Dirixido a: Educación Secundaria Obrigatoria.
Límite de prazas: 30 aulas.
Data límite de inscrición: 3 de marzo de 2021.

O deseño é fundamental nas nosas vidas. Estamos rodeados de obxectos que nos simplifican e facilitan a vida. E que nos sexa útil e atractivo vén determinado polo seu deseño. A pesar diso, o coñecemento do alumnado sobre os procesos implicados no desenvolvemento dun produto é moi limitado.

O proxecto escolar “Redeseñando o mundo” busca achegar aos estudantes, dunha forma atractiva, o proceso de desenvolvemento, desde a identificación dunha necesidade ata o deseño e proba dun prototipo ou maqueta.

Para levar a cabo esta actividade, desenvolvéronse uns materiais didácticos que abarcan os seguintes temas.

  • Importancia do deseño. Abordamos a importancia deste campo e a súa necesidade.
  • Design Thinking. O proceso creativo non é desordenado. Existen modelos que nos permiten estruturar os pasos para seguir para desenvolver un produto. Pola súa simplicidade e atractivo, optamos por centrar a actividade no Design Thinking. Preparamos un conxunto de vídeos e actividades que permitan o desenvolvemento do tema na aula.
  • Tinkercad. Para poder seguir todo o proceso, é necesario contar con ferramentas que nos permitan deseñar e prototipar. Optamos por Tinkercad pola súa simplicidade de manexo e as súas amplas posibilidades creativas.
  • Zbrush. Como complemento a Tinkercad, sumamos aos contidos uns titoriais sobre esta ferramenta. É unha contorna de modelado cun carácter máis artístico e que permite ao alumnado descubrir outro tipo de contornas que complementan aos de tipo CAD.
  • Proxecto de deseño. Para dar sentido á iniciativa, e ofrecer ao alumnado unha aprendizaxe significativa, é importante exporlles un obxectivo. Neste caso, será deseñar o seu propio prototipo seguindo o modelo de Design Thinking e crear o seu propio prototipo de produto final. Os estudantes deberán traballar en grupos e presentarán o seu prototipo final ao resto dos compañeiros.

A plataforma á que terán acceso os centros participantes, inclúe materiais para o alumnado e para os docentes, con orientacións sobre cada unha das propostas.

O enfoque é totalmente práctico, con contidos amenos e atractivos integrables na aula dun xeito sinxelo.

Así mesmo, organizarase unha sesión inicial de presentación para o profesorado dos centros participantes.
O profesorado terá á súa disposición un servizo para a realización de consultas e asesoramento.

En caso necesario, só se admitirá unha aula por centro educativo.