Estudantes da Universidade do Minho de Portugal (Braga/Guimarães) acudiron este venres ao CIS Tecnoloxía e Deseño para participar nas xornadas Learning by Doing dentro do programa Navegando O Futuro do proxecto POCTEP.

Este programa é organizado pola Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia (GAIN) xunto ao Centro de Apoio Tecnolóxico á Industria Metalmecánica (CATIM) e a Asociación Agrupación industrial Naval Galego (ACLUNAGA) co obxectivo de mostrar como a tecnoloxía pode ser aplicada no sector naval.

Primeiro realizouse unha parte teórica, na cal se deu unha pequena charla aos asistentes sobre cómo son utilizadas hoxe en día as tecnoloxías como a realidade aumentada e virtual ou o control dimensional polas empresas que operan no devandito sector.

A continuación, brindóuselle ao alumnado a oportunidade de interactuar con diferentes lentes tanto de realidade virtual como de realidade aumentada para que puidesen comprobar por eles mesmos diferentes programas que se desenvolveron no centro para diferentes empresas.