O CIS Tecnoloxía e Deseño recibiu o mes de abril alumnado de prácticas procedente de ciclos formativos de diversas familias profesionais (Comercio e Marketing, Administración e Xestión, Imaxe e Son e Informática e Comunicacións) e varios centros educativos. Son tres alumnos da Escola de Imaxe e Son, cinco alumnos do CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro, e un alumno do CIFP Someso. O obxectivo das prácticas é que os alumnos materialicen as habilidades adquiridas nos seus ciclos e acheguen desde a súa contorna académica novas maneiras de realizar as tarefas.

O pasado mércores, reuníronse na sala chill-out para poñer en común as tarefas que están a levar a cabo estes días, e que enriquecen os coñecementos cos que partían desde a súa formación educativa.

O equipo do centro espera que as prácticas sexan de gran utilidade para o seu futuro laboral.