DATAS: 24 novembro | 13 decembro | 20 decembro 2021.
Lugar: CIS Tecnoloxía e Deseño. A Cabana s/n. 15590 Ferrol
Duración: 90 minutos.
Horarios: 10:00 – 11:30 | 12:00 – 13:30 horas.

Dirixido a: 5º – 6º Educación Primaria.
Límite de prazas: 30 estudantes.

Neste taller os participantes aprenderán como se estudan os materiais e o proceso que implica o desenvolvemento dun novo produto.

Contidos

  • Materiais tradicionais. Madeira, metais, arxilas, etc.. Introdución sobre as propiedades dos materiais e os motivos que levaron á humanidade para darlles uns usos determinados e non outros. Para facer a introdución moi dinámica, utilizaremos como base para a explicación un xogo con Kahoot.
  • Como se estuda un material? Neste apartado investigaremos como levan a cabo os estudos sobre as propiedades dos materiais. Para iso, o alumnado converterase en investigador e levará a cabo diversas probas.
    – Determinación experimental dá densidade de obxectos utilizando o principio de Arquímedes.
    – Estudo da dureza. Xogando, iremos comparando a dureza das nosas mostras cas dos nosos compañeiros e compañeiras ata completar unha escala
    – Resistencia a esforzos. Exploraremos as curiosas propiedades dos materiais cando son sometidas a forzas.
  • Detectives de materiais. Cada vez incorporamos á nosa vida materiais que teñen unha base de desenvolvemento tecnolóxico importante. Imos aproximarnos a algúns deles e experimentar coas súas propiedades.
    – Descubrindo os novos materiais e as súas vantaxes (propiedades, ecoloxía, etc..).
    – Algúns exemplos prácticos:
    * Metais con memoria (nitinol).
    * Polímeros hiperhidratables.
    * Scoby (“coiro” de orixe bacteriano).
  • Explorando os polímeros. Na parte final do taller fabricaremos e levaremos como recordo unha pelota fabricada cun polímero que produciremos durante a actividade.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN