A Rede de polos de emprendemento a través do Polo Rías Alta e Arco Ártabro en colaboración co CIS Tecnoloxía e Deseño, organizou o pasado 3 de xullo unha xornada formativa denominada “O uso da impresión 3D” coa que se pretendía que as persoas emprendedoras entendan que é a impresión 3D, para que serve, como se crean as pezas e cal é o seu coste aproximado. O programa, impartido por técnicos do CIS Tecnoloxía e Deseño, incluía unha presentación do Polo Rías Altas e Arco Ártabro antes de iniciar os contidos formativos.
Na xornada ademáis dunha parte teórica sobre a Iniciación a impresión incluíanse varias demos de deseño e impresión 3D, así como en qué unha descrición de en que consiste o acabado das pezas e os custes relacionados. 13 emprendedores da comarca, destacando que 11 eran mulleres, participaron nesta xornada formativa.