Despois dunha semana chea de entusiamos e Ciencia e Tecnoloxía, hoxe finalizou o campamento de verán do programa D’tec de fomento das vocacións científico tecnolóxicas.

Grazas a iniciativa, corenta estudantes de secundaria da comarca de Ferrolterra tiveron a oportunidade de gozar de actividades prácticas ligadas a Innovación, a Ciencia e a Tecnoloxía, levando a cabo propostas tan atractivas como retos tecnolóxicos, desenvolvemento de biomateriais, ou creación de contidos de Realidade Aumentada e Virtual.

Sen dúbida, accións como estas permiten mellorar de forma moi significativa a percepción do alumnado respecto temáticas tan importantes como a Innovación e a Tecnoloxía, eidos fundamentais da actividade do CIS Tecnoloxía e Deseño de Ferrol.

Tras esta gran experiencia, o programa D’tec fai unha pequena parada estival, para retornar con forza de novo no mes de setembro con novas actividades.

Por último, queremos resaltar o interese do alumnado e as súas familias e a súa implicación, que reforzan o noso convencemento na importancia de iniciativas como as que estamos a desenvolver.