O pasado xoves 8 de xuño, estudantes e profesores do IES Urbano Lugrís da Coruña e do Instituto Politécnico do Cávado e Ave de Barcelos asistiron ás Xornadas Learning by Doing organizadas pola Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia (GAIN) en colaboración co CIS de Tecnoloxía e Deseño, a Asociación Agrupación industrial Naval Galego (ACLUNAGA) e o Centro de Apoio Tecnolóxico á Indústria Metalomecânica (CATIM). Estas xornadas pertencen ao proxecto POCTEP Navegando O Futuro e teñen como obxectivo a realización de accións divulgativas sobre o funcionamento de tecnoloxías 4.0 relacionadas co sector naval.

A xornada comezou cunha presentación xeral do proxecto.

A continuación, procedeuse a realizar unha parte teórica, na cal se explicou como se utiliza no sector naval e metalmecánico o desenvolvemento da tecnoloxía da realidade aumentada e virtual, o control dimensional e a fábrica virtual.

Durante a sesión práctica realizáronse diferentes demostracións con lentes de realidade aumentada e virtual.

Por último, finalizouse a xornada brindando un aperitivo aos asistentes.