#editor

Os centros participantes terán acceso a unha plataforma, na que estarán dispoñibles diversos recursos didácticos para o alumnado e para os docentes, con orientacións sobre cada unha das propostas.

Organizarase unha sesión inicial de presentación para os centros participantes. Así mesmo, o profesorado terá á súa disposición un servizo para a realización de consultas e asesoramento para que este proxecto poida ser desenvolvido na aula.

Só se admitirá unha inscrición por centro educativo (Máximo 30 alumnos por centro).

O enfoque deste proxecto escolar é totalmente práctico, con contidos amenos e atractivos integrables na aula dun xeito sinxelo.

En decembro levarase a cabo a clausura virtual do proxecto escolar.